Páginas

A poucas horas de ti.....a escasos metros de tempo.....(síndrome vacacional)

by Katangueiro

Neste outono invernío que padecemos, uns de mellor humor que outros, cinco son as cuestións, cinco, que me andan a reviravoltar por baixo do pelote. Recapacitemos:

FEIRA DE AUTÓNOMOS DE........GALICIA(¿?)

En coherencia co aquí publicado recentemente, pasámonos pola Feira de Autónomos de Galicia que se celebra ata o día de hoxe en Expocoruña. Como somos máis inocentes cuns nenés de baba, agardábamos atoparnos alí co máis selecto e selectivo da cidadanía consciente que se manifestou na Coruña a favor do comercio local e en contra das superficies comerciais...ben, e do carril-bus, dos bolardos, das beirarrúas do primeiro mundo....etc. Imposible estar máis equivocados, amiguiños e amiguiñas katanguistas!!!! A saber:

a) Si que é certo que nos atopamos con algúns dos convocantes e apoiantes desta manifa comercial, pero ganas me deron, certamente, de tirarlles un pouquichiño das orellas. Compramos cecina nun posto de Zamora, unha cazadora nun posto portugués e unha cousa de fogar noutro posto do veciño país quase-intervido. Vivir para ver...os que falan da importancia do comercio local contraprograman cunha feira onde o comercio local coruñés ocupa espazos significativamente mínimos!!!! Entre a Feira de Autónomos e os Centros Comerciais deben estar encantados en San Andrés, si señor!!!!

b) Resultou curioso entrar no amplísimo párking de Expocoruña e aparcar con extrema facilidade ao lado do accdeso principal ao andar expositivo, sobre todo habida conta de que na superficie habñia hostiazos por deixar o coche montado onde se puidese....Ao final, como defendimos sempre, todo é cuestión de CIVISMO. Tense ou non se ten, esa é a cuestión....

CONSUMIDOR VEHICULIZADO: Pero si yo sólo lo dejé unos minutitos mientras hacía unas gestiones!!!


OS CONTROLADORES DESCONTROLADOS SON COUSA XA CONTROLADA...

Isto é o temilla da semana, pero como non controlamos o alcance de que esteamos en ESTADO DE ALARMA, pasamos de facer leña e despois lume cun asunto liquidado. A Katangueira, ofendidísima, pagou un billete de avión a Madrid para acabar indo en ALSA. A xente pide, con razón, vinganza e sangue por terlles estropeado as súas tan traballadas vacances pero, digo eu e digo ben, que habería que facerlles entón aos que estropearon a nosa economía, traizoaron a nosa-vosa confianza e enriquecéronse a conta da desgraza da maioría???? Que habería que facerlles aos especuladores financeiros???? Que habería que facerlles a eses "empresarios de la élite española" que piden recortes e máis recortes públicos mentras eles continúan vivindo a súa farsa particular de vicios e malgastos???? Que??? Que???

CONTROLADOR (GAYUMBO BRANCO): Dios mío, por qué me has abandonado.....
BANQUERO (GAYUMBO AZUL CLARO) E ESPECULADOR FINANCEIRO (GAYUMBETE AZUL ESCURO): Anda, mamarracho, que por vuestra culpa nos quedamos sin ir a Punta Cana!!!!!

MATAR AO REISEÑOR...

Nos sei se o Assange este é un vivillo ou un revolucionario, pero que a boa e xenerosa xente de Visa, Mastercard, Postfinance ou Amazon estean a boicotealo.....non vos di nada????

Máis en clave local estamos ante os últimos días da Casa das Atochas, centro autoxestionado para a difusión cultural e o espertar social. O soño morreu, viva o soño!!!!

REBELDILLO: Iso, iso...non podemos durmirnos na nosa loita contra a especulación, contra o capital e por un mundo máis xust....zzzzzzzzzzzzzzzzzzzzz........


A EDUCACIÓN: "SIEMPRE DEJÓ EN NOSOTROS UNA GRATA IMPRESIÓN"
(Radio Océano)

Tanto alertar sobre os problemas terribles causados nos cocorotos de nenas e nenos de comunidades nórdicas onde lles "impoñen" os inútiles coñecementos de idiomas regionales para comprobar que o norte, o norte norte, o norte indómito, supera con creces ao sur peninsular en indicativos educativos. Resulta incrible, xa o sei, pero "los alumnos gallegos están por encima del Reino Unido o Alemania en comprensión de textos, al nivel de Luxemburgo o Estados Unidos en cálculo y al de Bélgica o Irlanda, muy alto, en conocimiento científico", segundo o informe PISA 2009. E iso que teñen que estudar galego, que se non......Verdá, señor Feijoo?????. Fóra das nosas fronteiras, para maior abundamento, a Andalucía monolingue na cola e Cataluña na cabeza en canto comprensión leitora. Como co cosa de Assange....non vos di nada????

LA YESI: Pues me encontré con el Yónatan y leía un libro...de papel!!!!
LA YENI: Tía, yo lo flipo, tía, o sea.....es que siempre fue un cutre y un rancio, tía....
LA SAMANTHA: Ji ji ji jito.....(ya me tarda entrar en "gugle" p'a saber de qué estan hablando)
LA VANE: (Por el amor de Miley Cyrus!!! Como se enteren de que veo los documentales de La Dos es mi muerte social...!!!!)



BLOGUEIROS PAPAROTOS

Publícano os nosos coleguis de Galicia Confidencial e xa estamos a recibir correos preguntándonos ao Pacotrón e máis eu se estábamos alí. País!!! Pois non, estimados demagogos. Ou ben a Xunta esqueceu convidarnos ou ben o tarxetón co convite oficial estraviouse polos correos adiante. Cousas da microtoponimia galega. O caso, en todo caso, é que a Xunta, acaso, gastou 71.800 euracos en convidar a nove blogueiros ultrapijos de la muerte a mariscadas e hotelazos....e todo por promocionar un día nos seus respectivos espazos web as Rías Baixas!!!! Pagárono a Xunta e a Deputación de Pontevedra al alimón, como debe ser. A defensa do caso di que só un dos blogs é visto nun día por 30.000 persoas. Uf, que abarrote....E pensar que unha campañiña en prensa de Madrid non sae nin pola metade e poden seguila tres millóns de leitores/as????

BLOGUEIROS PIJOS CONVIDADOS: Si, bueno, pero nuestro púbico, digo, público es muy pero que muy especial, sabes??? Aquí los katangueros es que no pintan nada, sebes?


Que vale...que si...que abur, yogur!!!!

5 comentarios:

  1. Igual o exemplo das rapazas adolescentes non é o máis acaído, katangueiro. Os que baixan -baixamos- o nivel son os rapazolos...Entre o tunning e Hanna Montana é que me andan dun despiste.....

    ResponderEliminar
  2. Foron estes días bastante turbulentos e barullentos polo que parece. Entre tanto ruído perdemos a oportunidade de reflexionar e facernos preguntas realmente importantes.
    Para min foron útiles precisamente para iso, para reflexionar, xunto con amistades que fomos afectadas polas protestas dos controladores aéreos. En medio de tanto ruído... poder buscar algunha argumentación que non estivese tan polarizada. Quen se viu realmente beneficiado? Por que non reaccionamos con tanta virulencia ante outros abusos? Creo que paga a pena ler este enlace; é longo e algo farragoso, pero parece sensato:

    http://www.controladoresaereos.org/?p=6790

    Ante todo quero deixar claro que eu non estou dacordo coas formas: Non só houbo xente que se quedou sen vacacións; é que correron risco operacións cirúrxicas moi delicadas, por poñer un exemplo. A imaxe que deron foi pésima e a imaxe é un activo que hai que coidar nestes tempos de alarma e case sitio/excepción mental.
    E que vivan Assange e que vivan as fendas ("leaks")! Esa cara entre iluminado e Martin Amis faime desconfiar algo pero se pon nervioso a tanto mandamás algo debe haber. Hai un detalle que me conmoveu especialmente: o soldado Bradley Manning, imputado por difundir un "video clasificado", arrisca 52 anos de cárcere. Nese video compróbase como desde un helicóptero do exército norteamericano matan a un grupo de cidadás iraquíes e a dous reporteiros que non supuñan ameaza algunha.
    Nada, todos a darlle ó soma, como no "Mundo Feliz" que creou Aldous Huxley, co monocultivo do pensamento, para que non existan alternativas como a Casa das Atochas (esas rúas onde me criei, a zona cero da miña memoria sentimental, agora nas mans do Clan dos Pérfidos Constructores do Mondadentes na Boca), para que todos falemos a Neolingua orwelliana de 1984...
    Ai, que mundo este... Hai que pagar un prezo demasiado alto por ser, pensar e sentir diferente.

    ResponderEliminar
  3. http://www.cuartopoder.es/elcondensadordefluzo/privilegios/370

    http://www.ted.com/talks/lang/spa/julian_assange_why_the_world_needs_wikileaks.html

    ResponderEliminar
  4. Eu ultimamente estoume apuntando á neolingua da "Laranxa Mecánica", querida druga, porque todo se ve "claro clarito claro como el agua cristalina. Claro clarito claro como el azul claro del día", aínda a risco de que me doa a "quijotera"!!!!

    ResponderEliminar
  5. "Les paraules són com els raigs X. Si aconseguim utilitzar bé, el travessen tot". Aldous Huxley, "Un món feliç". Gràcies per recordar, Arkadina.

    ResponderEliminar