Páginas

Mo chara na hÉireann...(miña querida Irlanda...)

by Msarkadina...como non.....

Non sendo experta en micro ou macroeconomía (ben me chega con atender ás miñas contas) non podo facer unha análise demasiado profunda. Necesitei a axuda e as explicacións dalguén que sabe (moito) e ten unha paciencia infinita ademais dunha gran aptitude pedagóxica. O que aquí escribo é un resumo da barbarie liberal que abocou á actual situación económica irlandesa, tal como eu a entendo, do xeito máis sinxelo e gráfico posible (tamén). Descúlpome de antemán polos meus posibles erros. Insisto, unha vez máis, que eu son unha pobre lega na materia.

Como empezou todo:

1.- Irlanda entra no euro.

2.- O goberno irlandés decide crear un pseudo paraíso fiscal na eurozona, deixando á banca a potestade de autorregularse. Isto vén significando que deixaron que fixeran o que lles dera a gana.

3.- Daquela en Frankfurt (Banco Central Europeo) practicábase unha política “xenerosa” e tanto os bancos alemáns como os franceses fan o seu agosto de emprestar cartos ó tigre celta (ser non era tal, pero actuaba como se o fose, que é o que se estila nestes tempos).

O tempo da bonanza pasa, inclemente e chega o ano 2008. E con el o pesadelo.


A caída de bancos como Lehman (e outras catástrofes) conxela os mercados financeiros e o mundo enteiro decátase de que está empufado.

Daquela os bancos irlandeses (ultradependente dos cartos emprestados doutros bancos europeos) quedan desamparados. Cando a desconfianza é a moneda común (ninguén empresta a ningúen) resulta misión imposible renovar ou ampliar un crédito.

A “magnífica solución” do gobernó irlandés? Como eses bancos liberaloides con ética de tudo-vale non teñen liquidez deciden darlles unha axudiña (diñeiro público, of course). Pero o “problema” non se dá superado, así que seguen a dar cartos para ese saco sen fondo. Ó final acaban nacionalizándoos e descubrindo, con horror, que o auténtico problema eran os activos tóxicos (as hipotecas subprime, por exemplo) e non a falta de liquidez. Finalmente o que se consigue é nacionalizar a débeda bancaria. Consecuencia? RECORTES DOS ORZAMENTOS PÚBLICOS E RECESIÓN.


O Estado, fagocitado polos “pecados” da cobiza da banca (coa complicidade da clase política e empresarial e a pasividade de gran parte da poboación), comenza a padecer as mesmas penurias: tampouco inspiran confianza así que non lles van dar nin a hora. A principios deste mes (Novembro de 2010) é evidente que a débeda bancaria é maior que a economía do país e que o estado irlandés non poderá salvalos. O aguerrido salvador necesita un rescate urxente, xa na bancarrota.

O euro permitiu a tolemia do euro irlandesa ou islandesa. Pero o caso irlandés é deprimente. Non lles permitirán devaluar a moneda porque iso significaría reducir a débeda e, polo tanto, unha diminución de ingresos da usura dos antano xenerosos prestamistas alemáns ou franceses. Tarde piaches, mo chara na hÉireann (miña querida Irlanda)! Non te deixarán escapar…



Espero que esta terra volva a ser o que sempre foi: unha terra de santos e poetas (como Rory Gallagher, un exemplo do que deu esta illa).



MADERILLO O'HARA: Pero cómo se está poñendo o patio....
CONDUTOR O'REILLY: Glabs.....acabemosss co capital....que a cgrissse....snurlsss...a paguen os bancos....!!!!! (Hoxe sobroume unha guiness...)

Como en Irlanda....abur, yogur....

4 comentarios:

  1. Actualización (non se me asusten...aínda):

    http://www.lavozdegalicia.es/dinero/2010/11/18/00031290074230850648596.htm

    ResponderEliminar
  2. Katanguista, informa un pouco mellor.
    Por se queredes saber que é o Banco Central de Irlanda:

    http://es.wikipedia.org/wiki/Banco_Central_de_Irlanda

    Ou sexa, de chungo en chungo en cero coma....

    ResponderEliminar
  3. Sinto o retraso en pasar por aquí. Foron enredos varios e as trasnadas do blogspot (que ás veces é algo rabudo) o que non me permitiu deixar ningún comentarios. Graciñas por permitirme publicar isto sobre un tema que vivín (e vivo aínda) moi de cerca: o auxe e a decadencia dun falso mito que está levando por un camiño ben amargo a moitos inocentes. O futuro xa non é gris, senón negro negrísimo. Como falábamos o outro día e parafraseando a R.E.M.: 'This is the end of the world as we know it' (Isto é o final do mundo tal e como o coñecemos). Xa podemos irnos preparando.
    Déixovos aquí un par de enlaces ás últimas edicións de xornais irlandeses:

    "A ira dunha nación fai sair a Cowen do seu refuxio". (Brian Cowen é o Taioseach, Primer Ministro).

    http://www.independent.ie/national-news/a-nations-outrage-to-drive-cowen-out-2429376.html

    "O Gabinete reúnese para aprobar a petición formal de fianza (ó FMI)":

    http://www.irishtimes.com/newspaper/breaking/2010/1121/breaking1.html

    Semella que xa está todo o peixe vendido.

    ResponderEliminar
  4. One more interesting link-my dearest. Just in case they decide definetely you need to be saved:

    http://www.zerohedge.com/article/easter-egg-out-bis-us-banks-are-hook-piigs-over-350-billion

    Rath Dé ort!

    ResponderEliminar