Resulta empiricamente comprobable a nosa rotunda defensa do comercio local marinedo, máis intensa se cabe cando se trata da pobre Katanga. Hoxe, nuns minutos, diferentes asociacións comerciais comezarán unha asemblea en ExpoCoruña para denunciar as políticas do Concello da Coruña, políticas que, segundo din estas entidades, están arruinando a este importante sector e motor económico da cidade. Nós non estaremos nesa protesta. Explicámonos:
Por unha banda, o toque a rebato de comerciantes locais contra o carril-bus, as peonalizacións, os ancheamentos e melloras de pavimentos e beirarrúas ou a instalación de bolardos para IMPEDIR QUE OS BUGAS SE SUBAN, non forma parte nin da nosa cultura social nin do que se leva facendo na Europa Europa que ten unha calidade de vida, incluída a comercial, moi superior á nosa. Que viaxen estes señores -Agromayor ou Cañete- por Holanda, Alemaña, Dinamarca, Suecia ou Reino Unido, por exemplo, a ver se alí hai ou non hai bolardos, carril-bus ou amplas zonas peonís.
Por outra banda, qué semellante resulta este chamado á rebelión a aquel berro de vivan las caenas que pronunciaba un pobo de Madrid excitado polo rebumbio tradicionalista e caciquil enfrontado ás teses da revolución francesa, esas que apostaron pola igualdade, liberdade e fraternidade en vez da sumisión ao clero e á nobreza. En fin, TODO ISO QUE VEU DESPREZAR BENEDICTO XVI ONTE ANTES DE BAIXAR DO AVIÓN. As competencias comerciais, tamén as de instalación de novas superficies, son da Xunta de Galicia, en mans deses que son máis papistas que o papa. Por que será que nesta asemblea de comerciantes cabreados ninguén menciona isto??? Por rancios. Por rancios penosos e incompetentes. Que viaxen, plis, que viaxen dunha vez -pero non a Tailandia, Cuba ou Punta Cana, señoritos, senon a Europa-.
Por último, para que non se nos acuse de bárbaros que negamos a razón, sustituída polo insulto e/ou descalificación: no nosa Katanga non hai carril-bus, nin bolardos nin amplas beirarrúas (en esp. "aceras"). Podes deixar o carro por aí ciscado, mesmo subido nalgunha das numerosas esquinas entre rúas, e mirade que ben lle vai ao noso comercio!!!! Ah, perdón, hai unha excepción. A rúa Barcelona ten a maior actividade da Agra toda, e unha das maiores actividades de toda a cidade.....Ah, que resulta que é peatonal....e ten bolardos......
Exemplo A: modelo de mobilidade da Federación de Comercio e Asociación de hosteleiros da Coruña
Exemplo B: modelo europeo de mobilidade e reactivación comercial
Escollede vós!!!!!!!
Aburete....
Moi bo o artigo!
ResponderEliminarOs comerciantes som uns covardes, co do tabaco e agora com isto.
ResponderEliminarParabéns polo artigo.
"Si hubieran contado con nosotros, (el Ayuntamiento) no haría el carril bus; si hubieran contado con nosotros no se ensancharían las aceras; si hubieran contado con nosotros no se instalarían los bolardos; y el seto medianero no se construiría si se contase con la opinión de los comerciantes".
ResponderEliminarhttp://www.laopinioncoruna.es/coruna/2010/11/07/comerciantes-reunen-hoy-debatir-principales-quejas-sector-ciudad/436385.html
Palabras pronunciadas por Miguel Agromayor, presidente da Federación Provincial do Comercio da Coruña. Para simplificar: “No y no y no y no…” (coma se tivese menos de cinco anos”) ou “Non a todo”. Ou en plan ‘cantante’: “La culpa de todo la tiene Yoko Ono” (se que é Def con Dos non lles produce un shock anafiláctico). Ou seguindo a senda de Manuel Fraga Iribarne: “La calle es mía”. Autocrítica, cero. Reflexión nula. Para que?
É impresión miña ou é que hai xente/colectivos que están facendo precampaña electoral desde hai xa moito tempo? Ás veces creo que vivimos en precampaña desde maio de 2007. A cidade está a vivir unha situación difícil e delicada en moitos aspectos pero supoño que tod@s temos unha cota de responsabilidade/culpabilidade (sobre todo, a nosa pasividade). Xa falastes deste tema a principios de ano, así que non podo dicir moito máis; tan só lembrar os abusivos alugueres, a falta de previsión dalgúns, as dificultades que afrontan os/as autónomos por estes lares, o exceso de superficies comerciais… E as poucas ganas de facer barrio.
Só un detalle que me irrita profundamente: A amnesia colectiva. Por ser gráfica: “De aquellos polvos vinieron estos lodos”. Despois dos delirios faraónicos dun individuo que soñaba con facer da Coruña un Madriz da peor especie, cunha cidade entregada e vendida a uns oligarcas cobizosos e trapalleiros e moit@s de nós, nos biosbardos, o único que lembran é o feito (ben ou mal feito, todo é susceptible de crítica) nestes últimos catro anos. Non acabo de entendelo.
Se van por Europa adiante estou certa de que pensarán “como en casa, en ningún lado”. E eu, pobre ilusa, pensando que superáramos o provincianismo…
Quédome sen dúbida con Grafton St... que morriña!!!
ResponderEliminar"Si hubieran contado con nosotros, (el Ayuntamiento) no haría el carril bus; si hubieran contado con nosotros no se ensancharían las aceras; si hubieran contado con nosotros no se instalarían los bolardos; y el seto medianero no se construiría si se contase con la opinión de los comerciantes".
ResponderEliminarO peor de todo (ou case) é que esta mesma xente é das que volven alucinadas cando ven algo de mundo: "Oigh, y qué bonito es aquello, qué bien se paseaba por el centro, qué comercios más cuidaditos, etc...."
En resumo: de aprendices de bruxo a mestres do formigón. Que vaian á Xunta a queixarse!
Grazas polo artigo, Pacotrón. Había tempo....
Ah, por certo...Meigsinha coñece e recoñece Dublin, pero a que non sabes de que cidade é a primeira foto que encabeza o artigo??? Unha pista: por incrible que pareza, goberna a dereita dereita máis kavernícola, pero antes gobernaba un señor conservador....
ResponderEliminarEres injusto con las críticas! Hoy has sido como Cristiano Ronaldo: guapo, técnico, goleador, malabarista, provocador...Te has gustado, sabes que tienes razón, la última pregunta ni siquiera puede ser calificada como tal: ¿qué se va a elegir? Los comerciantes se quejan de que no venden, y quieren que los coches hagan lo que le salga de las narices, salvo dentro de sus comercios (ahí mandan ellos!) Ellos sólo quieren vender, ganar dinero, y no saben cómo. Magnífica reflexión, pero echo en falta un poco de piedad, de misericordia...en estos días que nos visitó Benedicto XXX. Hay una bienaventuranza: enseñar al que no sabe...eso debe de hacerse con cariño. Lo mismo que dar de comer al hambriento o de leer al internauta. Esto último lo haces siempre con cariño.
ResponderEliminarY después reprochas que te llamen universitario!!!!
Enhorabuena, pero por favor, no abuses de los taconazos ni de los pases con la espalda...esto no es un circo (aunque uizás debería serlo)
Sabias palabras, Regresoakatanga, salvo que Benedicto XXX aínda non chegou, e espero que non chegue...Por agora, o XVI. Polo demais, recoñezo que ás veces se me vai a man coa demagoxia letrada que me ensinaron a practicar, entre outros sitios, na Universidade. Saúdos.
ResponderEliminar- Fiscalidad mal planeada y que ahoga a los pequeños presupuestos
ResponderEliminar- tasa de fracaso empresarial a los 3 años de cerca del 90%
- Falta de visión empresarial
- Bajo poder adquisitivo de los consumidores
- Competencia arolladora de grandes superficies
Cómo no se va a ir al tacho el pequeño comercio...
genial entrada!
ResponderEliminarsó um detalhe: em galego é Bieito ou Bento. O nome do papa traduze-se sempre ao idioma no que se fala ;)
saúde!
Moi gráfico o ejemplo, eu só engadiría que as grandes áreas comerciáis desenvolvidas nos últimos anos nos arrabales da cidade (nomeadamente na Agrela) estam a crear bairros comerciáis que tambem nom ajudan á estabilidade do comercio tradicional de proximidade.
ResponderEliminarO peor é que para chegar a eses bairros hai que colher o transporte em común ou ben ir em coche. Isto evidentemente nom ajuda nadinha ao tráfego já bastante colapsado que temos hoje em día, e ademáis nom é nim ecológico nim sustentável.
E este tamén é un problema ao que se enfronta Europa a día de hoje...
Estimada Coruña, habería que engadir os prezos que se piden polos baixos comerciais próximos ás áreas peonís ou céntricas. Un exemplo: na contorna da rúa Barcelona pídense entre 1.000 e 1.500 euracos máis iva por baixos que levan dous anos en desuso. Moitos comercios que pechan pagan barbaridades. De ter pagado un prezo máis realista hoxe estarían funcionando perfeitamente.
ResponderEliminarUmqualquer, o nome correcto correcto é Benedictus, que é un nome irreal que escolle este Papa para refernciarse cos pasados Benedictus. Lembra que o seu nome real é Joseph Alois. Se galeguizamos este nome latino quizais estaríamos aproximando emocionalmente a súa figura á nosa cultura, e eu non vou axudar nisto. Fíxate con que emoción os comentaristas da galega empregaban o nome galeguizado!!!!
Graciñas a todos e todas polas vosas achegas!!!
e tamen cerou a tenda de ccelsa
ResponderEliminarPero a tenda de Celsa colleuna unha veciña, segundo nos dixeron....e que ela realmente se xubilaba.
ResponderEliminarSe é certo que as imaxes valen máis que mil verbas, estas dúas fotos reflicten dúas formas de concebir o comercio en particular e a vida ciudadana en xeral, que non poden ser máis distantes. Pero aínda temos moitos testáns na nosa bisbarra.
ResponderEliminarParabéns pola escolla das imaxes!
A verdade é que tampouco foi moi meritorio atopalas. Están aí se buscas por zona comercial peatonal e por coches nas beirarrúas...Ah, por certo, a primeirísima foto, a que abre o texto, é de Madrid, rompeolas de todas as Esperanzas.....
ResponderEliminar