Páginas

Que se fume un poprock

Compartir
by Katangueiro, adicado a Pacotrón

Si no quieres caldo....toma dos taaaaaaaaaaazas!!!!

Porque yo lo valgo. Iso debeu ser o que tiña en mente o irresponsable municipal de Festas cando decidiu recortar os gastos lúdicos herculinos no único evento que adica -ou adicaba- esta cidade marineda ao sector social que máis paga e pagou as crises económicas do capital: a mocidade, entendida esta nun sentido máis que amplo, tal e como se entende nos tempos actuais: entre os deza e algo ata os corenta e tantísimos....símbolo dos novos tempos (ADOLESCENS-ADOLESCENTIS: ao que lle doe algo).

E dicimos que se fume un poprock sendo plenamente conscientes de que algún que outro xa se fumara o verán pasado a conta do
tracatrá do tren e de El Niño de las Bombillas. Aquel día organizouse un macrobotellón verbeneiro de mírame e non abanees....con sobreabundancia de cabelos prateados. Ese si que vale!!!

Porque, postos a aforrar, hai quen pide que se suspendan as corridillas taurinas, espectáculo sanguinolento non apto para seres humanos...con sensibilidade. Tamén hai quen solicita os mesmos recortes para o Encontro de Habaneras, espectáculo sanguinolento non apto para seres humanos....e punto, que diría Don Manuel. Otra proposta alternativa é a da eliminación física do certame de Casetas Regionales, acontecemento multitudinario, multidisciplinar multicultural e multiplicado ou elevado ao cubo....ao de Rubick!!!!!

Pero nós, katangueiros de pro, katanguistas de hoxe e katangáns do mañá, propoñemos un modelo alternativísimo -como non debía ser doutra maneira- para contentar a todos sen gastar moitos chús: a Exposición Internacional das Festas da Coruña. Isto consistiría en adicar o Colisseum á celebración conxunta de todos estos eventos. A historieta quedaría asín:

1. Liberamos o "coso" e celebramos unha boa corrida, seis Mihuras seis, mentras no escenario se desenvolve o Encontro de Habaneras. Ole, ole y ole!!!!

2. Na explanada do párking de Carrefour, concerto Rock e jevirulo.

3. Na explanada do Colisseum, concerto pop independente, electrónico e neoromántico.

4. Bordeando todo o recinto, Casetas Regionales.

Tres días de rachí ofrecendo unha man a Deus e outra ao Demo!!!!! Grande Coruña!!!

Apoiar esta proposta é ser un bo patriota para os tempos de crise que corren. Xa me tarda unha manifa pr'a esixilo!!!!!!

Pero se isto non se amaña, non desfalecer, amiguetes!!!!!....que nunca choveu que non escampase. Os administradores e/ou irracionais responsables deste blog suburbial tivemos acceso ao que se nos tiña preparado este ano para o Noroeste de ter habido máis parné. A saber:

BOMBAZO INFORMATIVO: O NOROESTE QUE NOS AGARDABA......

Gran Coro de Habaneras del Ejército Ruso, que continúa con éxito su gira mundial!!!!


Doña Espe de las Peinetas y los Niños del Centro Social: vuelve la Copla y vuelve p'a quedarse!!!!


...y Reggaeton, p'al público más liberal...y calentorro!!!!!


En fin, delfín. A loita continúa!!!!!

Quique Tello...katangueiro!!!

Compartir
by Katangueiro


Un, que xa vai peiteando canas, non pode esquecer aqueles anos en que o nacionalismo galego no seu conxunto de variables -que as había e moitas- camiñaba polo abismo que supón estar excluído polos cidadáns da representatividade eleita en María Pita.

O feo asunto da capitalidade, aproveitado con gran demagoxia por quen logo sería Alcalde quase-eterno da Coruña e hoxe embaixador vaticano, deixara a Katanga toda orfa da súa tradición galeguista e nacionalista. Isto supuxo que a cidade marineda, berce das Irmandades da fala e da Real Academia Galega, pasase a ser unha sorte de sucursal madrileñoide de chulaperío e gomina ao que só lle faltou a guinda do trunfo flamenquista que nunca se deu. A tanto non se chegou na casa de Cántigas da Terra.

Un, na súa veterana ignorancia, lembra moi cercanos os anos de
Paco de mi vida. Era a comezos dos noventa. Paco, arrasa que te arrasa. Quique Tello conduciu daquela ao BNG desde o deserto tártaro ata a entrada no Palacio Municipal con dous representantes. Ano 1995. Non me podo esquecer. Tocoume ser Presi de mesa, e eu sen un chú!!!!!....cómo o celebrara daquela. O de cobrar, digo.

No 1999 pasou a duplicar votos e case concelleiros. De dous a tres. Co Prestige polo medio, dicían, pasou de tres a seis-case-sete. Vázquez abrazouse a Palau aquela noite porque lle faltaba o alento. De
Paco Arrasa por onde pasa a manterse pola mínima grazas á Lei D´Hont. A mesma que tanto criticara o alcalde opusino porque -seica dicía el- favorecía aos pequenos.... ....Si. Aos homes pequenos. Digo tamén.

Xa sen Prestige repetiu tirada, deixando ao nacionalismo galego por riba do listón do 20% e con case trinta mil votos. De mil a trinta mil. Fóra as nosas preferencias políticas, quen tal fai é recordado polos seus como un símbolo, case como unha tradición. Tanto ten o Partido ou as circustancias. É de recoñecer.

Hoxe anunciou que xa non se volverá presentar. Seguro que Vázquez -
quero ser santa, quero ser beata- brindará con Champagne...ou con Lambrusco, que lle é máis propio. Perra vida, amigo, dirá. Unha retirada a tempo é unha vitoria, responderá Quique. Seguro.

En Katanga deixa moitos amigos, xa o sabe el. Eses amigos pedíronme que escribise algo, pero tamén me pediron que vos diga que están moi felices por el. Porque terá máis tempo para adicarse aos seus, que son moitos, e que a política é así, que che deixa sen familia e sen amigos con tanta facilidade, con tamaña e extrema rapidez, que se non paras a tempo, se non freas, acabas perdéndoo todo a cambio de non se sabe moi ben qué.

Pero aínda agardamos moito do seu departamento. Especialmente no que toca ao emprego, que faltísima fai, e ao noso extenso barrio: Katanga en particular, Agra en xeral. Anúnciase a apertura inminente dun local da súa Concellaría no corazón deste barrio humilde. Alí estaremos.

Moi respectuoso o Alcalde Losada, como debe ser. Moi carroñeiro o señor Negreira, como era de temer. Veremos qué nos depara a todos o futuro. Perfeito ou imperfeito.



Unha homenaxe:





O factor humano: Coincidimos con el na Rúa Barcelona no medio dunha campaña electoral.

Que lles corten...a cabeza!!!

Compartir
by Msarkadina...noutra excelente colaborasao....

Non hai moito tempo unha das mentes máis preclaras da nosa época , o ministro de Fomento Don José Blanco (si ,ese que non sabe pronunciar correctamente en castelán palabras como “concepto” ou “traducción”; o mesmo que non chegou a rematar a carreira de Dereito e, sen embargo, leva sen apearse dun coche oficial desde o ano 1989, ano en que foi elixido senador) pariu unha idea (isto non significa que a actividade neuronal do señor Blanco sexa nula escasa, senón que vai ó seu ritmo): había que rebaixarlle o soldo ó funcionariado. Toda unha epifanía que provocou un orgasmo múltiple á mafia mediática peninsular, que cortan o bacalao que dá gusto.

Si, si, si… Recortarlle os ingresos ós malévolos funcionarios, conxelalos, anular os privilexios deses parasitos que non merecen o que gañan, que están a xogar ó solitario no ordenador, que pasan o tempo tocándose as gónadas e saíndo a tomar cafelitos. Inútiles, incompetentes, langráns. Curiosamente, moitos destes epítetos tamén llos aplica con saña a cidadanía enteira á clase política (así, en xeneral) como ó funcionariado. Resulta máis fácil revolverse contra unha cabeza de turco que abrir os ollos, observar e reflexionar. Ata o acto de pensar por si mesmos resulta fatigoso para certas mentes.

Nin unha palabra, en cambio, para un goberno central que contraeu débedas para os vindeiros cincuenta anos, que gastou o que podía e o que non podía permitirse, o mesmo goberno que encabezou a bochornosa batalla para que Leire Pajín cobrase un terceiro soldo como Senadora por Valencia (20000 euros ó mes, tres soldos, ademais de senadora, Secretaria de Organización do PSOE e unha indemnización como ex Secretaria de Estado de Cooperación). Só un pequeno exemplo. Un exemplo infamante onde existe unha nova casta que, por desgraza para eles, ten tan mala fama como o colectivo funcionario: “a clase política”.



(ACOTACIÓN KATANGUEIRA: M. Martín Ferrand atopou pronto aos responsables da crise. Ler AQUÍ MESMIÑO e partirse...)


Pero no momento que reseteo o meu disco duro, no momento en que fago memoria, dánme ganas de vestir un chándal amarelo e coller unha katana, como a Noiva que encarnou Uma Thurman en Kill Bill e de saír a cortar unhas cantas cabezas ou de meterlle o medo no corpo a alguén. Por qué? Porque vivo nun lugar onde hai persoas que “fan política” e nunca cotizaron como traballadores por conta propia ou allea; porque tiven que escoitar “lindezas” tales como estas: Jordi Sevilla ó Presidente: “Tranquilo, en dos tardes te enseño lo que necesitas saber de economía”, ó ex ministro Mayor Oreja falando “dos plácidos tempos do franquismo”, a Esperanza Aguirre falando de “quitarle el puesto al hijoputa”, a José Blanco de novo : “Yo me callo porque sé de lo que hablo”, ou ó ínclito Manuel Fraga : “Yo pienso morirme sin ponerme un condón” ). Estou a falar do goberno central, pero por estas terras tamén abondan casos e cousas similares. Na anterior campaña electoral autonómica houbo exemplos de comportamentos rastreros e abominables. Daquela xa había crise, aínda que o presidente Zapatero seguira no País das Marabillas e negando máis do que Pedro negou a Xesús Cristo.

O desenlace, xa o sabemos e xa o describiron por aquí moi ben antes ca min. E xa o estamos a padecer (e de que xeito). Temos a un Mesías que nos saíu bastante ful, con vocación de Edward Scissorhands (o adorable personaxe creado por Tim Burton) e a un goberno que se está a mostrar bastante ineficaz para conter a recesión. U-lo Edén, Alberto?, clamamos os súbditos.

Pero non, Alberto está emperrenchado en meterlle man ó funcionariado tamén. Menos mal que el é funcionario en excedencia. Non creo que volva a ocupar tal posto se algún día deixa calquera cargo político. Acabará nun cento de consellos de administración e cobrando, ademais, unha pensión vitalicia, como a maioría deles. Podería e debería falar aquí tamén da abusiva cantidade de altos cargos, de cargos de confianza, de postos intermedios, da inoperancia do Senado e de organismos como algunhas deputacións provinciais (auténticas sés feudales e mafiosas), da improvisación, da pouca seriedade, da lixeireza pero eu non son quen. A miña é a opinión dunha cidadá calquera, non vale gran cousa. Síntome un pouco como Balbino, o Neno Labrego de Neira Vilas, pero estou certa de que razón non me falta.



PULSE, PULSE E MOTÍVESE......



Neste momento teño que alentar fondo, moi fondo, para osixenar o meu cerebro e ralentizar o meu ritmo cardíaco. Porque son consciente de que estas persoas ocupan ou ocuparon uns postos que, en certo modo, teñen que ver co meu presente e co meu futuro e, sobre todo, cos impostos que pago e co que me descontan da nómina cada mes. Porque vexo como se enredan en disputas estériles e banais ; pasaron demasiado tempo nos biosbardos e cando a ensoñación dos novos ricos horteras (que era a anterior irrealidade económica) desaparece á velocidade da luz empezan as rebaixas: sector público, revalorización das pensións, xubilación, axudas á maternidade, reducción do gasto farmacéutico, axudas á dependencia, axudas oficiais ó desenvolvemento, investimento público, comunidades autónomas e concellos e (intento de, supoño) SUBIR OS IMPOSTOS ÁS RENDAS ALTAS (ay, que me meo toa…).

A piques de sermos expulsados da zona euro, medidas desesperadas, con mediación de Barack Obama incluída. En anos anteriores, cando era toda unha aventura atopar un albanel ou un fontaneiro para que nos fixeran un amaño na casa, cando calquera iletrado montaba unha constructora ou unha inmobiliaria, cando un rapaz de 19 anos que non acabara a ESO fardaba dun AUDI A3, ninguén lembraba ós funcionarios nin ós pensionistas. Eran uns pringaos que gañaban unha merda e aínda tiñan que ir pedir un crédito para comprar un coche novo. Cando se especulaba, cando se abusaba, cando se fomentou a economía submerxída, miraban para outro lado.

Agora que se fundiu o becerro de ouro toca descargar a furia. Fago referencia ó nivel no que me desenvolvo eu, o do vulgo vulgaris. Vou facer unha cousa que non é de moi bo gusto ni axeitada, como é falar da miña persoa. O meu é un caso bastante común: o dunha cidadá que contempla cada vez máis furiosa e atónita a deriva dunha sociedade da que desertaron valores como a solidariedade, a educación, a cortesía e moitos outros valores para min moi prezados.

Noutras ocasións falei das pretensións da privatización sanitaria do actual goberno autonómico así como do tristemente célebre Apartamento. E non contei todo o que sabía por prudencia e por ética, porque eu tamén son traballadora do eido público, pero a miña categoría laboral non é a de “funcionaria”, senón un estado intermedio entre “funcionaria” e “persoal laboral”. Levo traballando desde os vinte anos(quince en total, boten contas) e non teño praza fixa per secula seculorum. Levo presentándome a ofertas pública de emprego (concurso-oposición) desde tempos inmemoriais, aprobando e quedándome ás portas porque nunca tiña todo o tempo traballado. Traballei na sanidade privada, traballei no rural, na costa, en centros de saúde, un tercio de xornada, a media xornada, as gardas que ninguén quería, fins de semana, nun mesmo ano mesmo a Noiteboa e a Noitevella. Vin a xente nacer, acompañei a xente nunha morte o máis digna e apacible posible, vin como outras vidas se apagaban en lenta agonía e sufrimento e, afortunadamente, vin a unha gran maioría curarse ou aprender a convivir coas súas novas limitacións. Presenciei e escoitei historias que a metade das persoas que pretenden insultarme chamándome “funcionaria” ou dicíndome “vives de puta madre” ou “eu pago o teu soldo” farían que se cagaran e se mexaran encima e saíran correndo. Porque eles non aturarían nin un segundo o que eu teño que aturar no meu labor (todo o mundo sabe reclamar os seus dereitos, pero descoñece os seu deberes como usuario), non lles admito unha soa lección. Poucas cousas terei aprendido nesta vida pero si moi ben o valor do traballo ben feito e a dar un trato digno e respectuoso a calquera que se achegue a min. Así que non me veñan con historias, que o meu soldo estivo conxelado durante moito tempo (o agravio comparativo da sanidade galega con respecto a outras comunidades autónomas era escandaloso).

Que non enreden con acusacións absurdas, que eu traballo nun ano 31 fins de semanas dos 52 que ten un ano, e 6 deles, saíntes de vela (é dicir, se traballo un venres pola noite, volvería a traballar un domingo pola noite; o sábado é para min, insomne crónica un día perdido). Ceo cando sae o sol e almorzo cando os demais cean. Así está a miña úlcera. E empeora por momentos nun sistema público no que parecen molestar os traballadores e traballadoras motivados. Hai dous anos tiven que escoitar esta gran verdade: “A ti no se te paga por pensar”. Gran verdade.


MSARKADINA: Hombre, a usted quería verlo yo por aquí.....dígame otra vez eso de los recortes necesarios mientras yo le preparo una buena lavativa.....!!!


Mellor todos dentro do mesmo rabaño, que somos máis fáciles de mangonear. Total, cobramos igual a fin de mes. Actitudes coma esa son as que xeneran a desconfianza e a xenreira contra os traballadores públicos. Será o sistema o que deberá empezar a flexibilizarse e modernizarse porque, efectivamente, son tempos difíciles, e sendo empregados públicos a nosa conducta debe ser exemplar. Gustaríame tamén a eses “porqueyopagotunóminachica” que no meu informe do INSS di que son “traballadora por conta allea” e non servidora de ninguén. Non estaría de máis tratarme con respecto xa que, en algún momento, señor ou señora, a súa saúde e os seus coidados poden estar nas miñas mans. E que non lle soe a ameaza, por favor.

Deixo unha fermosa reflexión da escritora canadiana Margaret Atwood: “Unha palabra tras outra palabra tras outra palabra é PODER”. Sería interesante poner en funcionamento o cerebro antes de falar.



Aburete, tribulete....e graciñas, Msarkadina!!!!!

A rehabilitación das Casas de Franco

Compartir
by Pacotrón


Anúncianse varias medidas e actuacións onde a nosa querida Katanga aparece cun protagonismo ao que non estamos en absoluto acostumados por aquí. Os inminentes amaños das rúas dos Mosteiros -soa como se se tratase dunha rota turística do interior...- van acompañados do anuncio de rehabilitación do núcleo dos Mariñeiros e agora á solicitude do Concello ante a Xunta para declarar Área de Rehabilitación Integral as coñecidas como Casas de Franco.

A ver se é verdade, que nestes tolos tempos que nos toca vivir semellan escasísimas as veces en que as prioridades dos humildes se antepoñen aos dos poderosos!!!!



Xa sabedes que aquí gustaron moitísimo as obras de rehabilitación das vivendas do Carmen en Labañou. Modélicas e subvencionadas con cartos da anterior Xunta bipartita, así como as da Sagrada Familia, das que se fala estes días por uns cables á vista que semellan entrar na tradición cultural da miseria, humana ou material, que de todo hai, tan común neste noso País Katanguista!!!!

Por alí pasou estes días Carlos Marcos, á espreita da carnaza como avutre carroñeiro, montando un
tingladito de supostos afectados -el mesmo e os seus coleguis surrealísticamente autoincluídos- onde o de menos son as auténticas razóns desa desfeita que afea -e algo máis- outra obra de rehabilitación tan necesaria como modélica.


Grupo de vivendas do Carmen, Labañou


O anuncio desa petición do Concello ante a Xunta, no que respecta ás Casas de Franco, vén comentado na nova web 2.0 do Ideal Gallego. Podedes seguilo AQUÍ.

Atendendo ao nome suxerentísimo destas vivendas e ao perfil de santidade nacionalo-católica que destila esta Xunta de Galicia y Aragón, cremos que esta petición non caerá en saco roto, como si caeron outras relativas ao ensino público, á sanidade pública (
VER AQUÍ) ou aos beneficios públicos (véxase o caso do Decreto dos molinillos levado polo vento....).

E xa que falamos de recortes, un adianto: os recortes anunciados polo Goberno Central non supoñen, de facto, que os máis humildes paguen as facturas dos destrozos que causaron os señoritos por iso de que éstes nunca nunca nunca levan solto enriba???

Continuará....fijo.....



Advertencia da SGAE aos organizadores do festival Paralelo 43º 21’ 45‘’

Compartir
by Katangueiro



Un amigo de Katanga que está moi relacionado coa organización e actividades que se desenvolverán no Festival Paralelo 43º 21' 45'' coméntanos que a SGAE púxose xa en contacto cos organizadores destas actividades artísticas para a promoción do comercio do barrio da Agra do Orzán para advertirlles que se non se lles liquidan unha serie de cartos que, din, se lles deben pagar para que grupos musicais do barrio e cidade, totalmente amateurs e, nalgúns casos, formados por persoas residentes estranxeiras -senegaleses, en concreto-, poidan desenvolver a súa arte ante o público na Praza das Conchiñas.

O curioso disto é que estes grupos, así como os diferentes artistas que participan neste eventpo de promoción dun barrio humilde golpeado brutalmente pola crise capitalista, non van cobrar nada por interpretar os seus propios temas. Aínda así, segundo a
Lei de propiedade intelectual aprobada polo PSOE e polo PP, a SGAE está totalmente en condicións mesmo de suspender todas estas actividades de non satirfacérselles certa cantidade importante de cartos pola actuación de cada un destes grupos musicais locais e estranxeiros.

Xa sabedes que desde Katanga-Koruña levamos tempo condenando a perversión desta Lei. Perversión porque unha Lei que se supón que nace para protexer aos artistas españois de cara a que algúns vivillos non se aproveiten do traballo doutros para forrarse o que realmente está perseguindo é toda actividade artística e/ou espectacular, ata o punto de que nestes momentos históricos perigan actividades culturais como o teatro escolar, o modelo de Biblioteca pública ou os concertos musicais de coleguis para coleguis.

Efectiuiuonder, para a próxima edición deste estupendo e necesario festival moito nos tememos que os organizadores se coidarán moi moito de programar concertos musicais, xa que a cota da SGAE resulta máis que onerosa, sobre todo tendo en conta que aquí non cobra ninguén e que esta foi a única forma de poder organizar un evento brutal destas características.


Eu non sei ata cando isto ocorrerá, xa que a Lei de propiedade intelectual está recorrida nos xulgados, pero o que si sei son varias cousiñas moi simples:

-A SGAE é unha entidade privada que representa os intereses de certos autores e autoras españois. Non se entende que cobre cotas por actuacións de grupos musicais que non son socios da SGAE e que interpretan os seus propios temas. Digamos que a perversión da Lei fai que estas persoas teñan, practicamente, que pagar para poder tocar a súa propia música.

-Segundo datos publicados en diferentes páxinas de internet que desenvolven unha intensa actividade contra estes atropelos, o 90% do recadado por actividades espectaculares musicais é cobrado polo 10% das e dos artistas. Cómo é isto posible en democracia e na Unión Europea?

-Os cidadáns de Senagal non son españois a ningún efecto. Por qué entón se deben pagar cotas porquer desenvolvan a súa arte da percusión ante as veciñas e veciños do seu barrio? Cómo é posible que "artistas" como Bisbal, Ramoncín, Rosario e outros moitos cobren diñeiro a conta da actuación amateur dun grupo de senegaleses?

En fin, delfín, aquí queda a polémica. En todo caso, animámosvos a que apoiedes estas actividades, cuxo programa podedes consultar tanto no enlace superior como nesta imaxe de aquí abaixo. Bravo por este Paralelo!!!!! Abaixo con aquelas persoas que están poñendo en perigo de morte as actividades culturais do conxunto do Estado español!!!! Por certo: acaso a
Constitución Española non considera un dereito fundamental, mesmo por riba dos dereitos de propiedade, o dereito á información e libre circulación de ideas????? Pois iso, que se cumpra xa!!!!!!


Última hora: Festival de Cerceda libre de SGAE!!!!


Abur yogur.......

Facenda somos todos...os pringados?

Compartir
by Katangueiro


Non me malinterpretedes. Isto non vai de insumisión fiscal, aínda que debería. Onte foi o "día dos traballadores" e hoxe é o "día da nai", así, en abstracto, porque NAI o que se di NAI só hai unha. Debería chamarse o "día das nais", que é o mesmo que dicir "día das máis traballadoras". É un dicir. Hai de todo.

Non me malinterpretedes, digo, nin tan siquera despois de visionar ese pedazo de edificio con vistas a Katanga toda que é
Hacienda Española na súa Delegación da Coruña, agora arquitectónicamente rehabilitado. Exteriormente, claro.

Isto non vai de insumisión fiscal pero un pobre katanguista coma min non pode menos que escocerse ao ver cómo os impostos de todos nós van caer as máis das veces en mans oportunistas, enriquecidas e doentes de emocións humanas: as do entramado económico-financeiro que nos DOMINA (DOMINA, en latín "señora da casa").

Este entramado que nos ten pillados a todos polas zonas xenitais, as de cada un e unha, presta o seu-noso diñeiro máis aló do que sería razoable en función dos seus depósitos. Explícome. O diñeiro que eu deposito, 10.000 euracos for exemple, é usado para darche un préstamo de 6.000 a ti, de 6.000 ao teu irmán, de 8.000 ao construtor aquel, de 3.000 a aquela familia para as vacas na Urba.

En fín, que máis que usado é abusado. Por iso, se todos fósemos mañá ás nosas entidades financeiras a retirar TODO O NOSO DIÑEIRO ningunha delas podería facer fronte a ese desembolso porque non existe. Ningunha?. Ninguén?. Bueno, a Hacienda Española igual si.

Aínda que debería, non penso chamarvos á insumisión fiscal Pacotrón xa foi insumiso e valeulle de ben pouco. Unha malleira na Praza de Millán Astray, mira ti.

Non me malinterpretedes, pero vou pensando que os bancos prestan todo o diñeiro que hai, e máis, e pídennos a cambio uns intereses que non existen, e non existen porque eles imprimen o diñeiro, o seu, o que nos prestan, pero non os intereses....A non ser...a non ser....a non ser que eses intereses tamén os pidamos prestados.

Sempre pufo, sempre pufo....ata cando???? Bicazos.


HACIENDA ESPAÑOLA: Uaummmm, uaummmm, uaummmmm, uaummmmm, malditos humanos, uaummmm, uaummmmm, uaummmmmmm!!!!!

Abur yogur!!!!