Páginas

Alucina.....veciña!!!!!: Humanistas e Asociación de Veciños da Agra do Orzán contra o Escudo Estelar!!!!!!

Se algunha vez vos fixastes na parte lateral dereita do noso blog de Katanga veríades unha selección de vídeos relativos ao noso barrio, o noso equipo e a nosa área natural de expansión: Coruña toda. Pois ben. Un dos vídeos máis insólitos e katangueiros é a Rolda de Prensa que convocan unha serie de organizacións (moitas do ámbito "Humanista") na Asociación veciñal Agra do Orzán convidando á cidadanía a loitar contra o "Escudo Estelar"!!!!!!!!!!!

Web convocante “Mundo sin Guerras”

Páxina da Asociación vecinal Agra do Orzán sumándose ao evento-liada humanista-pacifista!!!!!!

Ala.....para que non vos queixedes....aí vai o vídeo impagable!!!!:



Sobre todo este enredo, unha familia katangueira moi moi pero que moi apreciada no barrio ten algunhas declaracións e confesións que realizar:

"Pois si....eu asistín de incógnito a esa rolda de prensa e estou máis que indignado. Coa de problemas que ten a xente cada día pola crise e todo iso para que se gasten os esforzos en combater á miña Estrela da Morte.....coño xa.......que está a anos luz de Katanga, joder, e non vos fixo ningún mal......aínda!!!!!!", comentounos moi cabreado o coñecido Lord Dark Katangueiro. Lembrade que para contactar con nós como fixo Lord Dark non tedes máis que premer AQUÍ.



"A verdade é que Lord Darkiño xa non vos é o que era desque se enterou do que andan a tramar os Humanistas", declarounos enfurecida Lady Darkitty Katangueira, "que non sabedes o que lle costou construír a puta Estrela da Morte esa do carallo.....que levamos desde 1979 sen vacacións nin nada!!!!!!"

Un pouco máis tarde, xa máis calmada despois duns bos linguetazos de chupito de melón, Lady Darkitty confesounos que, por levar, levan xa a intemerata de anos sen pillar unha boa ración de pulpo con cachelos ou nin tan siquera un raxo con patacas e pimentos de Padrón por iso de economizar. Cómo vos está o patio katangueiro. Qué miseria!!!!!



"Pois si que é unha miseria. Dígovolo eu......que xa non lembro cando papei por última vez un pouco chicha.....que non saio das boliñas de pienso resesas que quedaron de cando as Guerras Clon.......de cando Lord Dark Katangueiro e Lady Darkitty comezaban a xogar aos médicos.....vamos......no pleistoceno superior", asegurounos o chuquelillo da familia despois de deglutir varias galletas de coco que levábamos no peto.

Desde Katanga-Koruña queremos expresar a nosa solidariedade para unha familia boa boa pero moi requeteboa das que apenas quedan no barrio. Unha familia que nunca se meteu con ninguén. Unha familia das que fan barrio, carallo!!!!!!!

En fin.....aquí tedes a proba dos desvelos e outras miserias que tivo que aturar esta xentiña para poderense construír unha Estrela da Morte digna:



En todo caso, eu, de ser un dos organizadores desta marcha contra o Escudo Estelar, tamén denominado Estrela da Morte, andaría con coidado con esta familia.....que cando a xente anda desesperada.....nunca se sabe cómo pode terminar a aventura!!!!!


"Vide....vide aquí se tedes ghuevos......lambóns do carallo.....fillos de Katangaaaaaaaaa!!!!!!!!"

Ala, que cada pau aguante coa súa vela.....abur, yogur!!!!!

6 comentarios:

  1. eei!! non sabía que persistía a Resistencia no barrio onde me criei. terei q volver falar ben del hehe.

    eu vivín na rúa Barcelona e na rúa mosteiro de caaveiro. así que son de katanga polos catro costados.

    salúdame siaaampre, neno!!

    longa vida a Castreje, o meu "protector"

    ResponderEliminar
  2. Home......sempre é chachipé atopar ex-katangueiros na rede!!!!!! Xa sabes, neno, envíanos o que queiras ao katangueiro@gmail.com e publicarémolo sen censura nin complexos!!!!! Saúdos katangueiros

    ResponderEliminar
  3. desde la republica independiente de la sagrada familia

    ResponderEliminar
  4. O que me puiden rir cos vosos comentarios.
    Moi bo!

    ResponderEliminar
  5. Eu só vivín 6 meses na Agra do Orzán e algo máis no Peruleiro mais sítome Katangueiro de corasón, unha aperta!

    e viva a Estrela da Morte! XD

    ResponderEliminar
  6. Saúdos katangueiros a Beto e Primeirizo....por certo, para a Sagrada vou agora!!!!!!

    ResponderEliminar