Páginas

O Anxo Exterminador (e 2)


Vén do capítulo anterior.....

O Anxo rompeu o cuarto selo e abriu o cuarto sobre. Vimos como a humanidade se dividía entre os que querían protestar ante os Guardiáns, aos que responsabilizaban do conxunto de penurias que se estaban a vivir, e os que non querían que se fixese nada que puidese molestar aos Guardiáns ou tentase a desprazalos da súa tarefa. Vimos como estes últimos eran maioría e vimos como rían os Guardiáns con todo aquilo. Logo, chegou a Gobernación e mandou protexer os bens dos Interventores, pois eran estes as principais vítimas da ira humana, dada a cercanía e contacto diario con eles. Algúns de entre os mercaderes tamén foron protexidos, tal era o desvelo con que Gobernación se ocupaba da protección dalgúns dos seus súbditos.








ANXO EXTERMINADOR: Ji ji ji ji ji jito.........

O Anxo Exterminador


Chantou as garras con tanta fereza no tellado pétreo que pasou a formar un todo co edificio desde o cal albiscaba a cidade marineda no seu conxunto. Desde a súa posición, na Praza de Mina, era capaz de atravesalo todo coa vista: os montes, os edificios, as persoas...Todo abranguía e todo quería, dándolle as costas propositadamente a Katanga, como se así puidese abstraerse da súa miseria.

O Anxo sorriu con desprezo, en tanto contemplaba os diminutos seres humanos que, horrorizados, non lle quitábamos ollo nunha mistura de curiosidade e espanto. Un reloxo cercano marcaba as cinco horas da tarde. Á súa dereita unha palabra sobresaía como unha fina ironía, habida conta de a quen servía este diaño e para que se atopaba, xusto naquel instante, xusto naquel lugar, alí. O Exterminador procurou nun peto no costado unha cantidade indeterminada de sobres lacrados. Non lle debeu agradar a contemplación daquel xentío cada vez máis numeroso e axitado, que apuntou co dedo índice da man dereita cara a varios dos alí congregados que caeron, pois, fulminados nun instante, présos dunha intensa dor que deixaba profundas marcas nos seus rostros inertes.

Rompeu o primeiro selo e abriu o primeiro sobre. Vimos como milleiros e milleiros de persoas toleaban nunha ansia de consumo que os obrigaba a solicitar audiencia ante os Guardiáns para ver de obter suficientes moedas coas que poder comprar un anaco de mundo. Era tal o desenfreo que contrapoñían como garantía bens, persoas e almas, sen pensar nin ter consideración sobre o auténtico valor do que ofertaban e do escaso, case nulo, valor recibido a cambio. Para cando os Guardiáns reclamaron o que eles voluntariamente prestaron, xa era tarde para moitas xentes humildes, primeiras vítimas de engano e desposuídas repentinamente de todo o que era a súa existencia. Días despois caeron os demais con eles, tamén os comerciantes.

Rompeu o segundo selo e abriu o segundo sobre. Vimos ringleiras interminables de seres suplicando aos Guardiáns, e mesmo a Deus, para seren salvados ou, cando menos, ver minorizado o seu sufrimento. Camiñaban sedentos, nus en ocasións, entoando unha ladaíña profunda que nos sometía os sentidos a todos os alí presentes. Vimos morrer a pequerrechos e pequerrechas inocentes, xustiño ao noso lado, e a ninguén máis preocupou que a quen debía facerse cargo dos corpos putrefactos. Pasadas unhas xornadas interminables, os Guardiáns explicaron que pronto anunciarían os sacrificios que debíamos realizar se queríamos realmente ser axudados por eles. Tamén adiantaron que aqueles sacrificios serían terribles, mais precisos todos eles se desexábamos abandonar aquela indigna condición na que nos víamos. Ninguén ousou repricar. Máis ao contrario, foi tal a excitación contida naquelas horas de desolación que a humanidade admitiu todos os sacrificios de bo grado, mesmo sen antes coñecer o seu verdadeiro alcance. Algúns de nós fomos incapaces de parar de chorar.

Rompeu o terceiro selo e abriu o terceiro sobre. Vimos a todas as mulleres e a todos os homes en traballos diversos, gardando de todo aquilo unha pequena parte para a súa mínima manutención e entregando o máis do que tiñan aos Interventores, quen logo entregaba á súa vez o resultante total da xornada aos Guardiáns. Como estes adicaban a suma recibida máis ben ao seu propio servizo, antes que atender aos necesitados e mesterosos, sucedéronse protestas aquí e alá, pero os máis nin atendían a nada qiue se dixese, tan cansos e derrotados que se atopaban. A Gobernación decidiu, á súa vez, entregar unha boa parte das moedas das que dispoñían para atender tanto as necesidades máis comúns no presente, como as posibles necesidades do futuro, aos Interventores, para que estes as fixesen chegar aos Guardiáns co recado de que agora pasaban a ser totalmente do seu uso e goce, puidendo con elas axustar todo aquelo que os Guardiáns decidisen que era preciso axustar, na orde e importancia que eles entendesen, e sen ter que dar máis conta disto nin a humano, Interventor ou Gobernante, pois era o menos que se podía facer por quen velaba, día e noite, pola pronta recuperación de todos e todas nós. Así falou a Gobernación e así se fixo. Deus nos garde.

CONTINUARÁ....



"Asamblea de Majaras". Sinfonía en tres actos

by Pacotrón


Sábado 18 de setembro de 2010. O Comité Central, logo de profundas deliberacións, e en nome do conxunto da Asamblea de Majaras, proclama: mañá sol....e bo tempo!!!!

Por entre os discursos e as arengas, as primeiras notas dunha sinfonía van vencendo segundo pasan as horas do día:

Allegro

"As penurias do Porteador"

Contra a metade do día, na pétrea capital húmida e morna, o Porteador disponse para a defensa da última fronteira, a fortaleza construída para a Patria infinda. Rodeado dos seus máis próximos, e mentras se inspiraba no xogo de luces e sombras que as raiolas do sol inventan por entre as estreitas rúas centenarias, o Porteador sentiu certa náusea ante a ben escasa partida que lle conseguiran reunir. Os Voceiros do Pobo rumiaron o seu desleixo en forma de preguntas crónicas sen apenas emoción. Pero esta vez, a pose grave e a voz ronca do Porteador conseguiron elevarse por entre os sons da naturalidade urbana e do continuo devir cidadán:

-O Porteador son eu!!!- proferiu, e as cousas propias da metade do día mantiveron preserverantes a súa continuada teima de rodar, e rodar e rodar. Costa abaixo. Aproveitando as sombras.


Larghetto

"As pretensións do Galinauta"

O xoven e temerario Galinauta despregou as cartas de navegación ante o nutrido grupo que o acompañaba. Inventou unha liña trasversal por entra as cortantes rochas e as perigosas mareas e pulsou con grande ímpetu o punto final do seu destino.

-Por aquí, compañeiras e compañeiros. Por aquí para chegar ata aquí!- indicoulles desprazando o dedo índice dende un extremo do mapa ata o outro.

Non agromou o entusiasmo tal e como o Galinauta agardara, sentimento quizais adormecido trala durísima viaxe que os levara a varar naquela paraxe. Preparara a súa alocución a víspera, confiado no poder iniciático das súas palabras. Para nada.

Contra a tardiña, e entredentes, algún desconfiado murmuriscou: "Tú a Boston y yo a California", pero nada salintable pasou.



Finale (Minué)

"As leccións do Bürgermeister (Bürger=cidadán. Meister=mestre)"

O Bürgermeister levantou a mirada, dirixíndoa aos que o acompañaban. "Son poucos", rosmoulle ao oído un dos seus máis próximos na estancia, pero non na constancia. "Suficientes", espetoulle tan rotundo e confiado que nin tan siquera quixo virarse cara a el.


Epílogo para o final do día

DOUTOR CALIGARI: Impagable!!!!!


Abur, yogur!!!



NOC saca "negroscurocasiclaro": unha qualité case, pero case, katangueira

by Katangueiro, a partir dun extenso correo que nos envían os Amigos Popeiros

¿Resulta acaso unha lousa tan pesada vivir nunha cidade europea de tamaño medio, como é o caso da nosa marineda e katanguista extensión urbana e humana, que resulte pouco menos que imposible triunfar en calquera das artes plásticas e/ou drásticas que nos propoñamos si no y sólo si no nos trasladamos a vivir a Madriz, rompeolas de todas as katangas, e operamos desde alí? É isto posible?

Os nosos Amigos Popeiros cren que non, aínda que as probas e a experiencia digan, máis ben, o contrario. Eu, como xa vos vou rancio, non podo menos que lembrar a Radio Océano, un grupo de moitísimas máis excelencias que moitos e moitas que pululan por aí agochados, á espreita do seguinte asalto, detrás das liñas defensivas dos corenta abominables!!!

O certo é que salvo Xoel Deluxe, que tivo de marchar á capital estatal katangueira, e algunha aparición de Pablo Bicho, outro que tal, non sabemos de grupos locais que puidesen ter obtido a recompensa, cando menos, de que se lles escoitase e dese unha oportunidade. Triste sino o do pop en Katanga!!!!!!

Pero eis que os Amigos Popeiros insisten en que escoitemos e valoremos (nota de Katangueiro: sería mellor "valoricemos") o ambicioso traballo destes tipos tan próximos a Katanga...polo menos así o está o seu local de ensaio: ao sur do Río Lobo ou Ronda de Nelle, nas beiriñas máis septemtrionais do Río Bravo ou Ronda de Outeiro. Amigos de Katanga, pois.

Estes rapaces, que se chaman NOC, veñen de poñer á venda o seu primeiro cd titulado "Negroscurocasiclaro". Os Amigos Popeiros recoméndano (nota de Pacotrón; e eu tamén). Podedes coñecer algo máis de todo este enredo musical AQUÍ MESMIÑO.

Sigo sendo apenas un excéptico para este tipo de apostas (nota de Katangueiro: non sei por qué Pacotrón ten que meter notas nas miñas entradas), e máis se proceden dos nosos espirituosos  Amigos Popeiros, pero non estaría nada mal, e xa lle iría sendo hora, que por unha vez o grupo máis escoitado -esperamos que fóra dos corenta indesexables, of course-, estea formado por unha peña galega de aquí, e non por subprodutos niñato-madrileñoides ou caribeño-perralleiros de quita, sobre todo de quita, e pon!!!! (nota de Pacotrón: ou de Pin e Pon, que tamén).


KATANGUEIRA AUSTRONÁUTICA: Agora mesmo vou largar polo sumidoiro das letrinas este p. cedé do p. Bisbalete e a súa p. canción do p. mundial e vou poñer NOC. Así, cun par....


KATANGUEIRA DESPELOTADA: Uf...por fin...qué paz....Este Katangueiro e os seus gustos musicais tan mamarracheiros e ranciotes!!!!!! Mira que traer para as vacacións a discografía completa de TODOS os triunfitos, os máis patéticos tamén!!!!! Dáballe así, e así e así.......!!!!

Uf,en fin...vaia liada me monta a Katangueira desta vez.....Aburete yogurete!!!! (nota de Pacotrón: é que a culpa é túa, neno, por prea e borde) (nota de Katangueiro: quita daí pero xa, rata de sumidoiro!!!).

Baixo a praia está o formigón

Texto e fotos by Pacotrón

(Esta entrada é continuación de HOLIDAYS IN THE SUN)

Se para achegarse a un lugar debes percorrer unha autovía que, en ocasións, colga tan directamente sobre o mar que a unha beira contemplas o Mediterráneo e á outra un faro, non poderás estrañarte de que os chiringuitos de praia estean instalados NA PROPIA PRAIA. Isto ocorre na Costa del Sol, máis concretamente na provincia de Málaga. No Concello de Marbella a rede de sumidoiros atravesa as súas numerosas praias formadas por area escura e seixos africanos a partes iguais. "Eh que lah alcantarillah estaban anteh", dirá un lugareño se preguntades. O Katangueiro pregunta moito pero, ás veces, é mellor non saber.

Baixo a praia, entón, está o formigón. E baixo o formigón? Pois a praia, que vai estar!

Queremos praia, queremos paseo marítimo e queremos piso con vistas, pero todo non pode ser. Polo menos, sen pagar un alto prezo. É Puerto Banús un porto deportivo privado onde multitude de novos ricos, e varios aspirantes a selo, pasean os seus complexos deleitándose coa contemplación de embarcacións de recreo que ben semellan trasatlánticos a escala 1:43. Dá vergoña allea. Nas súas praias máis próximas, cando sube a marea, poden verse sumidoiros no medio do mar. Qué difícil é esconder a merda!!!!!


Os Gil, Roca,   Cachuli and company deixaron profundas cicatrices nesta parte da costa malagueña. Hoteis que nunca se remataron por falta de axuste á licencia, párkings de tres pisos inutilizables por carecer de toda legalidade, obras de restauración paradas a medio facer por trapallada urbanística...ata hai rúas como as rúas estreitas da Agra con edificios de dez alturas a ambos os dous lados!!!! Como en Katanga...levanta pisos e anda!!! Pero, sendo xustos, tamén chama poderosamente a atención o coidadiño que está o casco histórico de Marbella. "Un vazurero anteh de Gil", cóntannos. Mira que lle dixen ao Katangueiro que non era bo preguntar...sempre.




Tamén destaca esa zona polo bo gusto en canto á decoración floral e vexetal que descubrimos aquí, alá e acolá. Pública ou privada, a iniciativa natural e colorista non ten parangón polas nosas latitudes galaicas. Durante o día emborracha o aroma do xazmín, vencido sen condicións pola Dama de Noite ao caer a escuridade. Abraia a combinación de palmeiras nos Paseos e eucaliptos dentro das praias pensados para aqueles que procuran algo de sombra nos días en que os termómetros NUNCA NUNCA baixan de 27 graos. Se te curras ben a foto, parece un paraíso.


Moi perto de Marbella están as vilas de Ronda, camiño de Sevilla, e Mijas. Son estas dúas vilas tan cariñosamente consevadas que non atopo comparanza entre as nosas. Digamos que están máis e mellor conservadas que a aldea dos Ancares máis e mellor conservada que coñezades. Sitúanse en partes altas dos montes septentrionais, a non moitos kilómetros da Costa. Non veredes alí edificio algún que rache coa horizontalidade do seu urbanismo. E cantas flores!!!!!

Existen diferentes formas de enfrontar o fenómeno do turismo. Mesmo con fórmulas exitosas que non supoñan a destrución do patrimonio. Podemos velo en partes do Alentejo e Algarve. Tamén pervive, de certo modo, en determinados lugares da Costa do Sol. A súa antiga liña mariña estaba protagonizada polas continuadas prais, as pequenas dunas próximas e o monocultivo da cana de azucre. Salpimentadas, pequenas casiñas brancas advertían da presenza de actividade mariñeira. Foron os primeiros chiringuitos.

KATANGUEIRO: Baixo a praia estará o formigón, káustico amigo Pacotrón, pero sobre a area está o chiringuito...que non todo vai ser malo!!!!! Niñooo, una Campofrío, plis!!!!!

EPÍLOGO

Recomendáronnos visitar a igrexa da Nossa Senhora das Salas, en Sines. É unha capela algo morisca ou bizantina que ten unha relación con Vasco da Gama, o navegante. O que non poderíamos imaxinar é que o máis interesante se atopaba fronte a fronte do adro da capeliña. Un vello edificio, agora en desuso, expoñía a súa máxima anarquista pero, facédeme caso nesta ocasión, totalmente real. Aquí vos agasallo a foto:


E aquí o temilla musical relacionado:



Abur, yogur....