Chantou as garras con tanta fereza no tellado pétreo que pasou a formar un todo co edificio desde o cal albiscaba a cidade marineda no seu conxunto. Desde a súa posición, na Praza de Mina, era capaz de atravesalo todo coa vista: os montes, os edificios, as persoas...Todo abranguía e todo quería, dándolle as costas propositadamente a Katanga, como se así puidese abstraerse da súa miseria.
O Anxo sorriu con desprezo, en tanto contemplaba os diminutos seres humanos que, horrorizados, non lle quitábamos ollo nunha mistura de curiosidade e espanto. Un reloxo cercano marcaba as cinco horas da tarde. Á súa dereita unha palabra sobresaía como unha fina ironía, habida conta de a quen servía este diaño e para que se atopaba, xusto naquel instante, xusto naquel lugar, alí. O Exterminador procurou nun peto no costado unha cantidade indeterminada de sobres lacrados. Non lle debeu agradar a contemplación daquel xentío cada vez máis numeroso e axitado, que apuntou co dedo índice da man dereita cara a varios dos alí congregados que caeron, pois, fulminados nun instante, présos dunha intensa dor que deixaba profundas marcas nos seus rostros inertes.
Rompeu o primeiro selo e abriu o primeiro sobre. Vimos como milleiros e milleiros de persoas toleaban nunha ansia de consumo que os obrigaba a solicitar audiencia ante os Guardiáns para ver de obter suficientes moedas coas que poder comprar un anaco de mundo. Era tal o desenfreo que contrapoñían como garantía bens, persoas e almas, sen pensar nin ter consideración sobre o auténtico valor do que ofertaban e do escaso, case nulo, valor recibido a cambio. Para cando os Guardiáns reclamaron o que eles voluntariamente prestaron, xa era tarde para moitas xentes humildes, primeiras vítimas de engano e desposuídas repentinamente de todo o que era a súa existencia. Días despois caeron os demais con eles, tamén os comerciantes.
Rompeu o segundo selo e abriu o segundo sobre. Vimos ringleiras interminables de seres suplicando aos Guardiáns, e mesmo a Deus, para seren salvados ou, cando menos, ver minorizado o seu sufrimento. Camiñaban sedentos, nus en ocasións, entoando unha ladaíña profunda que nos sometía os sentidos a todos os alí presentes. Vimos morrer a pequerrechos e pequerrechas inocentes, xustiño ao noso lado, e a ninguén máis preocupou que a quen debía facerse cargo dos corpos putrefactos. Pasadas unhas xornadas interminables, os Guardiáns explicaron que pronto anunciarían os sacrificios que debíamos realizar se queríamos realmente ser axudados por eles. Tamén adiantaron que aqueles sacrificios serían terribles, mais precisos todos eles se desexábamos abandonar aquela indigna condición na que nos víamos. Ninguén ousou repricar. Máis ao contrario, foi tal a excitación contida naquelas horas de desolación que a humanidade admitiu todos os sacrificios de bo grado, mesmo sen antes coñecer o seu verdadeiro alcance. Algúns de nós fomos incapaces de parar de chorar.
Rompeu o terceiro selo e abriu o terceiro sobre. Vimos a todas as mulleres e a todos os homes en traballos diversos, gardando de todo aquilo unha pequena parte para a súa mínima manutención e entregando o máis do que tiñan aos Interventores, quen logo entregaba á súa vez o resultante total da xornada aos Guardiáns. Como estes adicaban a suma recibida máis ben ao seu propio servizo, antes que atender aos necesitados e mesterosos, sucedéronse protestas aquí e alá, pero os máis nin atendían a nada qiue se dixese, tan cansos e derrotados que se atopaban. A Gobernación decidiu, á súa vez, entregar unha boa parte das moedas das que dispoñían para atender tanto as necesidades máis comúns no presente, como as posibles necesidades do futuro, aos Interventores, para que estes as fixesen chegar aos Guardiáns co recado de que agora pasaban a ser totalmente do seu uso e goce, puidendo con elas axustar todo aquelo que os Guardiáns decidisen que era preciso axustar, na orde e importancia que eles entendesen, e sen ter que dar máis conta disto nin a humano, Interventor ou Gobernante, pois era o menos que se podía facer por quen velaba, día e noite, pola pronta recuperación de todos e todas nós. Así falou a Gobernación e así se fixo. Deus nos garde.
CONTINUARÁ....
Espero que los de Caixanova no se tomen a mal el detallito de la foto. ¿Entenderán la "fina ironía"?
ResponderEliminarPor desgracia, me temo muy mucho que aún nos quedan muchos sobres por abrir, y muchas penalidades por sufrir a cuenta de que unos pocos (y pocas) continúen llevando su vidorra de puta madre sin ver alterado ni su patrimonio ni su forma de vida. Para los demás, el conjunto mayoritario de ciudadanos, los ajustes, los agujeros en el cinturón y las advertencias de más y más sacrificios venideros.
Mañana hay huelga. Aún no sé si plantarme en alguna manifa, quedarme en casa o ir a currelar. Eso también es triste, pero así piensa una mayoría de personas que están hasta las narices pero que no encuentran tampoco en las convocatorias de mañana la ilusión, y si no, el suficiente consuelo ante lo que se nos viene viniendo encima.
Quedo atenta a más novedades.
Estamos de folga???? Como o vedes???
ResponderEliminarCando vin a foto lembrei as veces que tiña pasado diante dese edificio e ollado con fascinación a figura dese anxo. Antes era a sé dunha compañía de seguros (creo) que levaba o nome dunha ave mitolóxica que se consumía no lume cada 500 anos e logo rexurdía das súas propias cinzas. Intento convencerme a min mesma de que sairemos desta pero o certo é que nunca vira ós amos do cotarro tan enfadados nin actuar con tanta desfachatez ou prepotencia. Non lles entra na cabeza que protestemos e que haxa xente que non queira pasar polo aro. A min o que non me entra na cabeza é que pretendan facernos crer que coa Reforma (¿?) Laboral imos solucionar estes problemas nos que nos meteron os mesmos que nos queren facer pagar os pratos rotos. Como? Se total vai sair igual despedir a un traballador/a fix@ que a un eventual.
ResponderEliminarIsto vai ser como “as armas de destrucción masiva de Irak”. Ata á persoa menos informada lle parecía unha parida e podía intuir os intereses que se agochaban. Era un dos preliminares destes tempos tenebrosos que nos tocan vivir. Unha recesión en toda regla en moitos ámbitos da nosa sociedade, especialmente no socioeconómico. O tema da banca é especialmente escandaloso. Xa o teño dito: eu quero ser Arkadina Raskolnikova, no século XXI e con katana. Ou facerme islandesa e metelos a tod@s no caldeiro. Outro obxectivo é Gerardo Díaz Ferrán, que non é banqueiro pero está desperdiciando osíxeno neste planeta. Este malnacido si que xenerou inseguridade cidadá pero segue no seu posto, tan pancho, adoctrinándonos. As grandes empresas incrementan beneficios. E, mentres tanto, máis embargos, máis ruína, máis xente desempregada, máis tristeza, máis desilusión e, sobre todo, máis medo. Isto último resulta moi útil para que se diga que o de mañá non vai servir de nada ou que os sindicatos deberían desaparecer. A min mañá tócame traballar igual porque aínda que son traballadora do eido público (persoal estatutario) estou de servizos mínimos, a moita honra. De non ser así, acodiría a manifestarme. Para min todo isto chega tarde e mal pero non podo quedar quieta. Desagrádame a profesionalización dos sindicatos e da política, claro que si, pero agora é o momento de unírmonos. Eu non son militante en ninguna organización política ou sindical pero teño memoria e sei de onde veño (dunha familia obreira que traballou moi duro e loitou polos dereitos dos que agora gozamos) e cando oio certos argumentos, fico horrorizada. Qué fixeron os sindicatos por nós?
http://www.youtube.com/watch?v=2-dYGxR1LHE
Qué fixo a banca por nós?
http://www.vimeo.com/15248048
Precioso (pero apocalíptico) título o desta entrada que me lembrou á película de Buñuel. Tamén a algún outonal e tétrico conto de Edgar Allan Poe. Eu só espero que, como no “Descenso ó Maesltröm”, non baste un día “para transformar o meu pelo negro en canas, debilitar os meus membros e destrozar os meus nervios”.
Quedara con ganas de deixarvos esta noticia de Europa Press, moi significativa. Copio e pego:
ResponderEliminar"Inspectores de Trabajo dicen que la reforma laboral no creará empleo y deteriorará las condiciones de trabajo"
MADRID, 20 Sep. (EUROPA PRESS) -
La reforma laboral no servirá para reducir las desmesuradas cifras de desempleo y de temporalidad y, por el contrario, va a generar un deterioro de las condiciones de trabajo, según un manifiesto firmado por un grupo de inspectores de Trabajo al que ha tenido acceso Europa Press.
Según argumentan, la "resurrección" pretendida del contrato del fomento de la contratación indefinida, con una indemnización por despido de 33 días por año, "no va a fomentar la contratación indefinida", como, a su juicio, demuestran los datos de los primeros meses de aplicación de la reforma.
Además, señalan que las novedades introducidas para frenar la temporalidad, como la limitación del contrato por obra a tres años o la subida de la indemnización por fin de contrato a 2 días por año, no estarán plenamente vigentes hasta 2015 y no inciden en las verdaderas causas del abuso de este tipo de contratación: el amparo de una amplia regulación legal y la debilidad del derecho sancionador para los supuestos de contratación en fraude de Ley.Y lejos de solucionar los grandes problemas del mercado laboral, la reforma ocasionará, según estos inspectores, un deterioro de las condiciones de trabajo, básicamente porque "introduce notables ventajas para el empresariado y ninguna mejora para los trabajadores".
MÁS DESPIDOS Y MÁS BARATOS.
En primer lugar, el manifiesto explica que la flexibilidad que introduce en las causas del despido y el pago de parte de las indemnizaciones por parte del Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) "busca más despidos objetivos y más baratos". A continuación, los inspectores denuncian que la pretensión de eliminar la negociación colectiva sectorial o provincial para potenciar únicamente la empresarial sólo aspira a "conseguir una rebaja generalizada de salarios por la vía de la inexistencia de convenios" y, por tanto de todo régimen salarial, en tanto que muchos trabajadores de pymes no tendrán suficiente fuerza para negociar convenios a nivel de empresa. Otro de los puntos negros de la reforma laboral es, en opinión de los inspectores, la facilidades con las que se encontrarán los empresarios para modificar las condiciones de trabajo establecidas. Según la reforma, estas modificaciones podrán hacerse con un acuerdo entre el patrón y tres trabajadores elegidos internamente. "De esta forma, un convenio sectorial o provincial negociado por los sindicatos más representativos puede ser modificado en la empresa por tres trabajadores no afiliados", explican.
Por último, consideran que dar vía libre a las empresas de trabajo temporal incrementará los niveles de siniestralidad e incrementará la contratación temporal.
Boa madrugada, Katangueiros. Ando de visita pola Coru un par de semanas e aproveito para pasarme tamén por aquí. Déixovos uns enlaces interesantes sobre o movemento ou revolución cívica que se está a producir en Islandia a conta das estafas bancarias:
ResponderEliminarhttp://www.corneta.org/no_104/islandia_revolucion_para_europa.html
http://elproyectomatriz.wordpress.com/2010/08/16/islandia-%C2%BFr-evolucion/
O que vimos este verán por alí deixounos alucinados.
Graciñas polos enlaces, amigo Almorzador. E boa visitiña á Coru!!!!! Como dicía a vella e hippi canción: se pasas por Katanga non esquezas levar flores no pelo.
ResponderEliminarGraciñas, Katangueiro. Asuntos familiares... Ogallá fosen vacacións! Pero con flores ou sen flores (e cada vez con menos pelo) agradécese respirar estes aires. Un saúdo.
ResponderEliminarGraciñas, Katangueiro. Asuntos familiares... Ogallá fosen vacacións! Pero con flores ou sen flores (e cada vez con menos pelo) agradécese respirar estes aires. Un saúdo.
ResponderEliminar