Páginas

Sobre Democracia Real e Acampada Coruña: unhas preguntas desde o cariño....

by Katangueiro

Puxéronse en contacto con nós diferentes amigos e amigas pedíndonos ou dando opinión sobre o que está a acontecer en diferentes cidades do Estado desde o pasado 15 de maio, incluída entre estas A Coruña Marineda. Expliquémonos pois.

En primeiro lugar temos que dicir ben alto que levamos moito tempo absolutamente fartos do que está a pasar duns anos a esta parte, e moi especialmente estes últimos doce meses. Algo había que facer e algo está, entón, feito. A nosa xente máis moza non ten futuro, como tampouco o tiñamos os mozos e mozas do 93. Un exemplo: dos meus 50 compañeiros e compañeiras de licenciatura non chega a dez os/as que traballan en algo relacionado directamente cos seus estudos superiores. Así, tal cal. Que ninguén dubide que estamos ABSOLUTAMENTE INDIGNADOS, coma vós.

En segundo lugar, debemos xa matizar unha serie de cuestións en boca da xente estes días e que precisan una visión revisada, moi fóra do infantilismo idealista que denomina "revolución" a unha acampada sen consecuencias políticas nin económicas (polo de agora) para ningún dos auténticos responsables da crise financeira que padecemos e sufrimos.

Primeiro matiz: cando comezaron as protestas, a raíz da convocatoria nas redes para concentrarse o domingo 15 de maio, os banqueiros e mercados eran a diana da protesta, xunto cunha clase política rendida aos seus intereses ("seus" dos banqueiros e "seus" dos propios políticos dominantes). Estes últimos días o que se está a transmitir é un absoluto desafecto cunha clase política á que non se quere ver diante nin en pintura, e aquí, aparte de PP e PSOE, tamén se van incluíndo IU, BNG, UPyD, etc...Permitídeme un aviso ou advertencia: cando nunha sociedade calquera se instala, ou axudamos a instalar, a idea de que todos os políticos son iguais acaba beneficiando o voto conservador. Ás probas me remito: eleccións autonómicas galegas, eleccións en Irlanda ou Finlandia, etc...Curiosamente, nunha Alemaña que non padece esta crise e que, por tanto, non se desafectou da súa clase política como aquí, vai gañando terreo a esquerda e o ecoloxismo. Quedou claro???

Segundo matiz: os motivos centrais das protestas son compartidos por nós, pero eu pregunto aos acampados:

Cando se pide que non se vote a PP ou PSOE estase dicindo que é máis democrático, ou a democracia é máis real, se se vota a Unión Coruñesa, UPyD ou Partido Humanista, por citar algúns exemplos?

que facíades hai menos dun ano cando os mercados, as axencias clasificadoras propiedade do capital norteamericano asociado ao dólar, e certos medios de comunicación corruptos acosaban ab España e Portugal para que se rendesen como Grecia e Irlanda e aceptasen un rescate que é unha lousa para o progreso social das próximas décadas???

Onde estábades cando a Unión Europea aproba prestar a Grecia, logo a Irlanda e ultimamente a Portugal miles de millóns de euros a un 6% cando o recibe a un 2%???

Onde estábades cando no Parlamento Español se aproba un millonario fondo de rescate da banca e caixas cando en todo o tempo da crise nunca, insisto, NUNCA chegaron a perder cartos????

Onde estábades cando se asinou a liquidación do sistema -social- de Caixas a conta dun risco de quebra do conxunto que nunca, volvo insistir, NUNCA chegou nin a ser probable no peor dos escenarios????

Onde estábades cando os sindicatos, todos, chamaron á protesta polos recortes en salarios e pensións porque hai que apretarse o cinturón para que as nosas multinacionais continúen repartindo primas, prebendas e indecentes beneficios entre catro señoritos???

Onde estábades cando Nuñez Feijoo gañou con maioría absoluta e comezou a desmontar todo o programa social posto en marcha polo bipartito??? Eran entón todos iguais???

Onde estaba a vosa solidariedade cos nosos veciños portugueses (Oporto está á mesma distancia da Coruña que León) cando a oposición conservadora (o seu PP) impediu aprovar os orzamentos do Estado abocando a Portugal a un rescate criminal en sentido literal???

Onde estábades, en definitiva, cando a xentuza que realmente nos goberna se reúne en hoteis de superluxo e adopta decisións entre risos que afectan gravemente a persoas humildes de todo o mundo???

Se é verdade que todos os políticos son iguais, como moitos de vós transmitides estes días aos medios de comunicación conservadores que están encantados de amplificar o voso movemento, por que, insisto, POR QUE sempre gañan os mesmos????? En España só tiveron maioría absoluta o PSOE de González e o PP de Aznar. En Galicia só o PP de Fraga e, agora, o PP de Núñez Feijoo. Como diría Mourinho: POR QUE, POR QUE, POR QUE?????

Mañá son as eleccións. Xentuza como Dona Espe e Camps van arrasar. A dereita vai subir en datos globais, e moito. Veremos o que dura o espírito de Sol cando todo isto pase.

ÚLTIMA CONSIDERACIÓN: ninguén se estrañou, verdadeiramente, de que o día 16 de maio o conxunto da prensa española tivese xa deseñado, clarificado e difundido a unha vez e voz toda unha serie de etiquetas como "Espíritu de Sol", "Espíritu del 15-M" o "Los Idignados" (en referencia a un ensaio que está tendo un exitazo editorial sen precedentes) e lindezas polo estilo??? É todo tan...casual??????

Son preguntas feitas desde o cariño. A nosa opinión sobre o mundo que nos tocou vivir está recollido nesta humilde canción:


De todas formas, podedes seguir o debate sobre a desvinculación de Democracia Real Ya sobre a acampada da Coruña e o que opina a xente que participa, en maior ou menor medida, nas protestas nesta páxina de Democracia Real Ya-A Coruña.

Abur, yogur. A canción do Ferreiro vai contra os que nos gobernan de verdade.

28 comentarios:

  1. Periodista Revisionista21 de mayo de 2011, 13:13

    El verano pasado supongo que la gente tenía bastante con celebrar los enoooormes éxitos de la seleción española de fútbol en el Mundial. ¿No lo recordáis? Estos últimos meses, en Coruña por lo menos, por la situación del Deportivo. Motivos para manifestarse o acampar donde sea los hay a mares. El hecho de que se haga a las puertas de unas eleciones municipales, las menos municipales de la historia, aporta una sombra de sospecha, ciertamente. ¿Eran los padres y madres que participaron de las protestas de Galicia Bilingüe personas realmente preocupadas por la educación de sus hijos e hijas?

    ResponderEliminar
  2. Eu navego nun mar de dúbidas, amigos. Claro que me mosquea algo esa contemporización, cando non compracencia, de medios conservadorcísimos para co movemento, inconcebible ante outro tipo de mobilizacións, pero tamén é verdade que á dereita, en tanto se discuta a capacidade ou oportunidade da clase política en xeral, espera os réditos que comentas ao comezo do texto. Por outra banda, supoño que en IU están agardando impacientes para ver se todo isto, especialmente no caso de Madrid, se traduce en votos para eles inesperados hai dúas semanas, e isto á súa vez dá para un disgusto dos gordos de Esperanza Aguirre. Está o tema confuso, pero supoño que todo se aclarará a partir non tanto dos resultados de mañá como da reacción que provoquen estes resultados no conxunto do movemento de protesta. Teño intriga, non o nego.....Sobre o fútbol, home, Periodista, que eu hoxe podo estar pendente do Dépor durante dúas horiñas sen que iso merme a miña capacidade crítica co actual sistema no que estamos a vivir. Non me sexas Sánchez Dragó, que todo pode ser atendido na súa xusta medida, non?

    ResponderEliminar
  3. Pero si que é certo que aquí semella que La Razón non está moi "indignada" co movemento, en especial tendo en conta que se pide unha reforma electoral que reduza o bipartidismo. Ou que se extinga o FMI. Ou que se nacionalice a banca...

    http://www.larazon.es/noticia/3411-twitter-extiende-la-revolucion-de-los-indignados-por-todo-el-mundo

    ResponderEliminar
  4. Mirade as propostas aprobadas na asamblea da Porta do Sol de Madrid. A primeira parece redactada por Rosa Díez.... e a monarquía nin tocala!!!

    ResponderEliminar
  5. A minha opinião é que este movimento de revolucinário não têm nada, senão tudo o contrário, de contra-revolucionário.

    Chega num momento de claro oportunismo eleitoralista, não quando a situação o requiria, como bem dizes. E amais é utilizado constantemente como instrumento para dirigir o voto.

    Chama a atenção que a principal revindicação deste movimento na Galiza seja o distrito eleitoral único (espanholismo radical) e, em qualquer caso simples reformas eleitorais, nunca verdadeiras medidas democratizadoras.

    Chama a atenção que foi importado de Madri. Não vos contagiou o movimento português da Geração à Rasca, muito mais próximo e com muito mais conteúdo? Ou esta gente está desconectada do mundo e só tem olhos para Madri, ou é um chiringuito dos de Madri, não há outra.

    Os bascos e catalães desseguida se desligaram deste movimento ao ver o apodrecido que está, e ao não ser aceitado o direito de AUTODETERMINAÇÃO como reivindicação democrática. Interessante discussão nos comentários do menéame: http://www.meneame.net/story/catalanrevolution-alza-voz-marca-distancias-puerta-sol-cat#c-66

    Não há propostas, não há ações reais, só uma rapazada apolítica queimando a sua raiva e acreditanto que são revolucionários guais, «joder, que bien, somos la hostia»..

    Patético.

    Veremos se passado o 22-M essa gente continua, ou foi só um instrumento eleitoral que outros sabiamente manipulavam.

    Veremos também se os bascos e catalães conseguem fazer deste movimento apodrecido algo de proveito.

    Um saúdo.

    ResponderEliminar
  6. os sindicatos todos , nom, nomeade a ccoo e a ugt, ata onde eu sei a CIG a CUT e mais a CNT NOM ASINAROM NADA DA REFORMA.

    ResponderEliminar
  7. Eu espero, desexo, soño con que isto non quede en nada, tal e como quedaron outros movementos cidadás, que seguiron pautas similares e acabaron diluidos na nada e na amnesia. Non hai tantos anos (2002-2005). Logo parece que ficamos anestesiad@s co soma que habitualmente nos vende: "Ti confía en min e xa verás todo o que vou facer por ti". Como se non houbese en cada unha/un de nós responsabilidade ou posibilidade de acción, reflexión ou participación na vida pública. Lembremos a orixe do termo "política": O relativo ó ordeamento das cidades.
    Seguindo a estela do Generalísimo Franco (aquela célebre frase, "Haga como yo, no se meta en política", marcou época) houbo un lento proceso de exterminio da capacidade de reacción e reflexión en toda unha sociedade durante moitos (demasiados) anos. Opino isto porque son neta dun represaliado e filla do fillo dun represaliado. Tan terrible e dura foi a experiencia que a resistencia (que a houbo sempre) foi pasiva e o medo chegou ata a morte do dictador, que coincidiu co meu nacemento. urante eses "plácidos anos" de democracia orgánica houbo innumerables arribistas "facendo política" que non tiñan máis meta que enriquecerse e deixar atrás unha vida mediocre ou realmente miserable. Pouca xente da miña idade (ou máis novos) oíron falar dos "haigas", do estraperlo ou da cartilla de racionamento. Se lles queda algún avó ou avoa vivo poden consultalo con eles. A min explicáronmo desde ben nena , para que aprendese a valorar o que tiña. Tanto o meu pai como a miña nai querían facer de nós persoas honestas e xustas, alentaban as nosas inclinacións esquerdistas, a nosa participación en movementos sociais, pero o da militancia política non lles gustaba nada. "Vota, vai votar, non deixes de facelo, pero non te metas en leas". Os valores e os principios (e con eles as ideas) foron substituidos nesta sociedade por un materialismo inhumano e antinatural, que intentaron facernos ver como sinónimo de "estado de benestar". Deixamos de ser cidadáns e cidadás e convertímonos en consumidores e consumidoras.

    ResponderEliminar
  8. "Si, vale, pero éche o que hai, nada vai cambiar realmente, por moito barullo que montes". Canseime de oir frases así cando tiña pouco máis de dezaoito anos. Ata que fun atopando amigos e amigas que compartían o meu desacougo vital e moitas inquedanzas, xente tan desorientada e extraña coma min, que pensábamos que algo non funcionaba e algo había que ir cambiando. Pouquiño a pouco fomos canalizando a nosa frustración e malestar a través do traballo (no eido social, sanitario e educativo, principalmente) e algúns deles con participación política moi activa. Algún e algunha acabaron moi queimad@s e desistiron. Outros seguiron adiante, facéndoo o mellor que sabían e podían.
    En 2000 tiven a fortuna de coñecer a persoas como Daniel, Bettina ou Isel, que vivían na Arxentina e xa nos anticiparon ós/ás colegas de Europa algo que tamén podía pasar aquí: o temido “corralito”. Ó ano seguinte “pasou o que tiña que pasar” e as caceroladas foron protagonizadas pola depauperada clase media. Nunca esquecerei o amargo comentario de Bettina (nun dos primeiros correos electrónicos que intercambiamos): “Ahora, ahora salen, cuando les tocan la plata. No salieron antes cuando otras personas nos movilizábamos contra el Menem , contra la distribución injusta de la riqueza en el país o contra la destrucción del estado social”. A min as súas palabras parecíanme demasiados duras porque sabía de persoas honradas que perderan os aforros da súa vida, o que sería o sustento da súa vellez. A miña amiga explicoume que os casos desas persoas serían algo así como “danos colaterais do capitalismo salvaxe”. A banca sempre gañaba e “ustedes no tardarán mucho en sentirlo”. Clarividente Bettina! Tardar tardou pero cando chegou a "crise" fíxoo con saña. Por enésima vez volvemos a Augusto Monterroso: "Cando acordou o Gran Capital (a cobiza, a avaricia) seguía alí".
    Teño amigos e amigas que participaron nalgunha acampada en distintos puntos do estado: Llum, Myriam, Pablo, Gador, Issa, Saioa, Laura, Vicente, Marco, Ekaitz, Mónica, Biel, Oli... Ningún deles é "apolítico" nin "apartidista". Todos eles superan, coma min, os trinta anos. Hai quen ten emprego e quen non o ten. Hai quen vive o que se considera "unha boa vida" ou "unha vida precaria". Pero tod@s coincidimos nunha idea: non podemos seguir retrocedendo, non podemos seguir protestando no bar ou na casa, debemos tomar o mando das nosas vidas.
    Pode que este movemento inicial sexa demasiado "simbólico", que as consignas sexan moi difusas,que non haxa propostas firmes, que o vexamos moi pouco viable. Na miña humilde opinión (e polo que teño vivido estas semanas) hai moitas e moitos que non queren que isto quede en nada. Resulta, cando menos esclarecedor, as acusacións de manipulación dunha banda, os intentos de outr@s de abeirarse cos "indignad@s". Esta reacción colleu a demasiadas persoas e institucións co paso cambiado. Cando teño que escoitar un discurso estilo "Ou eu ou o diluvio", realmente dame a risa. Confeso a miña ignorancia en moitas materias e intento informarme e aprender, pero tonta ou descerebrada non son. A miña salvación ou a miña "redención" non está en tal ou cal "figura política". De ser isto posible, sucederá coa miña participación, non Deus ex machina.

    ResponderEliminar
  9. Por último e acabando o meu rollo: Quero vivir nun lugar onde poidan votar se prefiro Monarquía ou República, non quero que se utilice un invento tan burdo como a Lei de Partidos, quero que cambie o sistema electoral que permite que se presenten imputad@s por corrupción política nas listas electorais, quero que haxa negativas firmes ó sistema dictatorial financeiro. Iso (a min ou a algún amig@) convérteme en "apolítica" ou "apartidista"? Eu diría que non.
    Mañá, cando saia de traballar do meu turno de mañá, irei votar. Votarei como levo votando desde que tiña dezaoito anos. Votarei coa convicción de que o meu voto é útil, de que é a expresión da miña vontade e, por suposto, sabendo que non todos os partidos son iguais, que non toda a "clase política" é igual, que non todas as decisións valen o mesmo. Votarei como fixen nas últimas eleccións sindicais no meu sector (a principios deste mes). Porque creo que son maioría as persoas válidas e íntegras, que é o que realmente fai que este o mundo pague a pena.

    ResponderEliminar
  10. O blog de Democracia Real que recomendamos censura os comentarios que non lle son especialmente compracentes. Vaia.....

    ResponderEliminar
  11. Bem, katangueiro, uns quantos votinhos menos para o nacionalismo. Mas, é claro, a culpa é dos cativos.

    ResponderEliminar
  12. Parabéns polo artigo. A pregunta de "onde estabades cando?" é a que leva sonando na miña cabeza toda a semana. E engado máis: onde estabades cando se fixo a reforma laboral, a das pensións, cando se atacou Libia? Onde ostia estabades? Que pasa? que agora como esto viene de Madrid y a través del Facebook mola más? En fin, que todo vaia ben... Supoño que os movementos galegos (que traballan todo o ano) terán moito que aprender desta histoira. Pero fotos como a pancarta da acampada de Ourense onde se le ben grande: "Spanish Revolution!" son cousas que por inxenuas e alleas me botan para atrás.

    ResponderEliminar
  13. Anónimo reintegracionista: podes aclarar quen son os cativos? E por que menos votos para o nacionalismo? E cal nacionalismo?

    ResponderEliminar
  14. Eu perguntaria-lhe a Pacotrón e os "tellistas" por que apoiam sempre em todo ao neoliberal PSOE e ao corrupto PSOE da Corunha? Onde estavais vós, Pacotrón e tellistas en todas essas problemáticas: reforma de pensioes, reforma laboral, Líbia, etc.? Onde estavais vós sem impedir a corrupçao dos "socialistas" na Corunha?
    E logo consideras-te "irmandiño". Vaia contradiçao! Que opinará de ti, meu home, Manoel Santos? Gostaria savé-lo.
    Amola-te por que te consideras classe política este movimento do 15-M? Deveria-vos dar vergonha por nao fazer nunca nada pela gente precarizada.
    Nao te avergonha apoiar ao PSOE neoliberal e partidário da especulaçao urbanística e das grandes superficíes comerciais?

    ResponderEliminar
  15. E quen es ti para falar de corrupción e de cómplices de corrupción? Alguén con información reservada ou alguén que prexulga ás persoas pola súa militancia? Pensas pois que o BNG municipal da Coruña foi corrupto?É iso o que queres dar a entender? Es ti un PURO porque estás acampado (literalmente ou emocionalmente) e escribes en norma lisboeta sen trato de cortesía? Gostaríanos escoitar de ti algunha proposta concreta que levaríades adiante, por variar, e menos chateo "rosa". Deixa a Pacotrón, que bastante ten con aturar xente que se cre cousas como as que ti dis.

    ResponderEliminar
  16. Praça 15 de Maio23 de mayo de 2011, 3:33

    Pacotrón: Vós os tellistas do Concelho da Corunha calastes a corrupçao do PSOE local, que conhece tododeus. Que me diz, Pacotrón, do Boulevard do Papagaio? Se o BNG tivo os resultados que tivo foi por culpa vossa e as vossas alianças com o PSOE local e a vossa inoperáncia.
    Como exemplo de falta de propostas concretas tu durante quatro anos no Concelho.
    Nao es de esquerda para nada. Rio-me do teu altermundismo irmandinho de boquilha, muito reaccionário.

    ResponderEliminar
  17. Anónimo de Katanga23 de mayo de 2011, 10:11

    Los Tellistas callaron por que ese era el precio por poder tocar poder en Mª Pita, en cuando a Pacotrón tampoco os metais mucho con él, bastante tiene con lo suyo que ahora va a tener que ponerse a trabajar que no creo que Negreira le mantenga el puesto de asesor de no se que tenia en el ayuntamiento

    ResponderEliminar
  18. Eu de sempre lembro a Pacotrón traballando pola súa conta e risco. Non entendo os piques. Quen non ten ese pasado laboral, nin tampouco é tellista pero formou parte do mesmo goberno, é algunha que outra estrela do firmamento nacionalista coruñés, concelleira e mártir. Aí si que haberá que ver como se recupera da falta de costume de atopar traballo por unha mesma. Cada quen ten a súa traxectoria persoal, amigos moralistas, e o tempo colócanos a todos/as no noso sitio. No que nos buscamos. Nese caso, xa veredes como Pacotrón non terá -nin ten- os problemas que vos inventades e que con ese paternalismo tartufista pretendedes supoñer. ¡Ai, canta ensoñación truculenta e que pouca preparación retórica!

    ResponderEliminar
  19. Pacotrón traballará como facía antes de estar no Concello, coma si facelo lle metese medo. En fin que pouca chicha e canto insulto, seguide por ese vieiro que chegaredes ben lonxe.

    ResponderEliminar
  20. Buf...acabo de chegar e mira...Graciñas pola confianza, Tamara e Anónimo. Eu, medo o que se di medo, só o teño á miña morte e á dos meus seres máis queridos. Para crer noutros medos que se supoñen terán que presentar(me) probas. Outra cousa, chegoume un correo de que se estaba a desaloxar a acampada do Obelisco pola policía. Alguén ten máis información? Agora teño curro.

    ResponderEliminar
  21. Pacotrón, tamén chamado Katangueiro leu demasiadas revistas do coraçao. Así lle vai.
    Non lle fagades caso, rapaces da Acampada Coruña, seguide, que vos apoiamos, que vos apoia a maioría da sociedade. Pacotrón é demasiado "institucional" para entendervos. PARA ENTENDERNOS.

    ResponderEliminar
  22. Los acampados lo que tendrán es que tener cuidado con los iluminados anónimos. Estoy con Katanga siempre, pero en esto casi más. Saludos y a apatrullar!

    ResponderEliminar
  23. Os acampados resultan unha larpeirada para moita xente do establishmet e/ou intelligentsia (presunta) que ata agora estaban nos biosbardos. Espertan moito escepticismo, si, pero isto non che é flor dun día. Mentres conserven a súa independencia as cousas irán ben.

    ResponderEliminar
  24. Pacotrón Galician, Maruxo López Sabroso -herdeiro do Doutor Papus- e os demais tellistas estiveron sempre en todo ao servizo do PSOE, e neste tema das acampadas tamén. A xente sorprendíase de que ata por lles preguntar a hora reaccionasen con cara de que podían levar a cambio.
    Socialmente non son creíbles. Os acampados deberían estar tranquilos.
    Se Manoel Santos soubese todo daríase de baixa.

    ResponderEliminar
  25. Resulta moi divertido que os mesmos de "Deus é bo pero o demo non é malo" ou "Fun á feira e vin cos do mercado" chamen agora "institucionalistas" ou algo así ós que acompañaron na viaxe. Moi edificantes non resultan os teus comentarios, antepenúltimo anónimo. Nada de responsabilidade nin unidade á que tanto apelades. Cando toca asumir erros, que os asuma todo o mundo, ou é que vós sodes infalibles, como os do Vaticano? Tes ti máis credibilidade social ca min, por exemplo? Eu estou tranquilísima, mira ti, á marxe de quen me pregunta onde estaba hai un ano e dos súbitos defensores oportunistas e simpatizantes. Estou onde sempre estiven, onde sempre quixen estar, fóra do sistema e na realidade, non en Matrix, coma vivides moit@s. Veña falar de unión e revolta das clases populares e blablabla pero vívese de coña en despacho e co coche oficial con dúas bandeiras. Cando se sae do despacho e do coche oficial, xa molesta, como debe ser. Paroleparoleparole... Hai que falar por non estar calado. Máis ben repetir moitas consignas, para parecer que se di algo con verdadeiro significado. Agitpop, que lle chaman. Bastante tedes coa vosa casa como para poñervos a opinar o que fan en casa allea. Sobre todo, se algún día fostes compañeiros de viaxe ou comestes na mesma mesa. Non me fío nin da miña sombra pero menos de xente coma vós, despois de ver o do baile das cadeiras en Lugo, Ourense ou Ponte Vedra. Se puideses na Coruña, felicità! Son anos e anos de sementar burricie e malicia por Galiza. Malo que habemos pagalo tod@s. Vive e deixa vivir.

    ResponderEliminar
  26. Gracias, Xiana!!!!! Supoño que coñeces "Rebelión na granxa"...pois iso.

    ResponderEliminar
  27. Unha das cousas piores da UPG foron os monstros creados, como o de Mario López Sabroso, mal acostumado despois de vivir de prebendas ao longo de décadas e de non evitar que se convertese nun perigo polas súas manobras e astucias constantes.
    É unha figura política chamuscada, sen máis percorrido político.

    ResponderEliminar
  28. Anónimo monotemático: chico, deixa xa a leria, que non se che entende. Repites e repites e repites. Espero que nos estudos che fose mellor.

    ResponderEliminar