Páginas

Deconstrución europea....


Con outro Estado-Nación -Irlanda- a punto de caramelo para a intervención económico-mercantil da SÚA economía, absolutamente boiante ata que "decidiron" emprestar aos bancos máis diñeiro do que tiñan, véndose por tanto agora con problemas para pagar a débeda contraída con estes mesmos bancos, e cos veciños portugueses amagando con abandoar o euro, non sabería dicir se Europa vai de cachas ou se na cociña común europea tomou o mando o mesmísimo Ferrán Adrià: churrasco de polo ao nitro en salsa de cervexa negra e aroma rancio de alcanfor.....

Incertezas célticas...

Ameazas lusitanas....

E Galicia....cada día máis linda máis linda....

FERROLÁN: ...Cada día mellor e mellor.....
ALEMÁN DE AUSTRIA: Da, da...jijijijito....(esperrra a conoserrr mis banquerrrros...)
O DO MEDIO: Pero qué carallo levará este ferrolán colgado do pucho????
FOTÓGRAFO SEGUNDO PLANO: Hostiaxá...volvín quedar sen carrete...A ver qué lles digo a estes.....

3 comentarios:

  1. Dicía o Taioseach (Primer Ministro) Bertie Ahern ante os xornalistas nos días de viño e rosas de todos os banqueiros que arruinaron a economía do país mentres facía escuros tratos en palcos vip de hipódromos e nos estadios de fútbol: “Non sei porqué recelan vostedes; se non fose por estes tipos, a nosa economía non estaría tan boiante”. Este tipo de actitudes custáronlle ó bo peixe de Patrick Bartholomew o seu posto e a reputación (xa en 2006 recoñeceu que aceptara en anos previos máis de 60000 euros duns empresarios en dúas ocasións). Inmune a toda crítica, dá a casualidade de que el tamén resultou moi beneficiado polo programa de beneficios fiscais que o seu goberno puxo en marcha no decenio de 1990. Pobriño, se mesmo tivo que pedir unha hipoteca! A súa cobiza ensuxa calquera outro logro e a traxectoria do seu partido, o Fianna Fáil.
    Non estou completamente dacordo co artigo de La Voz de Su Amo. O retrato da poboación irlandesa paréceme moi burdo e simple. Ese é o retrato dun sector concreto, non do que eu coñezo. Coas miñas amistades tomarei unhas boas pintas ou poteen e faremos este fermoso brinde: “Go raibh do ghloine lán go deo. Go raibh láidir go breáan dion thar do cheann. Go raibh tú í Neamh,leathúair os comhaira bhfuil a fhíos ag an diabhalatá tú bás”. (Que o teu vaso estea sempre cheo. Que o teito sobre a túa cabeza sexa sempre sólido. Que chegues ó ceo media hora antes de que o demo saiba que morreches”).
    Por aquí estamos que lo tiramos oiga… Nos cánones do realismo cutrelux e máxico de Alberto “Tijeritas” Núñez Feijoo, máis ocupado en promocionarse fóra da comunidade que goberna e en despilfarrar os nosos cartos en catastróficas visitas papais que nos fan suspirar por outros Xacobeos, cunha traxectoria caracterizada por abusos, recortes, mentiras e corruptelas varias que me levan a preguntarlle outra vez: “U-lo Edén que nos prometiches, Alberto?”. No Edén vives ti, amado Timonel, pero os teus esforzados súbditos estamos nun val de lágrimas (sobre todo, os que non te votamos). Os que te votaron están encantados de la vida. Privatiza, que algo queda, Alberto.
    Pode que esta non sexa a entrada idónea pero o mércores hai unha concentración diante de San Caetano para protestar contra o intento de privatización do Centro de Asistencia e Educación Especial Santiago Apóstol da Coruña, centro pioneiro e exemplar no tratamento de persoas con discapacidade intelectual. Unha infamia máis deste goberno. Aquí está o enlace ó grupo do Facebook, onde explican moi ben o insidioso proceso levado a cabo con eles:

    http://www.facebook.com/group.php?gid=116987418323172

    Aproveitando a triste nova da morte de Luis García Berlanga déixovos o enlace das escenas finais dunha das miñas películas favoritas: "Plácido". Volvemos ós tempos de "siente un pobre a su mesa" (a política social frijoliana). A panxoliña que soa ó final é tristísima.
    Eu marcho a ver unha bonita de Sam Peckimpach titulada "Quero a cabeza de Alfredo García". Vós xa me entendedes...

    ResponderEliminar
  2. Perdón, aquí está o enlace:

    http://www.youtube.com/watch?v=Lwf1V5hwOmk

    ResponderEliminar
  3. Ei...Msarkadina!!!! Sempre pensei, e ti o sabes, que deberías formar parte do equipo de administración deste blog. Como membro (ou membra?) honorario (ou honoraria?)....Ti decides............

    E que quede claro clarito claro como el agua cristalina que "Quero a cabeza de Alfredo García" é unha das miñas pelis preferidas!!!!! (xunto á Laranxa Mecánica)..............................

    ResponderEliminar