...A Voz de Galicia informa:
A previsión máis probable é que non chova durante a visita do Papa a Santiago. Nada que ver cos terribles agoiros que nos agardaban a comezos de semana. Ver agoiros.
Menos mal que vén o Papa. Non me protesten. Se non fose por esta visita, o Camiño de Santiago non pasaría de ser unha tradición regional. Cómo qué??? Pois así o indica o señor Arzobispo de Santiago en persoa, que algo virá sabendo do asunto promocional e de marquetín espiritual!!! Ver paranoia.
Tampouco estaría de máis comezar a ver esta visitilla como unha oportunidade de negocio. Así é, amiguiñas e amiguiños katanguistas. O terrible custe de todo este enredo, incrementado con outros gastos moi dificilmente computables, verase sen dúbida compensado coa consabida chuvia de millóns que acompaña a esta persoa. Os medios de Madrid máis acreditados calculan uns beneficios tales que con que a Súa Santidade (súa deles) quede na nosa querida Compostela unha ou dúas semanas saímos da crise pero de ya!!!!
En fin, que podedes seguir todo o relacionado con este magno evento no especial que o medio escrito regional máis importante de Galicia ten permanentemente actualizado, para tranquilidade dos seus (seus deles) lectores, of course!!!!!
LA PAPA: Tanto Papa, tanto Papa...LA PAPA!!!!
Bueno, que non todo serán facilidades, xa que a maligna campaña de desprestixio e difamación emprendida por uns poucos que non representan a ninguén podería estar deixándose notar na afluencia de turistas e turisteos varios...Menos mal que aínda quedan exemplos de xentes humildes e sinxelas...para tranquilidade de todos os lectores deste xornal...sen esquecer outras boas intencións algo menos ao alcance do común dos mortais...
Animamos desde aquí ao conxunto do colectivo homosexual para que acudan a Compostela tal cal pelegríns gozosos. A ver se se curan, que falta lles/nos fai, o Papa dixit!!!!
Se, por outra banda, ti es unha desas persoas desleixadas que non ten sentimento de ledicia algún ante a visita galaica do Pontífice, preme no enlace inferior e tómate un lilapause!!!
Con la Iglesia hemos topado, amigo katangueiro!!!
Ou ben preme directamente no seguinte botón de descanso....
Aifssss......que faltaba Paco o dos euromillóns!!!
Abur, yogur
Arderéis en el infierno, katangueiros, pero entretanto...
ResponderEliminarQue buena la papa, si señor. Pero me temo que el problema principal de esta gente piadosa no tenga nada, pero nada que ver con las necesidades más básicas de más de medio mundo terrenal.
ResponderEliminarNovedades al respecto del pozo de la abundancia que se esperaba aquí:
http://www.laopinioncoruna.es/cultura/2010/11/05/intelectuales-firman-manifiesto-apoyo-drago/435944.html
Curioso que se publique en un medio, digamos, "conservador" y no en la liberal Voz.
A min todas estas exaltacións persoalistas téñenme evocación a idolatría... Non foi Xesús o que expulsou ós mercaderes do templo? "Quitade todo isto de aquí e non convirtades nun mercado a casa do meu Pai". Cada vez máis diverxencia entre as bases e a xerarquía (fosilizada e allea á realidade). A secularización da sociedade é imparable, por moito que se enfaden e nos condenen polo noso presunto relativismo moral.
ResponderEliminarA perversión da mensaxe orixinal é tremenda. Non hai máis que ver a película de Pier Paolo Pasolini "O evanxelio según San Mateo". O director, ateo e comunista, adicuoulle a película ó Papa Xoán XXIII. Onde foron eses tempos?
Hoxe no mercado ao que fun había certo "malestar" no ambientillo a conta do de mañá. Supoño que a xente sente que vive tempos duros e rexeita toda exaltación de poderío económico, como é o caso da Igrexa Católica e o seu principal representante na terra, que é onde vivimos e padecemos todos nós!!!!
ResponderEliminarHai xente para a que, tristemente, calquera tempo que viviron foi duro. Sempre, toda a vida. Tamén existen unhas clases oligárquicas que viven e viviron a corpo de rei (ou a corpo de cura) a costa dos tempos duros dos outros. Montaron o choio e de espiritualidade ou humanismo haiche ben pouco neste asunto. Mentres a corrupción, a represión e o sexismo sexan o seu motor coa fin dedominar e oprimir a outros o único que seguirán sumando será desercións. Dicía Durkheim que as crenzas relixiosas podían ser un factor protector para o ser humano (non estou totalmente segura)... Talvez, pero a que prezo? As consecuencias xa son por tod@s sabidas.
ResponderEliminar