Páginas

O Partido Copular ou agora entendo a CORCOBA!!!

by Pacotrón

Madre del amor hermoso!!!!!!

O Partido Popular da Coruña, dirixido por Don Carlos Negreira "O Benefactor" -tamén coñecido como "O Protohombre" ou "O Coruñés de pro"- vén de transmutarse, por arte de birli-birloque (ese barrio) en Partido Copular...o cal, dito sexa de paso, xenerou en nós grandísima e humidísima satisfacción.

Como podedes comprobar na imaxe que vos propoñemos ao comezo do texto, o plan de propostas de ocio a cuberto deste preclaro e españolísimo líder conservador contempla estender a "cubrición" como forma de lecer, tanto para nenos e nenas nos seus parques infantís, como para toda a familia no conxunto das instalacións deportivas dos barrios. Supoño que a estas alturas teredes advertido que o significado ÚNICO E ININTERPRETABLE da palabra "cubrición" en español, segundo a RAE ou o dicionario VOX é a seguinte:

RAE:

Cubrición.
1. f. Acción y efecto de cubrir (el macho a la hembra).

VOX:

Cubrición.
f. Acción y efecto de cubrir el animal macho a la hembra.

Non sei se xa volo dixera pero...encántame este home!!!!!!!!! Agora xa sabedes porque Corcoba pedirá o voto para o Partido Copular, digo, Popular.....

DON CARLOS: Je je je je je......(que no me pregunten por la cubrición...que no me pregunten por la cubrición, por Dios!!!)


Aburete, iogurete.....

6 comentarios:

  1. Incredibile!!!!! Isto vén demostrar que mesmo os maiores defensores da lingua cervantina precisan dunhas clases de gramática, especialidade léxico-semántica!!!! Ou iso ou teñen ao "inimigo" na casa....Se aínda o fixésemos nós, que somos uns pervertidos!!!!

    ResponderEliminar
  2. Nada de incrible. Non vistes a liada que montaron co L de "Lacuruña"? Deixádeme buscar na hemeroteca pero creo que tiveron un problema cunha campaña publicitaria porque o slogan xa estaba "patentado". Moi pouca previsión para ser un partido tan serio e eficiente. Estarán na curia rachando as sotanas e as mitras. Penitenciagite!

    ResponderEliminar
  3. Cópula+penitencia=supermorbazo!!!!!! Máis aló dos coiros de Dona Corina, máis aló aínda de Don Alberto o Galán. Máis aló dos calcetíns de Dona Espe e máis aló dos taconazos da señora Mato. Existe outra dereita, pero está en ti. Boa pillada, katangueiros!!!!

    ResponderEliminar
  4. Periodista reservista12 de mayo de 2011, 10:12

    Puestos a excitar los más bajos instintos, que es la estrategia que implantó este hombre en los modos de hacer oposición popular en esta ciudad, sólo les faltaba la cubrición para cubrirse y cubrirnos de gloria. De gloria bendita.

    ResponderEliminar
  5. Un momento glorioso (de los muchos de Ana Botella): "Botella culpa al 'polvo africano' de la polución del tráfico".

    http://www.elpais.com/articulo/madrid/Botella/culpa/polvo/africano/polucion/trafico/elpepiespmad/20080125elpmad_4/Tes

    A lo mejor por eso se dieron el piro Tamayo y Sáez en Madrid en 2003 y propiciaron el Esperanzato que nos lleva martirizando desde entonces. ¿Qué tendrá esta gente en el subconsciente?

    ResponderEliminar
  6. ¡PRIMICIA!
    Hitler entérase de que Martiño vai perdelas eleccións en Teo
    Mira o video en noticiasdeteo.blogspot.com e de paso participa na enquisa (quedan 5 días)
    SALUDOS

    ResponderEliminar