Páginas

Os sete piares da infamia: especulación e comercio

by Pacotrón

Como xa vos temos comentado en repetidas ocasións (ver AQUÍ), corren -e voan- malos tempos para o comercio local. Para sermos máis exactos, xa viñan correndo desde hai uns anos. Penurias actuais aparte, barrios como Eirís, Monte Alto ou Mallos, entre outros, veñen arrastrando a proliferación de baixos baleiros desde finais do século pasado.

O que ten de novidosa esta crise do capital especulativo-financeiro é que, agora mesmo, a crise do comercio coruñés deixa de ser sectorial ou territorial para transmutarse en global.

Para algúns, a principal razón desta senrazón -porque senrazón é asistirmos pasivos ao fin das actividades comercias en rúas que vertebraban, e aínda vertebran, a circulación sanguínea dos diferentes barrios, o seu latexo vital- é que a xente non ten cartos para gastar. Primeiramente, tralo subidón das hipotecas a partir de novembro de 2005. A escalada de prezos dos combustibles, grazas aos excelentes resultados do conflito en Irak, e a superinflacción provocada pola chegada do Euro terían feito -e desfeito- o resto. Vale bien.


Proba irrefutable desta teoría é a próxima, anunciada e agardada saída ao mercado do primeiro vehículo á venda por fascículos, simpática ocorrencia de Planeta-Atontadini!!!! Qué non nos venderán por entregas!!!!!


Chegados pois ás beiras máis próximas e procelosas do catapum económico-financeiro, con baixada e/ou caída dos tipos e dos carburantes, non poucos expertos apuntan ás altas cifras do paro rexistradas e a conseguinte desconfianza na economía que aniñou sen pudor en toda a nosa sociedade. Estamos euro-acojonados. Seica.

Como sempre hai outsiders das interpretacións máis consensuadas e comunmente aceitadas, florecen estes días estrafalarias motivacións que explican, absolutamente, as razóns desta crise comercial e os seus máis directos responsables. Por partes:

Nos medios de comunicación obxectivos e imparciais do conservadurismo patriótico español corre estes días unha máis que razoable explicación para a perda dun 20%, polo menos, das vendas comerciais de Cataluña durante os últimos dous anos: a aplicación da normativa autonómica que obriga a rotular en catalán. Polo visto, segundo esta especie de avatares de gurús da economía, a rotulación catalanista incide directamente na perda dos valores esenciais dos produtos. Unha lata de anchoas, for example, está moito máis rica e de mellor oferta se vén rotulada en español de Castela. Onde vai parar.


CHICO: ¡Mira, Josemari. Ahí dice "els dimarts hi ha butifarra"!
JOSEMARI: Quita, quita. Donde esté un buen chorizo de Salamanca......


Ocorrencias frikis aparte, e entrando xa pola porta da nosa casa, anda revolto como nunca o comercio do centro marinedo. Máis concretamente, o clásico e literario comercio nucleado lonxitudinal e trasversalmente arrdor da Rúa de San Andrés. Advirten da súa penosa situación e advirten ao goberno local das inminentes mobilizacións que se esperan en tanto non se resolvan os seus problemas ou atendan as súas razoables e medidas demandas. Vaiamos por partes...e por responsabilidades.

1. Os bolardos son nefastos. Un atraso. Hai que retiralos. Onde vai a parar unha rúa comercial onde non se pode subir o carro á acera como Dios manda!!!!!! A culpa é do Concello.


DONO DO COCHE: Nada, nada. Lo dejo aquí un ratito, en tanto hago unas gestiones......


2. O carril-bus é nefasto. Un atraso. Hai que eliminalo. Onde vai a parar unha rúa do Centro onde se vai máis ráoido en transporte público que en carro particular!!!!! A culpa é do Concello.


CONDUTOR EN CABEZA: Todos a la izquierda, joder, que aquí empieza ya el puñetero Carril-Bus!!!!!!


3. As peatonalizacións das Rúas Barcelona e Gaiteira restan clientes aos establecementos do centro. Incrible e incongruente. Pero non quedáramos en que as restricións ao tráfico rodado particular incidían terriblemente na baixada de vendas???? Pois máis limitación rodada que nestas rúas.......O curioso é que se o Concello peatonaliza San Andrés, aquí hai linchamentos...en masa!!!!!!


CHIRUCA: Es increíble. Cuando pasaban coches y buses a mazo los locales valían trescientos de alquiler, y ahora...no bajan de tres mil!!!!!
PITITA: Es por la crisis...de valores!!!!!!


4. Por último: a chegada multiplicada de Centros Comerciais acabou por liquidar o comercio do centro. Sobre isto, dous ou tres temiñas. Primeiro, o establecemento de superficies comerciais compete á Xunta. Cando estaba o bipartito, estes comerciantes semellaban telo claro. Agora que está Don Alberto, semella que lles semella que non!!! Segundo, precisamente o úico Centro Comercial que fracasou nada máis botarse a andar está no centro. É o caso do Papagaio. Quizais o que ocorre é que o centro, baleirado de xente moza por motivos de especulación urbanística -si, esa- non ten clientela potencial que gaste ou malgaste no seu anteriormente dourado entramado comercial. Pensen, pensen un pouco e verán. E terceiro: qué lle imos facer se vivimos nunha sociedade que acude, como os zombies en "Thriller", a canta nova gran superficie comercial se inaugura...aínda que teñan todas o mesmo. Aínda que as tendas que alí hai tamén as teñamos nos nosos barrios. Meu Deus...qué miñoca lles dan para que piquen así!!!!!


MILUCHO: Oes, Loli. Que perdín o neno....Loli, Looooliiiii!!!!!!!!!
LOLI: Usa o móbil, pasmón...que nos perdemos!!!!!!


En fin, amiguetes. Que en Katanga non rotulamos en catalán, nin temos bolardos, nin carril-bus nin nada de nada, e os comercios pechan día si e día tamén. Así que sentidiño. Non lembro a última vez que comprei nunha tenda do centro. Aínda non había nada disto que, seica, agora lles afecta tan fatalmente. Por algo será......


En resumo:

A poboación moza, que é a máis consumista, por necesidade, fuxe aos novos barrios centrípetos ou concellos da Área Metropolitana vítimas dos inflados prezos do solo provoados por anos de política urbanística especulativa.

Por contra, neses novos espazos non xurde un novo comercio alternativo. Os hábitos de consumo desta xente moza veñen moi condicionados polos horarios laborais leoninos e inflexibles que afectan a todos os membros da unidade familiar que traballan.

Os barrios tradicionais desvertébranse. A chegada de novos veciños procedentes da inmigración, con recursos limitados, non é suficiente para paliar a perda de habitantes de consumo activo. As tendas de barrio desaparecen sen que a ningyén lle pareza importar moito. Dicía un amigo meu comerciante: "cando teñen cartos, van ao Centro Comercial. Cando están sen eles, veñen a nós ao fiado". Totalmente certo.

O comercio coruñés leva anos na corda friouxa. Hai falta de planificación. Póñense tendas en calquera rúa. Non se entende a viabilidade de moitas delas. A falta de preparación dos responsables é por veces, tan evidente que hai que estar ben esperto para que non che vendan o que non che vale. Aquí, calquera pon un comercio. Houbo auténticos atropelos aos cidadáns durante os anos en que eran os donos das mercadorías. Atracos a man armada, diría eu.

A Coruña ten miles e miles e miles de baixos baleiros. Aínda sí, se chamas preguntando polo prezo de alugalos podes morrer de infarto. O pasado día 11 asistín incrédulo a unha escena onde un home lle pedía a outro 2.500 euros máis ive por un baixo "perto" da Rúa Barcelona que pechara, por certo, por non poder facer fronte ao aluguer. Toma especulación. En Katanga hai baixos que levan desde 1999 sen uso polos que piden 500 ou 600 euros.

Xa sabemos que non hai conciencia de clase, in conciencia de patria. Pequena ou grande. O capitalismo neoliberal acabou con iso. Pero o que non sabíamos, ata agora, é que xa non hai conciencia de cidade ou de barrio. Vendemos aos nosos veciños e veciñas por un iogur tres céntimos máis barato. Así nos vai.

Aburete, Tribulete!!!!!



10 comentarios:

  1. PD: Os Cadena Cien, promeiro, e os comercios orientais, despois, liquidaron moitas tendas e librerías de berio, que sustistían a base de vender xoguetes do barato ou "ao por menor". Tamén fixeron moito dano ás tendas de calzados, marroquinería e roupa. Tamén desapareceron os clásicos "Bazares" e/ou Droguerías. Os motivos, aforrar uns céntimos hoxe.....

    ResponderEliminar
  2. Algo moi parecido ocorre na miña cidade dende fai tempo. Eu xa non creo que sexa cousa da crise o que penso máis ben é que todo é un descontrol total de mafias entre grandes empresarios adinerados e políticos untados aos que non lles importa para nada que o pequeno comercio de todala vida, peche para sempre.

    E os centros comerciais recoñezo que están ben para cando chove, pero xa, porque eu non son capaz de pisalos nun día de sol. Qué angustia por deus!

    Aquí nos están a facer ese famoso carril- bus... despois de leer isto... Ains, sento medo! Xa temos bastante coas rotondas sen semáforos... En fin, que se me vexo eu na metade dese desaguisado de autómobiles morro de ansiedade jaja
    Apertas e Biquiños.

    ResponderEliminar
  3. Periodista Revisionista14 de febrero de 2010, 20:10

    La desregulación de la actividad comercial fue siempre un problema. Salvo farmacias y estancos, claro. Se dieron ayudas para abrir nuevos comercios. La gente los abría contando con esa ayuda directa. Los abrían en cualquier sitio y de cualquier forma, y las consecuencias fueron más cierres. Comercios con ayudas incluidos.

    Lo de los Chinos es otro cantar, como ya se sabe. Son continuas sus infracciones por la falta de calidad o garantía de origen de muchos productos. Un colega mío compró unos cd`s vírgenes y se les levantó la pintura como a escamas, dejando el reproductor hecho un asco. En estas épocas de carnaval, no debemos olvidar la de veces que se les pilla vendiendo petardos, cosa prohibida salvo en locales con determinadas características, a menores de edad, lo cual agrava aún más la infracción. El acuerdo entre España y China les permite no tener que cotizar a la seguridad social durante un tiempo. Esta competencia desleal sumada a lo que bien habéis recordado, como es la actitud poco crítica que demostramos como consumidores cuando nos vemos lanzados a por la primera oferta que pillemos, ha hecho muchísimo daño. Tampoco veo yo a los negocios de este tipo tan "petados" como lo estuvieron.

    En fin, que lo veo negro. La especialización, calidad y creación de centros comerciales abiertos puede ser la solución. No se.

    ResponderEliminar
  4. Seguro que lembramos como era a actividade comercial hai uns 20 anos e o que é agora. Ven sendo unha lenta e agónica transición cara a ningures.Hai dous anos e medio xa había sinais de que algo ía moi mal. Logo xa chegou a catástrofe: o pesadelo da crise económica (por qué nunca se fai mención da crise ética ou da crise educativa?) da que parece que tardaremos moito tempo en sair.
    Eu cría que o señor Aznar falaba catalán na intimidade... A cuestión lingüística non deixa de ser outro delirio e razoamento superficial. Non dá para máis. A actitude dos comerciantes de San Andrés si que me preocupa. Non sería máis razoable protestar pola suba desproporcionada dos alugueres,a carencia de aparcadoiros ou o pésimo estado da maioría dos inmobles, que ameazan ruína? Esa bizarra conclusión da negativa repercusión do carril-bus deixoume sen palabras. Pensei que era unha broma. Pura lóxica cartesiana. I+D= INDUCCIÓN+DEDUCCIÓN.Como usuaria activa do transporte público podo dar fe de certa melloría.Pero claro, trátase da miña opinión. A este paso imos ter máis coches que cidadáns.
    A cuestión dos baixos comerciais é ben triste.
    É un círculo vicioso interminable. En moitos casos son anos de esforzoa e soños que esvaecen da noite á mañá. Noutros, casas que se empezaron polo teito. Pacotrón, puxécheslle palabra ós meus pensamentos, remontándote ó gran timo "europeísta"(se xa non nos fixeran dano abondo)que foi a moeda única.Entro en pánico só de pensar naquel outro "gran proxecto de futuro" que deron en chamar "Constitución Europea".
    Logo está o exceso de grandes superficies comerciais. O do Papagaio estaba cantado. Aquilo parece un camposanto. Do Centro de Ocio do Porto, mellor non falar, porque me cabreo moito: expolio e latrocinio. As dúas últimas inauguradas non as pisei(nin sequera a que ten as novas salas de cine, que podería ser a miña única motivación). Que imos como zombis é pouco dicir; somos cobaias: a iluminación, a música ambiental... Por qué debería ir a un sitio onde podo comprar, por exemplo, unha saia por 15 euros, se teño que levar o coche e atravesar a cidade? Ó lado da casa véndenma por 25, si, pero seguro que me dura máis tempo. Ademais, coñécenme ben e saben dos meus gustos. Qué máis podo pedir?
    En 2000 José Saramago publicou a novela "A Caverna" onde narra a evolución do comercio nunha sociedade postindustrial. É o contraste entre o traballo artesanal e a actividade dun gran centro comercial, que é o substituto mesmo da praza pública. Estamos imitando a deprimente cultura do mall, o xigantesco shopping center dos USA. Moito me temo que seguiremos por ese rumbo.
    http://www.elpais.com/articulo/cultura/Saramago/explica/caverna/hoy/escaparates/centros/comerciales/elpepicul/20010111elpepicul_1/Tes/

    O máis duro é comprobar como esa conducta indesexable apoderouse de todos nós. A cobiza non coñece límites de ningunha clase. O que contas do aluguer dese baixo deixoume alucinada. Sabía que hai cínicos e caraduras, pero non ata tal extremo e menos coa que está a caer. Quedo coas palabras dun protagonista de "O Club da Loita", novela de Chuck Palahniuk e peli de David Fincher: "A publicidade fainos desexar coches e roupas, temos empregos que odiamos para comprar merda que non necesitamos.Somos os fillos malditos da historia, desarraigados e sen obxectivos. Non sofremos unha gran guerra nin unha depresión.A nosa guerra é a guerra espiritual, a nosa gran depresión é a nosa vida. Medramos coa TV que nos fixo crer que algún día seríamos millonarios, deuses do cine ou estrelas do rock, pero non o seremos. Pouco a pouco fómonos decatando e estamos moi, moi cabreados". Sempre me pon os pelos de punta.
    Ou empezamos a pensar nun cambio ou Milucho e Loli non atoparán ó seu neno (qué puntazo!). Ou ben Pitita e Chiruca volverán ó Monte de Piedade para empeñar o traxe dos domingos dos seus ilustres cónxuxes. Como dicía a miña avoa: "Neniña, o barato sáeche caro".
    Boa noite e doces soños.

    ResponderEliminar
  5. Leviatán Brooklyn-Labañou15 de febrero de 2010, 12:30

    Dos anos 80 do pasado século lembro a polémica aparición do Continente (o actual Carrefour) na Avenida de Alfonso Molina e do Corte Inglés, con todo o que supuxo para o pequeno comercio local. Houbo grandes polémicas sobre a apertura os sábados pola tarde pero os pequenos, ó final, pasaron polo aro. O que veu despois xa o sabemos todos Esa tendencia cara ó mall é certa e supón a aniquilación dun estilo de vida moito máis saudable. Ó mall van os adolescentes a pasar o día e a consumir por consumir, non importa o que nin se é necesario ou non. Un lugar onde nos venden... A FELICIDADE? Seguro que iso é a felicidade?
    Gustoume moito a referencia anterior a O Club da Loita: o desencanto e a distorsión da nosa identidade no mundo actual. Esquecemos o que somos e cremos que somos o que temos. Malo.
    E canto listo (non é sinónimo de intelixente)
    hai solto por aí. Un saúdo.

    ResponderEliminar
  6. Sen ánimo de enredar, comparede isto:

    "(...)Luego sacó la chuleta, tiró del santoral y aquello se convirtió en un galimatías, bendecido por la Virgen de Guadalupe, la Virgen de la Cabeza, el Sagrado Corazón de María y Jesús de Medinaceli. La música de fondo empezó a sonar al minuto escaso, pero Almodóvar no se dio por aludido. Si Michael Caine se tomó seis minutos, él no podía ser menos. «Ya os dije que nosotros vivimos en un país diferente, en una cultura diferente» (otra de las poquísimas frases que los transcriptores llegaron a captar).

    Después, todo se volvió absurdo y patético. La enajenación transitoria de Almodóvar y la machacona banda sonora covirtieron la escena en un calvario. Menos mal que Banderas estuvo al quite, le mordió del brazo como si fuera un perro y le arrastró fuera del escenario contra su voluntad. Fuera de micrófono, Pedro le dedicó el premio a su hermano Agustín. Se olvidó de su madre, se olvidó de las chicas, se olvidó de todo... «Tenía más o menos claro lo que quería decir, pero al subir al escenario me dejé traicionar por los nervios», reconoció después entre bastidores. «Estoy en plena catarsis y no puedo decir que me sienta molesto, pero ha sido muy incómodo intentar decir algo con esa música dejándote sordo».(...)"

    Con isto:

    VOZ GALICIA: "Luís Tosar asumió el protagonismo de la noche de los Goya al recibir el premio como mejor actor por su papel en Celda 211. Fue Javier Bardem quien entregó el premio al actor gallego, pero lejos de llamarlo por su nombre para que subiera a recogerlo, lo llamó por el nombre de su personaje, Malamadre, imitando la voz que popularizó Tosar al interpretar a este preso. El actor lucense habló en gallego para recordar a sus padres en el momento de recoger el premio y también para recordar a sus compañeros gallegos".

    XORNAL: "O actor galego Luis Tosar gañou onte o premio ao Mellor Actor na Gala dos Goya, polo seu papel de Malamadre, en Celda 211. En galego dedicoulle o premio á súa familia e aos amigos dos pubs Matadero e Atlántico de Santiago, e salientou que “os actores facemos bos papeis cando temos bos personaxes”".

    O que non teño tan clara é a liña que enreda isto coa situación do comercio local. Cousas de Pacotrón.

    Aclaración: Milucho e Loli existen e seguen a buscar ao neno. Eu creo que a tal hora xa lles vale o de outros.....

    Pitita e Chiruca acuden a clases de sevillanas no Circo de Artesanos e teñen a gala comprar no centro.

    Josemari falaba catalán na intimidade máis íntima...pero segue a preferir o chourizo de Salamanca ou, no seu defecto, pamplonica antes que a mellor das butifarras. O neno si.

    O dono do buga montado na beirarrúa anda aínda coas súas xestións, polo que o carro continúa montado.

    O coche por fascículos vai xa na quincuaxésimo terceira entrega. Para a seguinte, de regalo o limpaparabrisas traseiro con dous neonciños para tunealo!!!!!!

    ResponderEliminar
  7. As comparacións son odiosas e máis aínda neste caso. Qué se pode esperar dun director endeusado e sobrevalorado que pensa que é a reencarnación de George Cukor ou King Vidor?
    Pois que se comporte como unha prima donna e esixa premos á manchea. En cambio un actor, digno, serio e profesional se comporta como o ser humano que é. E, de paso, fai país, dándolle nos morros ós ensimismados e acomplexados señores Feijoo e Varela, que foron alí a chupar cámara.Por certo, aínda estou esperando que me poñades unha foto de Tosar ben guapo.

    ResponderEliminar
  8. Katangueiro: sen palabras. Es un camándula. Cando se contan as cousas, hai que contalas enteiras. Xa dicía a miña nai que non hai peor mentira que unha verdade a medias. O que ocorreu foi o seguinte: estaba -e estou- algo liadete e pedinlle ao amigo Katangueiro que comentase algo do Goya de Tosar e do digno uso que lle deu ao noso idioma...nestes tempos que corren. Quixen que se comparase ao papelón de Almodóvar a conta do que se comenta aquí: efectivamente, Almodóvar é o máis multipremiado e multinacional dos directores españois, pero cando recibiu aquel premio, con aquilo de "somos diferentes", recuperou os tópicos patéticos da España rancia e atrasada que non confía nas súas capacidades técnicas e si, en cambio, en poñerlle velitas ás virxes. A obra Celda 211 está feita por moita xente competente. Moita, galega. Os agradecementos e os premios foron compartidas por todo un equipo. Así debe funcionar o comercio de proximidade. Achegando pequenas pero únicas aportacións. Os Centros Comerciais, que son o que se leva, son un bluf de horterada e oferta por oferta. Hoxe trunfan con tal produto -como as pelis de Almodóvar- e logo dun tempo, xa ninguén se lembra -como as pelis de Almodóvar-.
    Xa o dicía antes o Periodista: especialización, calidade, preparación, proximidade e UNIDADE entre partes para unha promoción conxunta poñendo en valor aquilo que compartan: o modelo dos Centros Comerciais abertos.

    Msarkadina: aquí abaixo che deixo unha sorpresa!!!!!!

    ResponderEliminar
  9. Bueno, Msarkadina...cuando quieras, me vienes a ver aquello...que ya sabes que cuando me duele lo mío me pongo muy de mala hostia!!!!

    ResponderEliminar
  10. Moi boa a analoxía. E graciñas pola sorpresa!
    Malamadre: Por suposto que irei ver o teu. Xa verás, non máis dor nin mala hostia. Bicos para tod@s.

    ResponderEliminar