Páginas

Mundo insólito


Que a señora arriba retratada queira aparcar sobre as beirarrúas marinedas estraña un tanto. Non a vexo, non. Non a dou visto pilotando un monovolume, ou un audi trucado, por aí a biturbo. Estribor montado en bolardo, babor en asfalto. Sobran eses bolardos ou falta un algo de civismo, que non cinismo? A primeira pregunta do millón katangueiro.


Que os hostaleiros demostren que a gramática non era, efectivamente, o seu déixanos indiferente. O que non entendo é que pedían. ¿ Poderse tomar as capichuelas na rúa, poñer musiquilla ambiente ou poder vestirse de horteras en pleno novembro??? Ou moi corto son ou non o pillo...


Que se eran seiscentos, que se eran seis mil...a foto é reveladora. Conten, conten, como fixo o nené, e verán. Desde logo, moitísimo máis perto dos seiscentos que dos seis mil.


Que todos estamos preocupados polo comercio coruñés, como por outros sectores estratéxicos da nosa cidade, é caer xa na redundancia. Eu non merco nos Centros Comerciais desde hai moitísimos anos. PREGUNTA DE OUTRO MILLÓN: Cantas das persoas que vostede ve nesta foto mercan os libros do cole de fillos ou netos na librería de barrio, mercan a cesta máis grande do mes nas tendas do seu barrio, mercan marcas de leite de aquí, fuxindo coma do demo das marcas brancas ou compran a roupa en tendas que non son franquicias, cantas, cantas?????


E por último...non entendo o deste carteliño. Irá por libre????

En fin, delfín. Desde o día despois, the day after, deséxolles a todos a mellor das sortes...


8 comentarios:

  1. Curioso experimento sociolóxico. Non sabía eu que houbese tantos e tantas comerciantes na cidade. Espero polo seu ben que nas próximas mobilizacións se desvinculen de certas figuras alleas ó seu traballo. A súa compañía non lles beneficia en absoluto. Pregúntense onde estaban cando todo este declive empezou (a cousa non vén de agora) e cal é a súa traxectoría. De números... Seis mil? En serio? Cómpre ser realistas.
    O venres pola mañá escoitei nun bus a conversa de dous currantes (home e muller). Quedoume gravado o que contaba a muller (uns trinta anos, empregada dun pequeno negocio, polo que deducín): os seus xefes ordenáranlle baixar as persianas sobre as cinco e media da tarde pero non lle permitiran marchar do traballo (nin a manifestación podía ir, se quixera). Ademais tiña a obriga de contestar ó teléfono fixo (ela cría que era por tela controlada, xa que a maioría de consultas telefónicas resolvíaas o seu xefe e tiña teléfono móbil). O seu compañeiro, estupefacto, preguntoulle se os xefes foran á concentración. Por suposto, non acudiron; aproveitaran a tarde para "os seus labores". A rapaza, nun ton bastante sombrío e derrotista, lembraba tamén como a ameazaran a ela e a outras compañeiras ante a convocatoria de folga xeral. Rematou dicindo: "Os tempos cambian. Eles non o queren ver, pero os tempos cambian. Nada é igual que hai trinta anos".
    Un amigo que ten unha tenda na zona do Orzán díxome que "hai temas máis acuciantes que os bolardos para a nosa supervivencia".
    Algunhas fotos son tremendas. Se non sabemos de que vai o tema case podemos pensar nunha performance surrealista. Mesmo estou pensando nunha performance en plan Warhol Factory, co señor Negrera Soto mantendo a pose impávida dun personaxe de cera de Madame Tussaud (era el ou a súa réplica en cera?).
    Que non esquezan que para chegar ó concello hai que pasar polas urnas primeiro.

    ResponderEliminar
  2. As urnas cárgaas o demo, querida amiga....

    ResponderEliminar
  3. Prodúceme certo estupor e un profundo sentimento de vergoña axea ver como algúns deixanse levar como ovellas a unha manifestación artificial, tendenciosa e con claros fin electorais. Espero e confío en que a cidadanía coruñesa, como intelixente que é ou polo menos sempre defendín esta idea, decátese da manipulación e descaro dos verdadeiros autores e creadores de este espertento. O día seguinte de convocarse esta manifestación saíu o 'señor' Negreira decindo que apoiaba aos comerciantes e que iría con eles á protesta. A primeira pregunta que me veu a cabeza foi: "e como non vai ir se é él o que convoca?". Basta xa de enganos, de aproveitarse da desesperación de algúns que sí realmente o están pasando mal con esta puñetera crise que temos enriba. Pero sobre todo, basta xa das mentiras de todos os 'brillantes' que aproveitaron o tirón para saír na foto co único fin de sacar tallada política nas vindeiras eleccións. Que asquiño me da as veces ter que compartir cidade con algúns. Menos mal que na Coruña hai moita, moitísima xente intelixente a que estas aves de carroña non lograrán enganar.

    ResponderEliminar
  4. Xa sabemos que é moi fácil manipular e desvirtuar a realidade e cales son os resultados. Sabemos que hai unha campaña sotto voce para chegar ó goberno municipal. A victoria nas autonómicas deulles moitos azos e xa se cren os Masters do Universo. A algún e a algunha a impaciencia están a consumilos. Parecen ignorar que a oposición política require traballo e non só desgaste, que é o que levan facendo desde maio de 2007. A algún e a algunha a impaciencia están a consumilos. Parecen ignorar que a oposición política require traballo e non só desgaste, que é o que levan facendo desde maio de 2007. Será que non saben facer outra cousa.
    O que máis me indigna é a idea insidiosa que callou entre a maior parte da cidadanía: A historia da Coruña divídese en dúas épocas, marcadas pola presenza de Sir Francis, o Mesías, en María Pita. Hai unha era A.P.V. (antes de Paco Vázquez) e outra D.P.V. (despois de Paco Vázquez). Na era A.P.V. todo era idílico. Agora, todo é terrible e a responsabilidade é unicamente do actual goberno municipal. Non podo crer que sexamos tan simples nin a nosa realidade tan pouco complexa. Ninguén lembra cando empezou o declive da economía coruñesa? Ninguén lembra como se foi desmantelando o tecido industrial da cidade ou que pasou, por poñer un exemplo, na Cubela? No decenio de 1980 empezou a "globalizarse" a nosa economía e o que estamos a vivir agora é o desmantelamento do Estado de Benestar, nin máis nin menos. Cara onde mirábamos entón? En que estado estaban as nosas conciencias? Isto tamén é memoria histórica.
    Como podo crer que os mesmos ós que tanto lles ten ERES como os de Caramelo ou Sykes ou que pretenden privatizar descaradamente o Centro de Educación Especial Santiago Apóstol van apoiar ó pequeno comercio? A que pequeno comercio en concreto? Ó da zona Centro-Ensanche? Tamén ó resto dos barrios? Sempre houbo clases, ben certo é. Os mesmiños que despotricaban contra a convocatoria xeral do 29 de setembro, agora adalides dos desfavorecidos? Prefiro rir por non chorar.
    O natural é que a xente se mobilice e proteste de motu proprio, non só a cinco meses das eleccións municipais. Onde vai a nosa conciencia
    cívica? Que somos: persoas ou masa acrítica?

    ResponderEliminar
  5. Dous pequenos exemplos da política social do Partido Popular que aparecen na prensa hoxe:
    1.- Sobre o alarmante recorte orzamentario que sufriu ACLAD este ano di Miguel Plaza, director xerente da Asociación: "Deberían saber que las repercusiones no sólo son sociales y familiares, sino también de salud, de seguridad ciudadana e incluso económicas. El servicio de metadona a nosotros, nos cuesta 5 euros por paciente, mientras que al hospital, con las placas y analíticas correspondientes, le supondría 356".
    Non pode haber mellor diagnóstico, máis mesurado e certero, ante tal disparate. Se non contan coa opinión da xente que traballa día a día con esa realidade, mal vamos. E iso que lles falan de cartos, que parece que é o único que entenden.

    http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2010/11/28/miguel-plaza-dudo-sean-capaces-medir-repercusiones-recorte/443244.html#EnlaceComentarios
    2.- Repercusión sobre as entidades sociais que axudan ós sectores desfavorecidos:
    http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2010/11/28/entidades-sociales-ven-peligrar-labor-recorte-presupuestario-xunta/443242.html#EnlaceComentarios
    Houbo cartos a moreas para pagar a “exitosa visita” de Joseph Ratzinger pero imos esganar un pouco máis a aqueles que estaban mal e van a peor. Sinceramente, non o entendo.
    Se cadra pode vir algunha das luminarias oportunistas que tan ben luciron nas fotos a explicarmo. Nada, neoliberalismo de todo a un céntimo, unha doutrina que tan bos froitos lles deu a esa inmensa minoría. Con que me falen un pouco máis de Ayn Rand ou Milton Friedman dareime por contenta.
    Pero non, a culpa de todo é Yoko Ono, polo menos.

    http://www.youtube.com/watch?v=bod_cbUr6Yg

    ResponderEliminar
  6. Periodista reservista29 de noviembre de 2010, 13:04

    "Houbo cartos a moreas para pagar a “exitosa visita” de Joseph Ratzinger pero imos esganar un pouco máis a aqueles que estaban mal e van a peor", si, pero daquela facer unha manifa sería "de mal gusto".

    ResponderEliminar
  7. unoalquelegustaleerte1 de diciembre de 2010, 17:38

    MMmmmm, a xente que acudíu a manifestación fixoo líbremente en defensa dunhas ideas. Se é moita ou pouca xente, se está ou non equivocada cada un teremos a nosa opinión, pero non podemos dicir que a xente está manipulada ou que é pouquiña. Compre traballar para que se den conta que non están no certo, que están equivocados e que unhas aceras amplias e unha cidade para as persoas é mellor que unha cidade para os coches. Optouse por priorizar a xente camiñando ou en bicicleta e haberá que completar a idea con transporte público áxil e cómodo que permita á xente abandonar o coche, e comunicacións rápidas e eficaces desde os municipios limítrofes a cidade. Polo demás xa o dixo antes alguén: berran logo cabalgabamos.
    Katangueiro, non me gustou o artigo. É a primeira vez que non me gusta, pero non me gustou nada.

    ResponderEliminar
  8. Bueno, non sempre gustamos nin a nós mesmos.....Recoméndoche que leas o post de hoxe mesmo, sobre todo o que fala da Feira de Autónomos de GALICIA (?)....Igual gústache menos aínda, pero é real como a Feira mesma....Graciñas polos teus comentarios.

    ResponderEliminar