Rematou xa o ano? Non, tranquis. O único que rematou foi a festa anual do FMI (Fondo Monetario Indecentísimo) celebrada na cidade de Guasintón o pasado 11 de decembro.....Pero nada. Un guatequillo de andar por casa nestes tempos de austeridade. 2.000 convidados é unha cifra bastante máis habitual do que se pensa nas celebracións navideñas das familias katangueiras en paro ou con dificultades económicas.
PRESI DO FMI: Non se prrrrreocupen.....xa o limparrrrán todo os irrrlandesesssss........(Main fiurer...que ocorrente podo serrrr....cof...cof...cof....)
E mira que xa o dicía Paloma San Basilio.....e daquela pr'a toda a Europa de verdá...a de 1985...a occidental, que é a que conta e vale.....
En fin, delfín....Feliz 2011.
Levan advertíndonos desde hai uns anos e agora xa están aquí, sen máscara. O FMI, que ten como misión (sobre o papel,claro): "fomentar a cooperación monetaria internacional,facilitar a expansión e o crecemento equilibrado do comercio internacional, fomentar a estabilidade cambiaria (...)O FMI encárgase de velar pola estabilidade dos sistema financeiro internacional". Blablabla... Palabrería hipócrita neoliberal para poder usar os nosos cartos para a súa "butxaca". "Ídevos preparando para os tempos da escravitude posmoderna". "Estou en contra de otorgar subvencións públicas pero non teño escrúpulos en aceptalas para a fusión que vai 'despolitizar' Caja Madrid e encher o consello de administración de políticos alleos ó tema e da miña corda". Parole, parole, parole...
ResponderEliminarHai que ver o envexosos que somos os pobres traballadores, que non temos glamour ni na de na! E, ademais, temos a peregrina ocorrencia de aumentar a a nosa esperanza de vida e poñer en apuros ó brillante estadista Shoemaker:
http://www.expansion.com/2010/12/27/economia/1293407799.html
Ídelle facendo un buraco máis ó cinto, que imos ter tipo fino:
http://www.cnnexpansion.com/economia/2010/12/27/la-contradictoria-economia-del-2010
Levan traballando tanto e tan silenciosamente que xa en 2008 o xornal liberaloide dedicoulle un bonito artigo á economía estatal, precisamente co título "The party is over" (A festa rematou), culpando nada menos que ó estado das autonomías e ás diferencias lingüísticas. Digamos que son a versión menos cutre de Intereconomía. O triste e que estas infamias penetran nalgunhas mentes como se fosen dogma de fe:
http://www.economist.com/node/12501023
O certo é que me inspira máis confianza o Doutor Strangelove que Rodrigo Rato (ex-director do Fondo Sen Fondo, tamén coñecido como FMI). Inesquecible a escea final, erguéndose da silla de rodas: "Mein Führer, podo andar!". E o mecanismo da bomba xa estaba en marcha...
Feliz 2011 para vós tamén.
http://www.youtube.com/watch?v=x8BGHt18JTI