Páginas

Back in the USSR


El Fígaro Emboscado, amigo insurxente e cocolaborador de Galicia Confidencial, tróuxonos a memoria infinda daquelas emocións do pasado soviético....En 1989 houbo quen me dixo mentras víamos como se tiraba abaixo o muro de Berlín: "Agora ides saber o que é o capitalismo de verdade". Era un trostkista, que lle imos facer se tiña razón....

Estados empufados para cubrir as perdas dos señoritos a conta de universalizar o seu fracaso.

Economistas sen escrúpulos recetando sacrificios para uns e prebendas para outros.

Medio millón de empregados públicos menos no Reino Unido: lembrade o que pasou coa privatización dos ferrocarrís británicos.

Os recortes caen do mesmo lado.

Non se coñece que se extraese lección algunha desta desfeita...así que, nada nada nadita. Unha dos Beatles, cortesía do Fígaro:


Aburete, yogurete!!!!

Véndese Estado-Nación

by Pacotrón, con tristeza

Urxe por non poder atenderse.

Aproveite agora esta espléndida oportunidade en cómodos prazos.

Cunha excelente situación xeográfica, no suroeste da vella europa, unha das monarquías máis antigas do vello continente, antigo imperio colonial e actualmente constituída en República, goce desde o primeiro momento coas súas preciosas vistas ao océano. Postas de sol diariamente garantidas. Tantas horas de luz que desexará a chegada da noite e as conseguintemente espesas néboas matutinas.

Próxima inclusión na lista dos 40 Intervidos polo FMI.

Liquidación inmediata de múltiples artigos a prezos realmente competitivos: consumibles, man de obra, centros educativos...Infórmese xa dos nosos pacotes de oferta especiais.

Traslade a súa actividade económica e renegocie os convenios salariais ao seu antollo.

Adquira unha man chea de cidades singulares en estado ruinoso como Lisboa, Porto ou Coimbra.

Pasee por interminables praias pendentes de recalificación.

Asuma unha pequena débeda que cuadriplica á de Irlanda e adopte, a cambio, decisións inmisericordes que afecten á vida das once millóns de almas que empregan un idioma comprendido por máis de 250 millóns de persoas, a séptima lingua materna do mundo!!!!

Véndese Portugal.

Infórmese aquí de próximas ofertas similares.

FRANCO: Pois se andabas mal de cartiños poderías ter avisado, home...
SALAZAR: Ai, sim? Emprestaria o senhor os milhôes de contos da nossa dívida?
FRANCO: Non, home, non. Só era por saber...Se nós NON temos un can!!!!!
SALAZAR: E assim vai Portugal, uns vâo bem e outros vâo mal...

Abur yogur!!!

Aquí a tedes: Banksy dirixe intro dos Simpsons (versión sen censurar...aínda)

Aproveitade!!!!!! En calquera momento nolo censuran!!!!!! No capitalismo superliberal que nos tocou en sorte podes explotar a nenos e nenas...O que non podes é contalo ou representalo. É de mal gusto!!!!!

Brevis breve

by Brevis Breve
GOBERNANTE: Es lo último que nos queda. Toma el dinero y corre.
BANQUERO: Dame el dinero y vete.

Irlanda busca dinero debajo de las piedras para evitar la ruina del país
"El recorte de 3.000 millones de euros en el gasto público anunciado por el Gobierno se ha quedado obsoleto" (NOTA DO AUTOR: para recuperarse do que tiveron que soltar aos bancos)

CURRANTE IRLANDÉS: Pois levo así dous anos e non dou atopado un chú....
CURRANTE GALEGO: A min non me mires....que levo chanclas!!!!

Abur yogur!!!

Sentido e sensibilidade (falta de)

by Katangueiro,a partir dun correo de A., nacida libre

A nosa amiga A. coméntanos, entre indignada e preocupada (ler asustada) como proliferan en determinados "lugares" web, vendidos como blogosferas cidadás e convertidos por obra e gracia de quen os administra en espazos de proselitismo neoultradereitoso, as novas redactadas con claro sesgo malicioso e os subseguintes comentarios de reafirmación fascistoide. Quéixase a amiga de que isto ocorre SEMPRE nos mesmos lugares, son SEMPRE os mesmos protagonistas e rematan SEMPRE do mesmo xeito: usando un demagóxico sistema de culpabilización básica en tres leccións pola cal os máis febles, ou os que non se poden defender apropiadamente dentro da calamitosa circustancia económica que estamos padecendo, son os responsables de todo o conxunto de males sociais que afectan aos que transmiten a información e ao conxunto da cidadanía, por extensión. A nosa amiga refírese en concreto ao Blog de Los Rosales, do que xa temos falado máis que suficiente, pero moito nos tememos que é unha enfermidade cada vez máis habitual entre a "maltratada", ou así se considera, clase media desta Europa do progreso e do benestar.

A indignación de A. comezou cando, coincidindo coa folga xeral do pasado día 29, comproba como se magnifican os episodios de enfrontamento, e mesmo un suposto "vandalismo obreiro", que sitúa aos convocantes e participantes na folga pouco menos que nas tramas de delincuencia organizada.

Isto que nos comenta A. pode observarse directamente AQUÍ. O que non se poderá observar de ningunha forma é información algunha referida a que o Estado tivo que pedir diñeiro emprestado á Banca privada, a un 4-5%, para crear o seu Fondo de Rescate da Banca, que o presta aos prestamistas ao 1%. Negocio redondo!!!!! Quizais por iso os lemas máis coreados nese día foron os relativos a que a crise a paguen os que a causaron. Estes últimos contrapoñen: que a paguen os macarras sindicais e os/as beneficiarios de axudas sociais. Vagos, máis que vagos.

A preocupación da nosa amiga sube enteiros cando, tras unha denuncia veciñal relativa a supostas actividades de corte delitivo protagonizadas por menores e adolescentes de etnia xitana no parque infantil do barrio, sucédense as prédicas xenofóbicas que absolutizan a información convertíndoa en dogma de fe polo cal, en definitiva, chegamos á conclusión de que as persoas de etnia xitana non poden -non queren, non saben, non merecen- convivir co común dos seres mortais que habitamos a península ártabra. Marineda, vamos. Chega a propoñerse, sen que apenas sorprenda, o traslado do conxunto dos xitanos a un lugar afastado, onde vivan todos xuntiños e poidan matarse mutuamente se molestar aos demais. Algo así como de Sarkozy ao Plan Madagascar, opina A. Pode verse AQUÍ. Ai...o tan manido recurso á inseguriade cidadá que tan bos resultados está a dar á ultradereita en Europa Central!!!!!!

O que non conseguirá ver A. en semellantes "foros de debate" é que o 88% da poboación xitana en España habita en condicións totalmente normalizadas, ou que a precariedade de emprego sitúase nun 71% no caso desta etnia, fronte ao 30% que padecen/padecemos os que non somos desa etnia. Ou que o 80% dos menores xitanos non rematan os estudos básicos. Estas cifras son tamén "razóns" que se lles escapan a algúns cando botan a lingua a pacer.....é que xa o dicía a miña mamá: non hai peor mentira que unha verdade a medias.

Pero non te preocupes, querida amiga A. É o sino dos tempos. Teremos de discutir novamente sobre cuestións que creíamos de civilización básica, chegando mesmo a ter que defendelas coma se estivésemos nas trincheiras dunha guerra eternizada e/ou eternizable.

Non ves que sempre foi así??? Graciñas polo aviso.