A plataforma de persoas adxudicatarias das Vivendas de Promoción Autonómica (os famosas 256) acaba de presentar unha denuncia nos Xulgados polas palabras despectivas e, por qué non, obscenas que, a través dun vídeo realizado pola xente do Blog do Ventorrillo, emprega o señor Ponte Mañana, "a la sazón" presidente da animosa Asociación de Veciños O Cruceiro, contra o conxunto deses 256 adxudicatarios.
Os lemas "Integración SI, guetos NO" semellan totalmente inútiles a estas alturas. Persoas como Ponte Mañana denigran a imaxe de todo un barrio, dando na cidadanía a absoluta sensación de que eses espazos urbanos son xa, de feito, uns guetos. Pero uns guetos de INTOLERANCIA (véxase a obra mestra do gran D. W. Griffith).
Extraña que ningún deses blogs "aliados" comente nada deste despropósito en forma de docu-drama, especialmente sangrante a partir do seu minuto 7:15.
Persoalmente, tampouco nos semella moi acertada a inclusión dun tema do grupo británico OASIS nese vídeo. Non sei qué dirá a súa casa discográfica.
Quédavos con este vídeo. Qedádevos cos aplausos. As palabras de Ponte son demoledoras: "(...)Qué importa que lle chamen dunha forma ou outra (realoxados ou adxudicatarios). Na miña terra á merda non se lle chama caca. É merda. É merda!!!!". Impresionante argumentario. Como para vivir no mesmo edificio ca el.
Para nós, aparecen retratadas, con meridiana claridade, as intencións reais destes "salvabarrios".
Supoño que o seguinte paso a dar será ir piso por piso, unha vez sexan entregados, para "limpar" de narcotraficantes e prostitutas o Castrillón todo!!!!! Xuíces e parte. Moi democrático. Igual había que mirar a qué se adican exactamnte e qué intereses certos moven a persoeiros coma o señor Ponte Mañana.
Estará AVA entre algúns dos que aplauden????? Qui lo sa!!!!!!!!

















