Intereses, mentiras e medios de comunicación: o caso de La Voz de Galicia

By Pacotrón.


O 7 de febreiro de 2009, menos dun mes antes das eleccións que posibilitaron a volta ( ou revolta ) do Partido Popular á Xunta de Galicia, o Presidente e Editor de La Voz de Galicia, o señor Santiago Rey Fernández-Latorre publicou o artigo de opinión "Yo Protesto".
















Efectivamente, este home é o Presidente e Editor do xornal que len, e lemos, practicamente todas e todos os coruñeses que lemos prensa. Pero non é máis que iso. Non. Non é Robin Hood. Nin moito menos Émile Zola.

O Robin Hood literario e cinematográfico permaneceu na memoria popular como un bo ladrón, xa que rouba aos ricos para repartilo entre os pobres. Nada máis ao contrario que a figura de Don Santiago e o seu apéndice impreso.

Un Robin Hood máis profusamente analizado amósanos un defensor das clases humildes fronte aos intereses despiadados dos poderosos. En resumidas contas, a liberdade, igualdade e fraternidade oposta ao expolio tiránico duns poucos, xa de por si privilexiados.

Cando se desvelaron os intereses confluentes de coñecidas familias coruñesas, das máis altas instancias representativas, ao redor do usufructo da enerxía que poden producir os nosos ríos, isto é, cando soubemos das conexións empresariais que conectaban a familia do daquela alcalde, o señor Francisco Vázquez, co presidente dos empresarios, o señor Antonio Fontenla, de cara á explotación dos recursos enerxéticos hidroeléctricos do noso País, mediante adxudicacións baixo sospeita concedidas durante os gobernos presididos por Don Manuel, o diario que preside Don Santiago Rey Fernández-Latorre non considerou alarmante, nin tan siquera digno da máis mínima mención. Para qué.

O certo é que un, Don Manuel, adxudicaba e outros, un alcalde socialista e o presidente dos empresarios, non perdían ocasión de apoiar públicamente a xestión do primeiro. Especialmente en eleccións. As hemerotecas non minten.

Non é, pois, de estrañar que ese mesmo Presidente e Editor, que non atopou motivo de descrédito ou amoralidade algunha nesas concesións poña todos os medios ao seu alcance para poñer en solfa un decreto eólico que, seica, non deixaba nada para os seus amigotes e si bastante, e máis que debía ser, ás arcas públicas.


Tampouco pensedes que se parece este prohome a Émile Zola. O escritor parisino empregou o xénero xornalístico para corrixir unha inxustiza, para defender a dignidade humana e condenar a tiranía, a ignorancia e a insolidariedade. No conxunto da súa obra concentrou a súa arte en retratar e denunciar un modelo social clasista, e xa plenamente capitalista, onde as clases humildes debían traballar nas peores condicións posibles, sen excluír anciáns, mulleres e nenos, para que unhas poucas familias privilexiadas malgastasen, en apenas catro festorros, toda a suor da fronte que eran capaces de proporcionar os miles de escravos remunerados dos que dispuñan. Todo un mes de tormentos, sufrimentos e sacrificios de moitos a cambio dunhas copas de Champagne e caviar para uns poucos.

Nesta clase de xornalismo que nos ocupa hoxe, valores como a xustiza e principios como a honestidade son burdamente pisoteados cando o maior exemplo de malgasto e dilapidación de recursos da nosa historia, a Cidade da Cultura, é empregada polo medio deste insigne coruñés como punta de lanza contra o anterior goberno bipartito.....desde o primeiro día!!!!!.

Nunca se pediron contas aos responsables reais desa desfeita desde as páxinas de La Voz de Galicia. E nunca se pedirán.

Non é de "señores" sacar á luz os trapos suxos dos "señores". Porque diso se trata. De señores. Tanto no seu sentido medieval, non o cabaleiresco que nos legou a literatura, se non o medieval real, o das tropelías, levas, violacións e asasinatos sen fin, como no sentido decimonónico de señoritos. O señorito Vázquez, o señorito Fontenla, o señorito Rey Fernández-Latorre. Os señoritos. Qué ben se levan e qué listos que son.

Para ir rematando, porque seguiría así todo o día, os Xulgados número 1 e 2 do contencioso administrativo de Santiago de Compostela avalan as bases das oposicións convocadas polo Consorcio Galego da Igualdade e do Benestar e urxen a súa convocatoria.

Eu si que protesto. Eu protesto porque xentuza que se permitiu o luxo de deixar escrito, a menos dun mes dunhas eleccións galegas, que "ahora ha surgido un nuevo caciquismo que se disfraza de falsa modernidad y opera con desparpajo en todo cuanto se pone a su alcance, desde las concesiones eólicas a las plazas de empleo público", poida pasear tranquilamente polas nosas rúas sen que ninguén lle berre "mentiroso, mentiroso", mentres que representantes políticos do anterior goberno galego deben agocharse ou pasearse ben discretiños, non vaia ser que algún que leu o xornal que preside e edita Don Santiago lle bote en cara algo do iate, do galego, da Cidade da Cultura ou dos coches oficiais. Algún que crea que un medio de comunicación é un medio de información.

Non, se xa o dicía Don Manuel.
Aquí pasou o que pasou.

28 comentarios:

  1. Moi bo Paco! Parabéns...

    Asdo: o teu baixista preferido ;-)

    ResponderEliminar
  2. Totalmente de acordo!. Cando deixaremos de ser IGNORANTES.

    ResponderEliminar
  3. Arre demo.....o meu baixista preferido???????

    Teño tantos......

    Non serás John Entwistle??????

    Alguén máis próximo e viciosillo??????

    ResponderEliminar
  4. Hai que recordar estas cousas de cando en vez, para saber de donde vimos e onde imos.

    ResponderEliminar
  5. Jopelines.....menos Pacotrón, sodes todos anónimos!!!!! Co bonito que é coñecerse.....

    De todas formas, teño que recoñecer que recordar é útil. O artigo de Pacotrón é para recordar. Para que recordemos. Para que acordemos, tamén.

    ResponderEliminar
  6. E digo eu Pacotrón, ¿esquecícheste da miña entrevista? jejejejejejeje
    Ou para facela ¿tereite que fichar pro Blogue do Ventorrillo? Por certo, mándache unha aperta Lois Miguel, que estivo na AVV do Ventorrillo fai uns anos, e agora andamos xuntos na loita contra Penamoa.¿Daste conta?
    Unha aperta, Ventorrillo.

    ResponderEliminar
  7. Home, se Luis Miguel é o "mariñeiro",si.

    Sobre a entrevista, non me podías adiantar algo??
    Algunha preguntiña ou tema???

    ResponderEliminar
  8. Son o baixista outra vez...

    Que son Marcos ostia!!!! :-D

    ResponderEliminar
  9. Gustoume moito, pero temos que recordar o que se prodigaba Quintana por agradar a este "señorito" impulsando e potenciando actos de homenaxe nas institucións. Non hai mais que ir as hemerotecas para ver o que dician os concelleiros do bng e diputados provinciais nos actos de nomeamento de fillo predilecto ou adoptivo.

    ResponderEliminar
  10. haverá que levantar o dinheiro de caixa galicia, ou?

    caixa galicia-lavoz-pescanova é o triunvirato

    tira fora o dinheiro que tenhas em caixa galicia
    nom compres la voz
    nom compres pescanova nem os seus satélites

    ResponderEliminar
  11. Home, Tecnomarquiños, o meu baixista preferido!!!!

    Por certo, para toddos os anónimos:
    é fácil intervir nestes comentarios poñendo só un nome. En "comentar como" escollemos a opción NOMBRE/URL. Aí só poñemos o nome que queramos que se vexa, por exemplo Pacotrón, eu. A dirección url pode poñerse ou non. Aí pode ir ata un enlace a algunha nova ou web que vos guste, disguste ou represente. Ou que veña a conta do comentario.

    Probade. ánimo.

    Marquiños.....xa nos veremos.

    ResponderEliminar
  12. GalizacapitalBraga13 de julio de 2009, 21:12

    Dom Santiago fixo o que fixo sempre. Mais tanta homenagem, tanto elógio sinceiramente sentido, tanto convite e tanta copita, figerom que se crera Santiago Matalobos.

    ResponderEliminar
  13. GalizacapitalBraga13 de julio de 2009, 21:20

    Isso si: melhor como Santiago Matalobos que como Padre Casares.

    ResponderEliminar
  14. O último en coñecerte14 de julio de 2009, 12:29

    Marquiños grande, pero máis grande o batería.....

    ResponderEliminar
  15. Paco, xa estás localizado
    Luz, de Canceliña

    ResponderEliminar
  16. Qué tal, Luz da Agra!!!!!! Non, se está claro que esta cidade é un pano....de bágoas.
    Za me dirás que che parece o que colgamos neste blog. Aviso: o seguinte capítulo irá dedicado aos blogs veciñais.....non esperes nada bo!!!!

    ResponderEliminar
  17. A Pacotrón. Xa lla mandéi ó Katangueiro fai semanas. Pero de todos modos, dime se lla volvo enviar ó correo katangueiro ou a ti direitamente.
    Unha aperta.
    Por certo, non é nada comprometedora. Soamente é obriga enviar unha foto, para que os veciños que non nos coñezan poidan saber de quén falamos.

    Xa lle fixen algunhas a Carlos Negreira, Mar Barcón, como máis coñecidos, e despois a un par de veciñas máis do barrio. Por exemplo, vai dende qué tipo de cine che gusta máis, ou cal é o teu prato favorito, etc...

    Se vas ó blog do Ventorrillo, en noticias por categoría pinchas en ENTREVISTASVECINOS e ahí che saen unhas cuantas.

    PD: A verdade é que me falta algunha con ideoloxía nacionalista jejejeje.

    Graciñas polo de alumno aventaxado::))))

    ResponderEliminar
  18. Tanto se me nota o de alumno aventaxado??? Agora modereime un pouco, ¿non cres? Arredemo, pois será mellor iso que non ser alumno de Carlos Marcos ¿ou non? Eso a mín daríame sarpullido.

    ResponderEliminar
  19. Mándame esa entrevista outra vez por medio de katangueiro@gmail.com. O Katangueiro non me pasou nada.....é que anda estupefaciente...últimamente. E non vos enfadedes polo dos blogs veciñais. Prometo continuar mañá. Hoxe falleille a Katangueiro.

    ResponderEliminar
  20. Quero que quede ben clariño que Carlos Marcos é o peor da nosa cidade. Xa lle adicarei algo...moi pronto.

    ResponderEliminar
  21. Vale Paco.A ver se cha envío nun anaco.
    ¡Déchesme caña de carallo! Iso ten de custo polo menos un par de garimbas. Coño, dalle caña a outros tamén, que senón nós e os dos Rosais imos parecer os malos-malísimos...¡Algo de bon teremos! Eu de momento,bon rollo, coas nosas diferenzas, pero ó final todos queremos o mellor para o Ventorrillo e o resto de "provincias" do Reino :::::::)))))))))))))

    ResponderEliminar
  22. En breve vou poñer un artigo sobre Caixa Galicia. Soamente me falta telas probas do que me parece unha auténtica estafa ós usuarios, pero teño que ver como o publico para non meterme en líos coa banca.

    ResponderEliminar
  23. Si, Aníbal. Ten coidadiño con eses......Unha cousa é criticarnos entre nós, que somos persoas, e outra meterse cos donos do mundo!!!

    ResponderEliminar
  24. Home, tanto como críticas entre nós, eu diría, distintas formas de ver a vida diaria, con un anaco de humor, que sempre se agradece ¿verdade?

    ResponderEliminar
  25. E que, nestes tempos que corren, se non hai humor.......

    De todas as formas, tamén hai que recoñecer que este goberno municipal, faga o que faga, ten poucos amigos. Falta cultura de convivencia democrática e pacto. Hai moita xente, de todo tipo de pelaxe política, ollo, que non soporta a idea de compartir goberno entre dous ou máis partidos. En Holanda, Austria e mesmo Alemania están acostumados ata a gobernos de catro...e xa nos gustaría a nós ter os mesmos resultados por aquí!!!!

    Gustaríame que se valorase a aposta pola rehabilitación de prazas e edificios, polo transporte público, polas bicicletas, polo emprego ou polas políticas de conciliación. Os anteriores gobernos, por exemplo, da Xunta, en época de Fraga, gastaron moito en asfalto, cemento, formigón, parques empresariais baleiros e festas gastronómicas, pero non se mellorou en aspectos como a conciliación, a ecoloxía ( iso que chaman desenvolvemento sostible ) a ordenación do territorio....cántas desfeitas non se permitiron.....as políticas clientelares....

    En fin, que hai que espabilar e EUROPEIZARSE de verdade, con todas as consecuencias.

    ResponderEliminar
  26. Totalmente de acordo co escrito. E, efectivamente, non é malo lembrar tampouco como os agora afectados polo dedo acusador de Don Santiago, onte mesmo estaban lambéndolle as botas e nunca deixaron de darlle diñeiro, moito diñeiro, para todo o que as súas empresas quixeran facer.

    ResponderEliminar
  27. Ó tempo, xa veredes como La Voz acaba pedindo a volta do PSdG-BNG.

    Na edición de Vigo, xa lle están comezando a dar caña, pola privatización encuberta do novo hospital e por retirar a idea do carril bici de Vigo.

    ResponderEliminar
  28. Non me fío de nada......a setes, o decreto eólico e poñer pescanovas en todo o literal.

    ResponderEliminar