Teño un colegui ferrolán, katanguista de adpción, que gosta das palabras grosas nas súas relacións sexuais e sexuadas. Gosta tanto de insultar como de ser insultado. Desde o clásico "toma, guarra, toma" ata o máis igualitario "dame, dame, cabronazo". E mira que disfruta o home contándonos o seu último diálogo escabroso do pasado sábado!!!!! Pois algo así debe pasarlles a eses tertulios e contertulios conservadorcillos, dereitosos máis ben, e a algún carguete público pepeiro, que se excitan sobremaneira compartindo con nós as súas suculentas fantasías coas féminas máis diversas. Cousas da Lei de paridade, supoño, que trouxo a igualdade de xénero presencial na política e, con ela, espertou os máis baixos instintos de quen levaba anos e anos de abstinencia de pensamento, palabra, obra e omisión. Explícome, que xa tarda.
Hai uns meses, o Alcalde de Valladolid explicounos moi explicitamente en que pensaba cando vía a cara, os beizos, por sermos máis exactos, da Ministra Leire Pajín. Ai, ai, ai....depravadillo....Antes, o peripatético Dragó ofertounos unha suculencia preadolescente extraída dos relatos orientais máis escabrosos, pero ninguén pensa que non sexan máis que "fantasías animadas de ayer y hoy". Algo así como "pero mira cómo me ponen los putos Merry Melodies".
Tamén foi sonada a intervención, a micro pechado, de certo escritor tertulista de Telemadrid a respecto dos chichis das adolescentes ante a severa presencia da Sansebastián, quen se limitou a pedirlle ao locuaz pervertido que non se achegase á súa filla: "No con mi hija", veu pedirlle. Será que si coas das demais. Para os responsables deste programa o grave non foron as "desafortunadas" palabras do tertuliano, se non que se filtrasen a medios como youtube. Pero que mala é a xente......
Un tempo antes, noutro medio audiovisual de tendencia conservadora, outro tertuliano chamou "guarra" e creo que "zorra" a toda unha conselleira da Generalitat catalana por sacar unha guía de educación sexual para adolescentes. Por falar de condóns e pajillas, vamos. Pois non sei cal é o escándalo. Eu vexo a este home fantaseando coa conselleira a todo trapo...o dito, "dame, dame, cabronazo". "Toma y toma, so zorrona....afs, afs, afs........".
Agora, todo un líder da oposición e firme candidato a presidir España, presume de poder enfrontarse a "Zapatero, Rubalcaba, Pepiño y la Chacón". E todos e todas aplaudiron a gracieta..."Bravo, bravo, Don Mariano. Qué requiebro, qué verónica cara al tendido". O de "Pepiño" xa sabemos por onde vai. Para a nosa desgraza. O de "La Chacón" recorda á pobre Fortunata de "Fortunata y Jacinta", pasto de nenos ricachos con ganas de goce e desfute sexual popular. A prezo de ganga, oigha!!!!!!
Por último, que non derradeiro, na nosa casa danse casos abraiantes como o do tertuliano afecto ao poder político Popular -ou a calquera que sendo sociatilla semelle Popular- Don Roberto Blanco Valdés, quen chamou "mamporreras" a Laura Seara e Leire (outra vez ela) Pajín. E iso que se miramos o dicionario da Real Academia Española, mamporrero só pode ser "hombre que dirige el miembro del caballo en el acto de la generación", isto é, o que axuda ao cabalo a meter o seu membro viril no membro feminil da égua. Como diría un castizo, "cree el ladrón que son todos de su condición". Pero en que cousas andaría a pensar Don Roberto cando dixo o que dixo no programa "Galicia por diante"...Semellaría que era ben outra cousa a que ía por diante para o pobre señor Blanco Valdés!!!! Tampouco o líder dos populares de Teo escapa a esta sobreexcitación sexualoide. Nesta ocasión, o albo son os paquetóns do Alcalde nacionalista e o do portavoz socialista. Bueeenooo, polo menos este saíu do armario.....Non así o Noso Presidente, para quen os comentarios choqueiros dirixidos ás rapazas novas forman xa parte da súa idiosincrasia -ou ideosingracia- particular. Un machote.
Por último, que non derradeiro, na nosa casa danse casos abraiantes como o do tertuliano afecto ao poder político Popular -ou a calquera que sendo sociatilla semelle Popular- Don Roberto Blanco Valdés, quen chamou "mamporreras" a Laura Seara e Leire (outra vez ela) Pajín. E iso que se miramos o dicionario da Real Academia Española, mamporrero só pode ser "hombre que dirige el miembro del caballo en el acto de la generación", isto é, o que axuda ao cabalo a meter o seu membro viril no membro feminil da égua. Como diría un castizo, "cree el ladrón que son todos de su condición". Pero en que cousas andaría a pensar Don Roberto cando dixo o que dixo no programa "Galicia por diante"...Semellaría que era ben outra cousa a que ía por diante para o pobre señor Blanco Valdés!!!! Tampouco o líder dos populares de Teo escapa a esta sobreexcitación sexualoide. Nesta ocasión, o albo son os paquetóns do Alcalde nacionalista e o do portavoz socialista. Bueeenooo, polo menos este saíu do armario.....Non así o Noso Presidente, para quen os comentarios choqueiros dirixidos ás rapazas novas forman xa parte da súa idiosincrasia -ou ideosingracia- particular. Un machote.
Ai, as fantasías sexuais non teñen máis límite que a imaxinación....Eu teño unha moi grande coa anterior alcaldesa de Vigo, a tamén ferrolana señora Porro -"Corina Porro, te vamos a fumar"-. Pero case me vou gardando as cousas que lle diría, non??????
FRESA: Socorro, un tertuliano de derechas!!!!!!!
PERA: Sálvese el chichi que pueda...!!!!!
Feliz ano...nos dous idiomas.
Jajajajajajajajaja!!! Feliz año, katangueiros!!!
ResponderEliminarBueno, que me río por no llorar.
ResponderEliminarFeliz lo que sea. Sólo es otro año, no otro mundo.
ResponderEliminarbon nadal
ResponderEliminarGraciñas por facerme rir de boa gana neste comenzo de ano. Mellor tomalo a broma porque asuntos coma este o único que consiguen é que poñamos en tela de xuízo a evolución da nosa sociedade. Por momentos penso que a abundancia de "machotes hiperhormonados" é un mal soño. Sempre o mesmo: en vez de criticar o labor profesional (se procede) daqueles que consideran adversarios/as, van de cabeza ó insulto máis zafio e facilón, máis feroz canto máis nova é a muller á que intentan denigrar e, sobre todo se está nas antípodas da súa ideoloxía. Nada novo, claro, pero non por iso menos indignante. Non podo deixar de preguntarme que pasará polas súas mentes (se é que pasa algo)ou sentir medo do odio que estes presuntos humanos levan dentro. Deben ser realmente infelices e ter unha vida sexual moi precaria para expresarse así. Os casos de Sostres e Sánchez-Dragó son os de dous "intelectuais" (orgánicos, supoño, como orgánica era a "democracia" franquista) de estómago agradecido ó PP da Marquesa Chulapona Aguirre. O primeiro vai de "enfant terrible" cando non é máis que un arribista noxento cun curriculum que se resume así: tertuliano rebotado de plató en plató. De "Crónicas Marcianas" a Telemadrid. Gran traxectoria.
ResponderEliminarDe Sánchez-Dragó, ínfimo literato, polemista e especialista en facer unha cousa e dicir outra, temos anécdotas mil. Que credibilidade pode ter un mamarracho que pontifica contra os servizos públicos e cobra unha pasta gansa por facer o ridículo nunha televisión pública (cartos pagados pola cidadanía madrileña)? Saiulle o tiro pola culata esta vez ó que, con esa pose presuntamente decadente, intenta "épater la bourgeoisie" (super maio do 68 e super subversivo). Pero aí está Lady Hope (Aguirre o la cólera de Dior), comparando as pallas mentais do Dragó coa "ficcionalización" (ou algo así) de Nabokov ou Jaime Gil de Biedma (o seu curmán, para máis inri). Unha actitude vomitiva a da presidenta Aguirre e a de Isabel San Sebastián que as fai quedar á altura dos sesudos intelectuais orgánicos.
D. Mariano, vixía de Occidente e defensor dos nosos tradicionais (e rancios) valores, non dá para moito máis. De feito, palidece comparado con ese 'caballero español' chamado Eduardo García Serrano. O 'caballero español' cuns argumentos que se reducen ó insulto sexista. Neste ámbito móvese xenial: tanto lle ten chamar "maricona vieja" a Antonio Gala como "guarra, zorra y puerca" a Marina Geli. Curiosas obsesións a deste tipo, que se proclama católico devoto. Que lle botarán a ese viño que toman eses homes de ben en Intereconomía?
León de la Riva (xinecólogo de Doña Ana Botella de Aznar nun dos seus embarazos)non só é un incontinente verbal senón un pecador de la pradera: quebranta o noveno mandamento (“non consentirás pensamentos nin desexos impuros”). Xa anteriormente dera probas do seu carácter e o seu ideario: Desde negarse a retirar a cruz laureada que Franco, ese demócrata, impuxo no escudo de Valladolid a dicir que “me han acusado de todo menos de violar a Soraya, pero se comprende…” (Soraya Rodríguez era a candidata do PSOE para a alcaldía de Valladolid en 2007).
http://www.elpais.com/articulo/espana/Berlusconi/Pucela/elpepunac/20101114elpepinac_8/Tes
Por aquí temos a caciques que aínda non espertaron da súa extinta borrachera de poder (Armando Blanco) e ó preclaro Roberto Luis, insigne catedrático con nome de galán de telenovela, que deleita ó persoal lector de La Voz de Su Amo cun deses infumables sermóns dominicais. Tan docto, tan docto, deses que de todo saben, pero sen máis argumentos para a crítica que o insulto soez e tabernario dirixido en exclusiva a dúas mulleres. Para min resulta aínda un misterio a relación que fixo entre o traballo (susceptible de crítica, por suposto) de certas persoas no ámbito político e o labor mamporrero. Eu tamén me pregunto en que estaría pensando este individuo. Por pensar podería pensar que el é dá o perfil do mamporrero dos poderosos, servil e sumiso co seu amo. Pero como pensar en alguén como Roberto Luis é unha perda de tempo, prefiro pedirlle á xente que garde ós seus animais por se Roberto Luis anda cerca.
ResponderEliminarTodos estes exemplares (algún deles sería digno protagonista dunha peli estilo Pajares-Esteso), pagados de si mesmos, carentes de intelixencia humana ou artificial, non merecen máis que a repulsa e o ostracismo. Que non se fale deles, que os seus exabruptos non teñan repercusión. Ante os insultos de García Serrano, Marina Geli querellouse. Pasqual Maragall fixo o mesmo polos insultos do infecto Sostres(aínda que ó final tivo a bonhomía de perdonalo e o infecto foi absolto). O alcalde de Valladolid cre que os insultos que lanzou contra Leire Pajín axudaranlle a gañar máis votos... Triste pero certo.
E novamente, que fai Don Mariano, ese home? Pois transmitirlle o seu apoio (Don Mariano, sempre tan xenérico e ambigüo)a xentuza como León de la Riva ou protagonizar videos tan chuscos coma este:
http://www.youtube.com/watch?v=2aWLOsZbWFU
Desexarnos unha "felish navidash" coa peor canción de Bob Geldof de fondo. Impagable!
Eu espero e desexo de todo corazón que este ano non nos falte a esperanza e as ganas de facer deste un mundo mellor e máis xusto para nós e para as xeneracións futuras.
Ós individuos faltóns e sexistas falareilles de modo que me entendan (ó seu nivel): Follen ustedes más y déjense de joder.
Pero que follen ben, que os mal follados tamén as lían de carallo...no "sensu strictu". Bicos, Msarkadina. Tamén libidinosos.
ResponderEliminar