Páginas

Msarkadina e as eleccións

by Msarkadina

Creo que hai xente moi contenta por Coruña toda. Recolleron os seus froitos: catro anos de precampaña, largos, arduos, fatigosos, merecen boa festa. É ben sabido que Javier Losada non tiña o carisma e o savoir faire de Sir Francis, aquel que vendeu a cidade e que tivo que poñer pés en polvorosa por un "quítame allá esa oscura contabilidad". Javier Losada estaba hipotecado e seguiu a estela do seu antecesor. Todo estaba atado e ben atado. Pero cometeu un terrible erro: pactar co BNG. Foi, como se di no eido freudiano, como matar ó pai. Nunca tal fixera. A cantidade de insultos (que non críticas) e desprezos que tivo que soportar foi importante.

Neste catro anos de goberno bipartito, como cidadá, houbo cousas que me agradaron e outras que non me gustaron nada. Penso que se puido ter feito moito mellor pero tiñamos tales vimbios e o cesto fíxose mellor que se puido. Podo e debo criticar, en positivo e en negativo, pero procurando non caer no insulto. Tanto o meu pai como a miña nai ensináronme que berrar máis alto non me ía dar a razón. O tempo é un xuiz inclemente e dá e quita razóns. Tempo ó tempo.

Debo, pois, por educación e civismo, felicitar ó Partido Popular. Aínda que estou nas antípodas da súa ideoloxía e maneira de obrar, gañou as eleccións. Carlos Negrera Castañal será o alcalde os próximos catro anos e espero que traballe pola cidade e non por buscar un lugar baixo o glorioso Sol compostelano, o senhor das Feijõadas. Haiche moitísimo pailán que milita no PP da cidade que despreza a Negrera porque non naceu na Coruña e din que tira máis por Santiago, que "es una aldea". A ver se espabilamos, queridos pailáns urbanitas, que a capitalidade xa non é nosa hai uns trinta anos.

Estamos noutro século e noutra sociedade ben distinta e vós, coa vosa mentalidade fosilizada, aínda suspirades por un individuo execrable como Francisco Vázquez, a reencarnación "socialista" do pufento Alfonso Molina.

ALFONSO MOLINA: No me deis más hostias, por Dios!!! Y no me comparéis más con ese tal Paco Vázquez...él fue mejor...muuuucho mejor!!!!

Pois nada, alegría, alegría! Para que se me entenda ben, en román paladino: a partir de ahora A Coruña será La Curuña again, en Los Rosales de La Coruña tendrán su piscina (unha necesidade básica, na pirámide que deseñou Abraham Maslow), PeñaMuela desparecerá definitivamente (non imos falar do tráfico e consumo de drogas noutras áreas da cidade), en Matogrande no habrá problemas de aparcamiento, la Tercera Ronda será el asombro de todo el Reino de España y los niños coruñeses podrán salir a jugar a la bujaina (como hacía Carlos Negrera en su tierna infancia)sin la vigilancia de sus mamás. Habrá ley, orden y pleno empleo porque sí, por ciencia infusa. Nin falar de plans de participación ou igualdade, que iso está moi superado e xa saben eles que non fai falta. 

Mi madriña, que medo!

6 comentarios:

  1. Unha vez máis, reitero o meu agradecemento. Era un simple comentario, escrito desde a máis pura visceralidade, que gaña moito coas fotos que puxestes e o video de "Non saímos do lixo" (Komunikando Tv: É impagable ese "Aló Presidente" con Feijoo-Tojeiro e a definición da retranca. Cada video supera ó anterior e necesitamos humor, moitísimo humor, para afrontar o que estamos vivindo e a que está por caer.
    Necesitamos espertar dunha vez e mobilizarnos como cidadanía responsable, digna de tal nome. Deixarnos de mirarnos no embigo, abandonar o minifundismo mental, algo moi pero que moi coruñés e, sobre todo, pensar que a solución vaina traer un pseudomesías en forma de cargo político. Iso é a nosa ruina, o estilo de política caciquil e clientelar que prima aquí.
    Sexamos serios: quen gobernou a cidade durante un feixe de anos? Unha oligarquía (unhas cantas familias) con moita pasta gansa que se repartiron a cidade e ós que non se lles podía tusir. Houbo quen se deixou seducir polos cantos da serea e foi con esta xente ímproba e de ben. Pero aquí estivemos achantad@s e dicindo "aménjesús" a todo ata que algo empezou a ser tan cantoso como o cheiro de Bens (aquel vertedoiro). Espero que algún día saian á luz as vergonzas e os intereses creados de tanto e tanto sátrapa que vai de cidadán exemplar. Non sei se recibirán o seu merecido, pero polo menos que sexan sometidos a público escrutinio

    ResponderEliminar
  2. En catro anos, para tristeza miña, pouco se puido facer. Con tanto "atado y bien atado", con tanto atranco, o camiño non foi fácil. Como en todo nesta vida houbo luces e sombras pero de aí de culpar ó bipartito ata da morte de Chanquete dista un abismo. Onde estaban os do altoparlante cando "O Ex-Alcalde que non ten quen lle escriba" facía do persoalismo e do mangoneo a súa marca de fábrica?? Na inopia??
    Tamén culparán ó bipartito, así en conxunto, da caída doutras forzas políticas? Claro que si, non se pode esperar outra cousa. A ingratitude é outra cualidade moi galega. O de asumir erros non é moi noso. Alucino coa moderada satisfacción dalgunhas persoas, en serio. Hai actitudes realmente suicidas e patolóxicas (eu diría "lemúridas", xa me entendedes) persistentes que son dignas de estudo profundo.
    E cando fago isto, fágoo desde a máis absoluta independencia. Non me debo a ninguén agás a min mesma. Observo, escoito, analizo. Levo escoitando e ollando uns cantos aniños. Hai quen se sorprendería do que saben persoas coma min, alleas á "res politica". Que ninguén se leve a engano: non teño ningún carné nin intención facelo. Pero sinto unha tristeza inmensa cando vexo como se está a acabar cun proxecto que custou anos levar adiante por motivos que son alleos ó ben común, máis próximos ó ben particular. Un pouco de reflexión e autocrítica non lle fan mal a ninguén.

    ResponderEliminar
  3. faciatempoquenonpasabaporaqui25 de mayo de 2011, 7:43

    As eleccións cambiaron o goberno municipal. Os partidos políticos deben analizar qué fixeron ben e qué fixeron mal. Non se pode cambiar ó pobo, así que hai que adaptar as propostas ó pobo. Para cambiar ó pobo, eso faise desde a oposición, e unha vez cambiado, normalmente gáñanse ás eleccións.
    Pero non serei eu quen direi qué fixeron mal. E xa veremos o que fai Carlos Negreira. Os megaproyectos son limitados e aquí casi deben estar feitos todos. Pero tamén se fai cidade con melloras pequeniñas, que melloren a vida cidadá. ¿qué cidade queremos construir? Esa é a pregunta que hai que responder, e unha vez que temos esa resposta, traballar para conquerir esa cidade.
    Veremos se Carlos Negreira permite aparcar en doble fila, como ó parecer hai que aparcar para que o pequeno comercio saia da crise.
    ¿Por qué se cambiaron todas ás aceras de A Coruña? Ninguén o sabe. Porque nas asambleas do BNG todos (ou moitos) acuden cunha navalla entre os dentes? Ninguén o sabe. (Ninguén somos nos, os cidadáns)...
    En canto a autocrítica...semella unha palabra hueca. A crítica é algo que deixamos ós outros e defendémonos con navallas das críticas.
    En calquera caso, é mais fácil predicar que dar trigo. Doulle a Carliños non cen, senon douscentos días...despois veremos se hai que criticar ou alabar. Estou disposto a alabar a todo aquel que mereza ser alabado. Deixovos, tentarei de tomar un café e facer autocrítica.

    ResponderEliminar
  4. Xa sabía eu que a foto do encabezado ía ser do gosto da Msarkadina, que aí sae moi ben retratada.....A foto de Alfonso Molina coa supertirita dá conta do estrafalario do personaxe. Morreu a fins dos cincuenta (falo de memoria) en Brasil. Estaba de rachí. Diferente final ao do alcalde meapilas, axeonllado diente do poder espiritual. Quizais por iso a broma da segunda foto: "él era mejor!"...alcalde?...non...franquista!!!!

    ResponderEliminar
  5. Pois si, graciñas, gustoume moito a foto. A verdade é que nunca me vira tanto parecido, e iso que dobres parece que teño uns cantos.
    Alfonso Molina morreu, como ben dixeches, a finais dos anos 50 (en concreto en 1958). Así o lembran en La Voz de Su Amo:

    http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2000/08/26/170054.shtml

    http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2004/04/24/2619252.shtml

    O da tirita vén por aquí:

    http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2005/05/14/3727941.shtml

    ResponderEliminar
  6. Por outra parte, reitérome no dito: espero que Carlos Negrera Castañal poida facer un bo traballo, dado os tempos difíciles que vivimos e o lugar no que vivimos. Cartos xa sabemos que non hai para as administracións locais. A base de licencias urbanísticas e subvencións algúns concellos ían saíndo adiante e nalgúns (os máis pequenos) están a vivir situacións realmente dramáticas. Por iso hai necesidade de estudiar o cambio no xeito de traballar en política, empezando polo eido local. Antes preguntaron "Por que se cambiaron todas as beirarrúas da cidade?". Non teño nin idea. Con tanta obra a min víñanme a mente os Curris de Fraggle Rock.

    http://a4.sphotos.ak.fbcdn.net/photos-ak-snc1/v378/80/95/35043642767/n35043642767_981588_6075.jpg

    http://www.buscarempleo.es/opinion/fraggle-rock-explicaba-el-modelo-socioeconomico.html

    Tampouco creo que os responsable souberan darnos unha resposta coherente. Terán que rendir contas? Iso espero.
    A min resultoume obsceno o espectáculo dos altos cargos no PP en Madrid. Coa que está caendo non son conscientes do que van ter que afrontar. Pásalles un pouco como ó senhor Feijão, que se cansou de facer promesas absurdas e, de pronto, viuse no poder, coa obriga de ter que cumprir. Unha vez máis, u-lo Edén, Alberto? Botar balóns fóra non é gobernar nin traballar. Así que, señor Negrera Castañal, tome nota.
    Déixovos este video da noite triunfal. Paga a pena por ver a Gallardón, que parece que tomou algunha copiña de máis:

    http://www.youtube.com/watch?v=kPKVC4nAgI8&feature=share

    Mariano Rajoy: "La democracia esh, entre otrash coshash, votar y muchash másh coshash".

    ResponderEliminar