Parece que a Lei de Economía Sostible non conta agora mesmo con máis apoios no Parlamento español que os do propio partido que a presenta e nos goberna, o PSOE. Esta Lei será recordada, acabe sendo aprobada ou non, como a Lei Sinde, en honra e lembranza da Ministra de Cultura que a presenta e representa. Varias son as razóns deste rexeitamento multiideolóxico e colorista, que se suma a unha importante mobilización social na rede en defensa dos dereitos ao libre intercambio de información, entre outros. Desde aquí quixéramos aportar algunhas desas razóns:
1. Os Ramoncín, Rosario, Alejandro Sanz ou Bisal reclaman o seu dereito a cobrar, pouco menos, por cada vez que se escoite a súa música, habida conta de que pretender cobrar porque Msarkardina, por exemplo, me preste por internet unha peli de Orson Welles sería o mesmo que se me cobran un canon porque a miña nai me presta o último libro de Almudena Grandes. Para facernos tragar con isto, aparecen todos ofendidos nunha rúa madrileña diante dun rapaz africano e, oh...sorpresa, un disco de Alejandrete Sanz estaba no top manta antes de que saíse ao mercado. E agora, pensemos. E a min que? Iso ten que ver con que alguén da casa discográfica, do grupo de músicos ou técnicos ou que sexa colleu ese cedé e vendeuno, seguramente por uns cantos cartiños, a algún mafioso que rapidamente o copiou e mandou aos seus africanos á rúa a vendelo. Iso non é o que facemos os que, por exemplo, collemos prestados os capítulos da segunda temporada de Futurama, emitidos ata o cansazo por diferentes canles de televisión, e os baixamos xuntos para pegarnos unha fartura unha tarde tonta de sábado. En resumo: que para que o top manta sexa delicto, tontainas artistas, non hai que aprobar ningunha Disposición Final Segunda.
2. Se ben semella diferente o intercambio de arquivos e a descarga directa, xa que nun caso realizamos, doutro xeito, algo que sempre se fixo, como é deixarte eu un tomo de Mortadelo e ti a min un de Conan, tamén é certo que teño deixado discos ou tebeos a compañeiros e colegas sen nada a cambio. Por outra banda, o mundo tecnolóxico cambiou radicalmente. Que sentido ten vender a 15 ou 20 euracos unha man chea de cancións (patéticas nos casos precisamente máis protestóns) cuxo custe real non chega a pouco máis de medio euro? Iso chámase usura, e nunha sociedade xusta e democrática é un delicto se se aplica a produtos de primeira necesidade. Non sendo as obras destes artistas produtos de primeira necesidade, non semella producente aprobar unha lei que nos sitúa a centos de miles e, posiblemente, a algún millón de persoas como delincuentes. Se Katanga Koruña fai público un chiste, amiguiños, non podo logo pedir que se trate como a un delincuente a quen o copie ou difunda LIBREMENTE. En refinitiva: renovarse ou morrer.
3. Os defensores ou valedores desta Lei son AS/OS MESMOS que defenderon e avalaron o canon dixital que agora Estrasburgo acaba de declarar ABSOLUTAMENTE ILEGAL, como sempre defendimos desde Katanga Koruña. Deberíamos acudir aos Xulgados a esixir a Ramoncín, Rosariyo, Cobos, Bustamante ou Bisbal que NOS DEVOLVEN INMEDIATAMENTE TODO O QUE COBRARON DA SGAE A CONTA DESE CANON ILEGAL. Os delincuentes sodes vós actualmente, tristes artistoides. Eu non gañei un chú en todo isto. Vós si.
4. Por último, que me canso.....Para colmo de desvergoña, segundo un documento LIBREMENTE DIFUNDIDO por Wikileacks, esta Lei foi redactada, digamos, por unha potencia exterior e para salvagardar4 os intereses de cidadáns desa potencia exterior. Se isto non é traizón ao xuramento do seu cargo de Ministra que baixe Syd Vicius e o vexa......despois de tomarse unhas garimbolas.
En fin, señora Sinde....quédanlle aquí este grupiño do Carballo máis ecléctico que nos ofrece o seu último disco en descarga libre. Por que? Por que queren darse a coñecer para poder tocar máis veces..e cobrando cada vez máis. Normal. O que non poderán facer, de ningunha forma, e evitar que se preste en rede o seu disco. Adaptarse ou morrer. Isto xa o leva facendo o Duque (David Bowie) desde hai polo menos dez anos. Veñaaaaaa, a baixarse o disco AQUÍ.
Sinde, adícoche o primeiro tema: "Nosotras tenemos fe en el veneno".
Ejemplo de delincuente según la SGAE: un tipo que en los ochenta cometió el error de comprar algun disco de los del Rey del Pollo Frito confiado en que se hacía con la propiedad de un formato que se prolongaría décadas en el tiempo, como por ejemplo el clásico cassette. Menos de diez años después, cansado de que la cinta se le enganchase en aparatos caros teniendo luego que hacer majas para desengancharla en casa y ahorrarse la boleta del arregla cacharros, tira a la basura esta creación, lugar del que nunca debió de salir. Ahora, cuarentón pasadito, consigue de un friki una copia vía internet en mp3, para recordar viejos tiempos.....DELINCUENTE, DELINCUENTE....RAMONCÍN DICE QUE DEBISTE PAGAR OTRA VEZ!!!!!
ResponderEliminarAntipollofrito, siguiendo tu razonamiento, mañana me compro un traje de Emidio Tucci, lo uso un día, dos días, 365 días, 433 días y al 434 se rompe, me voy a la tienda y exijo que me den otro igual que yo ya compré uno hace meses, ya no digo años como tú.
ResponderEliminarEl que se compre un videojuego, una película, un CD de música, lo disfrutará más que probablemente decenas o centenares de ocasiones, con lo que cada vez que disfrute de él, le costará escasos céntimos. Esparcimiento a coste ridículo.
Pero no, mejor gastarnos la pasta en copas y que los que giran alrededor de las industrias del esparcimiento, que son muchos más que sólamente los autores e intérpretes, que se jodan, que ya han cobrado pasta bastante y nuestras copas son nuestras copas.
Perdón, Jesús, pero creo que a música editada, no formato que sexa, non é comparable á roupa. É comparable á literatura ou á pintura. Se compro un libro, non debería desfacerse aos dez anos. Sería un timo, neno. A roupa é un ben desgastable en tanto máis se poña. Creo.
ResponderEliminarPacotrón, si yo desarrollo un videojuego, tú lo adquieres para tu uso y disfrute en cualquier soporte, si lo pierdes, lo deterioras, te lo roban, lo que sea, es exactamente lo mismo que el traje, si quieres otro lo tendrás que adquirir de nuevo.
ResponderEliminarSi como dicen algunos el precio se considera elevado, la solución es bien sencilla, la ley de la oferta y la demanda, buscas y si encuentras algo mejor lo adquieres. Y si no pues con no comprar está solucionado.
Lo que no se puede hacer es robar y piratear es lo mismo que robar.
Lo peor de todo este tema es la gamberrada o abuso del canón digital que se le aplica a los distintos soportes magnéticos. Lo que no se puede hacer es tratar a todo el mundo como presunto delincuente y aplicarle una pena preventiva por si delinque.
Non debemos baixar a garda: o día 18 de xaneiro volve ó debate desta lei ó Senado, a ver que pasa. A min paréceme que estaba en xogo algo moito máis importante do que se fala moi pouco: a posibilidade de pechar páxinas web sen posibilidade dunha intervención xudicial (de xeito preventivo, vaia). Moi tentador para algúns. como moi ben explica Eduard Punset:
ResponderEliminarhttp://www.youtube.com/watch?v=lefG4P0_jRk
O detalle da presión exercida polos USA é unha auténtica vergonza e a premura coa que actuou o goberno cheira a improvisación e trapallada.
Houbo e hai debates moi encendidos sobre certas disposicións da "Ley de Economía Sostenible" nos que non vou entrar porque non son experta na materia. Eu só podo dar a miña opinión e dicir que se pode lexislar mellor e garantir os dereitos dos consumidores e dos creadores.
Falo porque eu son das que vai a concertos, exposicións (tamén pagando entrada), compro DVD e CD, procuro ir ó cine unha vez por semana (no Forum Metropolitano e no CGAI tamén hai pelis en V.O.S pagando unha cantidade irrisoria). Para rebater a quen argumenta que o cine é moi caro dígolle que é o mesmo prezo dunha copa no Orzán e tendo posibilidade de escoller o que vou ver (digamos que hai menos posibilidade de garrafón que nalgún garito). Eu só podo dar a miña opinión e dicir que se pode lexislar mellor e garantir os dereitos dos consumidores e dos creadores.
Falo porque eu son das que vai a concertos, exposicións (tamén pagando entrada), compro DVD e CD, procuro ir ó cine unha vez por semana (no Forum Metropolitano e no CGAI tamén hai pelis en V.O.S pagando unha cantidade irrisoria). Para rebater a quen argumenta que o cine é moi caro dígolle que é o mesmo prezo dunha copa no Orzán e tendo posibilidade de escoller o que vou ver (digamos que hai menos posibilidade de garrafón que nalgún garito). O que Internet lle ofrece a unha persoa coma min é a posibilidade de acceso a información (algo que é un privilexio e un poder nestes tempos) case ilimitada, como nunca antes imaxinara e podo escoller máis e mellor. Non imaxinades por exemplo, o que supuxo para min descobrir plataformas como Spotify ou Grooveshark. Fago referencia á música porque é o argumento máis utilizado. O paso do vinilo ó CD supuxo un abaratamento na producción pero os prezos seguiron á alza. Iso favoreceu, na miña modesta opinión, ó mercado negro xa que as posibilidades tecnolóxicas son tremendas e están "democratizadas". Tamén hai un cambio nos hábitos de consumo e iso non se contempla. Un exemplo é isto:
http://labs.timesonline.co.uk/blog/2009/11/12/do-music-artists-do-better-in-a-world-with-illegal-file-sharing/
A imaxe que dan algúns "artistas do cante" como Ramoncín é nefasta. Da SGAE ("avida dollars") podemos empezar a falar e non parar. Fixéronlle máis dano á causa que din defender que calquera outro. Devolverán os cartos que abonamos TOD@S polo canon dixital? Eu non confío demasiado. En marzo deste ano houbo unha sentencia xudicial exemplar:
ResponderEliminarhttp://www.delitosinformaticos.com/03/2010/propiedad-intelectual/triunfo-de-la-web-el-rincon-de-jesus-frente-a-la-sgae
Para quen queira tomarse a molestia aquí está ó enlace á sentencia:
http://www.bufetalmeida.com/upload/file/sentenciaelrincondejesus.pdf
Está claro que as cousas poden facerse moito mellor. Pode ser un labor arduo e complicado pero debe de haber algunha vía que facilite que creadores (e outros traballadores) e usuarios gañen, que todo o mundo saia beneficiado e que Internet non se convirta nalgo similar a unha canle de televisión xeneralista. Tod@s debemos poner algo da nosa parte.
Hai veces nas que creo que o obxectivo final desta lexislación é precisamente o control da información. O acceso a Internet nestas latitudes é moi inferior ó da media europea onde hai momenos “pirateo”. Tamén é moito máis fácil controlar a quen só accede a determinado tipo de información e sofre o “monocultivo do pensamento” que a alguén que pode moverse libremente e formarse unha conciencia máis crítica.
Estimado Jesús: recibimos esta petición de axuda, a ver se vas comprendendo pouquiño a pouco de que vai realmente isto:
ResponderEliminar"Boa tarde! Vouvos comentar brevemente os problemas que temos no IES de ******* coa SGAE para que esteades atentos.
O día 6 de outubro asistimos todo o centro á representación de Tartufo, de Molière, realizada polo grupo de teatro do IES de **********.
O Concello de ****** puxo os autobuses e cedeunos o auditorio do Centro Cívico sen cobrarnos nada, e por iso para o noso alumnado foi unha actividade gratuíta.
Segundo a SGAE a autoría da obra está libre de pagamento porque é de dominio público, pero temos problemas coa tradución.
A versión ao galego da obra foi realizada por Xosé Manuel Pazos, que cedeu todos os dereitos da tradución ao grupo de teatro do IES de *********. Porén, ao ser asociado da SGAE, reclámannos 95 € +18% IVA.
Falei hoxe coa representante de zona da SGAE e pedinlle, que xa que o tradutor é asociado deles, faga as xestións necesarias para aclarar se realmente nos fai pagar esa factura e de momento non temos máis datos.
Pasouvos algo parecido? Sabedes que debo facer?"
SEN PALABRAS....MIRA AGORA DE QUE QUERE VIVIR DO GORRO RAMONCÍN "ET ALLI"!!!!!!!
Debería caérsevos a cara de vergoña aos que defendedes a esta xentuza.
Ahí le has dao.....Y supongo que si ese centro hace la obra con los críos y se le ocurre colgar fotos de la misma en un blog o una web del propio colegio se la cerrarán....de aprobarse la disposición final segunda, claro.
ResponderEliminarYo no defiendo ni he defendido la SGAE en ningún momento.
ResponderEliminarYo digo, repito y me reitero, por si no me habéis entendido, que no se debe copiar nada, ni películas, ni videojuegos, ni música, ni software, etc, etc.
Si yo quiero escuchar una canción en mi domicilio, en mi coche y en mi centro de trabajo, tengo dos opciones, o bien llevar conmigo el soporte original correspondiente a cada una de las partes citadas, o bien tener adquiridos tres originales para mi comodidad, así tendré uno en cada sitio.
Lo contrario es piratear, para mi robar. Y cualquier delincuente tiene que pagar por la comisión de sus delitos.
El que una banda de chupócteros quieran cobrar por cada vez que se use una de sus producciones en actos que no tegan un fin lucrativo, me parece una hijop...da.
Ahora, si su uso puede repercutir lucrativamente a quien hace uso de ello, habrá que estudiar cada caso y tenerlo previsto en la norma.
Vuelvo a repetir, lo que no puede ser es que a todo hijo de vecino se le considere preventivamente un delincuente y por ello tengamos que pagar un canón por la adquisición de unos soportes magnéticos que se puedan usar por aquellos que realmente van a delinquir.
Hay que castigar al que delinque, no castigar preventivamente a todo Dios.