by Pacotrón
Nos ominosos anos de miseria e carencias tanto de índole pecuniaria como moral -anos pasados e, case case, presentes- era común característica de diferentes señoras de alta alcurnia e copete pagar o seu sen fin de pecados e vicios nefandos que daban, con gran sufrimento, cometido desenvolvendo con apoteose de xenerosidade un intenso labor social. Consistía este, basicamente, en atención a desvalidos e doentes, inmisericordes todos eles, mais rebaño de Deus a fin de contas.
Sopa boba, que así a nomeaban moitas persoas, moi humildes tamén e de sincera e sentida relixiosidade, que vían aquela hipocresía absoluta da parafernalia de repartir cazolo a cazolo unha sorte de alimento líquido de diferentes densidades, segundo a observancia, entre un desnutrido grupo de humanos, extraídos xa da súa condición, por parte dunhas señorotas ben vestidas, de ampuloso nome e cansino apelido tintineante. E todo isto ás portas das igrexas e conventos, dos concellos e centros sociais, procurando a bondadosa, dadivosa e misericordiosa mirada do Eterno pola vía máis directamente posible. Que boas as señoras. Con que servidoras nos da gozo o Señor!!!!, debían dicir os peticionarios desde o seu estado de miseria.
Unha amiga de Katanga, escasamente katangueira mais de orgullo choni, comentoume hoxe totalmente indignada como certo líder da dereita local, Carlos Negreira o benefactor, aproveitou unha unidade móbil de doazón de sangue para cumprir coa solidaria obriga non sen antes realizar convocatoria de prensa. Ela que leva anos doando sen dicirllo a practicamente ninguén!!!!
Non é a primeira vez que este tipo de feitos ocorre. De certo, en contadas ocasións, diferentes políticos de diferente sinal e/ou cor proceden a realizar ante os medios unha acción conxunta de carácter solidario, ecolóxico ou mesmo lúdico, con tal de motivar o persoal e irnos animando á súa práctica. Non semella que sexa este o caso. A nosa amiga insiste en que nas emisoras de radio locais só nomearon a Carlos o benefactor, pero o feito é execrable fágao quen o faga.
Moitas son as formas de facer política social, de educar na solidariedade e en dar información sobre necesidades que están aí mais, ás veces, tendemos a esquecer. Aparecer nunha unidade móbil de doazón de sangue con escolta mediática, xa garantidos os titulares do día seguinte na Voz, na Opi e no Ideal, semella unha sorte de compensación excelsa do sacrificio intravenoso a realizar. Non moi cristián, por certo.....ou si????
Noticia do sacrificio solidario-mediático de Don Carlos
CHICO RUBITO: Y qué, Don Carlos....¿Cuánta sangre le llegaron a extraer esos mastuerzillos?
DON CARLOS O BENEFACTOR: Bué.....no sé....¡ocho litrazos, como mínimo!
Abur, yogur.....
Publicado na edición local da Coruña da Voz de Galicia do luns. O señor Negreira e o seu grupo aproveitaban a presenza da unidade móbil de doazón de sangue na Praza de María Pita para facer un acto que moitas persoas fan de xeito anónimo, espontáneo e altruista, sen pretender ser un exemplo nin facer unha chamada á conciencia colectiva. Comentario lucidísimo dun compañeiro de traballo (eu aínda non me recuperara da impresión): "Este home vai de lider de masas e, que eu saiba, aínda non representa máis que a aqueles que o votaron". A miña resposta, non tan lúcida como a súa foi: "Coa saúde non se xoga; populismo, cero". Porque a presunta bondade do acto queda opacada pola presenza dos medios de comunicación. Fede a oportunismo preelectoralista máis aló da Ponte da Pasaxe. Non pretenderá transmitir tamén como mensaxe subliminal que, mentres o maléfico goberno municipal nos arruína, el e os seus, prietas las filas, darán ata a última gota de sangue por Lacuruña? Xa só nos queda por ver a Carlos Marcos ou a Sir Francis dando un exemplo similar.
ResponderEliminarTorpe, moi torpe exercicio de imaxe e proxección pública. Nunca me cansarei de repetilo: Coa saúde non se xoga (nin coa educación, nin coas intervencións sociais). As intervencións demagogas acaban saíndo caras. A min non me vai convencer (son doadora de sangue, órganos, pel e ósos desde os dezaoito anos) ver ó membro dun partido político (exercendo como tal) deitado nunha padiola mentres o retratan. Alegraríame moito coincidir con calquera destas persoas nalgunha outra ocasión na unidade móbil. Sen cámaras nin micrófonos. Iso si sería significativo. Sería máis impactante saber incluso que o señor Negreira vai doar médula ósea (que tamén fai moita falta), por exemplo. Se cadra se lle quitan as ganas ó saber que a técnica é máis aséptica e baixo anestesia local (máis frustrante menos glamouroso, non me imaxino ó persoal sanitario rodeado de reporteiros). Velaquí unha fermosa iniciativa dun home que perdeu o seu irmán hai cinco anos a consecuencia dunha leucemia por carencia dunha médula ósea compatible e, desde entón, segue loitando para fomentar as doazóns:
http://www.lavozdegalicia.es/pontevedra/2010/06/11/0003_8541777.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz
A edición do domingo de LVG tamén nos amosaba a durísima realidade de persoas que viven atentas a unha chamada de teléfono, esperando unha nova oportunidade para volver a vivir lonxe da máquina de hemodiálise (unha lenta e cruel tortura pero a salvación para as persoas que padecen insuficiencia renal), lonxe do osíxeno, poder peitearse, saír da habitación, ir ó baño sen axuda... É dicir, todo o que damos por sentado, pero que en menos dun instante, podemos perder. Aí sómosche tod@s iguais. Como informarse nunca ven mal:
http://www.alcer.org/es/
Cambiando de tono a min todo isto fíxome lembrar a frase de "Siente un pobre a su mesa" da película "Plácido", de Luis García Berlanga. Case 50 anos despois qué pouco cambiaron certas actitudes. O pobre Plácido só quería ir pagar a letra do motocarro e por aí andaba toda a sociedade bempensante amolando
http://www.youtube.com/watch?v=LeoCvxSARNA
Pacotrón, dille a este don Carlos que non se pase, que a media de sangue nun corpo humano de
65 kg, por exemplo é duns 5 litros.
Boa madrugada.
Canto vampiro! Saúde, katangueiros!
ResponderEliminarhttp://www.lavozdegalicia.es/coruna/
ResponderEliminar2010/06/15/0003_8550011.htm
Equilicuá o momento solidario......A amiga katangueira xa anda convocando aos medios para a próxima vez que doe sangue!!!!!
Pois faría moi ben en convocalos. Para min ten moita máis credibilidade calquera persoa en actos así que non calquera cargo público que vaia en calidade de tal. Tería ofrecido unha imaxe máis positiva se fose un acto colectivo e non un acto propagandístico. Xa aparecía tamén na edición dixital da Opinión de onte:
ResponderEliminarhttp://www.laopinioncoruna.es/sociedad/
2010/06/14/negreira-anima-donar-sangre/
393581.html
Acabo de visitar a unha antiga veciña de Monte Alto, unha brava señora de máis de oitenta anos, que está máis posta ó día ca min. Estaba a ler o xornal e comentoume a xogada cun xesto de reprobación. A súa conversa derivou a outros tempos e lembranzas ben tétricas: os infaustos anos 50 do século XX, coa cartilla de racionamento aínda en vigor, cando os pobres-pobres-pobres das Atochas (mesmo persoas tuberculosas, algúns que vivían nun corralón chamado cruelmente Hotel Bahía, imaxinade as razóns) ían vender o seu sangue ó "Hospitalillo" (en Zalaeta, onde está o centro comercial do Papagayo). "Daquela non viñan por alí os señoritos. Se agora fan tal cousa e porque algo buscan". Dous fillos desta muller morreron a causa das complicacións da hemofilia. Non había unha atención sanitaria universal e gratuita.
Gracias por ilustrarnos tan ben como sempre, Msarkadina. Supérasnos pola esquerda, dereita e centro!!!!!
ResponderEliminarPlácido: en la cena de nochebuena, siente un pobre a su mesa!!!!!!
Aínda lembro aquel pobre home que lles morre....A cara máis dura da beneficencia está en Buñuel, en Viridiana. Recomendable.
http://es.wikipedia.org/wiki/Viridiana
Saúdos katanguistas!!!!!
De superar, nada! En todo caso, complementar. Xa ves, eu non lembrei Viridiana. Será que sempre me puxo os pelos de punta. Boa noite.
ResponderEliminarLo que pienso es que hay quien confunde solidaridad con misericordia judeo-cristiana. Al final, lo que se hace es atender a los misericordiosos, enfermos o pobres absolutos para conseguir NUESTRA propia salvación eterna, no por superar las desigualdades o hacer un bien a quien más lo necesita.
ResponderEliminarJolines! Anda que no tiene Carlos Negreira flancos para criticarle. Aunque sólo haya donado sangre ese día, donada está. Confiemos más en nuestros conciudadanos, no creo que los votos se decidan por esa fotografiada donación. En todo caso, es necesario afearle el gesto. Abrir esta window é un soplo de aire fresco. Y no olviden mineralizarse y vitaminizarse. Baltasar gracián
ResponderEliminarCoincido co que nos dis, Brevequetequierobreve, en que a intención é afearlle ese xesto e afearlle a todas as persoas ese tipo de xestos "para a galería" e con ánimo electoraloide. Tampouco creo que gañe un só voto, nin que o perda. Pero podería tamén solidarizarse coas persoas que están pagando a crise, e non coas asociacións empresarias que piden aínda máis rebaixas do despido, días pagados polo Estado, etc.....
ResponderEliminar