Os timadores

ESTA ENTRADA: 
by Katangueiro
Moitos son os timadores, e moitos son os timos, que pululan ao noso redor con desatino e, mesmo, certa chulería implícita. E que conste que non falamos nin de Toni Leblanc nin de Antonio Ozores nin de Conchita Velasco....eses eran tramposos. Vexamos pois.

Timadores telefónicos: xa sabedes. Beneficios récord, reparto de pastelitos entre directivos e veña despidos....Ata o Dire Xeral de Cocacola chamoulles a atención...pero iso é outro timo.....

Timadores escandinavos: corre que voa por toda escandinavia a idea de que os países do sur -ou sexa, nós- chuchamos dos tetos do norte para pagarnos festuquis e saraos....Algo diso pode haber, non digo que non -véxase a cidade morta da culturilla-, pero o que esquwecen é que esas axudas que nos dan e que agora tanto lles doen serviron para liquidar literalmente unha serie de sectores produtivos de aquí para que non sufrisen os sectores produtivos dos nenés ricachos dalá. O mesmo timo que o da recadación dos impostos. A refinería coruñesa liquida en Madrid. "Non importa", din os chulapos, "todo queda na casa. Logo desde Madrid pasámosvos os cartos que necesitedes!!!". Mentira e mentira. E para colmo presumen de manternos. Pobriños de nós!!!!!

Timadores financeiros: as Caixas, que sempre gañaron cartos durante esta crise (?), pretenden prexubilar a 11.000 traballadores e traballadoras a conta dos orzamentos públicos do INEM. Mentras tanto, noutro lugar de Europa, o Comisario Europeo da (In)competencia, o epañó Juaquín Almunia, prevé máis axudas públicas aos bancos.....Debería ser delito dedicar axudas públicas a quen máis ten en detrimento dos máis desfavorecidos. Insisto, debería ser delito penal!!!!!

Timadores preocupados: non me creo en absoluto a saída de ton do directivo de Cocacola chamando a atención publicamente a Telefónica por forrarse a conta nosa, comerse mercados internacionais a conta de suculentísimas ofertas para, agora que teñen beneficios bestiais, repartirse o pastel e largar á rúa aos que lle proporcionaron ese cash. Non mo creo, ou polo menos non me creo a inocencia da difusión deste comentario.....

Timadores secuestradores: imaxinádevos que sodes secuestrados por uns maleantes, que vos meten nun zulo e piden un millón de euros de rescate. Imaxinádevos que chegan uns señores alemáns e libéranvos. Ledicia, ledicia infinita!!!!!! Error, error.....agora o zulo é aínda máis infecto e piden por soltarte tres millóns de euros. Deus nos libre dos salvaestados!!!!!

Timadores de andar por casa: as mellores zonas comerciais da Coruña ( e de Madrid, Barcelona, Valencia, Bilbao, Vigo, Segovia, Valladolid, etc...) son aquelas onde non existe o tránsito rodado en absoluto ou este está moi reducido e condicionado, pero aquí, nesta cidade marineda, hai quen insiste en culpar da caída de vendas aos bolardos e o carril bus. Queren que se poida e/ou permita o aparcamento en doble fila ou montar o buga nas beirarrúas....Xa falamos disto e non vou estenderme. O que non nos explican é se é por culpa deses bolardos que a peña acude en masa a Marineda City, pasando atascos incribles, maratóns de escaparatismo e masas inflamadas en consumismo desenfreado....

Timadores clasificadores: a última de hoxe. As clasificadoras pretenden indicarnos a solvencia dun Estado ou país, pero o certo é que son entidades privadas con intereses accionariais especulativos. O seu capital é maioritariamente norteamericano, isto é, está formado por dólares e máis dólares. Cal é a moeda máis castigada nas transaccións internacionais desde que apareceu o euro? Quen ataca aos estados "débilies" parta así atacar directamente ao euro? Que Estado centroeuropeo está a forrarse a conta das desgrazas de media europa??? Quen? Quen?

Parafraseando a Einstein, non sei como será, ou sequera se existirá, o III Reich, pero si sei como será o IV...económico.

Basta por hoxe. Basta.

CONCHITA VELASCO: Mira por donde por allí se mueve un chulapo de Telefónica....Estos, estos si que saben de timos, y no el arrastrao de mi novio...A ver si le saco el número de móvil o me regala un e-book.....

5 comentarios:

  1. Boas chic@s!!, de cando en vez déixome caer por estes lares, que non me esquezo de vos, non.
    Eu síntome víctima destes TIMADORES, pois estou a pagar un servizo de Movistar que non uso e do que solicitei a baixa vai para dous meses... Tiven que deixar todo en mans da Oficina Municipal de Información ao Consumidor e supostamente nun mes estará o problema solucionado, pero eu non sei que pensar... Mentres tanto eles veña a chupar inxustamente o diñeiro dos demáis e aínda encima non tes unha puñeteira oficiña coma había antes onde poder ir a dicirlles un par de cousas... Ladrones!!!! Sin vergüenzas!!!!

    Un bico grande para tod@s :)

    ResponderSuprimir
  2. O de Telefónica non ten nome. Cando lin o da enésima ERE e as bonificacións ós executivos tiven un dejà-vu: segunda metade da década de 1990, privatización da compañía e fin do monopolio (regalada a catro amigotes de Mr Ansar, algún deles moi pecaminoso, como Juan Villalonga), prexubilacións vergonzosas (extensibles ó mundo da banca e outras grandes empresas), o caso SINTEL, despidos por deslocalizacións (na Coruña houbo bastantes afectad@s) e, claro está, as escandalosas stock-options.
    http://www.cesarsalgado.net/misc/000619.htm
    Todo (ou case todo) feito a costa do erario público en anos de suposta bonanza na que se unha non se forraba era pouco menos que idiota. Eran os anos de tanto e tanto "empresario" saído da nada e da burbulla inmobiliaria. Os anos dos P-Pijos, do clan Becerril(hai un libro con tal título), na que se inclúe ó xenro de Mr Ansar (a parte medio fina e xuvenil dos Gürtelianos).
    Todo (ou case todo) feito a costa do erario público en anos de suposta bonanza na que se unha non se forraba era pouco menos que idiota. Eran os anos de tanto e tanto "empresario" saído da nada e da burbulla inmobiliaria. Os anos dos P-Pijos (hai un libro con tal título), na que se inclúe ó xenro de Mr Ansar, do clan Becerril (a parte medio fina e xuvenil dos Gürtelianos).
    A situación social actual estaba a xestarse e case tod@s nós estábamos na inopia. Cando a min (ou al alguén que pensara parecido) me daba por dicir que tanta "riqueza" e tanta ostentación non me parecían normais, cando atopaba a quen me facía a pregunta do millón ("con IVA o sin IVA") tiña que soportar moitas burlas. Agora siguen a dar leccións; esta vez tócalle a aqueles compañeiros de viaxe ós que no lles foi tan ben coma os "listos" de turno. Máis dura será a caída, dígolles eu.
    O que estamos a vivir agora é a instauración da usura e ó asasinato de Estado de Benestar. Irlanda (xa vos contara un pouquiño o que lle pasou mo chara na hÉireann, Grecia (a rebeldía estase a instaurar como moneda de cambio entre a cidadanía), agora Portugal... Vivir con medo de que teñamos que pagar pola cobiza allea e vendo os dereitos adquiridos co moito esforzo por xeneracións desaparecer porque si resulta descorazonador. Quédanos o espello islandés. Non nos enganemos, o camiño que emprenderon é arduo: teñen enriba unha demanda xudicial de Holanda e o Reino Unido, pechado o mercado de créditos e bloqueda a entrada á Unión Europea. Pero creo que é preferible a vivir atemorizada polo BCE.
    Recoméndovos este documental: "Debtocracy".
    http://lapasiongriega.blogspot.com/2011/04/debtocracy-deudocracia.html
    Agora mesmo non está subtitulado pero seguro que non tardará moito. Resulta peliagudo para moita xente porque só está en grego (unha fermosura de idioma) e inglés, pero si é bastante comprensible a súa esencia.
    http://www.debtocracy.gr/

    ResponderSuprimir
  3. Cialis

    Dopo le droghe come Viagra e Cialis ha rivoluzionato il trattamento di disfunzione sessuale maschio verso la fine degli anni 90, un turbine di neve dei test clinici sono stati condotti in donne nelle speranze che le droghe potrebbero fare lo stessi per fare rivivere l'azionamento di sesso diminuente della donna.

    http://www.medicinaligenerici.com/

    ResponderSuprimir
  4. Yo conozco a otros timadores mucho más cerca
    http://www.facebook.com/?ref=home#!/pages/Lo-que-nos-cuesta-Losada/206716376029637

    ResponderSuprimir
  5. Anda y mentirososos: www.cronoescaladaalabsurdo.com.

    ResponderSuprimir