by Katangueiro
1. Vivimos unha crise económico-financeira que incide como poucas veces antes no consumo das familias. Millóns de persoas hipotecadas nun contexto de incertezas de toda índole, incluídas as que producen os vaivéns dos tipos de interese que marcan a diferenza entre poder ou non poder pagar, entre ter e perder, millóns e millóns de persoas, digo, con menos capacidade adquisitiva que no primeiro lustro deste novo século.
2. Asistimos desde hai uns anos a uns hábitos de consumo cambiantes, condicionados á menor dispoñibilidade de tempo do que dispón unha familia media actual para realizaren as súas compras, que benefician ás grandes superficies comerciais, pensadas desde o comezo precisamente para esta situación. Non se trata de se se instalan tales ou cales centros comerciais, do que se trata é de que á xente lles encantan. Hai quen colle os nenos, méteos no coche o sábado pola tarde e...ala...a pasar o tempo ao Dolce Vita mentras papi e mami fan unhas compriñas....
3. Empregar a crise terrible pola que está a pasar o comercio tradicional, sexa do centro urbano ou dos barrios periféricos, para combater as políticas de apoio e promoción da mobilidade, as políticas que priman o tránsito de vehículos de transporte público fronte ao uso privado -e privativo- do vehículo de cada quen, as políticas de rehabilitación de espazos urbanos ou as políticas que apostan por un urbanismo humanizado é como pretender culpar da actual crise á poboación inmigrante, como está a ocorrer en Cataluña e desde a mesma base social que aquí condea estas políticas: a base social militante do Partido Popular, entre outros...e outras.
4. Algúns dos principais convocantes, sexa a título persoal ou en calidade de representantes dos hostaleiros, do comercio do centro ou da propia Federación Provincial de Comercia da Coruña, exercen as súas actividades preferentemente en rúas sen tránsito rodado, isto é, en rúas peonís, ou en auténticos bulevares, como é o caso do negocio de mobles do Presidente da Federación de Comercio. Ningún dos convocantes posúe negocio algún onde se poida aparcar enriba das beirarrúas, deixar o coche en doble fila ou, mesmo en varios dos casos, sen tan siquera transitar. Por que non queren para os demais a mesma calidade urbana da que eles xa se están actualmente aproveitando???
5. Entre os convocantes e impulsores desta protesta figuran algunhas persoas recoñecidas no mundillo protesteril da nosa cidade: convocaron ou apoiaron concentracións contra a "terrible imposición" do galego, convocaron ou apoiaron algaradas varias contra a política de erradicación do chabolismo, protestaron contra o botellón, chegando a esixir leis prohibitivas que desde que goberna Galicia o Partido Popular seica xa non son tan precisas, protestaron contra a lei de memoria histórica, excitaron os ánimos veciñais contra Penamos xusto cando o problema está a piques de solucionarse e despois de dúas décadas de silencio cómplice.
6. A meirando parte dos convocantes ou aopiantes simpatizan ou directamente militan no partido que tivo a máxima responsabilidade nas políticas comerciais da nosa Comunidade en dezaoito dos últimos vintedous anos, o partido de Fraga, Feijoo, Negreira ou, máis fóra de nós, Esperanza Aguirre. O partido dos que nunca nunca son responsables, pese a que "exerzan", é un dicir, as correspondentes responsabilidades. Noutra orde de cousas, gustaríame saber CANTA DESTA XENTE REALMENTE GASTA OS SEUS CARTOS NO COMERCIO DE BARRIO!!!! Nós, os katanguistas, si que o facemos.
7. A maior abundamento, e para completar o frikismo desta convocatoria sen razón, se persoeiros coma Carlos Marcos ou Corcoba se apuntan a ela, como semella, de igual maneira que Izquierda Hundida, a foto fixa desta algarada terá moitas motivacións e moi diversas, certo, pero estará moi alonxada da reivindicación da importancia e necesidade dun forte e asentado comercio local. En fin, delfín, que só vai faltar Rosa Díaz!!!!
8. O apoio que determinados "líderes" e "lideresas" veciñais están prestando a estas protestas non fai máis que confirmar os nosos temores sobre a falta de visión e realismo dunhas institucións e unhas persoas que máis que favorecer a calidade de vida dos seus veciños e veciñas alimentan a trampa da demagoxia conservadora que, aproveitando o normal malestar que xeneran as obras públicas, especialmente se son de envergadura, desacreditan actuacións encamiñadas a mellorar a calidade deses espazos urbanos ANTES de que esas obras dean remate. Todo isto ao berro de "calquera pode ver que isto está mal feito ou planeado", igual que agora tamén din"calquera podía ver que a burbulla do ladrillo ía rebentar máis cedo que tarde". Igualico igualico que el difunto de su agüelico....
9. Aínda está por ver algunha entrevista a convocantes e/ou apoiantes falando do urbanismo especulador, que detraíu a innúmera poboación moza traballadora cara a novos espazos urbanos de concellos limítrofes, como un dos causantes da pouca actividade comercial de determinados barrios. Tampouco ninguén semella dar importancia a que se pides prezo por locais en desuso desde hai varios anos podes atoparte con que de mil ou mil cincocentos máis ive non baixa....e con reforma necesaria....
10. Por último, ter escollido unha data adicada EN TODO O MUNDO a denunciar a violencia de xénero, que causa milleiros, se non millóns de vítimas ao ano neste noso planeta, demostra sen ningún XÉNERO de dúbidas a catadura moral de quen non lle dá importancia nin a esta data nin ao que se conmemora. Había moitos días, o comercio local padece moitos problemas, pero tiñas que escoller precisamente ese día. Así se lles atragante. Punto.
CARLOS NEGREIRA: A ver, Fonsito, que me pierdo...Esta mani para qué era???
ALFONSO RUEDA: Joder a quién preguntas, que guevazos tienes...Será por el gallego....o algo...Deja, que ya veo al Cañete haciendo botellón por allí....ya verás como ése sabe...
CARLOS NEGREIRA: A ver, Fonsito, que me pierdo...Esta mani para qué era???
ALFONSO RUEDA: Joder a quién preguntas, que guevazos tienes...Será por el gallego....o algo...Deja, que ya veo al Cañete haciendo botellón por allí....ya verás como ése sabe...
Joder, chico....entón para que dis que é a protesta??? É que non me queda claro...
ResponderEliminarHoy escuché el debate de la ser. Creo que los convocantes relajaron un poco sus declaraciones anteriores sobre aceras, carril bus o aceras. Quizás ya le han visto las orejas al lobo. Quizás nos le convino mucho sumar determinados apoyos.
ResponderEliminar"Ay, como están los señoritoooossss" (ton Gracita Morales ON).A convocatoria da pseudo protesta convocada para o 25-N ten como finalidade crispar o ambiente de descontento e desmoralización provocado pola crise económica (e polo tanto, de consumo). Hai quen sabe que só se pode tomar María Pita polas urnas (aínda que na mente teñan outras ensoñacións cuase predemocráticas) e aínda non asumiron os resultados de Maio de 2007. Levan, dun xeito ou outro, facendo campaña electoral desde esas datas e agora recrudécena porque pensan que "os tempos son chegados". Que saquen as caretas dunha vez e deixen de falar en nome de todos os comerciantes. Que os convocantes/apoiantes veñen dunhas zonas moi determinadas da cidade, mui curuñesas. Nin a miña panadeira, nin o meu ferreteiro, nin a miña merceira, nin a dona do videoclub, nin o meu quiosqueiro vense representados. Nin os cinco amigos (cinco) que tiveron que pechar os seus negocios nestes últimos catro anos. Falan pestes do carril bus os transportistas e os donos dalgúns negocios que coñezo de primeira man. Pero dáse a casualidade de que eses negocios seguen abertos, pese as dificultades e non relacionan a diminución de vendas só co carril bus. Saben que hai máis causas. Están descontentos, sobrevivindo a duras penas, intentando fidelizar clientes. Desde logo eu vou seguir comprando onde me coñecen e me tratan ben.
ResponderEliminarFixestes un bo repaso das razóns e unha excelente foto-fixa sobre quen move a máquina nesta montaxe. Xa léramos unhas declaracións, cando menos raras, do señor Agromayor. Estas son sublimes: "Los comerciantes sabemos que nuestros problemas no son sólo culpa del Ayuntamiento, pero queremos que el Concello, en sus actuaciones, cuente con nosotros y no sólo con los vecinos y con sus asociaciones". E logo, el non é veciño da Coruña?
Do resto de "persoeiros", non hai moito que dicir. Os seus feitos e as súas palabras retrátanos ben. Mágoa que consigan catalizar o desencanto e o descontento de tantas persoas pero o que aquí estamos a ver é unha película que leva por título "A río revolto, gananza de pescadores". É a política do antano coñecido Partido Popular (Privatizador) e agora autodenominado "Partido dos Traballadores".
En canto a que escolleran o día 25 de Novembro para manifestarse, que esperabades? Iso do Día Internacional Contra a Violencia de Xénero é, na súa mentalidade, un gasto totalmente innecesario, algo superado, habendo cousas máis importantes, etc... Unha proba da "política de igualdade de xénero" no Ayuntamiento de Ciudad Real:
http://www.publico.es/espana/346066/vetado-el-tertuliano-que-llamo-zorra-a-geli/version-imprimible
E adicado a todos estes nostálxico-amnésicos dos tempos de Sir Francis (seguro que se emocionan e todo):
http://www.youtube.com/watch?v=rsONKtVGXPE
Como a min ás veces dáme por matinar vou facer un repasiño a feitos recentes dalgúns destes personaxes. Non é por ser malpensada pero creo que a ambición cega a algún deles.
ResponderEliminarMiguel Agromayor, presidente da Federación Provincial de Comercio, ante a súa derrota nas eleccións da Cámara de Comercio: "«Había 20 personas que me dieron su apoyo y no han cumplido su palabra». Asimismo, Miguel Agromayor explicó que no le quita mérito al nuevo presidente, pero aclaró: «Me siento defraudado porque contaba con esos 20 votos». Entre otros aspectos, el candidato hizo referencia al «poder establecido»".
http://www.lavozdegalicia.es/coruna/2010/06/23/0003_8567819.htm
Héctor Cañete, presidente dos hostaleiros (intensamente relacionado coa Xunta Local do PP coruñés)opina que agora mesmiño (non hai un ano, nin un mes; só agora é pertinente) é de xulgado de garda o botellón, un presunto acoso policial ós locais céntricos ou as barras instaladas no Noroeste Pop-Rock.
http://www.laopinioncoruna.es/portada/2010/11/19/hosteleros-suman-protesta-comerciantes/440501.html
Gerardo Crespo, "O Sheriff do Ensanche", ese home do Renacemento que preside, dirixe, organiza, homenaxea... o que sexa. El pode con todo. Mesmo pode "variar verbalmente a verdade" e aquí non pasa nada (ou si, despide a unha empregada):
http://www.xornal.com/artigo/2010/10/31/galicia/gerardo-crespo-mintio-negar-reunion-hernandez/2010103100145300619.html
Diego Calvo: O Super Delegado que monta o lío aló por onde pasa (si, ese que dixo que o persoal do Centro Santiago Apóstol mobilizábase para pedir máis vacacións).
Carlos Marcos, dono dunha ideoloxía pulcra e clara (para min, un enigma).
http://www.vieiros.com/nova/77061/carlos-marcos-ou-a-tentativa-de-resucitar-o-corunesismo
A hemeroteca é inclemente:
http://www.vieiros.com/nova/58660/espontaneo-apoio-cidadan-a-carlos-marcos
Fernando R. Corcoba (máis coñecido como "Y al tercer día resucitó) non hai moito que dicir.
O señor Negrera Soto... pois iso... é o señor Negrera Soto, un home aferrado a unha letra como único argumento (o L de marras).
Ó señor de barbas non lle sei o nome.
O señor de barbas é o Presi da zona comercial Obelisco, dono das xoierías Amor. Vese un tipo simpático, e de apariencia ben máis "liberal" que os seus acompañantes de algarada, pero é quen é e vén de onde vén. Por un lado critica as obras e por outro pide un boulevard en San Andrés. Por un lado di que non contan con apoio e por outro teñen bolsazas de compra superchulas, actividades nos xardíns para atraer público, exposicións na propia rúa, vales desconto, concursos....En fin, que abandonados serán os dos Mallos, Agra ou Castros, pero non estes.
ResponderEliminarPrecisamente é o que me chama a atención. Na edición de La Voz de Su Amo de onte ofrecíase unha visión realista e dura de comerciantes dos Mallos, da Agra ou da rúa Gómez Zamalloa.
ResponderEliminarhttp://www.lavozdegalicia.es/coruna/2010/11/21/0003_8862331.htm
Por outra parte... síntoo, non o podo evitar: un par de perlas máis "carlosmarquistas". Cando un fai do oportunismo a súa impronta non merece ser máis que obxecto de bromas. O gran cabaleiro do coruñesismo publica en dous xornais coruñeses o mesmo "artigo", variando unhas frases e o título.
http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2010/11/22/coruna/441241.html#EnlaceComentarios
http://www.lavozdegalicia.es/coruna/2010/11/18/0003_8856305.htm
A orixinalidade ó poder. Sobre todo iso, poder. O interés cidadá ben pouco importa.
jajaja...lo de Izquierda Hundida me ha llegado al fondo del alma, entiendo que os metais con los que se arriman a la derecha, pero esto ya es el no va más, se os ve nerviosos, tengo ganas de que lleguen las municipales para ver quien se unde más, los bloques no tienen fama de flotar mucho
ResponderEliminarHoomeee, Anónimo....creo que non entendiches a ironía...Izquierda Hundida fai referencia a que moi mal deben de estar para sumarse a esta farsa dos sectores máis conservadores, por dicilo dalgunha forma. Non me explico que pintarán alí.
ResponderEliminarXa o explicarán...supoño...Conmigo que non conten...de tranqui, eh??? Nada de nervios. Nervioso é aquel que se apunta a un bombardeo con tal de saír na foto, non???
El de la barba como bien dice Pacotrón es el dueño de la cadena de Joyeria Amor, Antonio Amor.
ResponderEliminarNegocio heredado y del que se hizo cargo después de dejar sus escarceos en el mundo del motor, participando en las primeras ediciones del París-Dakar, allá en la década de los 80.Aventuras sufragadas familiarmente.