Páginas

Brevis breve

by Brevis Breve
GOBERNANTE: Es lo último que nos queda. Toma el dinero y corre.
BANQUERO: Dame el dinero y vete.

Irlanda busca dinero debajo de las piedras para evitar la ruina del país
"El recorte de 3.000 millones de euros en el gasto público anunciado por el Gobierno se ha quedado obsoleto" (NOTA DO AUTOR: para recuperarse do que tiveron que soltar aos bancos)

CURRANTE IRLANDÉS: Pois levo así dous anos e non dou atopado un chú....
CURRANTE GALEGO: A min non me mires....que levo chanclas!!!!

Abur yogur!!!

1 comentario:

  1. Irlanda foi coñecida ata non hai demasiado como o Tigre Celta debido ó seu espectacular crecemento económico a finais do decenio de 1980 e todo o decenio de 1990. Convertérase case nun paraíso fiscal, dando moitas facilidades a empresas estranxeiras para asentarse no país e aportando, ademais, profesionais moi cualificados, non só nativos, senón foráneos. Tamén se deixaron obnubilar pola tolemia inmobiliaria: os prezos da vivenda nunha cidade como Dublin superaba os prezos de metrópolis como París ou Londres. Polo aluguer dunha habitación nun piso na zona norte dublinesa (en principio, menos recomendable que a zona sur), pedían xa en 2005 uns setecentos euros de media. As hipotecas parecía que as regalaban e moitas persoas adquiriron unha segunda residencia sen ter liquidado nin a terceira parte da hipoteca da vivenda habitual porque pensaban que aquela situación, en teoría ideal, non podía rematar nunca. Aquilo non era unha burbulla, senón un globo aerostático, ós ollos dunha galega coma min, á que xa lle cheiraba mal a orxía inmobiliaria que vivíamos por estas terras. Agora, inmersos todos nesta crise da globalización, compróbase que os cartos dos contribuíntes irlandeses foron destinados a rescatar ós culpables: ós trileros da banca que comerciaban co que se coñece como “activos tóxicos”. Non hai moito o ministro Brian Lenihan aseguraba alegremente que “estaban poñéndolle fin a ISTO”. A indignación do común foi máxima. Os recortes en asuntos sociais sufridos nestes últimos meses (CONSELLO DOS NOSOS AMIGUIÑOS DO FMI) seguen a servir para pagar a desfeita dos activos tóxicos e calcúlase que o déficit dos ingresos nacionais subirá dun 12% a un 32%. Un de cada seis irlandeses está no paro e unha nova vaga de recesión esténdese pola illa co temible nome de ‘double-dip recession’, algo así como unha recesión doble (non sei como traducilo).
    Algunhas das palabras máis sensatas ó respecto escoiteillas a unha adorable señora de 82 anos, avoa dunha íntima amiga: “Isto xa non era unha terra de poetas e santos; era un lugar de piratas e maleantes”. Referíase ás execrables prácticas económicas de implantación de empresas foráneas (como as de telecomunicacións) ou á especulación inmobiliaria e bancaria. Da clase política irlandesa, mellor non falar. Os paralelismos producen arrepíos. Destes xa non sei se dicir se estaban mortos ou de parranda.
    Algo que tamén nos é común é a tendencia a culpabilizar e a demonizar ás clases máis desfavorecidas. Os temidos ‘nackers’ (tamén chamados scumbags ou skangers) inspiran máis temor que todos os señorones responsables desta desfeita? Pois cada vez que eu oio dicir a un señorón traxeado que vai arranxar ou modernizar algo, empezo a temer o peor.
    Tempos duros e complicados pero, como di a avoa Gertie, cun humor encomiable e negrísimo: “Sempre nos quedarán as patacas” (en referencia á Great Famine, a terrible epidemia de fame que asolou Irlanda a mediados do século XIX.

    ResponderEliminar