Páginas

Kavernícolas

by Katangueiro

Vale que a esquerda política non che me anda moi fina en situacións de crise do capital financeiro como a que estamos vivindo en Katanga. Cousas do ideoloxismo dos nosos tempos, que procura atopar acomodo ao enfrontamento entre a base dogmática e a máis crúa realidade.

Vale que a esquerda social, todas e todos eses katanguistas que se dan de conta das "cousas" desde a síua condicións de oráculos do que se coce entre o asfalto e a terra, tampouco che nos anda moi atinada en canto á responsabilización disto que se nos veu enriba. Cousas de combinar a inquietude social cun bo leitor de Blue-Ray.

Vale que certos elemento, coma nós, desistamos de practicar a máis básica e clásica pedagoxía política, a de antes, a de sempre, para refuxiarnos nestes espazos virtuais facendo o avestruz inmisericordemente. Vale, vale, vale e vale xa.

O que non debemos permitir, nin uns nin outras, é que os cavernícolas dereitosos -que non é o mesmo que as persoas de ideoloxía conservadora, non confundir-, isto é, os kavernícolas, campen ás súas anchas polo Estado katangueiro adiante, uns días excitados pola desaparición dos ministerios eses nos que nunca creron nin crerán: Igualdade e Vivenda (Pública), outros días imbuídos eles e elas na áurea de superioridade que dá vivir de puta nai sen merecelo nin coñecerse máis mérito que o de gustar a unha excelsa minoría que di, que pensa, que defende que estes personaxes son uns artistas da palabra ou algo así.

Que que quen charloteo???? Fácil, dos 240.000 euracos que se mete entre peito e espalda Lolita de Cospedal sen necesidade de ser cargo público dalgunha administración nin gañar unhas eleccións (unha Senadora é un cargo público, seguro, polo menos na teoría, pero non é como ser Presidenta, Conselleira ou Ministra). Agora entendo a esta muller cando falaba da austeridade do PP!!!! É da austeridade para os demais, claro clarito. Que se non????

E de quen máis largo??? Previsible, do Arturito Pérez Reverte, machote de España por la gracia de Dios, e do Sánchez Dragó, semental da Secundaria, perigo de toda a rapazada. Coidado, despistada alumna de 1º da ESO, que aquí che vai Don Fernando para ensinarte a ser toda unha muller!!!!

En fin, que vén sendo día de defuntos e haberá que pasar por algún camposanto, non vaia ser...e perdoade o abandono destes días. O Pacotrón quedou ao cargo pero quedou tamén sen ordenata...Cousas do século vinteún.....

DON ARTURO (Á ESQUERDA...DA IMAXE): Vive Dios que nunca imaginé tanto revuelo de progres babosos y feministas resentidas!!!
DON FERNANDO (Á DEREITA...EN TODOS OS SENTIDOS): Bueno, en mi caso el lío aumentó las ventas de mi libro...y mis fondos pecuniarios...jo jo jo jo jito!!!!!
DOÑA DOLORES (ABAIXO...SEN CONNOTACIÓN ALGUNHA): Ay, Don Fernando, cómo es usted...Supongo que yo le vengo siendo algo mayorcita peeerooooo......

Abur, yogur.....

3 comentarios:

  1. Non, no están moi atinadas nin a esquerda social ni a política:unhas veces traizoando ás súas bases con medidas que conseguen o beneplácito dos neoliberais e outras entusiasmándose coa beleza do seu embigoe durmindo o sono dos xustos. Se lle fixéramos a ese confuso ente denominado "das esquerdas" unha exploración neurolóxica diríamos que está "Consciente, desorientada en tempo e espazo e colaboradora en determinadas ocasións". Eu mesma síntome culpable por non facer máis e impotente por non poder facer máis. Pero, por intentalo, que non sexa. Por exemplo, non consentindo que se extenda o pensamento único no meu ámbito e intentando conservar o meu pensamento crítico.
    Resúltame incomprensible que haxa xente que recibira con xúbilo a desaparición de ministerios como os de Igualdade e Vivenda. Eu iso dábao por feito nos cavernícolas, precisamente: os que orneaban contra a ministra Aído ou contra Leire Pajín. Non era un crítica mínimamente seria ó seu traballo, senón un ataque frontal cun patrón de conducta moi característico: as palabras son máis virulentas e soeces se o/a rival é doutra ideoloxía e, ademais, muller nova. Non falla. Velaquí tedes un exemplo en Intereconomía TV. En lugar de manifestar o seu desacordo cunha medida política, un tal Eduardo García Serrano, disque xornalista, pasa ó insulto directamente. De onde sairá tanto odio??:

    http://www.youtube.com/watch?v=poQTfYtPIsk

    Cando unha ve a parodia que lles fixeron no xenial programa Polònia de TV-3 é cando é máis consciente do podres que están algúns por dentro e de que son carne de diván de psiquiatra:

    http://www.youtube.com/watch?v=IG1-4j8EZx4

    Eduardito disculpouse en público (porque non había outra) pero a querella de Marina Geli non lla quita ninguén e eu alégrome. Para que vaian tomando nota os émulos do baboso alcalde de Valladolid (acabo de saber que foi xinecólogo de Ana Botella, hehehe...) ou os envellecidos enfants terribles, os Revertes-y-cierra-España. Por non falar das Marías Currelas de Cospedal, con pano palestino de deseño, exemplo da "austeridámarianorajoyana". Quen sementa a discordia moitas veces recolle merda. Moito ollo a Rajoy, que xa empeza a facer precampaña rancia con esa ambigüidade que tanto lle gusta. E, sobre todo, moito ollo ós/ás australopithecus ou o que sexan, que están tan cerca de nós. O Clan do Oso Cavernario está á espreita e resulta perigoso cando se sinte atacado (o cal é moi frecuente). Non hai máis que darse unha volta por algúns foros da nosa cidade.

    ResponderEliminar
  2. Molan los videos. El uno porque vemos lo que hay y el otro porque pone en su sitio a cada cual. ¡Hay que desenmascararlos! Lo que no puedo entender es que haya quien les ría las gracias a estos "caballeros españoles". A mí me educaron pensando que opinar no es lo mismo que insultar. Un saludo y que no decaiga.

    ResponderEliminar