Resulta altamente interesante comprobar cómo a ideoloxía fascista española, o franquismo, tamén chamado nacional-catolicismo, sigue atrapando a xeneracións enteiras de españois de todo tipo e condición. Supoño que serán os seus eternos valores morais....valores que eu aínda non vin pero que andarán por aí mesmo, coño, que son xente de misa!!!!!!
A última das últimas é a que nos acaba de regalar o candidato a Alcalde de La Coruña (con ele, claro, que en gallego es una vulgaridad!!!!) Don Carlos Negreira coa súa bizarra defensa da figura de José Millán-Astray, apelando,iso si, ao seu....CORUÑESISMO!!!! Ben. Cando menos de nacimento.
Efectivamente, este alcaldable opina que Don José Millán-Astray foi un home de pro....que qué será iso de pro....pronazi? profascista? protestón? Prometeo?????...así que TODOS A SALVAR A ESTATUA DO FUNDADOR DA LEGIÓN ESPAÑOLA!!!!!!
Pero o caso do noso Carlitos non é nin único nin aillado. O líder popular coruñés sigue a estela de outros prohomes que o precederon na defensa dos fascistoides....Qué emperre!!!!! PARA CANDO A XUSTIZA LLES DÁ UN TOQUE POR APOLOXÍA DO TERRORRISMO????
A todo isto, e para colmo de males, hai que aturar a BASURAZA de ver cómo se aproveita dunha muller, coruñesa tamén, que non atopou escola infantil para os seus dous xemelgos. Tan só para un. POIS NADA, NADA, que llo diga a Carlos Negreira, que lle diga que cántas escolas infantis construíu a Xunta, a que ten as competencias, na nosa cidade??? Qué pasa coas que aprobou o anterior Goberno Galego??? Que pregunte, que pregunte, e que se informe antes un pouquiño, se quere evitar que o seu gran problema non sexa empregado por "aguiluchos" para expresar outros intereses.
UNHA VERGOÑA!!!!!
Reconozco que me calenté un poquito.....es que me sale el Lacoruñesismo por los poros...a flor de piel!!!!
Pero é que o fundador do Partido Popular xa se ten manifestado abertamente a favor do que significou o réxime franquista.....do que el formou parte, claro. E que parte, oighan!!!!
Si fuera usted un hombre....yo le......!!!!!!
Tamén resultaron moi apreciadas as manifestacións de Mayor Oreja, recordado por combater o terrorrismo de ETA e defender, ao mesmo tempo, a calidade de vida e tranquilidade que se respiraba con Franco!!!!!
Hombreee....je je je.....yo en esas declaraciones me refería, más bien, a algunos de nosotros...que vivíamos de puta madre, eso es cierto. Nunca quise hacer referencia a los rojos ni separatistas...esos no, como es comprensible....
Eeeeeiiiiiii...mei amici!!!!
Por último, una pregunta:
QUERES QUE CARLOS NEGREIRA SEXA O PRÓXIMO ALCALDE DA CORUÑA????
POIS XA SABES....NON VOTES......ELES SI QUE VOTARÁN!!!!!!!!!!!!
A ver a ver...que todos temos pasado, home, e é de bos cristiáns perdoar....aos que mandan!!!!!
Abur yogur...Boa finde!!!!
Es moi blando con Negreira, Katangueiro....Non estarás aburguesado????
ResponderEliminarRaqueliña...qué gustazo saber de ti de novo!!!!
ResponderEliminarXa sei que ti es das que non votan, ou raramente.....Qué me dis agora???? Son TODOS os políticos iguais?????
Decreto eólico
Axudas libros texto
Plan acuícola
Eliminación sanidade de tarde
Recorte de gastos en prexuízo dos cidadáns
Ataques a un idioma en perigo de extinción
Defensa do franquismo...
Qué machotes que te son!!!!
Alguén podería explicarme en que momento da súa vida exerceu Millán-Astray de galego ou mesmo de coruñés? Alguén podería explicarme esa absurda abstracción chamada coruñesismo? Alguén podería explicarme por que certos sectores da sociedade reaccionan con tal virulencia contra a Lei da Memoria Histórica?
ResponderEliminarDurante case 40 anos unha sociedade enteira foi asoballada,silenciada e mutilada por unha férrea dictadura.Non quixeron deixar nada en pé relacionado coa República e abofé que o conseguiron:O terror,instalado no inconsciente colectivo,qué eficaces foron... E se houbo unha especie de pacto de silencio implícito para superar a Transición coido que xa correron bastante as augas para que os que máis sufriron podan recuperar o seu lugar na historia,a súa reputación os defenestrados e a memoria aqueles a quen llela roubaron vilmente.
Eu son neta por vía paterna dun ebanista tuberculoso cargado de fillos que,para a súa desgraza,se afiliara á CNT,sobre todo por motivos prácticos: había que traballar moito para manter tanta prole.Aínda non sei que actos cometeu o meu avó para que tódolos veráns,incluso despois de morto,foran a buscalo a casa para botar unha tempada no cárcere da Coruña cando o Caudillo viña para Meirás.Debía ser peor que Bin Laden,supoño.O meu pai nunca soubo explicarme que sucedera exactamente.Pola sinxela razón de que eses temas eran tabú,a tal grao chegaba o terror e a autocensura.Se os nenos preguntaban,caíalles un golpe na boca e así aprendían.O meu avó pagou ese erro de afiliarse a un sindicato anarquista moi,pero que moi caro.A amargura e a frustración que arrastrou ó resto da súa vida lastraron a vida dunha familia fragmentada e disfuncional.Nunca se manifestou políticamente,agás que non permitiu que os fillos menores (o meu pai,entre eles)foran ás colonias para os nenos pobres que organizaba a Falange.Moitas veces teño pensado nel e no que lle podería ter preguntado sobre o pasado,pero non cheguei a coñecelo.
Ó meu pai mallárono pero ben mallado cando era un mociño no cine Hércules,por facer un comentario irónico en voz alta,vendo o NODO,coincidindo cos famosos 25 anos de paz,en 1964.Así que despois de dicir o meu pai que os 25 anos gloriosos coincidían con 25 anos de fame e esa malleira,quedou inmunizado.nunca quixo saber nada da dereita.E logo Mayor Oreja fala de "tempos plácidos",manda chover...
Eu nacín 10 meses antes de que Franco morrera,lembro o intento de golpe de Estado de Tejero e a min chegou tamén a Operación Galaxia.Lembro con ira a reacción de Javier Arenas no balcón de Génova en 1993,o primeiro ano que puiden votar.Non podo evitar recordar tampouco esas lixérsicas portadas do diario El Mundo,abrocándonos por votar errado...Non quero entrar na traxedia de 2004,nin nas perpetuas cacicadas en Galiza,porque xa sería demasiado...
O único que me serena neste intre é facer memoria,por moito que outros se emperren en que me convirta en amnésica e recordar que o viril e aguerrido Millán Astray,escoltado polos seus lexionarios armados,berroulle a Miguel de Unamuno un 26 de setembro de 1936:"¡Viva la muerte!", "Muera la inteligencia" ou "Cataluña y el País Vasco,el País Vasco y Cataluña son dos cánceres en el cuerpo de la nación.¡El fascismo,remedio de España,viene a exterminarlos,cortando en la carne viva y sana como un frío bisturí".Non hai remiscencias semellantes nalgún discurso actual?Por último,que as palabras que pronunciou o vello Unamuno ante o eslabón perdido que era MIllán-Astray: VENCER NO ES CONVENCER Y HAY QUE CONVENCER,SOBRE TODO.Y NO PUEDE CONVENCER EL ODIO QUE NO DEJA LUGAR A LA COMPASIÓN.
Creo firmemente no poder da palabra e do diálogo.Creo firmemente que outro mundo é posible.Pero párteseme a alma cando leo cousas semellantes e penso que pasaron máis de 70 anos e hai cousas que non cambian.
O malo é que o vello Unamuno deuse conta tarde da clase de erro que cometera.....Quizais algo parecido lle ocorreu a xente como Risco, que aplaudiu encantado o golpe, coa esperanza de que trouxese orde....e o que traía eran "ordes" de execución de colegas del.
ResponderEliminarSeica os últimos anos penou un pouco....O caso de Álvaro Cunqueiro tamén é paradigmático....de mozo galeguista a dirixente da Falange. Cansouse de loubar ao Caudillo mentres milleiros de galegos tiñan que calar e mentres se esfoliaba o noso idioma....ao que voltou cando foi expulsado da Falange por cristos deles!!!! Gran escritor, si, pero tamén gran fascista.
Eu teño unha visión un pouco ácida sobre a memoria histórica, teño que recoñecelo...pero a memoria, de rescatala, debe ser completa.
Un profesor díxome unha vez que o de Cunqueiro era comprensible, xa que a súa obsesión era dirixir un xornal, e que para iso era preciso ser da Falanxe.- Pois vaia miseria....vaia modelo....
Levas moita razón, Katangueiro: Unamuno decatouse demasiado tarde. Iso é un erro humán demasiado común. Morreu tres meses despois deste enfrontamento. E non podo imaxinar o que tería sufrido Risco ó ver o destino final de moitos compañeiros. Nen creo que Cunqueiro puidera ter durmido moi tranquilo polas noites, aínda que aparentara o contrario. Non se pode vivir en tan flagrante contradicción con tranquilidade e paz, creo.
ResponderEliminarA miseria e a estupidez humanas non teñen límites, diso estou ben certa. Non hai biografía pública que se poida salvar nesta guerra ou en calquera.
Os meus modelos de referencia nunca foron xente ilustre, senón moito máis modestos: aqueles que estaban máis cerca de min e ós que puiden observar e examinar,ós que puiden coñecer, aceptar e querer. Por iso fixen mención a eles e a outros no tocante á memoria histórica. E ten por seguro que tampouco foron biografías exemplares. Probablemente me cegue o sentimentalismo, pero tampouco podo aturar as haxiografías.
Tamén son partidaria de que a memoria no sexa selectiva, senón nunca poderemos aprender dos erros do pasado e corrixir a situación actual para sentar outras bases dunha sociedade máis cívica, xusta e e equilibrada.
E se vexo algún día a Carlos Negreira heille pedir que me explique en que momento exerceu a súa condición de coruñés Millán Astray(da de galego non farei mención, que non o quero comprometer tanto).
Yo he conocido a varios fascistas jóvenes y, sinceramente, el 99% tiene menos idea de historia que el doctor House de tacto y diplomacia.
ResponderEliminarUn saludo,
Deprisa
Estoy de acuerdo con Deprisa, aunque añadiría algo más. Quienes llevan una camiseta del Ché van por el mismo camino. De House, ¡qué decir! ¡Qué cabronazo chega a ser!
ResponderEliminarSaudíños
Non perderse o episodio da "cubrición". Para mexar e non botar ghota!!!
ResponderEliminarhttp://katanga-koruna.blogspot.com/2011/05/o-partido-copular.html