Páginas

Sentido e sensibilidade (falta de)

by Katangueiro,a partir dun correo de A., nacida libre

A nosa amiga A. coméntanos, entre indignada e preocupada (ler asustada) como proliferan en determinados "lugares" web, vendidos como blogosferas cidadás e convertidos por obra e gracia de quen os administra en espazos de proselitismo neoultradereitoso, as novas redactadas con claro sesgo malicioso e os subseguintes comentarios de reafirmación fascistoide. Quéixase a amiga de que isto ocorre SEMPRE nos mesmos lugares, son SEMPRE os mesmos protagonistas e rematan SEMPRE do mesmo xeito: usando un demagóxico sistema de culpabilización básica en tres leccións pola cal os máis febles, ou os que non se poden defender apropiadamente dentro da calamitosa circustancia económica que estamos padecendo, son os responsables de todo o conxunto de males sociais que afectan aos que transmiten a información e ao conxunto da cidadanía, por extensión. A nosa amiga refírese en concreto ao Blog de Los Rosales, do que xa temos falado máis que suficiente, pero moito nos tememos que é unha enfermidade cada vez máis habitual entre a "maltratada", ou así se considera, clase media desta Europa do progreso e do benestar.

A indignación de A. comezou cando, coincidindo coa folga xeral do pasado día 29, comproba como se magnifican os episodios de enfrontamento, e mesmo un suposto "vandalismo obreiro", que sitúa aos convocantes e participantes na folga pouco menos que nas tramas de delincuencia organizada.

Isto que nos comenta A. pode observarse directamente AQUÍ. O que non se poderá observar de ningunha forma é información algunha referida a que o Estado tivo que pedir diñeiro emprestado á Banca privada, a un 4-5%, para crear o seu Fondo de Rescate da Banca, que o presta aos prestamistas ao 1%. Negocio redondo!!!!! Quizais por iso os lemas máis coreados nese día foron os relativos a que a crise a paguen os que a causaron. Estes últimos contrapoñen: que a paguen os macarras sindicais e os/as beneficiarios de axudas sociais. Vagos, máis que vagos.

A preocupación da nosa amiga sube enteiros cando, tras unha denuncia veciñal relativa a supostas actividades de corte delitivo protagonizadas por menores e adolescentes de etnia xitana no parque infantil do barrio, sucédense as prédicas xenofóbicas que absolutizan a información convertíndoa en dogma de fe polo cal, en definitiva, chegamos á conclusión de que as persoas de etnia xitana non poden -non queren, non saben, non merecen- convivir co común dos seres mortais que habitamos a península ártabra. Marineda, vamos. Chega a propoñerse, sen que apenas sorprenda, o traslado do conxunto dos xitanos a un lugar afastado, onde vivan todos xuntiños e poidan matarse mutuamente se molestar aos demais. Algo así como de Sarkozy ao Plan Madagascar, opina A. Pode verse AQUÍ. Ai...o tan manido recurso á inseguriade cidadá que tan bos resultados está a dar á ultradereita en Europa Central!!!!!!

O que non conseguirá ver A. en semellantes "foros de debate" é que o 88% da poboación xitana en España habita en condicións totalmente normalizadas, ou que a precariedade de emprego sitúase nun 71% no caso desta etnia, fronte ao 30% que padecen/padecemos os que non somos desa etnia. Ou que o 80% dos menores xitanos non rematan os estudos básicos. Estas cifras son tamén "razóns" que se lles escapan a algúns cando botan a lingua a pacer.....é que xa o dicía a miña mamá: non hai peor mentira que unha verdade a medias.

Pero non te preocupes, querida amiga A. É o sino dos tempos. Teremos de discutir novamente sobre cuestións que creíamos de civilización básica, chegando mesmo a ter que defendelas coma se estivésemos nas trincheiras dunha guerra eternizada e/ou eternizable.

Non ves que sempre foi así??? Graciñas polo aviso.

7 comentarios:

  1. A miña modesta contribución para cando alguén caia na tentación de mirar culpabilidades facilonas:

    Los bancos alemanes rescatados pagan sueldos prohibidos a sus ejecutivos
    http://www.lavozdegalicia.es/dinero/2010/10/03/0003_8760779.htm

    La UE exige a Grecia recortes en sanidad, pensiones y funcionarios por 9.600 millones
    http://www.abc.es/20100217/economia-economia/exige-grecia-recortes-sanidad-20100217.html

    Bruselas quiere recortes hasta el 2013
    http://www.lavozdegalicia.es/dinero/2010/06/16/0003_8552671.htm

    etc etc etc etc etc etc etc etc etc etc etc etc et c etc etc etc......

    ResponderEliminar
  2. Non me estraña que A. estea asustada. Calquera o estaría coa clase de información que proporcionan: "¿Se nos acaba la tranquilidad en el parque?". Calquera que non coñeza este barrio que algúns catalogan como "obrero" (perdón, vou polo Tena Lady) pode pensar que é algo así como unha reserva espiritual de Occidente cercada por sinistras hordas ameazantes doutros barrios: os xitanos, o tráfico de drogas relacionado con Penamoa e coas casas de Korea, a delincuencia, os cristiáns evanxélicos, os sindicalistas, os políticos, os comerciantes, os funcionarios, os hostaleiros que non lles poñen tapas de balde e así ad nauseam. Algo ou alguén parece querer convertir Los Rosales nun Hell's Kitchen (Cociña do Inferno) e eles non poden quedar inactivos. Levan moito tempo en estado de alerta; debe ser agotador e desalentador comprobar que aínda non se produciu ningunha razzia nin ningún linchamento aínda que for simbólico.
    Dunha mestura de chauvinismo localista, darwinismo de medio pelo e frustración "porqueyolovalgo" só pode sair isto. Habería que utilizar un diseccionador de almas para saber cales son as motivacións porque, eu creo que hai momentos que nin eles mesmos as saben. O lema podería ser: "Lo mismo te digo una cosa que que te digo la otra". Son os únicos autorizados a cambiar de opinión cen veces e quedar como señores. Os únicos que poden insultar e botar a lingua a pacer pero que non toleran baixo ningún concepto que se utilicen os mesmos termos con eles porque iso xa é un falta de respecto e "un libertinaje, fijo".
    Habería que falar moito e moi en detalle (e xa se fará) sobre como se trata interesadamente a información (?) nalgúns foros. Hainos que pasaron de pontificar desde o café ao ciberespazo dun xeito espectacular. De todo saben, de todo opinan, nada queda a salvo. Dun rumor fan unha noticia e preséntana como unha "exclusiva" ou un "logro máis". De temas tan delicados e dolorosos como a pederastia, as agresións sexuais ou as violacións fixéronse noticias, partindo de rumores ou sucesos. Sen cuestionar de inicio a boa fe do asunto, o tratamento que seguiu foi burdo e inhumano. Quen lea os comentarios pode quedar espantado/a. O exceso de testosterona dalgún macho alfa que vai impartindo a súa peculiar doctrina xeopolítica por toda a blogosfera é digno de estudio; con dous coma este, acábase a crise e, de paso, coa humanidade enteira. Os gorilas de lombo prateado de Rwanda teñen máis sentido e sensibilidade que calquera destes especimes. Que se agocha nalgunhas mentes? Que se agocha detrás de moitas portas de tantos fogares respectables? Canto medo dan algún señores ben traxeados.

    ResponderEliminar
  3. Que presten atención a la letra:

    http://www.youtube.com/watch?v=f1ZCK9Nt3P8

    ResponderEliminar
  4. Graciñas polas vosas achegas, as de texto e a músical, que melloran a nosa humilde aportación para un bo sentido e unha mellor sensibilidade.

    ResponderEliminar
  5. ACLARACIÓN SOBRE CAMBIO DE CONTADOR: Para calquera seguidor/a da nosa Katanga resultará evidente o cambio de contador de visitas para o que oferta MOTIGO, dado que, de feito, xa o viñamos empregando para consultar as entradas reais, as páxinas vistas e desde onde, etc, desde o 13 de xullo de 2009, aínda que comezamos a nosa andaina o 8 de febreiro dese ano.

    O que nos acompañou ata o de agora -99counters- NON sinalaba o total de entradas reais ou o número de páxinas vistas, dato este último importantísimo, vital, para nós polo tipo de contidos que traballamos.

    O certo é que dun tempo a esta parte, e sobre todo a raíz de ocupar un lugar de relevancia na información local da Coruña que emite GaliciaConfidencial, notamos un grandísimo desfase entre o contador tradicional e as outras dúas páxinas de estatísticas, a de MOTIGO e a de HISPAVISITAS, que si chegaban a coincidir, número arriba ou abaixo, coas entradas reais.
    Aclarado o cambio, anímovos a que entredes nesta fonte de estatísticas premendo no símbolo que atoparedes na parte inferior dereita do contador. A idea é que sexan estatísticas públicas...polo menos polo de agora.....

    ResponderEliminar
  6. msarkadina, non só os señores ben traxeados poden dar medo...tamén as señoras o poden dar. Polo demáis, fágolle pouco caso ás opinións fascistoides e moito menos caso aínda as suas quiexas e lamentos. Teño na miña cabeza unha frase en español: ladran luego cabalgamos. Pois iso...se alguén sufre en silencio a vosa opinión, que mire os anuncios da tele...encontrará cousas que lle aliviarán a dor.
    Cada vez que penso na utilización da palabra universitario coma un insulto bótome a rir e non podo parar...Eso non quere dicir que non combatamos esas opinións, que non son respetables porque a igualdade non chega ata ahí. Todos temos dereito a opinar, pero non todas ás opinións son iguais nen teñen a mesma autoridade. Verbigracia: a miña opinión sobre a teoría da relatividade non vale para nada, vale menos que cero, vale tanto como moitas das opinións vertidas en moitos blogs de internet, ou en moitas tertulias da aradio, ou en moitas columnas de opinión.

    ResponderEliminar
  7. Ola, O Pino! Concordo contigo: Claro que hai señoras ben traxeadas que tamén poden inspirar medo. E moito. Teño en mente máis dun exemplo. Se fixen mención ós "señores" foi porque é o que máis me tocou padecer a min.
    Este mundo é moi grande e a vida demasiado curta como para andar amolándonos polo que pensen outr@s de nós. Como dixo un personaxe de Clint Eastwood nunha das súas últimas películas (e non era unha das de Harry el Sucio): "As opinións son como os cus; todo o mundo ten unha". Máis claro e demoledor non se pode ser.

    ResponderEliminar