Páginas

A moverse!!!!!

Este é o novo editorial de mardoorzan.com. Asina e comparte!!! Hai que moverse!!!


FAGAMOS ALGO NOVO (de mardoorzan.com)

O forte e simultáneo retroceso electoral de BNG e PSOE nestas eleccións municipais demostra a fondura das súas crises e tamén a incapacidade do BNG para liderar as esquerdas e frear o avance da extrema dereita que hoxe controla o PP. Debúxase claramente no horizonte un ciclo político de hexemonía conservadora e de involución social e económica que corremos o risco de non sermos quen de reverter.
O 22-M veu confirmar que a perda do goberno da Xunta de Galicia non foi diagnosticada nin tratada como cumpría polo nacionalismo, a pesar dos avisos e voces que reclamamos unha reflexión fonda e obrar en consecuencia.
Alén do plebiscito anti-ZP no que en boa medida se converteron estes comicios locais, a mensaxe dada polo electorado galego é que o BNG non representa hoxe o proxecto político da maioría da esquerda galega.
Púxose de manifesto de forma clara e indiscutible que o BNG xa non é quen de atraer o voto de esquerda desencantado polo PSOE, como tiña acontecido desde os anos 90 até a época de Nunca Máis. O Bloque non é capaz de ilusionar á xente como outrora, non é unha alternativa política válida para facer progresar o País. LER MÁIS

20 comentarios:

  1. A min paréceme xenial. Chuchastes do bote canto puidestes e mentres puidestes e agora que a cousa xa non dá máis de si marchades facéndovos as ofendidas e os ofendidos. Unha decisión que se cadra chega xa un pouco tarde. Non vos parece? Abur, que vos vaia bonito e grazas por nada. Ah! E unha última cousiña: a forza do BNG está nas xentes que o apoian e militan nel; as mesmas que esta campaña vos deron unha lección de traballo e compromiso da que, por suposto, xa sabemos que nada ides -porque nada podedes -aprender. En calquera caso, e mal que vos pese, o BNG seguirá a existir sen vós porque non hai persoas individuais "que o poñan nas máis altas cotas". Hai un proxecto colectivo que nunca fostes capaces de entender. E así vos foi, así vos vai e así vos irá. Ide coa vosa matraca da irmandade (que tan pouco poñedes en práctica!) onde vos aturen. Apertas!

    ResponderEliminar
  2. P.S.: Polo que a min respecta, aforrade o esforzo de virdes á próxima asemblea local (tería a súa miga que agora si vos dese por aparecerdes)para montar o circo correspondente. Nin ten sentido, nin vai resolver nada nin nos sobra tanto o tempo. Mil millóns de grazas!

    ResponderEliminar
  3. Anónimo pesado pesado e pesado. E seguirás sen entender nada. Como o teu Comité Central...perdón...a túa dirección nacional. Onde queira que flote.

    ResponderEliminar
  4. Onde queira que flotedes os dous...Joder, Katanguista!!!! Non me excites á peña!!! Marcho durmir

    ResponderEliminar
  5. Por moitos manifestos que publiquedes non sodes creíbeis. Non ides arrastrar a ninguén con vós. Todo o mundo puido comprobar o nacionalistas e esquerdistas que érades apoiando en todo ao PSOE corrupto e españolista da Coruña e ao negociante de Cambre.
    Non máis manifestos para montar chiringuitos. Ninguén vos cre xa. Estades queimados para a política. Terá que aparecer en todo caso outra organización nacionalista e de esquerdas, mais con outras caras.

    ResponderEliminar
  6. É possibel falar bem alto máis naõ tan claro. Katangueiro irremediabelmente está certo. Os tempos do BNG forte van lá.
    Ademáis os comentarios reflicten o facto de que de propio vos desintegrades como algo que sempre foi efimeramente artificial.
    Ya no más radicalismo fuera del zoo de Teo y el parque temático de Allariz. Galiza como nazom é possibel sem vos. Xurdirá un nacionalismo progresista plural moderado e de esquerdas, pero non do BNG. Estades morrendo dunha enfermidade autoinmune.

    ResponderEliminar
  7. Vaia liada! Isto lémbrame a:

    http://www.youtube.com/watch?v=hMvcjzEKTMw

    ResponderEliminar
  8. Por certo, ten algo que ver o cambio da imaxe de cabeceira do blog? Refírome a esa imaxe apocalíptico-nuclear.

    ResponderEliminar
  9. hahahahahahaha.....Katanga é froito dunha explosión. Sempre o foi. Tamén é culpa túa, Msarkadina!!!! Ao final da película "Dr. Strangelove (Teléfono rojo, volamos hacia Moscú)" estala a terceira guerra mundial por mor dos problemas de impotencia sexual dun Xeneral do exército USA. Nesa montaxe de explosións e máis explosións termonucleares soa de fondo VERA LYNN. É a mesma VERA da canción de Pink Floyd The Wall que di:

    "Does anybody here remember Vera Lynn
    Remember how she said that
    We would meet again
    Some sunny day
    Vera! Vera!
    What has become of you
    Does anybody else in here
    Feel the way I do ? "

    Vai por aí xa que, con toda a destrución, non deixa de ser unha canción de esperanza e de crenza noutra vida e moutros momentos posibles. Iso por unha banda. Por outra, para lembrar que as cousas que realmente importan. aquelas cousas que non teñen recambio, non teñen nada que ver con estas eleccións. Lembremos Xapón, sobre todo agora que nos gobernarán os defensores da opción nuclear.

    ResponderEliminar
  10. Ese pin que leva o señor Leis en noticiasdeteo é de Zapatero ou do Zorro???

    ResponderEliminar
  11. ¡Expló y explota y expló...expló y esplota mi corazón!

    ResponderEliminar
  12. Esa Charo sempre en forma!!! Ti si que o pillaches!!!!

    ResponderEliminar
  13. http://www.youtube.com/watch?v=trUZ0SSQwMM

    ResponderEliminar
  14. Perdón pola teima con "A vida de Brian". Pero coido que hai situacións moi semellantes:

    http://www.youtube.com/watch?v=8wWbmIFuSVM&feature=related

    ResponderEliminar
  15. A vida de Brian é a vida mesma!!!

    ResponderEliminar
  16. Mario López Rico está queimado como un tizón. O mellor que podería sería xubilarse, que xa lle vai sendo hora.
    Non ten ninguna solvencia nin credibilidade. Despois de infinidade de proxectos metido xa non arrastra a ninguén, nin á porteira do seu edificio.
    É patético o deste señor, que prefire morrer un pouco cada día queimado en plan churrasco.
    Se lle gusta mangonear tería que emigrar, porque aquí xa non son creíbles nin plataformas, nin organizacións nin partidos onde entre ese señor.

    ResponderEliminar
  17. Manda demo cos anónimos que de tanto trabalhar na campaña quedaron lelos. É o problema de seguir o foco que te deixa tolo ou no millor dos casos cego

    ResponderEliminar
  18. Cartas aos lelos.....perdón, Cartas a Lelo.

    ResponderEliminar
  19. Hai un futuro brillante e esplendoroso por diante (según para quen, claro):

    http://galiciaconfidencial.com/nova/7984.html

    http://www.terraetempo.com/artigo.php?artigo=1630&seccion=4&typNe=10%3A45%3A09

    Non c’è peggior sordo di chi non vuol sentire.

    ResponderEliminar