Páginas

Dereita excitada: onanismo ou barbarie

by Pacotrón, tamén excitado....
Teño un colegui ferrolán, katanguista de adpción, que gosta das palabras grosas nas súas relacións sexuais e sexuadas. Gosta tanto de insultar como de ser insultado. Desde o clásico "toma, guarra, toma" ata o máis igualitario "dame, dame, cabronazo". E mira que disfruta o home contándonos o seu último diálogo escabroso do pasado sábado!!!!! Pois algo así debe pasarlles a eses tertulios e contertulios conservadorcillos, dereitosos máis ben, e a algún carguete público pepeiro, que se excitan sobremaneira compartindo con nós as súas suculentas fantasías coas féminas máis diversas. Cousas da Lei de paridade, supoño, que trouxo a igualdade de xénero presencial na política e, con ela, espertou os máis baixos instintos de quen levaba anos e anos de abstinencia de pensamento, palabra, obra e omisión. Explícome, que xa tarda.

Hai uns meses, o Alcalde de Valladolid explicounos moi explicitamente en que pensaba cando vía a cara, os beizos, por sermos máis exactos, da Ministra Leire Pajín. Ai, ai, ai....depravadillo....Antes, o peripatético Dragó ofertounos unha suculencia preadolescente extraída dos relatos orientais máis escabrosos, pero ninguén pensa que non sexan máis que "fantasías animadas de ayer y hoy". Algo así como "pero mira cómo me ponen los putos Merry Melodies".

Tamén foi sonada a intervención, a micro pechado, de certo escritor tertulista de Telemadrid a respecto dos chichis das adolescentes ante a severa presencia da Sansebastián, quen se limitou a pedirlle ao locuaz pervertido que non se achegase á súa filla: "No con mi hija", veu pedirlle. Será que si coas das demais. Para os responsables deste programa o grave non foron as "desafortunadas" palabras do tertuliano, se non que se filtrasen a medios como youtube. Pero que mala é a xente......

Un tempo antes, noutro medio audiovisual de tendencia conservadora, outro tertuliano chamou "guarra" e creo que "zorra" a toda unha conselleira da Generalitat catalana por sacar unha guía de educación sexual para adolescentes. Por falar de condóns e pajillas, vamos. Pois non sei cal é o escándalo. Eu vexo a este home fantaseando coa conselleira a todo trapo...o dito, "dame, dame, cabronazo". "Toma y toma, so zorrona....afs, afs, afs........".

Agora, todo un líder da oposición e firme candidato a presidir España, presume de poder enfrontarse a "Zapatero, Rubalcaba, Pepiño y la Chacón". E todos e todas aplaudiron a gracieta..."Bravo, bravo, Don Mariano. Qué requiebro, qué verónica cara al tendido". O de "Pepiño" xa sabemos por onde vai. Para a nosa desgraza. O de "La Chacón" recorda á pobre Fortunata de "Fortunata y Jacinta", pasto de nenos ricachos con ganas de goce e desfute sexual popular. A prezo de ganga, oigha!!!!!!

Por último, que non derradeiro, na nosa casa danse casos abraiantes como o do tertuliano afecto ao poder político Popular -ou a calquera que sendo sociatilla semelle Popular- Don Roberto Blanco Valdés, quen chamou "mamporreras" a Laura Seara e Leire (outra vez ela) Pajín. E iso que se miramos o dicionario da Real Academia Española, mamporrero só pode ser "hombre que dirige el miembro del caballo en el acto de la generación", isto é, o que axuda ao cabalo a meter o seu membro viril no membro feminil da égua. Como diría un castizo, "cree el ladrón que son todos de su condición". Pero en que cousas andaría a pensar Don Roberto cando dixo o que dixo no programa "Galicia por diante"...Semellaría que era ben outra cousa a que ía por diante para o pobre señor Blanco Valdés!!!! Tampouco o líder dos populares de Teo escapa a esta sobreexcitación sexualoide. Nesta ocasión, o albo son os paquetóns do Alcalde nacionalista e o do portavoz socialista. Bueeenooo, polo menos este saíu do armario.....Non así o Noso Presidente, para quen os comentarios choqueiros dirixidos ás rapazas novas forman xa parte da súa idiosincrasia -ou ideosingracia- particular. Un machote.

Ai, as fantasías sexuais non teñen máis límite que a imaxinación....Eu teño unha moi grande coa anterior alcaldesa de Vigo, a tamén ferrolana señora Porro -"Corina Porro, te vamos a fumar"-. Pero case me vou gardando as cousas que lle diría, non??????

PLÁTANITO: Ey....frutitas de temporada.....
               FRESA: Socorro, un tertuliano de derechas!!!!!!!
   PERA: Sálvese el chichi que pueda...!!!!!

Feliz ano...nos dous idiomas.


FMI: A festuqui rematou.....

by Pacotron

Rematou xa o ano? Non, tranquis. O único que rematou foi a festa anual do FMI (Fondo Monetario Indecentísimo) celebrada na cidade de Guasintón o pasado 11 de decembro.....Pero nada. Un guatequillo de andar por casa nestes tempos de austeridade. 2.000 convidados é unha cifra bastante máis habitual do que se pensa nas celebracións navideñas das familias katangueiras en paro ou con dificultades económicas.




PRESI DO FMI: Non se prrrrreocupen.....xa o limparrrrán todo os irrrlandesesssss........(Main fiurer...que ocorrente podo serrrr....cof...cof...cof....)

E mira que xa o dicía Paloma San Basilio.....e daquela pr'a toda a Europa de verdá...a de 1985...a occidental, que é a que conta e vale.....



En fin, delfín....Feliz 2011.

Mami, quero ser artista!!!!!

by Pacotrón, recén descargado o último disco de Franc3s....

Parece que a Lei de Economía Sostible non conta agora mesmo con máis apoios no Parlamento español que os do propio partido que a presenta e nos goberna, o PSOE. Esta Lei será recordada, acabe sendo aprobada ou non, como a Lei Sinde, en honra e lembranza da Ministra de Cultura que a presenta e representa. Varias son as razóns deste rexeitamento multiideolóxico e colorista, que se suma a unha importante mobilización social na rede en defensa dos dereitos ao libre intercambio de información, entre outros. Desde aquí quixéramos aportar algunhas desas razóns:

1. Os Ramoncín, Rosario, Alejandro Sanz ou Bisal reclaman o seu dereito a cobrar, pouco menos, por cada vez que se escoite a súa música, habida conta de que pretender cobrar porque Msarkardina, por exemplo, me preste por internet unha peli de Orson Welles sería o mesmo que se me cobran un canon porque a miña nai me presta o último libro de Almudena Grandes. Para facernos tragar con isto, aparecen todos ofendidos nunha rúa madrileña diante dun rapaz africano e, oh...sorpresa, un disco de Alejandrete Sanz estaba no top manta antes de que saíse ao mercado. E agora, pensemos. E a min que? Iso ten que ver con que alguén da casa discográfica, do grupo de músicos ou técnicos ou que sexa colleu ese cedé e vendeuno, seguramente por uns cantos cartiños, a algún mafioso que rapidamente o copiou e mandou aos seus africanos á rúa a vendelo. Iso non é o que facemos os que, por exemplo, collemos prestados os capítulos da segunda temporada de Futurama, emitidos ata o cansazo por diferentes canles de televisión, e os baixamos xuntos para pegarnos unha fartura unha tarde tonta de sábado. En resumo: que para que o top manta sexa delicto, tontainas artistas, non hai que aprobar ningunha Disposición Final Segunda.

2. Se ben semella diferente o intercambio de arquivos e a descarga directa, xa que nun caso realizamos, doutro xeito, algo que sempre se fixo, como é deixarte eu un tomo de Mortadelo e ti a min un de Conan, tamén é certo que teño deixado discos ou tebeos a compañeiros e colegas sen nada a cambio. Por outra banda, o mundo tecnolóxico cambiou radicalmente. Que sentido ten vender a 15 ou 20 euracos unha man chea de cancións (patéticas nos casos precisamente máis protestóns) cuxo custe real non chega a pouco máis de medio euro? Iso chámase usura, e nunha sociedade xusta e democrática é un delicto se se aplica a produtos de primeira necesidade. Non sendo as obras destes artistas produtos de primeira necesidade, non semella producente aprobar unha lei que nos sitúa a centos de miles e, posiblemente, a algún millón de persoas como delincuentes. Se Katanga Koruña fai público un chiste, amiguiños, non podo logo pedir que se trate como a un delincuente a quen o copie ou difunda LIBREMENTE. En refinitiva: renovarse ou morrer.

3. Os defensores ou valedores desta Lei son AS/OS MESMOS que defenderon e avalaron o canon dixital que agora Estrasburgo acaba de declarar ABSOLUTAMENTE ILEGAL, como sempre defendimos desde Katanga Koruña. Deberíamos acudir aos Xulgados a esixir a Ramoncín, Rosariyo, Cobos, Bustamante ou Bisbal que NOS DEVOLVEN INMEDIATAMENTE TODO O QUE COBRARON DA SGAE A CONTA DESE CANON ILEGAL. Os delincuentes sodes vós actualmente, tristes artistoides. Eu non gañei un chú en todo isto. Vós si.

4. Por último, que me canso.....Para colmo de desvergoña, segundo un documento LIBREMENTE DIFUNDIDO por Wikileacks, esta Lei foi redactada, digamos, por unha potencia exterior e para salvagardar4 os intereses de cidadáns desa potencia exterior. Se isto non é traizón ao xuramento do seu cargo de Ministra que baixe Syd Vicius e o vexa......despois de tomarse unhas garimbolas.

En fin, señora Sinde....quédanlle aquí este grupiño do Carballo máis ecléctico que nos ofrece o seu último disco en descarga libre. Por que? Por que queren darse a coñecer para poder tocar máis veces..e cobrando cada vez máis. Normal. O que non poderán facer, de ningunha forma, e evitar que se preste en rede o seu disco. Adaptarse ou morrer. Isto xa o leva facendo o Duque (David Bowie) desde hai polo menos dez anos. Veñaaaaaa, a baixarse o disco AQUÍ.

Sinde, adícoche o primeiro tema: "Nosotras tenemos fe en el veneno".

A Coruña Nowadays

by Pacotrón

Uns empeñados en facernos vivir nunha cidade de requeixón e alcanfor mentras, por aí fóra, unha canle de televisión online catalana celebra a Coruña máis underground e katanguista!!!!! Vede e flipade con este vídeo de Tendencias.tv titulado "A Coruña Nowadays"....E grazas a que estamos nós, porque non creo que isto interese en modo algún á nosa queridísima prensa local...tan conservadora ela.....tan escasamente cool....

A poucas horas de ti.....a escasos metros de tempo.....(síndrome vacacional)

by Katangueiro

Neste outono invernío que padecemos, uns de mellor humor que outros, cinco son as cuestións, cinco, que me andan a reviravoltar por baixo do pelote. Recapacitemos:

FEIRA DE AUTÓNOMOS DE........GALICIA(¿?)

En coherencia co aquí publicado recentemente, pasámonos pola Feira de Autónomos de Galicia que se celebra ata o día de hoxe en Expocoruña. Como somos máis inocentes cuns nenés de baba, agardábamos atoparnos alí co máis selecto e selectivo da cidadanía consciente que se manifestou na Coruña a favor do comercio local e en contra das superficies comerciais...ben, e do carril-bus, dos bolardos, das beirarrúas do primeiro mundo....etc. Imposible estar máis equivocados, amiguiños e amiguiñas katanguistas!!!! A saber:

a) Si que é certo que nos atopamos con algúns dos convocantes e apoiantes desta manifa comercial, pero ganas me deron, certamente, de tirarlles un pouquichiño das orellas. Compramos cecina nun posto de Zamora, unha cazadora nun posto portugués e unha cousa de fogar noutro posto do veciño país quase-intervido. Vivir para ver...os que falan da importancia do comercio local contraprograman cunha feira onde o comercio local coruñés ocupa espazos significativamente mínimos!!!! Entre a Feira de Autónomos e os Centros Comerciais deben estar encantados en San Andrés, si señor!!!!

b) Resultou curioso entrar no amplísimo párking de Expocoruña e aparcar con extrema facilidade ao lado do accdeso principal ao andar expositivo, sobre todo habida conta de que na superficie habñia hostiazos por deixar o coche montado onde se puidese....Ao final, como defendimos sempre, todo é cuestión de CIVISMO. Tense ou non se ten, esa é a cuestión....

CONSUMIDOR VEHICULIZADO: Pero si yo sólo lo dejé unos minutitos mientras hacía unas gestiones!!!


OS CONTROLADORES DESCONTROLADOS SON COUSA XA CONTROLADA...

Isto é o temilla da semana, pero como non controlamos o alcance de que esteamos en ESTADO DE ALARMA, pasamos de facer leña e despois lume cun asunto liquidado. A Katangueira, ofendidísima, pagou un billete de avión a Madrid para acabar indo en ALSA. A xente pide, con razón, vinganza e sangue por terlles estropeado as súas tan traballadas vacances pero, digo eu e digo ben, que habería que facerlles entón aos que estropearon a nosa economía, traizoaron a nosa-vosa confianza e enriquecéronse a conta da desgraza da maioría???? Que habería que facerlles aos especuladores financeiros???? Que habería que facerlles a eses "empresarios de la élite española" que piden recortes e máis recortes públicos mentras eles continúan vivindo a súa farsa particular de vicios e malgastos???? Que??? Que???

CONTROLADOR (GAYUMBO BRANCO): Dios mío, por qué me has abandonado.....
BANQUERO (GAYUMBO AZUL CLARO) E ESPECULADOR FINANCEIRO (GAYUMBETE AZUL ESCURO): Anda, mamarracho, que por vuestra culpa nos quedamos sin ir a Punta Cana!!!!!

MATAR AO REISEÑOR...

Nos sei se o Assange este é un vivillo ou un revolucionario, pero que a boa e xenerosa xente de Visa, Mastercard, Postfinance ou Amazon estean a boicotealo.....non vos di nada????

Máis en clave local estamos ante os últimos días da Casa das Atochas, centro autoxestionado para a difusión cultural e o espertar social. O soño morreu, viva o soño!!!!

REBELDILLO: Iso, iso...non podemos durmirnos na nosa loita contra a especulación, contra o capital e por un mundo máis xust....zzzzzzzzzzzzzzzzzzzzz........


A EDUCACIÓN: "SIEMPRE DEJÓ EN NOSOTROS UNA GRATA IMPRESIÓN"
(Radio Océano)

Tanto alertar sobre os problemas terribles causados nos cocorotos de nenas e nenos de comunidades nórdicas onde lles "impoñen" os inútiles coñecementos de idiomas regionales para comprobar que o norte, o norte norte, o norte indómito, supera con creces ao sur peninsular en indicativos educativos. Resulta incrible, xa o sei, pero "los alumnos gallegos están por encima del Reino Unido o Alemania en comprensión de textos, al nivel de Luxemburgo o Estados Unidos en cálculo y al de Bélgica o Irlanda, muy alto, en conocimiento científico", segundo o informe PISA 2009. E iso que teñen que estudar galego, que se non......Verdá, señor Feijoo?????. Fóra das nosas fronteiras, para maior abundamento, a Andalucía monolingue na cola e Cataluña na cabeza en canto comprensión leitora. Como co cosa de Assange....non vos di nada????

LA YESI: Pues me encontré con el Yónatan y leía un libro...de papel!!!!
LA YENI: Tía, yo lo flipo, tía, o sea.....es que siempre fue un cutre y un rancio, tía....
LA SAMANTHA: Ji ji ji jito.....(ya me tarda entrar en "gugle" p'a saber de qué estan hablando)
LA VANE: (Por el amor de Miley Cyrus!!! Como se enteren de que veo los documentales de La Dos es mi muerte social...!!!!)



BLOGUEIROS PAPAROTOS

Publícano os nosos coleguis de Galicia Confidencial e xa estamos a recibir correos preguntándonos ao Pacotrón e máis eu se estábamos alí. País!!! Pois non, estimados demagogos. Ou ben a Xunta esqueceu convidarnos ou ben o tarxetón co convite oficial estraviouse polos correos adiante. Cousas da microtoponimia galega. O caso, en todo caso, é que a Xunta, acaso, gastou 71.800 euracos en convidar a nove blogueiros ultrapijos de la muerte a mariscadas e hotelazos....e todo por promocionar un día nos seus respectivos espazos web as Rías Baixas!!!! Pagárono a Xunta e a Deputación de Pontevedra al alimón, como debe ser. A defensa do caso di que só un dos blogs é visto nun día por 30.000 persoas. Uf, que abarrote....E pensar que unha campañiña en prensa de Madrid non sae nin pola metade e poden seguila tres millóns de leitores/as????

BLOGUEIROS PIJOS CONVIDADOS: Si, bueno, pero nuestro púbico, digo, público es muy pero que muy especial, sabes??? Aquí los katangueros es que no pintan nada, sebes?


Que vale...que si...que abur, yogur!!!!

Mundo insólito


Que a señora arriba retratada queira aparcar sobre as beirarrúas marinedas estraña un tanto. Non a vexo, non. Non a dou visto pilotando un monovolume, ou un audi trucado, por aí a biturbo. Estribor montado en bolardo, babor en asfalto. Sobran eses bolardos ou falta un algo de civismo, que non cinismo? A primeira pregunta do millón katangueiro.


Que os hostaleiros demostren que a gramática non era, efectivamente, o seu déixanos indiferente. O que non entendo é que pedían. ¿ Poderse tomar as capichuelas na rúa, poñer musiquilla ambiente ou poder vestirse de horteras en pleno novembro??? Ou moi corto son ou non o pillo...


Que se eran seiscentos, que se eran seis mil...a foto é reveladora. Conten, conten, como fixo o nené, e verán. Desde logo, moitísimo máis perto dos seiscentos que dos seis mil.


Que todos estamos preocupados polo comercio coruñés, como por outros sectores estratéxicos da nosa cidade, é caer xa na redundancia. Eu non merco nos Centros Comerciais desde hai moitísimos anos. PREGUNTA DE OUTRO MILLÓN: Cantas das persoas que vostede ve nesta foto mercan os libros do cole de fillos ou netos na librería de barrio, mercan a cesta máis grande do mes nas tendas do seu barrio, mercan marcas de leite de aquí, fuxindo coma do demo das marcas brancas ou compran a roupa en tendas que non son franquicias, cantas, cantas?????


E por último...non entendo o deste carteliño. Irá por libre????

En fin, delfín. Desde o día despois, the day after, deséxolles a todos a mellor das sortes...


Os abaixo convocantes e apoiantes

DEZ RAZÓNS DUNHA SENRAZÓN OU CANDO, COMO, QUEN, POR QUE, PARA QUE
by Katangueiro


1. Vivimos unha crise económico-financeira que incide como poucas veces antes no consumo das familias. Millóns de persoas hipotecadas nun contexto de incertezas de toda índole, incluídas as que producen os vaivéns dos tipos de interese que marcan a diferenza entre poder ou non poder pagar, entre ter e perder, millóns e millóns de persoas, digo, con menos capacidade adquisitiva que no primeiro lustro deste novo século.

2. Asistimos desde hai uns anos a uns hábitos de consumo cambiantes, condicionados á menor dispoñibilidade de tempo do que dispón unha familia media actual para realizaren as súas compras, que benefician ás grandes superficies comerciais, pensadas desde o comezo precisamente para esta situación. Non se trata de se se instalan tales ou cales centros comerciais, do que se trata é de que á xente lles encantan. Hai quen colle os nenos, méteos no coche o sábado pola tarde e...ala...a pasar o tempo ao Dolce Vita mentras papi e mami fan unhas compriñas....

3. Empregar a crise terrible pola que está a pasar o comercio tradicional, sexa do centro urbano ou dos barrios periféricos, para combater as políticas de apoio e promoción da mobilidade, as políticas que priman o tránsito de vehículos de transporte público fronte ao uso privado -e privativo- do vehículo de cada quen, as políticas de rehabilitación de espazos urbanos ou as políticas que apostan por un urbanismo humanizado é como pretender culpar da actual crise á poboación inmigrante, como está a ocorrer en Cataluña e desde a mesma base social que aquí condea estas políticas: a base social militante do Partido Popular, entre outros...e outras.

4. Algúns dos principais convocantes, sexa a título persoal ou en calidade de representantes dos hostaleiros, do comercio do centro ou da propia Federación Provincial de Comercia da Coruña, exercen as súas actividades preferentemente en rúas sen tránsito rodado, isto é, en rúas peonís, ou en auténticos bulevares, como é o caso do negocio de mobles do Presidente da Federación de Comercio. Ningún dos convocantes posúe negocio algún onde se poida aparcar enriba das beirarrúas, deixar o coche en doble fila ou, mesmo en varios dos casos, sen tan siquera transitar. Por que non queren para os demais a mesma calidade urbana da que eles xa se están actualmente aproveitando???

5. Entre os convocantes e impulsores desta protesta figuran algunhas persoas recoñecidas no mundillo protesteril da nosa cidade: convocaron ou apoiaron concentracións contra a "terrible imposición" do galego, convocaron ou apoiaron algaradas varias contra a política de erradicación do chabolismo, protestaron contra o botellón, chegando a esixir leis prohibitivas que desde que goberna Galicia o Partido Popular seica xa non son tan precisas, protestaron contra a lei de memoria histórica, excitaron os ánimos veciñais contra Penamos xusto cando o problema está a piques de solucionarse e despois de dúas décadas de silencio cómplice. 

6. A meirando parte dos convocantes ou aopiantes simpatizan ou directamente militan no partido que tivo a máxima responsabilidade nas políticas comerciais da nosa Comunidade en dezaoito dos últimos vintedous anos, o partido de Fraga, Feijoo, Negreira ou, máis fóra de nós, Esperanza Aguirre. O partido dos que nunca nunca son responsables, pese a que "exerzan", é un dicir, as correspondentes responsabilidades. Noutra orde de cousas, gustaríame saber CANTA DESTA XENTE REALMENTE GASTA OS SEUS CARTOS NO COMERCIO DE BARRIO!!!! Nós, os katanguistas, si que o facemos.

7. A maior abundamento, e para completar o frikismo desta convocatoria sen razón, se persoeiros coma Carlos Marcos ou Corcoba se apuntan a ela, como semella, de igual maneira que Izquierda Hundida, a foto fixa desta algarada terá moitas motivacións e moi diversas, certo, pero estará moi alonxada da reivindicación da importancia e necesidade dun forte e asentado comercio local. En fin, delfín, que só vai faltar Rosa Díaz!!!!

8. O apoio que determinados "líderes" e "lideresas" veciñais están prestando a estas protestas non fai máis que confirmar os nosos temores sobre a falta de visión e realismo dunhas institucións e unhas persoas que máis que favorecer a calidade de vida dos seus veciños e veciñas alimentan a trampa da demagoxia conservadora que, aproveitando o normal malestar que xeneran as obras públicas, especialmente se son de envergadura, desacreditan actuacións encamiñadas a mellorar a calidade deses espazos urbanos ANTES de que esas obras dean remate. Todo isto ao berro de "calquera pode ver que isto está mal feito ou planeado", igual que agora tamén din"calquera podía ver que a burbulla do ladrillo ía rebentar máis cedo que tarde". Igualico igualico que el difunto de su agüelico....

9. Aínda está por ver algunha entrevista a convocantes e/ou apoiantes falando do urbanismo especulador, que detraíu a innúmera poboación moza traballadora cara a novos espazos urbanos de concellos limítrofes, como un dos causantes da pouca actividade comercial de determinados barrios. Tampouco ninguén semella dar importancia a que se pides prezo por locais en desuso desde hai varios anos podes atoparte con que de mil ou mil cincocentos máis ive non baixa....e con reforma necesaria....

10. Por último, ter escollido unha data adicada EN TODO O MUNDO a denunciar a violencia de xénero, que causa milleiros, se non millóns de vítimas ao ano neste noso planeta, demostra sen ningún XÉNERO de dúbidas a catadura moral de quen non lle dá importancia nin a esta data nin ao que se conmemora. Había moitos días, o comercio local padece moitos problemas, pero tiñas que escoller precisamente ese día. Así se lles atragante. Punto.

CARLOS NEGREIRA: A ver, Fonsito, que me pierdo...Esta mani para qué era???
ALFONSO RUEDA: Joder a quién preguntas, que guevazos tienes...Será por el gallego....o algo...Deja, que ya veo al Cañete haciendo botellón por allí....ya verás como ése sabe...

Mo chara na hÉireann...(miña querida Irlanda...)

by Msarkadina...como non.....

Non sendo experta en micro ou macroeconomía (ben me chega con atender ás miñas contas) non podo facer unha análise demasiado profunda. Necesitei a axuda e as explicacións dalguén que sabe (moito) e ten unha paciencia infinita ademais dunha gran aptitude pedagóxica. O que aquí escribo é un resumo da barbarie liberal que abocou á actual situación económica irlandesa, tal como eu a entendo, do xeito máis sinxelo e gráfico posible (tamén). Descúlpome de antemán polos meus posibles erros. Insisto, unha vez máis, que eu son unha pobre lega na materia.

Como empezou todo:

1.- Irlanda entra no euro.

2.- O goberno irlandés decide crear un pseudo paraíso fiscal na eurozona, deixando á banca a potestade de autorregularse. Isto vén significando que deixaron que fixeran o que lles dera a gana.

3.- Daquela en Frankfurt (Banco Central Europeo) practicábase unha política “xenerosa” e tanto os bancos alemáns como os franceses fan o seu agosto de emprestar cartos ó tigre celta (ser non era tal, pero actuaba como se o fose, que é o que se estila nestes tempos).

O tempo da bonanza pasa, inclemente e chega o ano 2008. E con el o pesadelo.


A caída de bancos como Lehman (e outras catástrofes) conxela os mercados financeiros e o mundo enteiro decátase de que está empufado.

Daquela os bancos irlandeses (ultradependente dos cartos emprestados doutros bancos europeos) quedan desamparados. Cando a desconfianza é a moneda común (ninguén empresta a ningúen) resulta misión imposible renovar ou ampliar un crédito.

A “magnífica solución” do gobernó irlandés? Como eses bancos liberaloides con ética de tudo-vale non teñen liquidez deciden darlles unha axudiña (diñeiro público, of course). Pero o “problema” non se dá superado, así que seguen a dar cartos para ese saco sen fondo. Ó final acaban nacionalizándoos e descubrindo, con horror, que o auténtico problema eran os activos tóxicos (as hipotecas subprime, por exemplo) e non a falta de liquidez. Finalmente o que se consigue é nacionalizar a débeda bancaria. Consecuencia? RECORTES DOS ORZAMENTOS PÚBLICOS E RECESIÓN.


O Estado, fagocitado polos “pecados” da cobiza da banca (coa complicidade da clase política e empresarial e a pasividade de gran parte da poboación), comenza a padecer as mesmas penurias: tampouco inspiran confianza así que non lles van dar nin a hora. A principios deste mes (Novembro de 2010) é evidente que a débeda bancaria é maior que a economía do país e que o estado irlandés non poderá salvalos. O aguerrido salvador necesita un rescate urxente, xa na bancarrota.

O euro permitiu a tolemia do euro irlandesa ou islandesa. Pero o caso irlandés é deprimente. Non lles permitirán devaluar a moneda porque iso significaría reducir a débeda e, polo tanto, unha diminución de ingresos da usura dos antano xenerosos prestamistas alemáns ou franceses. Tarde piaches, mo chara na hÉireann (miña querida Irlanda)! Non te deixarán escapar…



Espero que esta terra volva a ser o que sempre foi: unha terra de santos e poetas (como Rory Gallagher, un exemplo do que deu esta illa).



MADERILLO O'HARA: Pero cómo se está poñendo o patio....
CONDUTOR O'REILLY: Glabs.....acabemosss co capital....que a cgrissse....snurlsss...a paguen os bancos....!!!!! (Hoxe sobroume unha guiness...)

Como en Irlanda....abur, yogur....

Deconstrución europea....


Con outro Estado-Nación -Irlanda- a punto de caramelo para a intervención económico-mercantil da SÚA economía, absolutamente boiante ata que "decidiron" emprestar aos bancos máis diñeiro do que tiñan, véndose por tanto agora con problemas para pagar a débeda contraída con estes mesmos bancos, e cos veciños portugueses amagando con abandoar o euro, non sabería dicir se Europa vai de cachas ou se na cociña común europea tomou o mando o mesmísimo Ferrán Adrià: churrasco de polo ao nitro en salsa de cervexa negra e aroma rancio de alcanfor.....

Incertezas célticas...

Ameazas lusitanas....

E Galicia....cada día máis linda máis linda....

FERROLÁN: ...Cada día mellor e mellor.....
ALEMÁN DE AUSTRIA: Da, da...jijijijito....(esperrra a conoserrr mis banquerrrros...)
O DO MEDIO: Pero qué carallo levará este ferrolán colgado do pucho????
FOTÓGRAFO SEGUNDO PLANO: Hostiaxá...volvín quedar sen carrete...A ver qué lles digo a estes.....

Sobre a decadencia do comercio coruñés...

by Pacotrón

Resulta empiricamente comprobable a nosa rotunda defensa do comercio local marinedo, máis intensa se cabe cando se trata da pobre Katanga. Hoxe, nuns minutos, diferentes asociacións comerciais comezarán unha asemblea en ExpoCoruña para denunciar as políticas do Concello da Coruña, políticas que, segundo din estas entidades, están arruinando a este importante sector e motor económico da cidade. Nós non estaremos nesa protesta. Explicámonos:

Por unha banda, o toque a rebato de comerciantes locais contra o carril-bus, as peonalizacións, os ancheamentos e melloras de pavimentos e beirarrúas ou a instalación de bolardos para IMPEDIR QUE OS BUGAS SE SUBAN, non forma parte nin da nosa cultura social nin do que se leva facendo na Europa Europa que ten unha calidade de vida, incluída a comercial, moi superior á nosa. Que viaxen estes señores -Agromayor ou Cañete- por Holanda, Alemaña, Dinamarca, Suecia ou Reino Unido, por exemplo, a ver se alí hai ou non hai bolardos, carril-bus ou amplas zonas peonís.

Por outra banda, qué semellante resulta este chamado á rebelión a aquel berro de vivan las caenas que pronunciaba un pobo de Madrid excitado polo rebumbio tradicionalista e caciquil enfrontado ás teses da revolución francesa, esas que apostaron pola igualdade, liberdade e fraternidade en vez da sumisión ao clero e á nobreza. En fin, TODO ISO QUE VEU DESPREZAR BENEDICTO XVI ONTE ANTES DE BAIXAR DO AVIÓN. As competencias comerciais, tamén as de instalación de novas superficies, son da Xunta de Galicia, en mans deses que son máis papistas que o papa. Por que será que nesta asemblea de comerciantes cabreados ninguén menciona isto??? Por rancios. Por rancios penosos e incompetentes. Que viaxen, plis, que viaxen dunha vez -pero non a Tailandia, Cuba ou Punta Cana, señoritos, senon a Europa-.

Por último, para que non se nos acuse de bárbaros que negamos a razón, sustituída polo insulto e/ou descalificación: no nosa Katanga non hai carril-bus, nin bolardos nin amplas beirarrúas (en esp. "aceras"). Podes deixar o carro por aí ciscado, mesmo subido nalgunha das numerosas esquinas entre rúas, e mirade que ben lle vai ao noso comercio!!!! Ah, perdón, hai unha excepción. A rúa Barcelona ten a maior actividade da Agra toda, e unha das maiores actividades de toda a cidade.....Ah, que resulta que é peatonal....e ten bolardos......

DOUS EXEMPLOS DOUS:

Exemplo A: modelo de mobilidade da Federación de Comercio e Asociación de hosteleiros da Coruña


Exemplo B: modelo europeo de mobilidade e reactivación comercial


Escollede vós!!!!!!!

Aburete....

Para tranquilidade dos seus lectores...

...A Voz de Galicia informa:


A previsión máis probable é que non chova durante a visita do Papa a Santiago. Nada que ver cos terribles agoiros que nos agardaban a comezos de semana. Ver agoiros.

Menos mal que vén o Papa. Non me protesten. Se non fose por esta visita, o Camiño de Santiago non pasaría de ser unha tradición regional. Cómo qué??? Pois así o indica o señor Arzobispo de Santiago en persoa, que algo virá sabendo do asunto promocional e de marquetín espiritual!!! Ver paranoia.

Tampouco estaría de máis comezar a ver esta visitilla como unha oportunidade de negocio. Así é, amiguiñas e amiguiños katanguistas. O terrible custe de todo este enredo, incrementado con outros gastos moi dificilmente computablesverase sen dúbida compensado coa consabida chuvia de millóns que acompaña a esta persoa. Os medios de Madrid máis acreditados calculan uns beneficios tales que con que a Súa Santidade (súa deles) quede na nosa querida Compostela unha ou dúas semanas saímos da crise pero de ya!!!!

En fin, que podedes seguir todo o relacionado con este magno evento no especial que o medio escrito regional máis importante de Galicia ten permanentemente actualizado, para tranquilidade dos seus (seus deles) lectores, of course!!!!!

LA PAPA: Tanto Papa, tanto Papa...LA PAPA!!!!

Bueno, que non todo serán facilidades, xa que a maligna campaña de desprestixio e difamación emprendida por uns poucos que non representan a ninguén podería estar deixándose notar na afluencia de turistas e turisteos varios...Menos mal que aínda quedan exemplos de xentes humildes e sinxelas...para tranquilidade de todos os lectores deste xornal...sen esquecer outras boas intencións algo menos ao alcance do común dos mortais...

Animamos desde aquí ao conxunto do colectivo homosexual para que acudan a Compostela tal cal pelegríns gozosos. A ver se se curan, que falta lles/nos fai, o Papa dixit!!!!

Se, por outra banda, ti es unha desas persoas desleixadas que non ten sentimento de ledicia algún ante a visita galaica do Pontífice, preme no enlace inferior e tómate un lilapause!!!

Con la Iglesia hemos topado, amigo katangueiro!!!

Ou ben preme directamente no seguinte botón de descanso....




Aifssss......que faltaba Paco o dos euromillóns!!!

Abur, yogur

Kavernícolas

by Katangueiro

Vale que a esquerda política non che me anda moi fina en situacións de crise do capital financeiro como a que estamos vivindo en Katanga. Cousas do ideoloxismo dos nosos tempos, que procura atopar acomodo ao enfrontamento entre a base dogmática e a máis crúa realidade.

Vale que a esquerda social, todas e todos eses katanguistas que se dan de conta das "cousas" desde a síua condicións de oráculos do que se coce entre o asfalto e a terra, tampouco che nos anda moi atinada en canto á responsabilización disto que se nos veu enriba. Cousas de combinar a inquietude social cun bo leitor de Blue-Ray.

Vale que certos elemento, coma nós, desistamos de practicar a máis básica e clásica pedagoxía política, a de antes, a de sempre, para refuxiarnos nestes espazos virtuais facendo o avestruz inmisericordemente. Vale, vale, vale e vale xa.

O que non debemos permitir, nin uns nin outras, é que os cavernícolas dereitosos -que non é o mesmo que as persoas de ideoloxía conservadora, non confundir-, isto é, os kavernícolas, campen ás súas anchas polo Estado katangueiro adiante, uns días excitados pola desaparición dos ministerios eses nos que nunca creron nin crerán: Igualdade e Vivenda (Pública), outros días imbuídos eles e elas na áurea de superioridade que dá vivir de puta nai sen merecelo nin coñecerse máis mérito que o de gustar a unha excelsa minoría que di, que pensa, que defende que estes personaxes son uns artistas da palabra ou algo así.

Que que quen charloteo???? Fácil, dos 240.000 euracos que se mete entre peito e espalda Lolita de Cospedal sen necesidade de ser cargo público dalgunha administración nin gañar unhas eleccións (unha Senadora é un cargo público, seguro, polo menos na teoría, pero non é como ser Presidenta, Conselleira ou Ministra). Agora entendo a esta muller cando falaba da austeridade do PP!!!! É da austeridade para os demais, claro clarito. Que se non????

E de quen máis largo??? Previsible, do Arturito Pérez Reverte, machote de España por la gracia de Dios, e do Sánchez Dragó, semental da Secundaria, perigo de toda a rapazada. Coidado, despistada alumna de 1º da ESO, que aquí che vai Don Fernando para ensinarte a ser toda unha muller!!!!

En fin, que vén sendo día de defuntos e haberá que pasar por algún camposanto, non vaia ser...e perdoade o abandono destes días. O Pacotrón quedou ao cargo pero quedou tamén sen ordenata...Cousas do século vinteún.....

DON ARTURO (Á ESQUERDA...DA IMAXE): Vive Dios que nunca imaginé tanto revuelo de progres babosos y feministas resentidas!!!
DON FERNANDO (Á DEREITA...EN TODOS OS SENTIDOS): Bueno, en mi caso el lío aumentó las ventas de mi libro...y mis fondos pecuniarios...jo jo jo jo jito!!!!!
DOÑA DOLORES (ABAIXO...SEN CONNOTACIÓN ALGUNHA): Ay, Don Fernando, cómo es usted...Supongo que yo le vengo siendo algo mayorcita peeerooooo......

Abur, yogur.....

Back in the USSR


El Fígaro Emboscado, amigo insurxente e cocolaborador de Galicia Confidencial, tróuxonos a memoria infinda daquelas emocións do pasado soviético....En 1989 houbo quen me dixo mentras víamos como se tiraba abaixo o muro de Berlín: "Agora ides saber o que é o capitalismo de verdade". Era un trostkista, que lle imos facer se tiña razón....

Estados empufados para cubrir as perdas dos señoritos a conta de universalizar o seu fracaso.

Economistas sen escrúpulos recetando sacrificios para uns e prebendas para outros.

Medio millón de empregados públicos menos no Reino Unido: lembrade o que pasou coa privatización dos ferrocarrís británicos.

Os recortes caen do mesmo lado.

Non se coñece que se extraese lección algunha desta desfeita...así que, nada nada nadita. Unha dos Beatles, cortesía do Fígaro:


Aburete, yogurete!!!!

Véndese Estado-Nación

by Pacotrón, con tristeza

Urxe por non poder atenderse.

Aproveite agora esta espléndida oportunidade en cómodos prazos.

Cunha excelente situación xeográfica, no suroeste da vella europa, unha das monarquías máis antigas do vello continente, antigo imperio colonial e actualmente constituída en República, goce desde o primeiro momento coas súas preciosas vistas ao océano. Postas de sol diariamente garantidas. Tantas horas de luz que desexará a chegada da noite e as conseguintemente espesas néboas matutinas.

Próxima inclusión na lista dos 40 Intervidos polo FMI.

Liquidación inmediata de múltiples artigos a prezos realmente competitivos: consumibles, man de obra, centros educativos...Infórmese xa dos nosos pacotes de oferta especiais.

Traslade a súa actividade económica e renegocie os convenios salariais ao seu antollo.

Adquira unha man chea de cidades singulares en estado ruinoso como Lisboa, Porto ou Coimbra.

Pasee por interminables praias pendentes de recalificación.

Asuma unha pequena débeda que cuadriplica á de Irlanda e adopte, a cambio, decisións inmisericordes que afecten á vida das once millóns de almas que empregan un idioma comprendido por máis de 250 millóns de persoas, a séptima lingua materna do mundo!!!!

Véndese Portugal.

Infórmese aquí de próximas ofertas similares.

FRANCO: Pois se andabas mal de cartiños poderías ter avisado, home...
SALAZAR: Ai, sim? Emprestaria o senhor os milhôes de contos da nossa dívida?
FRANCO: Non, home, non. Só era por saber...Se nós NON temos un can!!!!!
SALAZAR: E assim vai Portugal, uns vâo bem e outros vâo mal...

Abur yogur!!!

Aquí a tedes: Banksy dirixe intro dos Simpsons (versión sen censurar...aínda)

Aproveitade!!!!!! En calquera momento nolo censuran!!!!!! No capitalismo superliberal que nos tocou en sorte podes explotar a nenos e nenas...O que non podes é contalo ou representalo. É de mal gusto!!!!!

Brevis breve

by Brevis Breve
GOBERNANTE: Es lo último que nos queda. Toma el dinero y corre.
BANQUERO: Dame el dinero y vete.

Irlanda busca dinero debajo de las piedras para evitar la ruina del país
"El recorte de 3.000 millones de euros en el gasto público anunciado por el Gobierno se ha quedado obsoleto" (NOTA DO AUTOR: para recuperarse do que tiveron que soltar aos bancos)

CURRANTE IRLANDÉS: Pois levo así dous anos e non dou atopado un chú....
CURRANTE GALEGO: A min non me mires....que levo chanclas!!!!

Abur yogur!!!

Sentido e sensibilidade (falta de)

by Katangueiro,a partir dun correo de A., nacida libre

A nosa amiga A. coméntanos, entre indignada e preocupada (ler asustada) como proliferan en determinados "lugares" web, vendidos como blogosferas cidadás e convertidos por obra e gracia de quen os administra en espazos de proselitismo neoultradereitoso, as novas redactadas con claro sesgo malicioso e os subseguintes comentarios de reafirmación fascistoide. Quéixase a amiga de que isto ocorre SEMPRE nos mesmos lugares, son SEMPRE os mesmos protagonistas e rematan SEMPRE do mesmo xeito: usando un demagóxico sistema de culpabilización básica en tres leccións pola cal os máis febles, ou os que non se poden defender apropiadamente dentro da calamitosa circustancia económica que estamos padecendo, son os responsables de todo o conxunto de males sociais que afectan aos que transmiten a información e ao conxunto da cidadanía, por extensión. A nosa amiga refírese en concreto ao Blog de Los Rosales, do que xa temos falado máis que suficiente, pero moito nos tememos que é unha enfermidade cada vez máis habitual entre a "maltratada", ou así se considera, clase media desta Europa do progreso e do benestar.

A indignación de A. comezou cando, coincidindo coa folga xeral do pasado día 29, comproba como se magnifican os episodios de enfrontamento, e mesmo un suposto "vandalismo obreiro", que sitúa aos convocantes e participantes na folga pouco menos que nas tramas de delincuencia organizada.

Isto que nos comenta A. pode observarse directamente AQUÍ. O que non se poderá observar de ningunha forma é información algunha referida a que o Estado tivo que pedir diñeiro emprestado á Banca privada, a un 4-5%, para crear o seu Fondo de Rescate da Banca, que o presta aos prestamistas ao 1%. Negocio redondo!!!!! Quizais por iso os lemas máis coreados nese día foron os relativos a que a crise a paguen os que a causaron. Estes últimos contrapoñen: que a paguen os macarras sindicais e os/as beneficiarios de axudas sociais. Vagos, máis que vagos.

A preocupación da nosa amiga sube enteiros cando, tras unha denuncia veciñal relativa a supostas actividades de corte delitivo protagonizadas por menores e adolescentes de etnia xitana no parque infantil do barrio, sucédense as prédicas xenofóbicas que absolutizan a información convertíndoa en dogma de fe polo cal, en definitiva, chegamos á conclusión de que as persoas de etnia xitana non poden -non queren, non saben, non merecen- convivir co común dos seres mortais que habitamos a península ártabra. Marineda, vamos. Chega a propoñerse, sen que apenas sorprenda, o traslado do conxunto dos xitanos a un lugar afastado, onde vivan todos xuntiños e poidan matarse mutuamente se molestar aos demais. Algo así como de Sarkozy ao Plan Madagascar, opina A. Pode verse AQUÍ. Ai...o tan manido recurso á inseguriade cidadá que tan bos resultados está a dar á ultradereita en Europa Central!!!!!!

O que non conseguirá ver A. en semellantes "foros de debate" é que o 88% da poboación xitana en España habita en condicións totalmente normalizadas, ou que a precariedade de emprego sitúase nun 71% no caso desta etnia, fronte ao 30% que padecen/padecemos os que non somos desa etnia. Ou que o 80% dos menores xitanos non rematan os estudos básicos. Estas cifras son tamén "razóns" que se lles escapan a algúns cando botan a lingua a pacer.....é que xa o dicía a miña mamá: non hai peor mentira que unha verdade a medias.

Pero non te preocupes, querida amiga A. É o sino dos tempos. Teremos de discutir novamente sobre cuestións que creíamos de civilización básica, chegando mesmo a ter que defendelas coma se estivésemos nas trincheiras dunha guerra eternizada e/ou eternizable.

Non ves que sempre foi así??? Graciñas polo aviso.

O Anxo Exterminador (e 2)


Vén do capítulo anterior.....

O Anxo rompeu o cuarto selo e abriu o cuarto sobre. Vimos como a humanidade se dividía entre os que querían protestar ante os Guardiáns, aos que responsabilizaban do conxunto de penurias que se estaban a vivir, e os que non querían que se fixese nada que puidese molestar aos Guardiáns ou tentase a desprazalos da súa tarefa. Vimos como estes últimos eran maioría e vimos como rían os Guardiáns con todo aquilo. Logo, chegou a Gobernación e mandou protexer os bens dos Interventores, pois eran estes as principais vítimas da ira humana, dada a cercanía e contacto diario con eles. Algúns de entre os mercaderes tamén foron protexidos, tal era o desvelo con que Gobernación se ocupaba da protección dalgúns dos seus súbditos.








ANXO EXTERMINADOR: Ji ji ji ji ji jito.........

O Anxo Exterminador


Chantou as garras con tanta fereza no tellado pétreo que pasou a formar un todo co edificio desde o cal albiscaba a cidade marineda no seu conxunto. Desde a súa posición, na Praza de Mina, era capaz de atravesalo todo coa vista: os montes, os edificios, as persoas...Todo abranguía e todo quería, dándolle as costas propositadamente a Katanga, como se así puidese abstraerse da súa miseria.

O Anxo sorriu con desprezo, en tanto contemplaba os diminutos seres humanos que, horrorizados, non lle quitábamos ollo nunha mistura de curiosidade e espanto. Un reloxo cercano marcaba as cinco horas da tarde. Á súa dereita unha palabra sobresaía como unha fina ironía, habida conta de a quen servía este diaño e para que se atopaba, xusto naquel instante, xusto naquel lugar, alí. O Exterminador procurou nun peto no costado unha cantidade indeterminada de sobres lacrados. Non lle debeu agradar a contemplación daquel xentío cada vez máis numeroso e axitado, que apuntou co dedo índice da man dereita cara a varios dos alí congregados que caeron, pois, fulminados nun instante, présos dunha intensa dor que deixaba profundas marcas nos seus rostros inertes.

Rompeu o primeiro selo e abriu o primeiro sobre. Vimos como milleiros e milleiros de persoas toleaban nunha ansia de consumo que os obrigaba a solicitar audiencia ante os Guardiáns para ver de obter suficientes moedas coas que poder comprar un anaco de mundo. Era tal o desenfreo que contrapoñían como garantía bens, persoas e almas, sen pensar nin ter consideración sobre o auténtico valor do que ofertaban e do escaso, case nulo, valor recibido a cambio. Para cando os Guardiáns reclamaron o que eles voluntariamente prestaron, xa era tarde para moitas xentes humildes, primeiras vítimas de engano e desposuídas repentinamente de todo o que era a súa existencia. Días despois caeron os demais con eles, tamén os comerciantes.

Rompeu o segundo selo e abriu o segundo sobre. Vimos ringleiras interminables de seres suplicando aos Guardiáns, e mesmo a Deus, para seren salvados ou, cando menos, ver minorizado o seu sufrimento. Camiñaban sedentos, nus en ocasións, entoando unha ladaíña profunda que nos sometía os sentidos a todos os alí presentes. Vimos morrer a pequerrechos e pequerrechas inocentes, xustiño ao noso lado, e a ninguén máis preocupou que a quen debía facerse cargo dos corpos putrefactos. Pasadas unhas xornadas interminables, os Guardiáns explicaron que pronto anunciarían os sacrificios que debíamos realizar se queríamos realmente ser axudados por eles. Tamén adiantaron que aqueles sacrificios serían terribles, mais precisos todos eles se desexábamos abandonar aquela indigna condición na que nos víamos. Ninguén ousou repricar. Máis ao contrario, foi tal a excitación contida naquelas horas de desolación que a humanidade admitiu todos os sacrificios de bo grado, mesmo sen antes coñecer o seu verdadeiro alcance. Algúns de nós fomos incapaces de parar de chorar.

Rompeu o terceiro selo e abriu o terceiro sobre. Vimos a todas as mulleres e a todos os homes en traballos diversos, gardando de todo aquilo unha pequena parte para a súa mínima manutención e entregando o máis do que tiñan aos Interventores, quen logo entregaba á súa vez o resultante total da xornada aos Guardiáns. Como estes adicaban a suma recibida máis ben ao seu propio servizo, antes que atender aos necesitados e mesterosos, sucedéronse protestas aquí e alá, pero os máis nin atendían a nada qiue se dixese, tan cansos e derrotados que se atopaban. A Gobernación decidiu, á súa vez, entregar unha boa parte das moedas das que dispoñían para atender tanto as necesidades máis comúns no presente, como as posibles necesidades do futuro, aos Interventores, para que estes as fixesen chegar aos Guardiáns co recado de que agora pasaban a ser totalmente do seu uso e goce, puidendo con elas axustar todo aquelo que os Guardiáns decidisen que era preciso axustar, na orde e importancia que eles entendesen, e sen ter que dar máis conta disto nin a humano, Interventor ou Gobernante, pois era o menos que se podía facer por quen velaba, día e noite, pola pronta recuperación de todos e todas nós. Así falou a Gobernación e así se fixo. Deus nos garde.

CONTINUARÁ....



"Asamblea de Majaras". Sinfonía en tres actos

by Pacotrón


Sábado 18 de setembro de 2010. O Comité Central, logo de profundas deliberacións, e en nome do conxunto da Asamblea de Majaras, proclama: mañá sol....e bo tempo!!!!

Por entre os discursos e as arengas, as primeiras notas dunha sinfonía van vencendo segundo pasan as horas do día:

Allegro

"As penurias do Porteador"

Contra a metade do día, na pétrea capital húmida e morna, o Porteador disponse para a defensa da última fronteira, a fortaleza construída para a Patria infinda. Rodeado dos seus máis próximos, e mentras se inspiraba no xogo de luces e sombras que as raiolas do sol inventan por entre as estreitas rúas centenarias, o Porteador sentiu certa náusea ante a ben escasa partida que lle conseguiran reunir. Os Voceiros do Pobo rumiaron o seu desleixo en forma de preguntas crónicas sen apenas emoción. Pero esta vez, a pose grave e a voz ronca do Porteador conseguiron elevarse por entre os sons da naturalidade urbana e do continuo devir cidadán:

-O Porteador son eu!!!- proferiu, e as cousas propias da metade do día mantiveron preserverantes a súa continuada teima de rodar, e rodar e rodar. Costa abaixo. Aproveitando as sombras.


Larghetto

"As pretensións do Galinauta"

O xoven e temerario Galinauta despregou as cartas de navegación ante o nutrido grupo que o acompañaba. Inventou unha liña trasversal por entra as cortantes rochas e as perigosas mareas e pulsou con grande ímpetu o punto final do seu destino.

-Por aquí, compañeiras e compañeiros. Por aquí para chegar ata aquí!- indicoulles desprazando o dedo índice dende un extremo do mapa ata o outro.

Non agromou o entusiasmo tal e como o Galinauta agardara, sentimento quizais adormecido trala durísima viaxe que os levara a varar naquela paraxe. Preparara a súa alocución a víspera, confiado no poder iniciático das súas palabras. Para nada.

Contra a tardiña, e entredentes, algún desconfiado murmuriscou: "Tú a Boston y yo a California", pero nada salintable pasou.



Finale (Minué)

"As leccións do Bürgermeister (Bürger=cidadán. Meister=mestre)"

O Bürgermeister levantou a mirada, dirixíndoa aos que o acompañaban. "Son poucos", rosmoulle ao oído un dos seus máis próximos na estancia, pero non na constancia. "Suficientes", espetoulle tan rotundo e confiado que nin tan siquera quixo virarse cara a el.


Epílogo para o final do día

DOUTOR CALIGARI: Impagable!!!!!


Abur, yogur!!!