Páginas

Deconstrucións Negreira

by Manolo en mardoorzan.com


Interpretación libre do programa electoral presentado polo Sr. Negreira Alcalde da cidade da Coruña e vindeiros logros tanxibles e transparentes do seu “Cambio eficaz”.

- Vai rematar co paro en menos do que canta un galo, pois ten unha política de creación de emprego tan ou máis sofisticada e eficiente que a do seu mentor o Sr. “Feixón”(traducido do español).

- Vai pechar e rematar coas grandes áreas comerciais e facer que o pequeno comercio comece a recuperar o esplendor doutros tempos e gañar cartos nun abrir e pechar de ollos.

- Coa súa política de aparcamentos disuasorios, o soterramento de vías, a dupla e tripla fila e a retirada de bolardos vai solucionar o problema do tránsito nun santiamén.

- Ao non haber carril bus e circular por riba desa dupla e triple fila, os autobuses van ver reducidos os seus tempos medios de chegada nunha media hora, como mínimo!

- Os mozos e mozas van deixar de facer botellón porque, agora si, comprenderon que esta práctica é moi prexudicial para a súa saúde.

- O edificio Conde de Fenosa, a reversión polo caso “Lóstrego” e o caso do Parque Ofimático van ser resoltos pola arte do birle o birloque.

- O furado do Parrote vai ser resolto dun modo limpo, non contaminado nin especulativo e procurando o ben para o patrimonio e a cidadanía, e axiña será un mal soño para todos os coruñeses e coruñesas.

- Ao final de ano, coa contratación dos homes do frac, dos homes da gaita…, terá cobrado todos os cartos do morosos do Concello.

- Como se considera un seguidor de Sir Paco Vázquez o urbanismo vai recuperar o esplendor doutrora e os dentes de serra serán só un recordo. A defensa do patrimonio será un eixes cardinal da súa actuación. Os axentes da propiedade inmobiliaria e os promotores que se boten a tremer, porque a protección da legalidade e disciplina urbanística terá un tratamento insubornable.

- Que se preparen os nostálxicos do franquismo porque Millán Astray e demais franquistas serán tratados como se merecen.

- O depor recuperará a vindeira tempada a súa condición de equipo de primeira división, porque a política de creación, cubrición e fomento de espazos deportivos fará que a canteira do Barça sexa só unha nimiedade en comparanza coa nosa. (LER MÁIS)

3 comentarios:

  1. Xa temos macropeliculón para os próximos catro anos: "Demolition Man". Cando un empeza así un mandato, resulta moi significativo.
    Benvid@s ó universo zen de Carlos Negrera Castañal: cando se vexa vostede outra vez nun desesperante atranco na rúa Federico Tapia lembre que a culpa só a ten Javier Losada e non a archiprometida desaparición do carril bus. Se non lle baixan o aluguer do baixo comercial, se a xente non lle para a comprar a culpa será de Javier Losada. E do bipartito, claro. Resucitando os (decrépitos) valores do pasado unha nova Lacuruña resucitará das súas cinzas. Carlos Negrera, o mesías, amosa a terra prometida (que estaba diante de nós, almas perdidas, pero non queriamos vela).
    Un universo tan zen e tan simple que pretende chamarnos idiotas á cara. Xa se sabe, a partir de agora: "Paz, amor y plus en el salón". Non necesitamos máis. O máis triste e preocupante é que hai xente que acredita nisto e seguirá acreditando. Como cren a leria de todo canto poder establecido hai e repíteno como dogma de fe.

    ResponderEliminar
  2. Periodista Revisionista29 de mayo de 2011, 19:56

    Los 11 principios de la propaganda de Goebbels.

    En estos días de campaña electoral conviene recordar el decálogo que escribió Joseph Goebbels, ministro de propaganda nazi.

    Principio de simplificación y del enemigo único. Adoptar una única idea, un único Símbolo; Individualizar al adversario en un único enemigo.
    Principio del método de contagio. Reunir diversos adversarios en una sola categoría o individuo; Los adversarios han de constituirse en suma individualizada.
    Principio de la transposición. Cargar sobre el adversario los propios errores o defectos, respondiendo el ataque con el ataque. “Si no puedes negar las malas noticias, inventa otras que las distraigan”.
    Principio de la exageración y desfiguración. Convertir cualquier anécdota, por pequeña que sea, en amenaza grave.
    Principio de la vulgarización. “Toda propaganda debe ser popular, adaptando su nivel al menos inteligente de los individuos a los que va dirigida. Cuanto más grande sea la masa a convencer, más pequeño ha de ser el esfuerzo mental a realizar. La capacidad receptiva de las masas es limitada y su comprensión escasa; además, tienen gran facilidad para olvidar”.
    Principio de orquestación. “La propaganda debe limitarse a un número pequeño de ideas y repetirlas incansablemente, presentadas una y otra vez desde diferentes perspectivas pero siempre convergiendo sobre el mismo concepto. Sin fisuras ni dudas”. De aquí viene también la famosa frase: “Si una mentira se repite suficientemente, acaba por convertirse en verdad”.
    Principio de renovación. Hay que emitir constantemente informaciones y argumentos nuevos a un ritmo tal que cuando el adversario responda el público esté ya interesado en otra cosa. Las respuestas del adversario nunca han de poder contrarrestar el nivel creciente de acusaciones.
    Principio de la verosimilitud. Construir argumentos a partir de fuentes diversas, a través de los llamados globos sondas o de informaciones fragmentarias.
    Principio de la silenciación. Acallar sobre las cuestiones sobre las que no se tienen argumentos y disimular las noticias que favorecen el adversario, también contraprogramando con la ayuda de medios de comunicación afines.
    Principio de la transfusión. Por regla general la propaganda opera siempre a partir de un sustrato preexistente, ya sea una mitología nacional o un complejo de odios y prejuicios tradicionales; se trata de difundir argumentos que puedan arraigar en actitudes primitivas.
    Principio de la unanimidad. Llegar a convencer a mucha gente que se piensa “como todo el mundo”, creando impresión de unanimidad.

    ResponderEliminar
  3. Como Negreira faga crítica da xestión dos "socialistas" durante máis de vinte anos vai haber información sobre corrupcións e clientelismo do PSOE diaria na prensa.
    E que pensará Maruxo López Sabroso agora que xa non manda nada e é irrelevante e pasará desapercibido para os medios de comunicación?

    ResponderEliminar