Pídennos desde a Opinión de A Coruña, máis concretamente Víctor Lamela, administrador do blog Un Coruñés Indeciso que se vai centrar nestas próximas dúas semanas nas eleccións municipais, un artigo-post-comentario-crónica-referencia e/ou escueta esquela sobre a campaña electoral coruñesa no que se poida medianamente referir a este espazo urbano no que convivimos -en maior ou menor medida- e que se chama Katanga. Intro.
Debemos, ante todo, matizar que o noso espazo virtual non che vos ten moito que ver cos blogs barriais ao uso que coexisten pola gran gran gran Coruña adiante. Os máis comúns deles practican información cavernícola, no sentido non pexorativo da palabra. Explícome: a actualidade, o que é considerado de interese, parte unicamente do que ocorre ou pode ocorrer dentro desa caverna urbana. As sombras que a realidade externa e complexa proxecta no seu interior son entendidas apenas como anacos da mediocre historia que nos tocou sufrir, anécdotas para encher un espazo de zapeo navideño ou antoloxía do disparate mediático vendida como anuario. Nós non. O noso mundo non é o noso barrio. O noso mundo é aquí visto desde nós. Chamámonos insurrectos porque somos intrépidos, quizais atrevidos, como a ignorancia, pero somos katangueiros porque nos resistimos a habitar a covacha húmida que se nos ofrece. É por isto que os nosos amigos e amigas son especiais. Todos e cada un deles/as. Preferimos a dor da luz, esa dor, antes que o agarimo da escuridade, por moi acolledora que esta sexa. Non esperedes, pois, unha croniquilla máis ou menos desafortunada sobre o que os diferentes partidos políticos prometen facer por nós e pola mellora da nosa contorna. Somos nós os que prometemos traballar por uns partidos políticos mellores e un mundo-contorna máis humano e habitable. Así de chulos. Así de ilusos. Así de inconscientes. Insert coin.

Quen siga esta katanga-koruña terá claro a estas alturas que nós apostamos, máis que por políticos, por políticas. Políticas públicas, of course, xa que a privatización destas trae só sacrificios no servizo que se debe prestar en aras da rendabilidade que uns señores decidan máis acaída aos seus intereses. A Europa raptada que cohabitamos privatizou aqueles servizos e infraestruturas que nos son máis necesarios e que nos garantían máis beneficios, tamén económicos. A enerxía, as telecomunicacións, as autoestradas, por citar algunhas, están hoxe en mans de piratas e bucaneiros, cando non de mercenarios. Por iso, porque o pobo xa non ordena, cando imos ao paro varios millóns de entre nós, aquí non pasa nada que non siga o guión da disputa partidista á hora do telexornal de prime-time. Cando, por contra, esbirra un Florentino, un Amancio, un Méndez, un Gayoso ou calquera patético remedo de pseudo-Mario Conde reconvertido en chulapo de feria de abril, enterámonos todos pero ben enteradiños, que para algo eles son crentes e nós paganos. O caso das entidades financeiras, por ser tan manido, non é menos demostrativo de que hai cousas, as que non teñen recambio, que non deben estar en mans privadas. E punto. Pero así están os patios traseiro e frontal da nosa casa, e moito nos tememos que a política municipal pouca cousa pode facer ao respecto. Non pidamos, pois, peras á maceira e midamos, na súa axustada medida, que clase de froito nos ofrecen estes e estas contendentes, aspirantes a munícipes coruños e katanguistas, tamén, de pro. Insert coin.
O socialismo coruñés vén de gobernar esta cidade desde 1983, de cando o Naranjito xacía, afortunadamente para os espíritos sensibles, soterrado e comido polos vermes. As súas políticas modernizadoras deron remate en canto alguén, con moito mando en praza, sustituíu a política polo interese. Así, de Alcalde descendeu a cocho e chegou a marrán, parafraseando con satánico rebobinado a Risco. Nestes últimos catro anos, condicionado este progresismo denominado socialista polos novos socios bloqueiros, sorpréndenos comprobar como si que había políticas sociais, de mobilidade, medioambientais ou de modelo urbanístico menos insostible para sacar adiante. "La vida te da sorpresas", que dicía Pedro Navaja. E as sacaron. As políticas. Insert coin.
O conservadurismo marinedo non adoece, en absoluto, de variedade e pintoresquismo. Desde a clásica aposta polo Partido Popular encabezado por Carlos Negreira ata o sorprendente Corcoba, antano lider popular e reconvertido agora en político local que pide o voto para o Partido Popular, pasando por Carlos Marcos, "que fue paloma al querer ser gavilán". Vaiamos por partes. Reset.
A primeira vez que vimos a Negreira por Katanga foi hai algo menos dun lustro. Viña en plan presentation, ben acompañado por militantes populares. Paseaba, ou máis ben pasaba polo barrio, camiño do Ventorrillo, e levaba un homiño pechando o grupo que regalaba mecheiros ataviado cun gorrecho dos que puxera de moda Talleres Gayolo. Aquel foi o culmen da proposta política de Don Carlos. De aí, todo foi en descenso. Enlamou de tal forma a política municipal que acabou por pringar a todos. A súa bizarra estratexia política continuará goberne ou non, xa que dá evidentes resultados entre a súa masa votante, desmobilizando á súa vez aos contrincantes. Sobre Corcoba, despois do que vos acabo de adiantar, non che nos queda moito máis que dicir. En plena campaña polo Tratado Cosnstitucional Europeo recoñeceu que non era tan malo votar en contra, de igual forma que el votara en contra da Constitución Española no seu momento. Un crack que se perdeu esta cidade. Non podemos nin imaxinar o que pensarían as persoas que o acompañan na lista, e que o acompañaron hai catro anos, cando esta mañá escoitaron pola súa propia boca que pedirá o voto para o Partido Popular. Carlos Marcos, por outra parte, é o candidato local con máis orzamento para (mal)gastar nestas eleccións con diferencia demoledora. Hai catro anos o seu careto cubría a fachada toda dun edificio en obras na Praza de Pontevedra. Este ano ocorre o mesmo en Juan Flórez. Ben sabe este home onde pedir o voto!!!! Abarrota cos seus concertos melódicos para nostálxicos. Este ano, Fórmula V e Pablo Abraira. Demasiao pa mi body. Calquera destes tres candidatos trae á miña memoria aquela canción que comeza: "¿Alguna vez has sido fiel a tus principios más que a tu instinto animal?". Insert coin.
O Benegá, socio menor deste goberno municipal que remata agora -e debemos de ser absolutamente sinceros en que de sempre foi a opción preferente na nosa mesa de redacción- descubriunos que existían as políticas de rehabilitación, igualdade, mocidade ou deportes. Vimos que se podía facer outra cultura e que se podía ser eficaz, máis que outras administracións involucradas, nas políticas de promoción económica e emprego. Compartimos no pasado a angustia de vivir na cova e, intrépidamente, decidimos abandonala na procura da luz, non sen antes padecer dor, sacrificios e tristezas. Tamén ledicias. Un día alguén, farto de luz, puxo unha gafas escuras, vendoulle os ollos a todos e berrou "todos para dentro!!!". A ver se algún día volven saír. A ver se algún día volven ATREVERSE a saír. Inser coin.
De Esquerda Unida só podemos dicir que calquera día aparecen en "Callejeros", ben sexa esquivando pelouradas nos arredores dunhas infravivendas, ben sexa denunciando fochancas. Son unha opción política necesaria, mellor dito, debería ser unha opción política necesaria. Entre tanto, quédalles moi acaída aquela canción de NOC que di: "Remiendos hechos de cartón, dando palos de ciego sin ton ni son, eras tú".
E do resto, destacar apenas a lista que pide a supresión das touradas (corridas de touros) na nosa cidade...ou era na Galiza?... non sei. Insert coin.
En fin, delfín, que visto o panorama...debimos ternos presentado!!!!
Saúdos de Katangueiro, Pacotrón e, só por esta vez, a Katangueira. Exit.
KATANGUEIRO: Ala...rematei de encerellar o que me mandaros estes dous berracos...agora vou a...zzzzzzzzzzzzzz.......

¿Y no nos quedó un poco largo? Gracias por la mención y por lo de berracos. Otros, más que berracos, son borricos, que no se conocen los diferentes departamentos municipales y tiene una que venir a corregir.
ResponderEliminar¡Cuánto tiempo sin oleros! Ys os echaba de menos en mis últimas "apatrullas". Saludos y no os sobréis tanto, que luego el katangueiro se os duerme. Hasta otra!
ResponderEliminarApuntádeme á insurrección. Pero a de verdade, sen tanto platonismo. Un abrazo.
ResponderEliminarCarlos Marcos promete hacer un parque de atracciones en la antigua fábrica de armas. Repito: Carlos Marcos promete hacer un parque de atracciones en la antigua fábrica de armas. ¿Lo llevará él personalmente? ¿De qué franquicia? ¿Disney? ¿Warner? ¿South Park? Desde luego es un ideón, ahí justito, a la entrada de Coruña. Los atascos de Marineda serían como para en un semáforo del Paseo Marítimo en comparación. Me apunto, claro.
ResponderEliminarACTUALIZACIÓN: non coincido coa interpretación que deste texto fai o blog Un Coruñés Indeciso. A nosa visión da política municipal non é "negra", e en coherencia non empregamos esa palabra, aínda que así pareza polo entrecomillado. Outra cousa ben diferente é que exista escuridade na política actual. De aí a referencia á caverna de Platón que a Alter Nativo non lle dá gustado. Tampouco está ben interpretar que aquí se considera ao conxunto dos políticos da cidade como uns "impresentables" (e volta ao entrecomillado). Esta palabra non aparece no texto nin creo que se presupoña elipticamente. Aquí impresentable non hai ninguén porque...todos se presentan, non?. Outra cousa é que sexa unha mágoa que o Katangueiro non fixese a súa lista. O que daba eu por ver iso!!!!
ResponderEliminarPodedes ver o que di Un Coruñés Indeciso neste enlace:
http://comunidades.laopinioncoruna.es/29509/blog/404/
Más sobre campaña, promesas y candidatos:
ResponderEliminarhttp://www.barriodelosrosales.es/2011/05/negreira-parece-un-poco-despistado-con-nuestro-barrio.html?utm_source=feedburner&utm_medium=feed&utm_campaign=Feed%3A+barriodelosrosales+%28BARRIO+DE+LOS+ROSALES+DE+A%2FLA+CORU%C3%91A%29
Si que está el patio raro raro....
Seguiré rastreando curiosidades. Otro ejemplo harto casposo:
ResponderEliminarCarlos Marcos: "Donde esté Paco Vázquez, La Coruña estará defendida"
¿Qué Coruña? Ya estuvo muchísimos años y a Coruña, según dice este señor, no le quedó nada.
PD: me hizo mucha gracia lo de "Callejeros". Es una pena a la vez, claro.
Vexo que había certo mono polas novas locais. Claro, como Pacotrón non me deixa meterme en curiosidades marinedas...El prefire o internacionalismo chusco e o anticapitalismo iluso. Graciñas por estar agardando. BICOS!!!
ResponderEliminarquen ganara¿
ResponderEliminarsalud y republica
Gustoume moito a crónica. Tedes razón: o blog de Katanga é sitio distinto, niso reside o seu encanto. Foron catro anos difíciles nos que, na miña modesta opinión, hai xente e partidos que levan facendo precampaña desde maio de 2007. A ver se lles resulta útil tanto esforzo.
ResponderEliminarSupoño que o anecdotario é infinito pero recoñezo que a miña debilidade é Carlos "Gavilán o Paloma" Marcos. Non hai día que en que no me sorprenda este señor. Creo que o seu cénit estivo no momento no cal quixo denunciar, nin máis nin menos, que á Wikipedia porque tildábano de "ultradereitista". Así tal cal. Deduzo que non sabe moito como funciona o asunto.
Por outra parte, necesito que me aclaredes unha dúbida. Foi na campaña electoral de 2003 cando amenceu Coruña enteira (alomenos algunha zona céntrica) empapelada con carteis nos que aparecía o rostro de Sir Francis como "candidato do Partido Popular". Lembro ver ós municipais arrincando os carteis e limpando as paredes. Un episodio surrealista e divertido. Contan que o señor Vázquez Vázquez estaba moi cabreado. Na hemeroteca non atopei nada e se cadra vós lembrades algo máis ca min.