Penamoa: unha historia a través dalgúns dos seus personaxes


Con tanta tinta e tantos píxeles como se levan gastado xa con este asuntillo de Penamoa, penso que ninguén foi quen de poñer, cun mínimo de orde, a cada personaxe actuante e protagónico no seu xusto lugar. A continuación, desde Katanga -cómo non-, intentaremos sistematizar un pouquiño a escasa información veraz da que dispoñemos, tan longa é a capacidade de manipulación e de demagoxia que nos asalta en canto se reúnen no mesmo episodio ingredientes como a heroína, os intereses inmobiliarios, o chabolismo, os calorros, a xenofobia, os xitanos xitanos, o Partido Popular, o vazquismo, a insolidariedade, o medo, os caradurillas, os negocietes da droga, a mentira, o Opus Dei -si, eses-, La Coruña Despega, as rencillas políticas e uns cantos blogs veciñais....entre outras cousas, que non é pouco.



Vaiamos por partes ou, mellor dito, vaiamos por personaxes:


PACO VÁZQUEZ: Alcalde da Coruña entre 1983-2006. Foi o responsable directo da creación do gueto de Penamoa, aloxando alí, nuns barracóns fabricados ao efecto, aos residentes do poboado chabolista da Cubela, asentados alí desde os anos sesenta, e desaloxados en 1984 para poder instalar El Corte Inglés, primeira pedra de toque do que o vazquismo tiña disposto para esta cidade: un gran centro comercial propio das cidades "elegantes" e, para o chabolismo, a política de "ojos que no ven....".
Vendeuse como unha solución momentánea, pero o certo é que o poboado foi medrando sen máis límites que os montes circundantes e a refinería....Tamén alí foron a parar chabolistas do polígono de Bens. Había un poboado moi antigo onde agora está o Trade Center.
Co paso dos anos, mentres Vázquez arrasaba elección tras elección, esta "solución" converteuse no maior punto de venda e distribución de HEROÍNA do noroeste peninsular.
La Coruña Despega foi o lema daqueles anos. O que despegou foi o valor do metro cadrado na Coruña e a imposibilidade de moitas parellas mozas de poder independizarse e vivir na nosa cidade. A comarca énchese de coruñeses. A historia á inversa.
Paco Vázquez fórrase. Agora está de embaixador no Vaticano.



XOTENGO: Administrador do blog de Los Rosales xunto con Rancilio. Non soporta a idea de que unha soa familia de realoxados acabe no "seu" barrio. Emprega o medo e a inseguridade cidadá como armas. Fixo todo o que puido e máis para gañar votos a favor do PP nas últimas galegas, pero agora está alarmado porque semella que co sistema que quere empregar Diego Calvo, superdelegado da Xunta na Coruña, pode ser que lles toque algún residente de Penamoa....ou iso di el.
Está moi relacionado co administrador do blog do Ventorrillo e coa Asociación de Veciños de Novomesoiro, servindo de amplificador ás súas algaradas contra a política de realoxos do Concello. Machista, insolidario e xenófobo a partes iguais, cre a "pies juntillas" que hai barrios de primeira e barrios de segunda. O seu, por suposto, é de primeira.



ROSA BARREIRO: Unha das nosas preferidas. Cando gobernaba Vázquez non había problema en Penamoa. Ela xa amañara a desaparición do poboado con Paco e con Mar Barcón. Editaba unha revista de "comerciantes" do Ventorrillo onde as portadas sistematicamente protagonizadas por Paco Vázquez foron sustituídas por Javier Losada.
Aspirou a concelleira, pero supoño que cristos internos do PSOE local, que non veñen ao caso, desprazáronna cara a unha imposible ubicación: o posto dezaoito. Aspiraba a entrar vía gabinete de alcaldía, pero o pacto co BNG apartouna definitivamente. Está resentida cos seus e é un xoguete nas mans do PP local e do barrio. Protagoniza as algaradas contra os realoxos empregando mentiras como que aumentou a inseguridade cidadá no Ventorrillo -a mesma estratexia de Xotengo en Los Rosales e que non está avalada por ningún informe, oficial ou oficioso, nin polo sentido común-. ou que non se está traballando -xa foron realoxadas cincuenta familias-.
Detrás dela aparecen persoas que non viven no barrio, modelo manifa pepeira: xente maior de posición media-alta, caras de mosqueo, cartelería en exclusiva contra Losada, cortes de tráfico non previstos, etc. Por alí tamén están Xotengo e A., este último administrador do blog do Ventorrillo.
Realmente, carece de representatividade no barrio. Os da asociación son catro. Están superados polo blog na transmisión de consignas. Moi superados. Quere facer dano a Silvia Longueira. Supoño que ten aspiracións.



FRANCISCO MOURELO: Antigo presidente da asociación O Cruceiro-Oza-Urbanización Soto, enfrontada ás asociacións de veciños de Eirís e Castrillón-Urbanización Soto, ás que acusou de estar ao servizo do PSOE, sendo el mesmo candidato e agora concelleiro do Partido Popular. O seu paso polo movemento veciñal, no que ao seu barrio respecta, trouxo á memoria ás manifestacións dos primeiros anos do nacional-socialismo. Emprega sen apuro a mentira e a demagoxia, aproveitándose, iso si, da xenofobia latente en moitas e moitos cidadáns cando se está a falar de xitanos. Apoiou, por suposto, toda canta mobilización se organizou desde Novomesoiro e Ventorrillo, sempre que os impactos fosen contra PSOE e BNG, como se a Xunta non tivese sido gobernada polo PP tantos e tantos anos. A Xunta, esa, a que ten as plenas competencias en materia sanitaria -incluídas as drogodependencias-. Tampouco dicía nada sobre a Policía Nacional en tempos de Aznar. Chegou a denunciar a connivencia das forzas de orde pública cos traficantes, seguindo o modelo de Gerardo Crespo, dirixente veciñal do Partido Popular que preside, a maiores, unha organización que emprega sen rubor simboloxía nacional-socialista: Alas Coruña. Por suposto, ambos defenden que as placas franquistas queden onde están......



M. A. R. (ADMINISTRADOR DO BLOG DO VENTORRILLO): A verdade é que é menos cínico que todos os anteriores. Ten metido o corazón e a cabeza en que goberne o Partido Popular na Coruña. Non vos estrañe que apareza nas listas, para nada. Excita o Ventorrillo desde o seu blog. É o muñidor das manifas que "encabeza" Rosa Barreiro. Organiza visitas dos concelleiros do Partido Popular ao Ventorrillo cada dous por tres. Móvese bastante, e fai ben, pero é un intoxicador interesado. Agora mesmo está indignadísimo cos seus coleguillas de Novomesoiro. O motivo: critican a dolor a Diego Calvo, do Partido Popular e, claro, M. A. R. non está na loita para iso. Adoita figurar no seu blog con varios nomes, así como nos demais blogs da cidade. Así parece que son máis. O seu maior disgusto, a parte das dores de cabeza da súa muller, é que o maior traficante apresado nunca no Ventorrillo era "payo".


M. A. R. pediunos amablemente que quitásemos a súa foto e a referencia ao seu nome. Di que non é home público, aínda que eu penso que si que o é, pero é carto que nunca concedeu entrevista+foto para un xornal. Nunca se "identificou" exactamente. Ben. Respecto a súa petición, xa que el respecta a miña opinión. de todo os xeitos, no mundo dos bloggers coruñeses está máis que plenamente identificado (non mo negues...).


DIEGO CALVO: Superdelegado da Xunta na provincia coruñesa e home de confianza de Carlos Negreira. Puxo en tela de xuízo as listas de adxudicatarios de vivenda pública da Coruña. Agora recoñece que non hai irregularidades. O retraso inxustificado na entrega dos pisos de Eirís pode provocar que residentes de Penamos acaben en Novomesoiro ou mesmo nos Rosales. A miseria demagóxica e xenófoba que practicou estase revolvendo contra el. En Novomesoiro fano directo responsable do que poida pasar. Antes de ser Superdelegado adoitaba dar conferencias contra as listas de adxudicatarios en asociacións como O Cruceiro, que presidía daquela o seu compañeiro de partido Francisco Mourelo.
Non ten empaque político. Semella que o PP estaría disposto a sacrificalo se sobre el cae todo o marrón. Non deixa de ser un mero economista de San Sadurniño. O seu amigo e valedor, Carlos Negreira, podería ter graver problemas relacionados coa súa xestión en Portos de Galicia e a trama Gürtel. Nos últimos tempos, semella que o protagonismo local do Partido Popular recaeu en Flores.



NOVOMESOIRO: Xoven barrio do extrarradio da Coruña. Ao final do vazquismo decidiuse potenciar a construción dun barrio que evitase a sangría de mozos e mozas que marchaban do Concello para vivir na Comarca e máis alá...Como ninguén iría a Novomesoiro pagando o que se estaba a pagar daquela, fíxose un barrio cos beneficios que dá a promoción pública de vivendas. Así é tal que hoxe hai unhas mil familias comprando os seus pisos por menos de 500 euros ao mes. Nisto, chapó. O que ocorreu é que foi un típico barrio vazquista en canto á súa estruturación: primeiro se poñen os pisos, e logo os servizos. Foi un lugar conflitivo desde o principio. Están en marcha obras de envergadura como o Centro Cívico e Social, a Polideportiva e o Centro de Saúde. A escola infantil, do Concello, non cubre a demanda mínima do barrio. O PP quixo sacar tallada a esta carencia, esquecendo que esa materia, a educación infantil, é competencia da Xunta. Contaron con grandes e importantes apoios mentras daban no coco de Losada: Blog do Ventorrillo, Asociacións O Cruceiro e O Ensanche, Federación Salvador de Madariaga.....ou sexa: M. A. R., Mourelo, Crespo e Chas. TODOS militantes do Partido Popular.
O presidente da súa asociación veciñal dimitiu vía blog, pero segue actuando como se non fose con el.
O administrador do blog veciñal abandonou estes días o seu propio blog, por intromisións non autorizadas por el, posiblemente de membros da Asociación de Veciños.
Suspenderon a II Carreira Popular de Novomesoiro por incapacidade para organizala en tanto estaban coas algaradas contra os realoxos, que xa hai tempo que se convertiron en algaradas contra o conxunto dos adxudicatarios de vivendas públicas da Xunta.
Na última concentración foron abandonados á súa sorte por toda esta xentiña....claro, o nome de Diego Calvo xa andaba rulando por aí.



GERARDO CRESPO: Dirixente veciñal, é un dicir, que preside agrupacións fantasma como a asociación O Ensanche, para a súa promoción persoal, e Alas Coruña, de certa estética nacional-socialista. Pídelle ao Concello que prohiba o botellón, pero non á Xunta, en especial a súa amiga de Opus Pilar Farjas.
É un retrógrado que mistura o seu suposto traballo "social" cos negocios. A Xunta do PP concedeulle xa algún "chope". Neste blog adicámoslle xa un "especial" AQUÍ. Está en contra da política de realoxos, do botellón, do cambio e sustitución das placas franquistas, da promoción do idioma galego e de todo o que ula a democracia e estado de dereito. Preséntase como o máis demócrata de toda Coruña!!!!



JUAN SÁENZ-CHAS: Abreviando, porque o personaxe non merece máis, é o presidente da Federación Veciñal Salvador de Madariaga, que naceu para contrarrestar o seguidismo político da Federación de Asociacións Veciñais da Coruña cara ao PSOE, creando unha que fixese seguidismo do Partido Popular, que é o partido no que militan todos e cada un dos presidentes "veciñais" que a compoñen. Non se lles coñece actividade algunha. Só aparecen para salpicar a nosa cidade de racismo, xenofobia e intolerancia. Os medios de comunicación téñenlles medo por vir de onde veñen, non pola súa capacidade de mobilización, que é nula.



Outros nomes a ter en conta:

MAR BARCÓN: Unha das que que lle deixou o marrón ao actual goberno municipal, xunto con Paco Vázquez. Sempre dixo e dixo, e prometeu e prometeu, pero unha carreira política tan brillante e prometedora non podía enlamarse cun asunto tan feo como o de Penamoa.

FORZAS DA ORDE PÚBLICA: Nunca ocultaron que para elas era mellor ter un lugar "controlado" como Penamoa que múltiples puntos de venda repartidos pola cidade e comarca. De aí a que actúen en connivencia cos delincuentes vai un abismo. Crespo acusounos directamente, con estas palabras, e non lle pasou nadea. Se o facemos en Katanga, nos entalegan!!!!!

LOSADA: Estase a comer o marrón que lle deixou Vázquez. Teno merecido, xa que el estaba alí, pero non é o total responsable en absoluto. Fixéronse moitos negocietes a conta de Penamoa, e non só coa droga. O día que Losada fale.......

VENTORRILLO: Resulta curioso, por exemplo, ver como os pisos máis próximos ao poboado, os do Ventorrillo, son MÁIS CAROS que os que están máis próximos á Agra do Orzán. O certo é que sempre se soubo que o poboado ía desaparecer coa construción da Terceira Ronda, e eses pisos van gañar agora un gran valor. A existencia de Penamoa nunca evitou que o Ventorrillo fose un barrio habitado por clase media e media-acomodada.

ÁGORA: Novo Forum Metropolitano para dar servizo á Agra, Ventorrillo, Mariñeiros...Semella estar máis pensado para o Ventorrillo que para a área tradicional da Agra do Orzán. Veremos cómo se reparten os espazos entre a poboación máis humilde e envellecida das casas de Franco e Mariñeiros e a máis "pija" do Ventorrillo.

Se queredes continuar lendo sobre esta apaixonante historia, premede AQUÍ MESMIÑO!!!!!

26 comentarios:

  1. Boa noite, Katangueiro. Uno, que es ferrolano de nacimiento (de Caranza), coruñés de adopción desde los catorce años (vecino de Monte Alto, para más señas)y barcelonés por cuestiones laborales, no puede evitar sorprenderse desde la distancia.Pero qué memoria de tan mala calidad tienen algun@s ciudadan@s.Cómo diría una buena amiga: qué memoria tan selectiva. ¿Dónde se estaba escondiendo esta gente durante la gran epidemia de heroína en los años 80? ¿Cómo no salieron a protestar ante el encarecimiento del precio de la vivienda que asoló A Coruña,incluso en los años de más esplendor de José María Aznar y el gran Paco Vázquez? Podría seguir haciéndome preguntas hasta el infinito y más allá pero voy a pasar directo a las afirmaciones: con espíritus así Galicia y el resto del Estado se van a pique. Sobre todo, en estos tiempos tan duros y ante la sucia y cruda realidad a la que nos hemos despertado.Parece que a unos les ha sentado peor que a otros enterarse de que pertenecer a la "clase media" (qué risa) no les facilita acceder al presunto "bienestar" de la "gente bien" (aquí ya doblo las risas). Y que miren bien a su alrededor, no vaya a ser que entre sus seres queridos haya alguien que empiece usando telecoca,luego se acerque a Penamoa en BMW y acabe quedándose allí de "punto" (para los legos en la materia: el adicto que acaba peleándose por ir a tirar la mierda de los vendedores,barrerles la puerta o lo que sea, por una puta dosis o por 5 euros). A mí me salvaron a tiempo pero he visto de todo. Y que no me vengan a dar lecciones de moral ni buenas costumbres porque,a pesar de tener un buen trabajo y conservar un cierta lucidez,sigo tratando esta realidad ya que ejerzo voluntariado con personas que no tienen el mismo apoyo que tuve yo. Mucho ojo con una campaña antidroga que he visto por Internet: Movimiento Social Republicano, se hacen llamar. Escalofriante. Creo recordar que en los años 30 en Alemania hubo un partido que la lió parda y se hacía llamar Nacional-Socialista.

    ResponderEliminar
  2. Paco, rogaríache que borraras a miña foto deste post.Do demáis non che digo nada. Non son ningún personaxe público. Graciñas

    ResponderEliminar
  3. Ó almorzador: eu andaba no colexio facendo EXB.
    Espero que pola miña persoa xa che quede a dúbida aclarada dos anos 80::))

    ResponderEliminar
  4. Veña, Aníbal. Xa non está a foto. Avisoume Pacotron. Pediumo, máis ben. Xa está. Peroé evidente que existe unha POLÍTICA de erradicación do chabolismo que outros gobernos anteriores, do Concello ou da Xunta, non quixeron ou non se atreveron a acometer. Mira ao que está conducindo a agresividade contra esta política nunh barrio aínda por asentar como Novomesoiro. A mellor cousa que tiñan, a súa carreira popular, botada pola borda polas futuras consecuencias que non se sabe se virán ou non duns supostos realoxos que supostamente haberá no seu barrio. O presidente dimitido, non sei xa cantas veces, a directiva desunida, o blog veciñal torpedeado....e quen estará para construír un mellor barrio??? Onde os voluntarios???

    ResponderEliminar
  5. E tamén che rogo que borres o meu nome. En canto ó Blog podes dicir o que queiras, pero todo o que sexa nome e foto, non.
    Saúdos

    ResponderEliminar
  6. Ala, xa está. Tampouco se trata de mosquearte, pero a Katangueira está que trina xa con todo este enredo de Penamoa e os políticos que buscan sacar tallada dos sentimentos máis primarios...spero que os lumes que invocan os acaben queimando.

    ResponderEliminar
  7. Agradezo de verdade. Se non che importa tamén quero que borres o meu nome e apelidos. Ando un pouco disgustado porque non pensaba que íades poñer isto.

    Se chega Negreira á Alcaldía e eu saio nalgunha foto coma concelleiro ou quizáis coma integrante da lista, é lóxico, pero comprenderás que sigo sendo unha persona privada, sen cargos pero con cargas familiares.
    Ten en conta que o blog do Ventorrillo, ten no título ademáis "dende o noso punto de vista", o que lle dá a miña visión particular sobre o barrio ou a fermosa cidade na que vivimos: A/La Coruña, Krunia ou Coruña a secas.

    Veña nada máis polo momento, pero non te esquezas de borrar o meu nome tamén. Sei que aparece no facebook, pero de ahí a publicar libremente vai un treito.

    En fin, despois disto xa me pasou o enfado do principio.

    PD: Propoñoche un reto. Se chega Negreira á Alcaldía e eu son concelleiro, terás o privilexio de facerme unha entrevista exclusiva :::::)))))). Ademáis estrenarei un traxe, pero non do xastre de Camps(que xa che vexo vir).

    Sen acritude, saúdos dende a capital: o barrio do Ventorrillo

    ResponderEliminar
  8. Grazas novamente.
    Con boas palabras nos entendemos, a pesar de ter visións distintas.
    Unha aperta, M.A.R.

    ResponderEliminar
  9. Pois se a katangueira está mosqueada, é porque non lle das caña suficiente jajajajaja.
    ¿Non será unha indirecta para que..?
    Veña, vaite para a cama e a traballar, lambón.

    ResponderEliminar
  10. A ver se imos tamén entrando en razón, Aníbal. Esperan grandes cousas a estes barrios nosos: Katanga e Ventorrillo. Algunhas compartidas, como o Ágora ou a eliminaci´çon do chabolismo e apertura da Terceira Ronda.....e o novo barrio San Pedro de Visma, que de seguro atraerá xente moza por aquí...Qué me dis, eh???? De qué falarás despois????...e non me digas que das "titis"...que xa che vexo eu!!!!!

    ResponderEliminar
  11. Eu personalmente coñezo creo que a tódolos admin.dos blogs veciñais, pero claro aínda que nos coñecemos non podemos poñer fotos así como así, porque hai moito...
    Douche toda a razón que anteriormente houbo outro Goberno de España(PP) no que non se fixo nada por erradicar o de Penamoa.
    Que agora salga o tema de Penamoa,é porque sinxelamente os outros barrios déronse conta que a 3ª Ronda ía facer desaparecer o poboado, polo tanto empezaron a poñerse firmes pensando ¿qué van facer con eles? Estou seguro que se estivese Rajoy na Moncloa, habería igualmente movilizacións nos barrios, ou a lo menos así debería ser.

    ResponderEliminar
  12. Boa liaches, Katangueiro! Alomenos, aquí tivestes diálogo e sentido do humor,temas dos que tan carentes estamos na vida diaria.Os meus parabéns.
    O malo é que agora andan a paos outr@s veciñ@s porque a eles tamén lles chegan os realoxos: gran proba de madurez democrática e civismo.
    Debe ser que como eu proveño dun sitio tan pouco pijotero como As Atochas-Monte Alto,no que vín os estragos do tráfico de heroína nunha xeneración previa á miña, que saía cara á parada do bus do cole e podía atopar algún morto por sobredose en plena rúa (lembro dous,polo menos),que cando ía cara ó instituto Zalaeta contemplaba as rúas Papagaio e Tavares,que estes temas me fan sentir moi triste. Non sei,parece que media cidade naceu entre algodóns,nunca saíu a xogar á rúa e foi a colexios de pago. Ou que viviron nas zonas máis in. O nivel de aburguesamento é incrible.
    Eu veño dunha familia moi currante que, dúas xeneracións previas á miña, viviu auténticas penurias propias e alleas na Coruña. E a solidariedade era abrumadora: a casa da miña avoa materna debía ser algo así como a fonda do sopapo porque alí moita xente atopaba un prato de comida. Non importaba de onde viñesen. Eu non creo que puidese facelo. Está claro que, canto mellor vivimos con respecto ó material, máis egoístas nos facemos.
    Eu sempre pensei que A Coruña é unha cidade feita de periferias, de xente traballadora chegada de fóra. Pero seica estaba enganada: agora todos son "gente-bien-de-familias-de-toda-la-vida". Mal anda a veciñanza se deposita todas as súas esperanzas nun grupo de políticos que veñan a salvarnos a golpe de variña máxica.E peor aínda que crean as milongas que contan eses "líderes" e "lideresas" veciñais tan "desinteresad@s" que se introducen na xungla política quén sabe con qué intereses (para min están ben claros). Como xa se demostra unha e outra vez: se non saen elixidos ou cunha boa colocación xa temos o cristo garantizado.Agradeceríalles a moitas destas persoas que deixaran de lado a arrogancia que os caracteriza e non falaran no meu nome.Porque eu,como veciña coruñesa,non me sinto representada por eles.Das Atochas vin parar á Agra e qué contenta estou: porque os vellos veciños dánlle solera e calor humana e porque hai tanto inmigrante que nos fai recordar o noso pasado.
    O dos intereses inmobiliarios é simplemente repugnante.Veremos se algunha vez sae á luz tanta tropelía e latrocinio urbanístico. Os veciños do Portiño deben estar asustados á vista de tanto tentáculo longo e baboso. Por certo: a eles ou ós veciños das Rañas poucas veces os vexo eu nos medios.Iso non vende.
    Deixemos ó señor Vázquez no Vaticano, que por moito que porfíen algúns,o apocalipse non chegou aínda.O poder exercido de maneira tan personalista fede.Fede tanto coma localismo coruñesista obsoleto e ridículo.E que os representantes doutros partidos se relaxen un pouco, que ata dentro de dous anos non hai eleccións municipais.Iso de non aturar que haxa pacto vese moi feo desde fóra.
    Saúde,xenerosidade e sentidiño para todo o mundo.

    ResponderEliminar
  13. uno que lee de madrugada9 de noviembre de 2009, 3:26

    Noraboa polas máis de dez mil entradas. O blog está moi currado, aínda que tamén ten inquitudes políticas. Respecto o ruido do realoxo, ten moito de todo eso que se critica pero estou seguro que as críticas serven para intentar facelo realoxo o mellor posible. Non todas as críticas a Obama son racistas, nin todas as críticas ás mulleres machistas. Se cadra, non todas ás críticas o realoxo sexan xenófobas. Eso sí, eu tiven uns pésimos veciños que nin eran drogadictos nin eran xitanos, eran uns paios xóvenes e limpos, unha parella heterosexual maravillosamente hijoputa. De novo, noraboa.

    ResponderEliminar
  14. Moitísimas gracias, lector nocturno. Claro que non todas as críticas son sempre de quen está en contra. Eu son crítico coa política de realoxos (nula) deste Concello ata 2007 precisamente por inexistente. Por iso defendo o que agora se está a facer, avalado ademais por todo tipo de entidades e institucións. Todo o que introduza na discusión a expresión "a mi barrio no" non me entra como "crítica" positiva. Hai, ademais, precedentes terribles: cando hai dous anos correu interesadamente por Novomesoiro que xa estaban aloxando familias xitanas e a un tipo con furgo ocorréuselle pasar por alí. Foi rexistrado, antes obrigado a berros a baixar do seu vehículo.....en fin. Menos mal que non o marcaron coma o gando!!!!

    ResponderEliminar
  15. Vaya,no esperaba que se suscitara tanta polémica. Había leído bastante y me habían contado muchas cosas, pero no que se hiciese bajar a nadie de una furgoneta por unos simples rumores. ¿Cuando saldrán a quemar cruces vestidos con capuchones?
    No creo que les falte demasiado.Personajes que encabecen manifestaciones de ese tipo ya tienen.Qué lástima.

    ResponderEliminar
  16. Déixovos un enlace sobre aquel grotesco episodio que no barrio denominan "La noche de las Barricadas". Parece ser que alguén comezou a timbrar polas portas avisando que xa chegaban os primeiros "chabolistas" encubertos. Un rapaz pasou por alí cunha furgona e parárona. Os histéricos veciños, evidentemente enganados por esta persoa, creron que dentro viña de "estranguis" algunha familia xitana ao completo, coa droga e todo....En fin. Sei de moitas e moitos que alí estaban que quedaron moi avergoñados. É que as armas da intolerancia e da "xustizapola man" cárgaas o demo!!!!

    http://www.corunopolis.com/2008/03/17/mesoiro-contra-el-realojo-de-chabolistas/

    ResponderEliminar
  17. Acabo de entrar nese enlace e estou alucinando.Máis que nada porque non hai un só comentario no que se mencione unha desculpa con ese conductor ou que incite á reflexión ou á serenidade. A falta de información,as mentiras interesadas e o medo irracional son poderosas armas de control.Qué bochorno deberon sentir @s veciñ@s que non participaron.Este episodio puido ter acabado en linchamento.Porque así era como se producían os linchamentos: a difusión dun rumor acendía a ira e o descontento popular cando xa estaban caldeados os ánimos e morría aquel ó que sinalaba o dedo acusador.Puro Ku Klux Klan.Sen garantías nen xuízo.Qué pouca calidade humana.
    Que fagan memoria histórica.Se cadra tampouco interesa facer memoria neste episodio.Interesa máis montar barullo para figurar,trincar,medrar e facer cartos.Non importan as consecuencias: aquí calquera pode estender rumores, calumnias e sentar cátedra sen consecuencias. Que dean a cara. Pero non creo que o fagan. É máis cómodo ampararse no anonimato igual que outros se amparaban baixo as sábanas brancas."A noite das barricadas"? A min tráeme á memoria aquela funesta noite dos cristais rotos en Alemaña e moitos outros tristes episodios co leit motiv da xenofobia.O odio é o motor de moitos crimes.
    Supoño que suspirarán pola legalización das patrullas cidadás,coma se fixo este verán na Italia de Berlusconi que,por suposto, só van dirixidas á captura do inmigrante.Porque os italianos de ben non cometen tropelías.

    http://www.elpais.com/articulo/internacional/Patrullas/ciudadanas/penalizacion/inmigracion/elpepuint/20090808elpepuint_16/Tes

    E de que esa xentuza se toma moi en serio o seu labor dou eu fe persoalmente.
    Que se preparen os que están enturbiando o ambiente porque a merda sempre sae á superficie. E tod@s gardamos máis dun esquelete no armario.

    http://en.wikipedia.org/wiki/Ku_Klux_Klan

    ResponderEliminar
  18. Yo tampoco escuché a nadie disculparse. Seguro que allí mismo lo hicieron, por eso sería de esperar un poco de precaución en siguientes oportunidades de sacar lo peor de cada uno. El peligro enorme del modelo"en mi barrio no" radica en la exclusión previa, sin que existan problemas. ¿Y qué pasa si a mi no me gusta tener a ese tipo de gente de vecinos? ¿Después de en mi barrio no, "en mi ciudad no"?

    ResponderEliminar
  19. ANIBAL R. FAAAAAAASSSCCCCISSSSTTAA!!! IMOS POR TI. ANDA CON COIDADO PERRO!

    ResponderEliminar
  20. Non, Bebeto. Iso non se di. Por favor, comenta o que consideres sobre o tema, pero deixa a xente tranquila. Se queres facerlles dano, evita que gañen as eleccións...as que sexan.

    ResponderEliminar
  21. Ei carballeira!!! Eu acabo de cheghar!!! Buff, aínda leo esto hoxe, e topo con tantos comentarios, non sei por ónde empezar.

    Eu sospeitaba o da trama blogueril, bueno o dos Rosais tíñao xa máis que claro, cousa máis facha (como adxetivo, non como insulto) na miña vida vin. E bueno, o amigo Aníbal non o tiña tan fichao, máis que nada porque non sigo o blog do Ventorrillo e só o coñezo dunha quedada de blogs. Máis serei precavida, que seica os aires dereitistas contáxanse (xa lle pasou a algunha coñecida miña, todo é xuntarse con mala xente e bótaste a perder...) Pero bueno, non me pareceu mal fulano, malia as súas lamentabeis inclinacións políticas, seica ten que haber de todo neste mundo... Dios nos colla confesados se negreira se senta na "silla".

    Que máis... que boa o párrafo de Xotengo, pensei que choraba, o que non sei é se era de risa ou de lástima... Como se pode ser tan chaqueteiro, manipulador e egocéntrico (porque sí señores, o mundo xira darredor dos Rosais, han de ter que levar o concello pa alí e todo, non lles digo máis...).

    O resto de "personajillos" non dedico palabra algunha por non conocer "a fondo" as súas barbaries persoais, e é que gustame manter distancia con esas cousas para non enfermar mentalmente xa tan nova...

    Pd. A obra da rúa Barcelona é unha merda (xa o dixen máis veces) e o administrador do blog do agra di que hai que vela rematada para criticar... tócatelos cojones, seica a obra vai ser máis bonita así que teña bancos... Dónde vai parar, o pulido de cemento coa madeira gaña moitísimo!!!

    saúdos

    ResponderEliminar
  22. Un adianto do carácter "cívico" dos administradores doutra xoíña da Coruña, o blog do Castrillón, amparado pola inefable Asociación de veciños O Cruceiro. Trátase da súa declaración de "intencións". Ollo ao dato: semella que só OS QUE PAGAN IMPOSTOS teñen dereitos!!!!!!

    O Castrillón tamén existe
    Aquí tamén vivimos veciños de A Coruña
    Aquí tamén pagamos impostos
    E como cumprimos coas nosas obrigas, esiximos que se respeten os nosos dereitos.
    Aquí tamén temos voz. E voto.

    ResponderEliminar
  23. Como traballador da Costa da Morte e residente na Agra do Orzán declárome sorprendido pola fauna que habita estes barrios da Corunha e agradecido a este blog pola información ;)

    ResponderEliminar
  24. Graciñas, Beto. A verdade é que hai uns cantos veciños da Costa polo barrio. Tamén, advírtocho, hai bastantes en Novo Mesoiro, e son, en principio, dos máis agresivos na polémica dos realoxos. Espero que sexan excepcións, pero qué triste é ver que persoas que se beneficiaron das axudas públicas para a adquisición da súa vivenda pretendan agora impoñer "vetos". Claro, haberá quen pense que habería que vetalos a todos eles (e elas).

    ResponderEliminar
  25. Ante todo dar as grazas porque alguén faga un blog con xeito e sentidiño común, que na Coruña xa fai moito que non hai.
    Comezar dicindo que rexeito a postura vecinal sobre o asunto de Penamoa. Refirome a postura xeral. Todo o mundo estaba contento con non ter ao seu carón un xitano vendendo droga. É máis "Glamouroso" ter un payo vendendo coca. E de eses hai bastantes (só fai falla dar un volta polo Ventorrillo, pola rúa Barcelona, ou se queren por Juan Florez).
    A señora Rosa Barreiro si ten en contra de Silvia Longueira que lle roubara o seu posto nas filas do psoe, aínda que máis lle fastidiu a concellería que ocupa. Cantos anos leva a señora Rosa estudando na UNED a carreira de Educación Social a conta dos cidadás (coma a cambio de non ter concellería lle deron un posto de técnico no campo de golf da Torre de Hércules, pois aproveitando lle pagan a carreira...).
    Respecto ao concello... moito non hai que dicir. A señora Longueira ten máis ben pouca ou ningunha idea no eido social. O señor Pedro Rial está máis preocupado por manter un posto no Concello coste a quen coste, e con iso manter ao psoe no goberno, xa que na Xunta ten difícil voltar. E agora que xa ata as asociacións que profesionalmente traballaron en temas de realoxos lle dan a espalda ao concello, seguramente terán que chamar aos geos pra sacar algúns dos veciños de penamoa...
    Sen máis, por hoxe chega, pero noraboa, e segue así, porque hai moita xente que ten moitos intereses (e moi baixos), e que deberían dar a cara.

    ResponderEliminar
  26. Pois moitísimas gracias. Tomo nota do teu excelente comentario.

    ResponderEliminar