Perdeuse o goberno progresista da Coruña. Losada, o adalide desa Gran Coruña que con ela che digo moito e nada a un tempo, lévase o gran hostiazo do século. Carril, o novo candidato nacionalista, arroupado pola súa dirección nacional e apoiado pola estrutura-maquinaria da forza maioritaria do BNG, a UPG, perde menos do que podería chegar a perder, mais pérdeo todo. Vaiamos por partes.
Losada pesistiu, e insistiu, en ser novamente candidato. A lousa do vazquismo sempre foi grande nel, pero esforzouse arreo en vender nova xestión baixo a etiqueta de "progresista", mais debeulle o cambio ao novo socio, o BNG encabezado por Tello, quen lavou a cara de non poucas miserias que nos fora deixando o PSOE local nas últimas dúas décadas. A pésima situación do PSOE estatal tampouco o favoreceu. Mañá, cos números máis analisados e revisados, poderase ver cal é a auténtica situación do socialismo local en comparación coa galega e española. Digamos hoxe que pasou da gran Coruña á gran debacle. A potencia sen control.
Carril presentouse, sen embargo, como un candidato de renovación para unha lista que aproveitaba a metade do ata o de agora grupo municipal, a parte menos veterana, pro o certo é que se liquidaba, dun plumazo, e con efectos inmediatos desde hai máis dun ano, aos seus tres tenores (con permiso da tenora) que protagonizaran o ascenso desta formación desde cero, cero patateiro, ata seis cas sete nas dúas últimas ocasións. Queda nos reultados de 1999 e cunha IU que ten xa a metade dos seus votos. Esta vez a lei D'hont fal que co dobre de votos que IU o BNG teña catro veces máis representantes. Claro, o control sen potencia...
Derrotado ata a dor infinita debe estar o señor Carlos Marcos e secuaces-adláteres. Tanto carto destinado a nada. Alguén deberá tirar conclusións disto...ou asumir esas responsabilidades que tan alegremente se solicitan dos demais. O proxecto persoal e personalista deste pequeno salvapatrias naufraga estrepitosamente. Non todo vai ser malo...tan malo. Veremos como se presenta a dimisión a si mesmo?
O PP de Carlos Negreira, Don Carlos o Benfactor e agora redimido en Alcalde Negreira, leva uns réditos inmerecidos. Xa veremos como xestiona sen lama nin inmundicia unha cidade como A Coruña. Non teño esperanza algunha. Imponse a mediocridade máis absoluta. A mediocridade da maioría "natural". A mediocridade do "xestor eficaz".
E sobre o movemento do 15M...eu non vou dicir nada. Que o digan -e pensen, e mediten, e colectivicen, e voten- eles/as.
Mañá máis...ou menos!!!!
Abur, yogur!!!
Creo que hai xente moi contenta por Coruña toda. Recolleron os seus froitos: catro anos de precampaña, largos, arduos, fatigosos, merecen boa festa. É ben sabido que Javier Losada non tiña o carisma e o savoir faire de Sir Francis, aquel que vendeu a cidade e que tivo que poñer pés en polvorosa por un "quítame allá esa oscura contabilidad". Javier Losada estaba hipotecado e seguiu a estela do seu antecesor. Todo estaba atado e ben atado. Pero cometeu un terrible erro: pactar co BNG. Foi, como se di no eido freudiano, como matar ó pai. Nunca tal fixera. A cantidade de insultos (que non críticas) e desprezos que tivo que soportar foi importante.
ResponderEliminarNeste catro anos de goberno bipartito, como cidadá, houbo cousas que me agradaron e outras que non me gustaron nada. Penso que se puido ter feito moito mellor pero tiñamos tales vimbios e o cesto fíxose mellor que se puido. Podo e debo criticar, en positivo e en negativo, pero procurando non caer no insulto. Tanto o meu pai como a miña nai ensináronme que berrar máis alto non me ía dar a razón. O tempo é un xuiz inclemente e dá e quita razóns. Tempo ó tempo.
Debo, pois, por educación e civismo, felicitar ó Partido Popular. Aínda que estou nas antípodas da súa ideoloxía e maneira de obrar, gañou as eleccións. Carlos Negrera Castañal será o alcalde os próximos catro anos e espero que traballe pola cidade e non por buscar un lugar baixo o glorioso Sol compostelano, o senhor das Feijõadas. Haiche moitísimo pailán que milita no PP da cidade que despreza a Negrera porque non naceu na Coruña e din que tira máis por Santiago, que "es una aldea". A ver se espabilamos, queridos pailáns urbanitas, que a capitalidade xa non é nosa hai uns trinta anos.
Estamos noutro século e noutra sociedade ben distinta e vós, coa vosa mentalidade fosilizada, aínda suspirades por un individuo execrable como Francisco Vázquez, a reencarnación "socialista" do pufento Alfonso Molina.
Pois nada, alegría, alegría! Para que se me entenda ben, en román paladino: a partir de ahora A Coruña será La Curuña again, en Los Rosales de La Coruña tendrán su piscina (unha necesidade básica, na pirámide que deseñou Abraham Maslow), PeñaMuela desparecerá definitivamente (non imos falar do tráfico e consumo de drogas noutras áreas da cidade), en Matogrande no habrá problemas de aparcamiento, la Tercera Ronda será el asombro de todo el Reino de España y los niños coruñeses podrán salir a jugar a la bujaina (como hacía Carlos Negrera en su tierna infancia)sin la vigilancia de sus mamás. Habrá ley, orden y pleno empleo porque sí, por ciencia infusa. Nin falar de plans de participación ou igualdade, que iso está moi superado e xa saben eles que non fai falta. Mi madriña, que medo!
Por esta noite, chega. Xa se falará máis largo e tendido.
Graciñas polo teu comentario, Msarkadina. Se nolo permites, ímolo convertir en entrada-post propio, porque merece a pena a súa leitura e, creo, pode quedar taponado se é tan só un comentario. Paréceche ben?
ResponderEliminar(Katangueiro está hoxe de día libre. Meréceo)
Paréceme ben. Non sei se dá para unha entrada pero creo que hai máis xente que pensa coma min. Dálle un saúdo ó Katangueiro, que onte deulle bastante á tecla. Unha aperta.
ResponderEliminarA ver...día libre, o que se di libre...non. Teño choio pendente. Unha anotación: coas miñas contas, IU da Coruña quedou a 260 votos de arrebatarlle a maioría absoluta ao PP. Iso se non hai variacións no reconto definitivo, claro. É a partir do dato do Ministerio do Interior. Uifsss.....Un amigo compostelano cifra en oito os votos que lla deron a Conde Roa en Compostela. Superaifssss...Pero dito non fixen contas eu, que conte...digo...que conste!!!!
ResponderEliminargrandiosa finde. a coruña caeu do mapa.
ResponderEliminarsaúdos e ánimo dun katangueiro das conchiñas.
Saúdos. Si que caeu, si...
ResponderEliminar