Páginas

O Anxo Exterminador (e 2)


Vén do capítulo anterior.....

O Anxo rompeu o cuarto selo e abriu o cuarto sobre. Vimos como a humanidade se dividía entre os que querían protestar ante os Guardiáns, aos que responsabilizaban do conxunto de penurias que se estaban a vivir, e os que non querían que se fixese nada que puidese molestar aos Guardiáns ou tentase a desprazalos da súa tarefa. Vimos como estes últimos eran maioría e vimos como rían os Guardiáns con todo aquilo. Logo, chegou a Gobernación e mandou protexer os bens dos Interventores, pois eran estes as principais vítimas da ira humana, dada a cercanía e contacto diario con eles. Algúns de entre os mercaderes tamén foron protexidos, tal era o desvelo con que Gobernación se ocupaba da protección dalgúns dos seus súbditos.








ANXO EXTERMINADOR: Ji ji ji ji ji jito.........

9 comentarios:

  1. E aquí aínda hai que ornea (non penso retirar o verbo, porque non argumentan, senón que repiten machaconamente a berros uns estereotipos rebosantes de odio e prexuízos) que non é necesario protestar ou mobilizarse. Eu non estou dacordo coa violencia dos piquetes, NUNCA, pero tampouco soporto a violencia soterrada e implícita dalgún discurso.

    "Europa protesta contra os axustes”:

    http://www.bbc.co.uk/mundo/economia/2010/09/100928_protestas_europa_desempleo_economia_mj.shtml
    Outras versións do que pasou por aquí:

    http://diagonalperiodico.net/El-29-S-supera-las-expectativas.html

    http://historias29s.posterous.com/

    Malcolm X dixo unha vez, moi atinadamente: "Sede precavidos cos medios de comunicación ou acabaredes amando ó opresor e odiando ó oprimido". Non debemos escoitar únicamente á Voz do Amo. De aí veñen os discursos únicos e os pensamentos únicos.

    ResponderEliminar
  2. A reforma laboral supón que o despido é máis rápido. Diminúe o preaviso de 30 a 15 días. Amplía a cantidade de causas de “despido procedente”, facéndoo tamén máis barato. Así, o despido pode ser “procedente” aínda sen preaviso.
    As ausencias xustificadas d@ traballador@ se chegan a alcanzar o 20% das xornadas en dous meses consecutivos ou máis dun 25% en catro meses discontinuos. En ambos casos , se o absentismo na empresa chega ó 2,5% (antes era o 5%). Pódese penalizar co despido, entre outros casos, @s traballador@s que “estean de baixa por enfermidade ou accidente non laboral períodos de menos de 20 días consecutivos”. Para entendernos: unha persoa que, no prazo de dous meses, nunha situación de “baixa por enfermidade común ou accidente non laboral” máis de oito días, podería ser despedida, alegando como motivo “ausencia do traballo”. Ademais ese despido sería procedente, así que a indemnización sería de 12 días de salario por ano traballado (en lugar de 45 días de salario por ano traballado). Para máis inri 8 días por ano traballado da indemnización serán abonados polo Fondo de Garantía Salarial, pagado coas cotas á Seguridade Social de tod@s nós.Mesmo a convalecencia dunha gripe sería causa de despedimento procedente.
    Exemplos alucinantes:
    -O artigo 51.1 do Estatuto dos Traballadores, coa modificación aprobada, autoriza despidos colectivos, no caso de “perdas efectivas ou previstas tanto en empresas privadas e no goberno”.
    -Tamén pode ser considerado como "adecuado" o despido colectivo cando haxa"cambios nos medios ou instrumentos de produción, cambios nos sistemas e métodos de traballo e cambios na procura de produtos ou servizos que a empresa pretende pór no mercado” (art. 41.1 e 51.1 do Estatuto dosTraballadores).
    -Permite ó empresario reducir de XEITO UNILATERAL reducir a xornada dos traballadores dun 10% a un 70% ou modificar horarios e quendas de traballo porque si.
    - A creación de “Axencias Privadas de Colocación con ánimo de lucro”, ás que se lles atribúen facultades de Administracións Públicas (rexeitar ofertas de formación e ofertas de traballo destas axencias suporá a perda da prestación por desemprego).
    - Resta poder ás negociacións colectivas e ós convenios colectivos. Os grandes perxudicados serán logos os traballadores das pequenas empresas, que cobrarán menos do que marca o convenio colectivo, restándolle así a este toda validez

    ResponderEliminar
  3. O presidente Rodríguez Zapatero dixo que antes de fin de ano aprobarán a reforma da Seguridade Social “CON OU SEN CONSENSO” (e cun par de “talantes”, diría eu). Nun borrador entregado ós sindicatos en Febreiro de 2010 propoñen o seguinte:
    - Extensión da idade de xubilación ós 65-67 anos (Franza debate estes días prorrogala dos 60 ós 62 anos).
    - Aumentar o número mínimo de anos necesarios para ter dereito á xubilación (actualmente son 15 anos que pretenden ampliar a 20 ou 25 anos).
    - Ampliar o número de anos para calcular o salario base (actualmente, os últimos 15 anos; o Goberno propón estendela ós últimos 20 anos e a CEOE, a toda a vida d@ traballador@, of course).
    - Aumentar o número de anos necesarios para acadar o 100% da pensión (actualmente con 35 anos de cotización; queren que chegue ós 40 anos cotizados). Dada a idade tardía en que a mocidade de hoxe entra no mercado de traballo, terían que empezar a traballar, como moi tarde ós 30 anos facelo arreo ata os 70 anos para poder cobrar o 100% da súa pensión).
    - As pensións de viuvez: pretenden convertilas nuns "beneficios temporais".
    - Pensión de Incapacidade Permanente Total para a Profesión Habitual: Ídem. Ou sexa, outro “subsidio temporal.
    - Pensión de Incapacidade Permanente Absoluta para Toda Profesión: Proposta para modificar o cálculo da pensión (“á baixa”, claro).
    - Incapacidade Temporal (baixas por enfermedade ou accidente): Nada de deixar de traballar (agás casos moi graves; medo me dá…). Xa se encargarán de buscarnos un posto “compatible co noso estado médico”.

    ResponderEliminar
  4. A dúbida que eu teño e se os becerros (e becerras) que lles rin as gracietas aos señoritingos/as da dereita máis reaccionaria, Dona Espe, Rajoy, Camps, Núñez Habichuela....son conscientes do que poderían ter chegado a facer se son eles os que tivesen a crise polo mango....ou o Goberno polo pescozo, que tanto ten....
    Pobres de nós, Msarkadina....Imos volvernos tolos de tanta e tanta pedagoxía para escravos!!!
    Hai unha moi boa frase de nietzsche (ler "nitche) que dicía: "Hai almas tan escravizadas que agradecendo tanto os favores que se lles prestan chegan a afogarse coa soga da súa gratitude"....E para colmo, onde están os favores?????

    ResponderEliminar
  5. Sabes o que pasa, Pacotrón? Que hai moita xente que se deixou cegar e confundiu a prosperidade cun estúpido sono pequenoburgués. Vendéronlles a moto e cren que eles tamén van poder acceder ás prebendas e a certos privilexios? Todos materiais, claro. En ningún momento oes falar de valores. Coitadiños! Isto fíxoo un goberno que é, presuntamente, de esquerdas. Unha vez máis traizoou o seu espírito fundacional e ós seus votantes. Se alguén queren saber o que podería pasar cun goberno de dereitas non ten máis que informarse das políticas autonómicas madrileña e valenciana, que son o modelo do noso actual goberno autonómoco. Pero hainos, Pacotrón, hainos ben estultos que aplauden coas orellas. Eu lin todo isto. O meu traballo está regulado por outro Estatuto distinto e, en teoría, non me afecta. Pero si lle afecta a algún familiar próximo. Como vin pasar ó meu pai nada menos que dous ERES, e tiven que ser cabeza de familia moi noviña, todo isto fai que me rebele.

    ResponderEliminar
  6. Unha pregunta que eu me fago: Non son noticia os "piquetes alternativos" da patronal que impediron ir á folga ós seus empregados. Non, porque eses exercen os 365 días do ano. Así se fan os English Courts e tal e cal. A miseria humana e moral como feito cultural asumido. Ós que siguen sorrido e dicindo "Ndiyo bwana" (Si, bwana) gustaríame non ter que soltarlles nunca: "Reláxese e desfrute o votado. Non lle dolerá". Porque significará que perdín o poco autocontrol que me queda e me igualarei a eles.

    ResponderEliminar
  7. Permitídeme un recordo en forma de versos dos Piratas:

    "...Biología pura y metafísica,
    Una habla, la otra actúa,
    Se conocen pero nunca se han visto la cara.
    Rumbos parecidos, intereses separados,
    Impulsos convertidos en intentos reprimidos,
    Dios ha muerto y ha nacido
    Un Rey creado en un laboratorio"

    Pero supoño que ninguén o entenderá.....e logo virá algún Anónimo non tan Anónimo a dicirnos que somos uns intelectuais licenciados e bla bla bla.......

    ResponderEliminar
  8. Periodista reservista1 de octubre de 2010, 14:58

    Hombre, katangueiro. No seas iluso, que en esta sociedad que nos toca vivir y padecer no puedes salirte mucho de lo de "A mi me gusta la gasolina....Dame dame gasolina". Lo que tú propones es para culturetas frikis indeseables.

    ResponderEliminar
  9. Santa Adrenalina! A eses, nin caso. Por se vos sirve de algo, eu levo toda unha vida cargando co sambenito de "bicho raro" polos meus gustos e o meu estilo de vida. É complicado nadar contracorrente. Hai un personaxe de comic, un dos meus favoritos, Emily the Strange, que ten unha frase lapidaria: "I know I'm strange but who are you?" (Xa sei que son rara; pero ti quén es?).
    http://www.emilythestrange.grupo-sm.com/secciones/%C2%BFquien-es-emily/

    Unha canción de The Doors di que os raros son os outros (subtitulada):

    http://www.youtube.com/watch?v=oMHWvhC_zDM

    Unha foto moi gráfica. Sobran as palabras. Pero se eu teño que verme así, morro en vida:

    http://karmazyn-diaz.midiblogs.com/files/Rene_Maltete_majorite.jpg

    ResponderEliminar