Sábado 18 de setembro de 2010. O Comité Central, logo de profundas deliberacións, e en nome do conxunto da Asamblea de Majaras, proclama: mañá sol....e bo tempo!!!!
Por entre os discursos e as arengas, as primeiras notas dunha sinfonía van vencendo segundo pasan as horas do día:
Allegro
"As penurias do Porteador"
Contra a metade do día, na pétrea capital húmida e morna, o Porteador disponse para a defensa da última fronteira, a fortaleza construída para a Patria infinda. Rodeado dos seus máis próximos, e mentras se inspiraba no xogo de luces e sombras que as raiolas do sol inventan por entre as estreitas rúas centenarias, o Porteador sentiu certa náusea ante a ben escasa partida que lle conseguiran reunir. Os Voceiros do Pobo rumiaron o seu desleixo en forma de preguntas crónicas sen apenas emoción. Pero esta vez, a pose grave e a voz ronca do Porteador conseguiron elevarse por entre os sons da naturalidade urbana e do continuo devir cidadán:
-O Porteador son eu!!!- proferiu, e as cousas propias da metade do día mantiveron preserverantes a súa continuada teima de rodar, e rodar e rodar. Costa abaixo. Aproveitando as sombras.
Larghetto
"As pretensións do Galinauta"
O xoven e temerario Galinauta despregou as cartas de navegación ante o nutrido grupo que o acompañaba. Inventou unha liña trasversal por entra as cortantes rochas e as perigosas mareas e pulsou con grande ímpetu o punto final do seu destino.
-Por aquí, compañeiras e compañeiros. Por aquí para chegar ata aquí!- indicoulles desprazando o dedo índice dende un extremo do mapa ata o outro.
Non agromou o entusiasmo tal e como o Galinauta agardara, sentimento quizais adormecido trala durísima viaxe que os levara a varar naquela paraxe. Preparara a súa alocución a víspera, confiado no poder iniciático das súas palabras. Para nada.
Contra a tardiña, e entredentes, algún desconfiado murmuriscou: "Tú a Boston y yo a California", pero nada salintable pasou.
Finale (Minué)
"As leccións do Bürgermeister (Bürger=cidadán. Meister=mestre)"
O Bürgermeister levantou a mirada, dirixíndoa aos que o acompañaban. "Son poucos", rosmoulle ao oído un dos seus máis próximos na estancia, pero non na constancia. "Suficientes", espetoulle tan rotundo e confiado que nin tan siquera quixo virarse cara a el.
Epílogo para o final do día
Abur, yogur!!!
Epílogo para o final do día
Abur, yogur!!!
Debeu ser un fenómeno curioso esa asemblea; non sei se coincidiu con algunha conxunción astral extraordinaria. A min, que estou bastante ausente estes días, contáronme que se chegou a oir pola noite unha especie de mantra telúrico entoado por distintas voces: "Eu son o camiño, a verdade e a vida. Acompáñame no meu sendeiro luminoso".
ResponderEliminarFaltan dez días para o 29 de setembro, día de folga xeral que semella pactada e insuficiente. A desilusión e o desengano son o noso día a día pero aínda hai quen teima por mirar con deleite o seu embigo pero non para limpalo. Parecen indiferentes á actualidade na que sufrimos a un goberno autonómico cutre-neocon que parece un calco do que domina Valencia. Nada, caeron no caldeiro do LSD -coma Obelix- e teñen unha percepción da realidade peculiar. Seguimos na fase Holocausto Caníbal. De fondo, a sinfonía número 1 de Benjamin Frankel:
http://www.youtube.com/watch?v=clq0x6Qovlw
Ou seguindo coas sinfonía, este exemplo das Silly Simphonies, bastante simpático:
http://www.dailymotion.com/video/x1l09x_silly-symphony-the-skeleton-dance_fun
Non, non hai Mastecard ni Visa que paguen algunhas cousas. Porque non teñen prezo.
En mi caso, creo entender por donde se mueven las intenciones reales del autor de este post. Un texto algo críptico, si me lo permitís, pero real como la vida (chuquela) mismo.
ResponderEliminarHola. Supongo que el título hace referencia a un conocido tema de Kortatu que se titulaba: Revuelta en el Frenopático. Qué tiempos aquellos, katangueiros. ¡Cómo se os ve el plumero ochentero!
ResponderEliminarhttp://www.youtube.com/watch?v=1HMAUjvF5zI
Puede herir sensibilidades. Ya se advierte en el vídeo.
http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Bloque/plena/forma/elpepiautgal/20101003elpgal_2/Tes
ResponderEliminarhttp://www.terraetempo.com/artigo.php?artigo=900&seccion=4
Uf...que susto me metiches, Sorpresa!!!!!!
ResponderEliminar