Páginas

Véndese Estado-Nación

by Pacotrón, con tristeza

Urxe por non poder atenderse.

Aproveite agora esta espléndida oportunidade en cómodos prazos.

Cunha excelente situación xeográfica, no suroeste da vella europa, unha das monarquías máis antigas do vello continente, antigo imperio colonial e actualmente constituída en República, goce desde o primeiro momento coas súas preciosas vistas ao océano. Postas de sol diariamente garantidas. Tantas horas de luz que desexará a chegada da noite e as conseguintemente espesas néboas matutinas.

Próxima inclusión na lista dos 40 Intervidos polo FMI.

Liquidación inmediata de múltiples artigos a prezos realmente competitivos: consumibles, man de obra, centros educativos...Infórmese xa dos nosos pacotes de oferta especiais.

Traslade a súa actividade económica e renegocie os convenios salariais ao seu antollo.

Adquira unha man chea de cidades singulares en estado ruinoso como Lisboa, Porto ou Coimbra.

Pasee por interminables praias pendentes de recalificación.

Asuma unha pequena débeda que cuadriplica á de Irlanda e adopte, a cambio, decisións inmisericordes que afecten á vida das once millóns de almas que empregan un idioma comprendido por máis de 250 millóns de persoas, a séptima lingua materna do mundo!!!!

Véndese Portugal.

Infórmese aquí de próximas ofertas similares.

FRANCO: Pois se andabas mal de cartiños poderías ter avisado, home...
SALAZAR: Ai, sim? Emprestaria o senhor os milhôes de contos da nossa dívida?
FRANCO: Non, home, non. Só era por saber...Se nós NON temos un can!!!!!
SALAZAR: E assim vai Portugal, uns vâo bem e outros vâo mal...

Abur yogur!!!

2 comentarios:

  1. Volvemos ó lugar do que só saímos simbolicamente. Isto é máis que unha advertencia nun país que é considerado por tanto estulto/a como o noso pariente pobre e que nos podería dar máis dunha lección. Creo que moita xente descoñece a denominación que se lle dá en Europa toda a países como Italia, España, Portugal, Grecia e, por veces, Irlanda (agora que pasou de Tigre a Michiño supoño eu que estará incluída). Pois utilizan o bonito acrónimo de P.I.G.S (Portugal, Ireland/Italy, Greece, Spain). En inglés a palabra pigs significa "porcos". Para todos os seres orneantes presuntamente humanos que cren que ser "europeo común" é o máximo ó que se pode aspirar. Nós tamén somos os parientes pobres e, para máis inri, soberbios a máis non poder.

    http://es.wikipedia.org/wiki/PIGS

    Canto máis poderemos aturar? Hoxe quedo cun poema de Fernando Pessoa cando era Alberto Caeiro:

    Acho tão natural que não se pense
    Que me ponho a rir às vezes, sozinho,
    Não sei bem de quê,mas é de qualquer cousa
    Que tem que ver com haver gente que pensa...
    Que pensará o meu muro da minha sombra?
    Pergunto-me às vezes isto até de por mim
    A perguntar-me cousas...
    E então desagrado-me, e incomodo-me
    Como se desse por mim com um pé dormente...
    Que pensará isto de aquilo?
    Nada pensa nada.
    Terá a terra consciência das pedras e plantas que tem?
    Se ela a tiver, que a tenha...
    Que me importa isso a mim?
    Se eu pensasse nessas cousas,
    Deixaria de ver as árvores e as plantas
    E deixava de ver a Terra,
    Para ver só os meus pensamentos...
    Entristecia e ficava às escuras.
    E assim, sem pensar tenho a Terra e o Céu.

    ResponderEliminar