Lloviendo piedras......



Hoxe pola noite semellou que chovían pedras por Katanga toda!!!!

"¡Mire usted que no son piedras, mi señor Don Quijote, que son ranas!"

Qué ranas nin que nada....era granizo, como lle corresponde a esta época do ano.

O que ocorre é que, no do granizo, hai para todos. Así que este pobre katangueiro tivo que comprarse estes marabillosos sombreiros protectores...que non vos conto o que levo entre as pernas, que me censuran o blog!!!!!!

É que cando graniza así, caen de arriba e caen de abaixo para arriba. Cousas da física cuántica do demo!!!!

Na entrada anterior advertinvos dunha granizada que estaba a caer, precisamente, sobre Katanga. Iso obrigounos a quedar a cuberto, e así seguiremos. Na nosa casiña. Pero é de xustiza recoñecer que SEMPRE aparece alguén disposto a axudarte e cubrirte. Iso debémolo agradecer, e así o facemos.

Reproduzo a continuación o comentario que nos dirixiu un dos administradores do blog novomesoirense en canto soubo da nosa decisión (inamobible) de retirar este blog do "mundillo" dos comentarios...por se as usurpacións.....

Este administrador, Dalí, é evidentemente unha persoa, cando menos, educada e respectuosa. MÁIS CA NÓS, SEN DÚBIDA (aínda que non somos tan malotes como se nos quere poñer, eh? Pura fama). Como non sei se ledes ese blog veciñal, aquí vai o texto completo xunto ao noso agradecemento.

DALÍ: "Lamento esa decisión, Katangueiro. Y, si cambias de opinión, como me gustaría, aquí siempre serás bienvenido. Mientras tanto, seguiré leyendo tu blog como hasta ahora, que es verdad que me parece muy divertido (aún me estoy riendo ahora de lo del pato Lucas y tal), aunque a veces hay que frenar un poco, porque detrás de los comentarios, al fin y al cabo, lo que hay son personas defendiendo, con mayor o menor fortuna y mejores o peores formas, sus propios intereses, igual que vosotros.

Si alguien dice algo en tu contra, estás en tu derecho de responder, pero hay que tener cuidado de no ponerse al mismo nivel y evitar siempre llegar a lo personal. Por ejemplo, yo no pienso que, por el hecho de ser sus administradores y escribir cosas que puede leer todo el mundo, los que llevamos los blogs vecinales seamos personajes públicos. Simplemente, hacemos uso de la misma libertad de expresión que ofrecemos a nuestros usuarios al permitirles comentar, de forma anónima, las noticias que publicamos.

Con respecto a la suplantación de identidad, en este caso creo que es bastante inocente, pero si quieres que edite o elimine el comentario (cosa que no creo que sea necesaria porque ya ha quedado muy claro que no eras tú), dímelo y lo haré. A pesar de ser informático, yo también me fijo sólo en los nombres y no suelo prestar atención a las direcciones IP a menos que el comentario me resulte particularmente chocante, y por eso no me dí cuenta esta vez, pero a veces yo también cometo mis errores y tengo que rectificarlos".

Reconfórtanos o teu comentario, pero non é suficiente. Hoxe o texto "usurpado" non tiña importancia ningunha, é certo, pero e mañá???? Graciñas de novo.


Eso, eso....vosotros arreglando vuestras diferencias y yo aquí...sin ayuda, sin nadie que hable de mi, buscándome la vidilla.........frikis!!!

Hatful of Hollow: tomando unha decisión


Comunicámosvos e toda a xente amiga de Katanga Koruña que desde XA este blog non realizará ningún comentario como tal ou como Katangueiro ou Katangueira nos outros blogs da cidade. É o xusto, xa que alguén escribiu cousas empregando o noso nome. Cousas que non compartimos.

Non temos medo ás críticas, nin ao debate sobre o que sexa....O que si nos tememos é o uso ou abuso que se poida facer no noso nome, só por perxudicar.

Calquera dos administradores poderá comentar o que sexa onde sexa, se lle deixan, pero NUNCA como blog. Quen quere encontrarnos, sabe onde estamos. Aquí en Katanga Koruña ou no facebook.

Non é unha agradable decisión, pero é o máis correcto.

Vémonos, coma sempre, aquí.

Comunicado urxente d@s administrador@s de Katanga Koruña

Henos aquí retratados:

Facémonos eco de informacións recentes, feitas públicas no Blog do Ventorrillo, e que apuntan, sen dar datos concretos, a unha denuncia dun administrador dun blog veciñal da Coruña contra outra web (ou blog???) onde se permiten e publican ameazas en contra do denunciante, chegando a mofarse de ditas ameazas.

O texto a continuación (e a entrada AQUÍ):

"Según hemos podido saber, el administrador de un blog vecinal ha recibido amenazas a través de otra web. Dichas amenazas han sido denunciadas y están siendo investigadas tanto por el Grupo de Delitos Telemáticos de la Policía Nacional y la Guardia Civil.
El administrador amenazado, nos indica que en esa web se mofan de dicha amenaza los propios administradores. Por lo que nos ha dicho el denunciante, esa web se postula como la gran defensora de los derechos humanos, y se pone como ejemplo de democracia, lo cual se contradice con la manera que tiene de actuar.

En breves días habrá noticias sobre el tema, sobre todo a raíz de las conclusiones que saquen tanto la Policía Nacional y la Guardia Civil.

Nos comenta el denunciante, que esa web se vanagloria de salvadora de los más necesitados (incluídos los traficantes de drogas), pero permite insultos y amenazas físicas a personas que no comulgan con sus ideas.

El denunciante no quiere que publiquemos de quién se trata, pero hemos accedido a la denuncia, y realmente creemos que hay suficientes pruebas como para que se cierre dicha web. Lo único que nos ha dicho el denunciante es que siempre ha procurado mantener un contacto abierto y tranquilizador con sus administradores, pero éstos en su lugar han preferido dar cabida a veladas amenazas contra él, las cuales no son vetadas, sino todo lo contrario".

Desde Katanga Koruña, tanto o Katangueiro, Pacotrón como Katangueira, opoñémonos ao uso de ameazas contra ninguén. Existe, por suposto, liberdade de expresión. Podemos considerar que certas prácticas de certos blogs son execrables, amorais e fóra de toda ética. O que non podemos consentir de ningún tipo é que a xente ameace, se entendemos por ameaza o que penso que todos entendemos: contra a integridade, a das nosas persoas queridas ou próximas, os nosos negocios ou bens en xeral....etc. Sabemos que administradores veteranos nisto dos blogs veciñais, como Rosales e o administrador-fundador de Novomesoiro, recibiron ameazas gravísimas, dando mesmo datos privados como proba de que, como mínimo, se lles estaba facendo un seguimento. Terrible. A nós non nos pasou aínda iso, pero somos conscientes de que ninguén está libre.

Revisando os nosos post e os eus comentarios, si que descubrimos unha ameaza a un administrador: o do Ventorrillo. Reproduzo aquí esa ameaza (á que eu non lle daría valor, todo sexa dito. Só se aproveita do anonimato para amagar cunhas "yoyas" que, por sorte, nunca pasan de ser virtuais) e a resposta que se lle deu ao instante:

Bebeto dijo...
A. R. FAAAAAAASSSCCCCISSSSTTAA!!! IMOS POR TI. ANDA CON COIDADO PERRO!
9 DE NOVIEMBRE DE 2009 18:06

Blogs de Katangueiro dijo...
Non, Bebeto. Iso non se di. Por favor, comenta o que consideres sobre o tema, pero deixa a xente tranquila.
9 DE NOVIEMBRE DE 2009 18:18

Como podedes comprobar, xa nunca máis se empregou o noso blog para emitir burradas. Cousa que se agradece e que nos tranquiliza.

No que respecta ao noso diálogo dialéctico con AVA....en fin. Hai tempo que nos apuntamos ao humor do absurdo, que é o propio. AVA enfadouse moito con nós e cos nosos comentaristas, certo, pero nunca nos transmitiu inquietude algunha por que se verquesen ameazas. O certo é que ameazas non se verqueu ningunha. Piques si que os houbo. Por suposto que si se nos transmitise unha inquietude por algún dos nosos ou alleos comentarios que aquí se poden ler, tomaríamos a petición coa seriedade e preocupación debidas. Así aconteceu cun administrador moi coñecido, mesmo de nomes e apelidos (que non oculta), que nos pediu eliminásemos ás referencias explícitas á súa persoa e nós fixémolo ao instante...e seguimos a día de hoxe mantendo esa corrección ao referirnos a ese blog.

En canto ás ameazas en si, permitídenos que sexamos pesimistas. O caso de Yolanda Castaño, acosada por mensaxes de móbil a todas horas do día e da noite por unha persoa quizais desequilibrada, demostra o barato que pode saír volver tola a unha persoa.

O curioso de todo é que todos estes blogs, o noso incluído, empregamos en moitísimas ocasións informacións de medios de comunicación que mesmo enlazamos e, en todo caso, aos que referenciamos. Isto pode non ser moi legal. En Katanga non temos ingresos por publicidade, así que o seu uso non ten que ver con lucro ningún, pero no caso de VARIOS blogs que si teñen publicidade.....non o vexo moi claro. Igual nos vemos todos no Xulgado!!!!!!!! (uns máis que outros).

En "refinitiva": nós non nos damos por aludidos, pese aos roces destes últimos tempos, pero se alguén considera que se vulneraron aquí os seus dereitos máis inalienables, está no camiño correcto presentando unha denuncia no Xulgado, por suposto, e que a/o Xuíz decida. Se somos nós os denunciados, nesta ou noutra ocasión, e se nos pecha este blog....pois qué lle imos facer!!!!! A Xustiza o primeiro, guste ou non. Xa montaremos outro máis moderado pero insistente na defensa dos máis febles, que son SEMPRE os que pagan as crises dos máis fortes!!!!! E xa vos deixamos, que mirade o plan da Katangueira!!!!! Sábado sabadete.......

...polvo polvete.........ou hoxe levas en serio!!!!!!!


REPRODUCIMOS ALGÚNS DOS COMENTARIOS QUE NOS DEIXARON DIFERENTES PERSOAS RELATIVOS AO NOS BLOG KATANGUEIRO:

uno que lee de madrugada dijo...
Noraboa polas máis de dez mil entradas. O blog está moi currado, aínda que tamén ten inquitudes políticas.

Msarkadina dijo...
Boa liaches, Katangueiro! Alomenos, aquí tivestes diálogo e sentido do humor,temas dos que tan carentes estamos na vida diaria.Os meus parabéns.

A. R. dijo...
Grazas novamente.
Con boas palabras nos entendemos, a pesar de ter visións distintas.
Unha aperta, M.A.R.

beto dijo...
Como traballador da Costa da Morte e residente na Agra do Orzán declárome sorprendido pola fauna que habita estes barrios da Corunha e agradecido a este blog pola información ;)

Sen dijo...
Ante todo dar as grazas porque alguén faga un blog con xeito e sentidiño común, que na Coruña xa fai moito que non hai.

Anónimo dijo...
¡Cómo mola este blog! ¿Qué parte de vídeo, ou perdón, que foi exactamente o que se cortou no vídeo de NM? Je, seguro que proferían insultos contra o Calvo.

Tamara dijo...
Por lo menos en este blog leo de todo, y la gente discute. En otros, sean de quien sean, todo es planito.

alcaldelosada dijo...
A idea da enquisa é bárbara. Lástima que non se lle ocurrira ó Concello.

Señor Werty dijo...
Que non decaiga Katanga, moita sorte e a seguir loitando.

E ASÍ MOITÍSIMOS MÁIS......

Uf...abur, yogur!!!!!!


Máis madeira, é a guerra!!!!!


Para os que están convencidos de que a cantidade é sempre e en todo lugar preferible á calidade, o mundo nunca é suficiente á hora de sumar "iniciativas" á causa da desinformación, á axitación veciñal e á organización dun sen número de algaradas.

Hai uns meses circulou polos ámbitos blogueiros un enlace a un NOVO BLOG sobre o temita de Penamoa. Un blog "aspectacular" plagado de erros ortográficos inconcebibles nalguén con suficientes coñecementos para manexar un blogspot.

Blog de "Peñamoa"...o surrealismo cutre aínda existe!!!!!



Os administradores facíanse chamar "vecinos del Ventorrillo".....Carafio, serán veciños que non pasaron polo cole, vista a gramática e ortografía!!!!!

Este blog, que emitiu ben pouco tempo, ten agora un novo campión da xustiza veciñal. O seu pomposo nome, "Coruña Habla", xa nos indica de qué palo van estes cherifes: falan en nome de toooooda a cidadanía da Coruña.

Blog Coruña Habla...porque no de Penamoa aínda hai clases!!!!!!!!



Déixovos aquí uns textiños extraídos dese blog "cidadán" para que vos quededes tranquiliñas e tranquiliños coas sanísimas intencións dos seus promotores: toda unha lexión, a xulgar polo repartiditos que están por entre todos os barrios implicados na "loita".....

"Somos un grupo formado por vecinos de A Coruña, en particular de los barrios de Mesoiro, Eiris y Ventorrillo". (Isto é como unha U.T.E. pero de blogs!!!)

"Somos personas normales y corrientes implicados en la realidad de nuestros barrios". (Veciños superimplicados...estou intrigado!!!)

"Esta implicación nos ha llevado a desarrollar esta iniciativa como un medio de aglutinar y canalizar el sentir de nuestros barrios provocado por la adjudicación de viviendas sociales y “traslado” de poblados como el de Penamoa". (Ah, implicados para o de Penamoa.....)

"La Xunta de Galicia se ha ofrecido a colaborar en esa linea, sin embargo el Ayuntamiento se ha negado". (As contas claras e o chocolate espeso....Concello culpable. Xunta güenaaa!!!)

"Queremos evitar que se forme un gueto en nuestros barrios. Un gueto de delicuencia y drogas, insalubre e insocial, como lo es el poblado de Penamoa". (Xa viven nun gueto. O gueto está nas súas cabezas!!!!!!)

"Por eso nuestra demanda se centra ahora mismo en reclamar al Ayuntamiento de A Coruña que acepte la solución de la dispersión y colabore con la Xunta de Galicia poniendo los medios necesarios para realizar la dispersión de aquellas personas que tienen su origen en focos conflictivos". (Acabáramos.....quedou clariño, vale???)

Nada, nada. Nel del panel. A ver se duran un pouquiño máis que os seus "homónimos"!!!!!!!. Polo de pronto, mal comezamos. Para a información que publican, podían enlazar directamente con todo o que hai xa e aforrábamos esforzos e tempo!!!!!!

Que saibades que este blog TAMÉN está sendo promocionado como o mellor da Coruña toda polo noso videocreador do blog do Ventorrillo.....Se é que na Coruña nos coñecemos todos!!!!


O vídeo da polémica que debería poñer no seu sitio ao señor Ponte


A plataforma de persoas adxudicatarias das Vivendas de Promoción Autonómica (os famosas 256) acaba de presentar unha denuncia nos Xulgados polas palabras despectivas e, por qué non, obscenas que, a través dun vídeo realizado pola xente do Blog do Ventorrillo, emprega o señor Ponte Mañana, "a la sazón" presidente da animosa Asociación de Veciños O Cruceiro, contra o conxunto deses 256 adxudicatarios.

Os lemas "Integración SI, guetos NO" semellan totalmente inútiles a estas alturas. Persoas como Ponte Mañana denigran a imaxe de todo un barrio, dando na cidadanía a absoluta sensación de que eses espazos urbanos son xa, de feito, uns guetos. Pero uns guetos de INTOLERANCIA (véxase a obra mestra do gran D. W. Griffith).

Extraña que ningún deses blogs "aliados" comente nada deste despropósito en forma de docu-drama, especialmente sangrante a partir do seu minuto 7:15.

Persoalmente, tampouco nos semella moi acertada a inclusión dun tema do grupo británico OASIS nese vídeo. Non sei qué dirá a súa casa discográfica.

Quédavos con este vídeo. Qedádevos cos aplausos. As palabras de Ponte son demoledoras: "(...)Qué importa que lle chamen dunha forma ou outra (realoxados ou adxudicatarios). Na miña terra á merda non se lle chama caca. É merda. É merda!!!!". Impresionante argumentario. Como para vivir no mesmo edificio ca el.

Para nós, aparecen retratadas, con meridiana claridade, as intencións reais destes "salvabarrios".

Supoño que o seguinte paso a dar será ir piso por piso, unha vez sexan entregados, para "limpar" de narcotraficantes e prostitutas o Castrillón todo!!!!! Xuíces e parte. Moi democrático. Igual había que mirar a qué se adican exactamnte e qué intereses certos moven a persoeiros coma o señor Ponte Mañana.



Estará AVA entre algúns dos que aplauden????? Qui lo sa!!!!!!!!

Abur, yogur.

Perdona, AVA, pero Lucas me quería a mi!!!!!


by Katangueiro (que aquí todo o mundo asina...)


Non sei se vos fixastes en que, dun tempo a esta parte, recibimos con ledicia as visitas puntuais dunha/dun dos Administradores do Blog do Castrillón: AVA, a quen vemos nesta simpática foto cun grupo de amigos-veciños preocupados polo aumento da delincuencia que se lles vén enriba.

Entre outras lindezas que se divulga desde o seu blog, e que xa mereceron abondosos comentarios AQUÍ, está a súa teima en contradicirse continuamente. A máis que escribe, máis incoherencias transmite. Poñamos varios exemplos:

-Pretenden ser veciños non racistas, nin xenófobos nin "partidistas", pero insinten en presupoñer problemas creados por persoas que agora mesmo non viven no barrio e persisten en misturar lista de adxudicatarios de V.P.A. con chabolistas (como fai o Partido Popular do seu "administrador a tempo parcial" señor Mourelo). Non se sostén.

-Pretenden facernos pasar a Anónimo, Pacotrón e eu pola mesma persoa. Ao mesmo tempo, diríxense a Anónimo polo nome de Jesús. Eu sei o nome de Anónimo. Os tiros non van mal encamiñados, pero non son eu (que o meu nome comeza por D) nin Pacotrón (que xa vos podedes imaxinar cómo comeza o seu nome). Da pobre Katangueira non fala, e ela quéixase!!!

O certo é que Pacotrón, que é máis falso que un duro de catro pesetas, ensinoume un programilla informático que che indica (será cabroncete) as direccións desde as que entra a xente neste noso blog katangueiro, e este invento do demo indica ás claras que AVA e o Blog do Castrillón (outro "comentarista") empregan a mesma mesmiña. Parecería ser posible que estas dúas persoas, por tanto (ou por tonto), son a mesma. Quizais. Pode ser. Sabe Deus. Seica.

Entre mentras, escoitamos hoxe en Radiocoruña a unha adxudicataria que é unha expropiada de Eirís, e que está farta de que non lles entreguen xa as chaves e de que ninguén lles dea voz neste enterro.....de conciencias.

As persoas adxudicatarias están para denunciar o que algunhas persoas din delas nas manifas que ampara, entre outros, este singular espazo aberto do Castrillón. Estas "declaracións-proclamas" aparecen rexistradas no vídeo correspondente que o amigo do Ventorrillo lles fixo unha vez máis. Expléndido traballo DOGMA que podedes contemplar AQUÍ.

A maior abundamento, algúns medios de comunicación tan diferenciados como Voz, Radiocoruña e Ideal, resaltan a inoportunidade de que representantes e amigos da Fundación ONCE resultasen abucheados por parte dos alí congregados sen diferenciar o que é unha reclamación política concreta a un Alcalde con calquera persoa que saíse de María Pita naqueles momentos. Bueno, equivócome. Seica co señor Mourelo houbo un tratamento máis educado.

Este tipo de actitudes e aptitudes, sexan duns poucos ou dunha maioría, son as mesmas que conduciron ao xoven vecindario de Novomesoiro a parar en plena noite unha furgoneta, obrigar con ameazas a baixarse ao seu ocupante e ensinarlles pola forza o que contiña o seu maleteiro. E todo porque algunhas poucas persoas (hai unha en concreto que é censurada nos vídeos polas barbaridades que solta pola boca) decidiron chamar porta a porta berrando: "Que ya los traen. Que ya vienen los gitanos". Non damos aprendido.

En fin, AVA. Como dicía a canción: "Chiquitita dime porque/tu dolor hoy te encadena/que en tus ojos hay una sombra de gran pena/no quisiera verte así/aunque quieras disimularlo/si es que tan triste estas/para que quieres callarlo".

Déixoche cun novo amigo katangueiro que ben sabe o que son os prexuízos sociais, xa que é afroamericano. El pode darche unha visión clara das cousas:


Esperen....esperen....uf...cuack...brrrlll......no se imaginan con que...chchch....cuack...clase de vecinos debo convivir cada...chchch...día de mi mísera vida.....pero siempre le echan la....chuack....culpa culpita a este pobre...chchchch....pato negro!!!!!, cuando la culpa es del....churlll....cuack...otro patético y...chchch...blanco pato.Brrrllllll.


Siempre yo. Siempre yo. Por qué me tocará siempre a mi pagar el...pato!!!!!!


Pero qué passssa....Lucas!!!!


Nada nada nada, AVA. A divertirse. Déixoche cun vídeo simpatiquísimo realizado por uns veciños modélicos da Agra-Ventorrillo onde se ríen a esgalla a conta de Raúl Cousillas e Canuto. Dúas persoas que podemos "definir" como inadaptadas socialmente en con secuelas irreversibles deixadas polas súas adiccións, pero ás que nós lles temos moito cariño (e pena, por suposto) e que NUNCA NA VIDA farían a gracieta que se lles fai a eles: ofrecerlles vinte euracos por bañarse na fonte da Praza Salvador de Madariaga. Para os "creadores", vinte euracos non son nada máis que unhas risas. Para Cousillas e Canuto son bastante máis:




Así está o ambientillo......

Sobre a Xunta de Compensación da parcela do Ágora

by Anónimo.


(Reproducimos aquí, polo seu interese, o texto tal cal nolo enviou o noso amigo Anónimo, agora para nós non tan anónimo, sobre a parcela onde se está a construír o Ágora. Esperemos que isto axude a poñer fin aá situación que Anónimo aquí denuncia. Ánimo.)


La parcela en la que se está construyendo el AGORA es la identificada como la Z2 EQ-5 (abaixo á dereita).
En la identificada como Z2 EQ-3, es en la que quieren construir el nuevo equipamiento para la Residencia Padre Rubinos. El Concello pretendió que la Junta de Compensación les permitiese tomar posesión de ella, pero la Junta de Compensación les dijo que no podían hacerlo mientras no estuvieran inscritas las parcelas.
La Junta de Compensación, integrada por los distintos propietarios, cada uno de ellos con un porcentaje de representación proporcional al suelo de origen aportado por cada uno de ellos, es la que establece la reparcelación de cada parcela de uso privado y adjudica a cada propietario la parte que le corresponda.
El 22-09-08, reunidos en Asamblea, la Junta de Compensación aprobó inicialmente el Proyecto de Compensación, lo envió al Concello para que este lo expusiera al público durante un periodo de 20 días después de publicado en el BOP , para que quien lo considerase oportuno presentase las alegaciones que considerase necesarias. Se publicó en el BOP 234 del 10-10-08 en la pag. 11856.
Pasados los veinte días reglamentarios, el Concello lo retiró de la exposición pública y en teoría se puso a estudiar las 11 alegaciones que se presentaron. Digo en teoría, porque 7 meses después, en mayo, el departamento de urbanismo aún no había mirado las alegaciones para emitir su correspondiente informe técnico y si procedía enviar esta Aprobación Inicial con el correspondiente informe técnico municipal al Concello para su Aprobación Definitiva.
En el mes de mayo, la concejala de urbanismo, Obdulia Taboadela, se comprometió a que antes de finalizar Junio estaría aprobado definitivamente, en el mes de Junio, el gerente de urbanismo, Alfredo Cerezales dijo textualmente “ lo voy a dejar listo antes de irme de vacaciones “, a lo que se le preguntó cuando se iba de vacaciones y contestó que “ en Agosto “.
Estamos a finales de Noviembre y ni se ha aprobado ni se ve que el Concello ponga de su parte para aprobarlo.
Mientras no se apruebe, no se puede publicar en el boletín correspondiente que es cuando tiene validez tal aprobación y posteriormente se enviará al registro de la Propiedad para inscribir cada una de las parcelas a nombre de su adjudicatario.
El Concello, saltándose toda la legislación vigente, hace lago mas de seis meses que tomó posesión de los terrenos que van a ocupar la parcela Z2 EQ-5, terrenos que no son suyos, que tienen propietarios particulares a día de hoy.


(A continuación reproducimos parte da memoria do Plan Parcial que nos envía Ánónimo onde se describen as parcelas que contempla este sector.)












Pro pro pro........procesos.



O Katangueiro entrou tímidamente nunha sala que, era meridianamente evidente, agardaba máis visitas. O Katangueiro peina canas e alármase con facilidade. Sabe que, nestes últimos tempos, os argumentarios de determinadas "asembleas veciñais" se asemellan cada vez máis aos das SS-Totenkopfverbände.

O dirixente veciñal inspira fondo. Enche o peito e o ánimo. Claramente, agardaba máis do seu ofrecemento. Él podía salvalos a todos. Él podía limpar as rúas. De narcotraficantes e prostitutas, dicía coa boca grande. O que dicía coa pequena non se pode reproducir aquí.

As excasas persoas alí presentes socializaban os seus temores. Os seus medos. O medo, xa o sabe ben o Katangueiro, é libre.

As primeiras intervencións eran queixas sobre os ruídos e algarabías que padecían estes veciños día si e día tamén arredor duns locais de hostelería denominados "afters", isto é, abertos ata o mencer. "En esos locales se venden drogas y se ofrecen prostitutas".

O Katangueiro nada sabe disto. Hai anos que non agarda ás luces do día para regresar a casa dando tumbos. Quen o asegura, será que o sabe. De boa tinta ou nas propias carnes.

"Hay inseguridad. El otro día, en un portal del barrio, un hombre realizó tocamientos a una niña de trece años". Desaprobación absoluta e náusea. O Katangueiro pensa se ese home era un cliente dos "after", un narcotraficante ou un prostituto. Ou un "botelloneiro".

"También atracaron un comercio". As prostitutas?, preguntou o Katangueiro.

A reunión aquela non daba máis de si. Non puxeron nin siquera uns pinchos. O Katangueiro lembrou a Bertolt Brecht (o seguinte texto lembra un atribuído erróneamente ao autor alemán Bertolt Brecht, que realmente puido ser obra do pastor protestante alemán Martin Niemöller, se ben é un tema máis que polémico. O certo é que esas palabras poderían ter sido de Bertolt, e así son popularmente coñecidas. Gracias, Msarkadina) :

Primeiro foron a polos do botellón. Eu non me preocupei. Non fago botellón.

Despois foron a polos pubs do centro. Non me preocupei, non teño un pub no centro.

Máis tarde esixiron saber a qué se adicaban algunhas das familias, con apelidos "sospechosos", adxudicatarias dunha vivenda de promoción autonómica. Non me importou en absoluto. Eu non son adxudicatario.

Logo tiraron contra as prostitutas. Nin me inmutei. Non son puta.

A continuación afrecéronse a "limpiar las calles" de narcotraficantes e drogadictos. Eu tampouco me sentín aludido.

Para cando viñeron a por min......XA ERA TARDE.


Non estraña o temor "veciñal" polo aumento do trapicheo de drogas na zona de Juan Flórez. Mirade o que se decomisou nunha DROGUERÍA, si, con todas as letras, DROGUERÍA, desta glamourosa zona céntrica.

A Opinión de A Coruña. Venres 13 de novembro.


"Humanistas" en María Pita



Resulta moi estimulante, á vez que sumamente atractivo, desapegarse do mundanal ruído e, místicamente, sobrevoar coas ás da imaxinación, da ilusión ou da idiotez personificadas.

Que por qué dicimos isto?. Pois porque en pleno 2009, xa pasado o subidón oitenteiro que nos empurraba ao experimentalismo puro e duro, caese quen caese, resulta INADMISIBLE que un Concello como o da Coruña abra as portas -unha vez máis, todo hai que dicilo-, a unha organización política excesiva e preocupantemente discreta co seu organigrama e funcionamento e denunciada en varios Estados por actuacións sectarias....En roman paladino: por comerlle o coco á xente.

Que un concelleiro de Educación como Garcés, que entende necesario discutir coa Xunta por un "quítame allí tres colegios con goteras" en vez de actuar RADICALMENTE E PASARLLE LOGO A BOLETA a esta "sacra" institución galaica, en tanto os nenés asisten a clase con chuvasqueiro de chino, dedique os seus esforzos a amparar unha cadea humana que, máis que humana a secas diríamos "humanista", por estar apoiada e organizada exclusivamente desde este colectivo, a través dunha suposta rede de Escuelas Humanistas ou de personaxes xa coñecidos como Rubén Sánchez, e mesmo se chegue ao caso insólito de ver cómo esta xente dá toda unha rolda de prensa no Palacio de María Pita.....non sorprende. O de Garcés, digo. Non sorprende en absoluto.



Clásico carteliño promocional onde observamos o logo da rede de Escuelas Humanistas....o que nos faltaba despois do da Galiña Azul!!!!!!!!


UN APARTE: Carlos Reguera, coordinador desta cadea, ten o seguinte correo electrónico: carloshumanismo@hotmail.com, que nós facemos público pois é un dos que se fixeron públicos para contactar con esta iniciativa.

Pero o que máis sorprende dunha iniciativa así é que a propia Concelleira de Servizos Sociais, Silvia Longueira, se ofreza tan xenerosamente a colaborar cuns oportunistas que, ALUCINA VECINA, misturan violencia de xénero con armamento nuclear!!!! "Por un mundo sin armas nucleares ni violencia de género", semella que vén defendendo esta iniciativa..... E Silvia Longueira vai realizar unha intervención in situ. Está ben o asunto. A ver cómo o explica. Xa teño ansia.

Sen armamento nuclear, polo menos poderemos seguir dando "paos" por aí.

Se xa o dicía Einstein, ese violinista: "non sei cómo será a terceira guerra mundial, pero si que sei cómo será a cuarta: a pedras e paos!!!!"

Abur, yogur.

Non o di o Katangueiro, que o di Laureano López en La Voz de Galicia


Kafka en la orilla... de los barrios de Eirís y Mesoiro
15/11/2009 Actualizada a las 10:24 h
Valoración (2 votos)
Les hubiera compensado no celebrarlo, pues seguro que decenas de familias festejaron hace ya más de año y medio la consecución de una vivienda de protección oficial. No sería para menos. El caso es que quienes consiguieron un piso conforme a derecho no pueden ocuparlo por culpa del «Klaus» y la xenofobia. Las administraciones, tan diligentes en pasar el cepillo, han de resolver ya tamaña «kafkada».

ÚLTIMA HORA: Gracias a Msarkadina, que nos recomendou o enlace, podemos poñer cara aos adxudicatarios AQUÍ MESMIÑO, NA VOZ DE GALICIA. Hai que recoñecer o que hai que recoñecer: a VOZ portouse aquí de p. nai cunha xente que, ata agora, era anónima ou "sospeitosa". De todo haberá, por suposto, pero desta xente hai abondo seguro. Como di Tamara nun comentario deste blog, esperemos que todo se resolva pronto e ben para eles.

Eu, pola miña parte, teño que lamentar profundamente o ton empregado polo Katangueiro na súa disputiña cos administradores do Blog do Castrillón. Non é o talante xeral de Katanga Koruña nin o debe ser. A vida con humor, con ironía e mesmo sarcasmo é a forma que temos polos altos da Agra de interpretar o noso entorno. Intercambiar descalificacións non nos é propio nin queremos volver repetilo.

Agora ben, seguimos pensando que os contidos e o seu tratamento no Blog do Castrillón son os mesmos contidos e tal cal o tratamento que se desenvolve en varios foros e que só é a punta de lanza do que lle espera á nosa cidade se o Partido Popular chega algún día á Alcaldía (que algún día será, está claro). Non quero dicir que estes administradores en concreto, os do Castrillón, sexan militantes do PP, que o poden ser perfectamente, por suposto, e a moita honra. O que discutimos é a política que desenvolve o PP na Coruña, que é fariña doutro costal e está enfadando a moitísima xente, farta xa de escoitar segundo qué cousas.

Non queremos pontificar, así que vos convido a visitar ese blog para que leades por vós mesmos e mesmas declaracións cívicas, propias dun espazo de liberdade ao servizo do barrio do Castrillón, como éstas:


"Aquí tamén vivimos veciños de A Coruña. Aquí tamén pagamos impostos,e como cumprimos coas nosas obrigas, esiximos que se respeten os nosos dereitos. Aquí tamén temos voz. E voto".

"A Longueira nos desorbita. Se ó Concello non lle importa nada o Barrio, a Silvia Longueira importámoslle un pemento".

"Ó Concello non lle importa o noso Barrio". "..Xa estamos vendo canto vale a palabra destes políticos" (os do Concello, claro).

"Non podemos consentir que venza o "lado escuro". E polo de agora parece que o vai conseguindo". (Incrible. Os representantes eleitos polos veciños son o lado escuro. Os administradores dun blog unidireccional e unitemático son os defensores da LIBERTADE.)

"Demasiados mans neghras... Algo cheira moi mal". (Efectivamente, algo cheira moi mal)

"...onde centos de veciños debateron sobre o polémica da adxudicación de pisos a chabolistas". (E logo din que non manipulan...Dos 256 adxudicatarios de vivenda PÚBLICA, vinte son procedentes de realoxos. Só algúns deses vinte son chabolistas....)

"Mentres, os veciños dos barrios afectados e os adxudicatarios das vivendas cada vez máis nerviosos e desesperados". (Home, non van estalo, se estades TODO O DÍA trabañllando por iso!!!)

"Estupenda base para que o proceso de integración obteña os mellores resultados, si señor". (Recollemnos a ironía. Efectiuiuonder, este non é o mellor ambiente para un proceso complicado como éste).


"E no Castrillón non somos racistas, somos un barrio integrador e multicultural. Pero non queremos guetos que poidan vir a desequilibrar a integración e a convivencia que tanto nos custou acadar". (O mellor de todo. Non son racistas, pero xa saben de antemán que estas familias serán malas...moi malas...)

"No libro da señora Longueira non aparece o apartado de seguridade cidadá, porque NO LE TOCA¡¡¡¡. Eso xa o sabemos. Nin a ela nin ós outros políticos fixo que non lles toca, a quen nos toca é ó resto dos veciños que padecemos a falta de seguridade, e non temos escoltas". (Pero de qué falta de seguridade falan xa se aínda non se entregaron as vivendas a estes adxudicatarios???? É que xa hai delincuencia a mazo no Castrillón??? Eu non o percibín así, vamos. Inseguridade, por exemplo, hai en Madrid, sabes?, onde podes morrer).

"...seguen dando mostras da pouca talla política e de irresponsabilidade social, os veciños de dous barrios seguen preocupados, alarmados e indignados". (Se palabras)

" A Xunta Directiva da Asociación de Veciños O Cruceiro nos envía unha nota de convocatoria para unha Reunión informativa sobre o proceso de adxudicación dos pisos sociais. O mesmo día e a mesma hora que a manifestación do Ventorrillo. Unha mágoa". (É que queremos estar a todo, e non pode ser.....)

"Estou ata arriba de tanto mamoneo e de tanta manipulación de señoritos de pijerío que van de progres e que son tan fachas e prepotentes como para intentar deslixitimar ós que non están dacordo con eles ou cos intereses que lles marcan desde o poder, por moito que vaian de katangueiros guais". (Un exemplo de respecto....agora son un pijito!!!)

"...o post roza a ilegalidade e é demandable.... así que eu no seu lugar andaría con máis tino e con maís coidado antes de botala lingua a pacer....". (A ver....o que é demandable e roza a ilegalidade é interferir con medias verdades e mesmo mentiras completas nun proceso de INTEGRACIÓN sementando, si, sementando, medo, perxuízos e xenofobia. Alentando algaradas por unhas cantas familias ás que xa se lle supoñen feitos delictivos!!!!. Iso si que é rozar a ilegalidade!!!)

"Neste blog publicamos case todas as opinións, e digo case todas porque aquelas que atentan contra a a boa educación, o respeto e a tolerancia non as publicamos, por suposto". (Pero se acaban de chamarme eles mesmos de todo....Iso é educvación????)

"Cremos na liberdade, na liberdade de expresión e na pluralidade". (Jua, jua, jua, jua...)


Por último, deixámosvos as declaracións dun dos administradores deste blog katangueiro, a quen non lle importa desvelar a súa identidade:

Bueno, bueno, bueno...que si, que nos pasamos un poquito con los del Castrillón. Lo sentimos, pero desde fuera, al entrar en su blog, lo único que se puede leer es totalmente negatifo....nunca positifo.....Vosotros sí que sois del lado oscuro!!!


Penamoa (II): a voltas coa historia ou cómo puidemos chegar a isto???


Continuamos, e rematamos por agora, o post que deixamos o domingo pasado relativo aos singulares personaxes protagónicos desta triste e insolidaria historia. Tamén pretendemos aclararvos qué é o que está pasando nestes momentos, onde o cruce de insultos, descalificacións e enfrontamentos entre as persoas involucradas nesta campaña "veciñal" incívica demostra cómo os ventos que axitan determinadas bandeiras poden volverse tempestade para aqueles que as enarbolan.

BOLG DO CASTRILLÓN: Outro medio de difusión na rede para as prácticas demagóxicas e electoralistas do Partido Popular da Coruña. O engano radica en que baixo o nome xenérico do barrio, isto é "Castrillón", ocúltase unha web sectaria controlada en exclusiva pola asociación O Cruceiro, si, a que presidiu o concelleiro "popular" Mourelo. Normalmente adícanse a convocar algaradas contra o goberno municipal da Coruña. O actual, claro, que con Vázquez nin sopraban....Pero últimamente están metidos nun lío de proporcións xigantescas. Explícome: tanto axitaron o medo aos adxudicatarios de vivenda pública que tiñan dereito a un dos pisos que se debían ter entregado en Eirís antes do verán, que agora a súa estratexia é defender unha permuta que distribúa estas persoas, persoas que, lembremos, gañaron o seu dereito a unha vivenda pública honrada e legalmente, polos diferentes barrios da cidade, en apoio da "solución" atopada por Dieguito Calvo para saír do seu propio embrollo. Efectivamente, a estratexia de Calvo era sementar dúbidas legais ao respecto dos adxudicatarios desas listas. Agora que é Superdelegado, vai e recoñece que as listas estaban ben, polo que entregando XA as vivendas de Eirís, moitas familias, das máis humildes -entre elas algunha procedente de diversos realoxos- acabarían nese barrio axitado polas augas de Mourelo. O señorito concelleiro periga, polo que apoian a dolor a Dieguito. Pero, OH SORPRESA!!!!!, se se practica a permuta, algo ao que se opón o Concello por vulnerar os dereitos máis elementais destas persoas beneficiarias das vivendas, PODERÍAN ACABAR ALGÚNS CHABOLISTAS MESMO NO BARRIO DOS ROSALES!!!!!! TATE, NENO!!!!!!!. Se entrades no blog dos Rosales veredes o enorme cambio de actitude de Xotengo a respeito do Partido Popular e o Concello. Xotengo esta, agora, a morte con Silvia Longueira e o señor Alcalde....Cousas veredes!!!!!

Mourelo e os seus coleguillas deberían pasarse máis amiúdo polo Centro Cívico do Castrillón...a ver se se lles pega algo.

BLOG DO ENSANCHE: Sen palabras. Creado única e exclusivamente para a promoción persoal e indecente do seu "líder" ou "caudillo", o señor Gerardo Crespo. Non vale máis que para mentir, difamar ao Concello, á Policía, á xente moza, aos demócratas que non queremos ver máis ao General Mola no rueiro da Coruña, e, como xa vos indiquei, para dicirnos a todos que Don Gerardo é o führer que necesitamos nesta nosa Coruña.

Aquí botándose unhas risas.....

ERRADICACIÓN DO CHABOLISMO: Programa creado, efectivamente, para acabar dunha vez por todas cunha situación incomprensible e inasumible en pleno século XXI no corazón de Europa. O do Concello da Coruña está avalado por todo tipo de institucións e asociacións involucradas na definitiva eliminación destes poboados. Só o Partido Popular da Coruña, e elementos afíns, está en contra. Eles saberán.

TORRE-MONTE ALTO: Barrios populares da Coruña onde se levou a cabo unha masiva erradicación do chabolismo sen ningún tipo de conflito.


FEDERACIÓN DE ASOCIACIÓNS DE VECIÑOS DA CORUÑA: Con todo o que está caendo, con catro fachorras mandando nas rúas coruñesas, e a súa presidencia decide que o que "realmente importa" e é un "clamor ciudadano" é recuperarmos o L de La Coruña, que denominan da Liberdade.....qué curioso. Cando se IMPUXO o nome oficial da cidade como La Coruña, ninguén tivo LIBERDADE de elección. Os vintetantos anos de goberno vazquista foi a ÚNICA fórmula válida para o AYUNTAMIENTO.....Onde estaban estes valedores sociais???? Son conscientes de que o que é un "clamor ciudadano" é a súa falta total de empatía social e a súa incapacidade para xenerar opinión e influír no devir cotiá da cidade????


Cómo está o patio hoxe mesmo??? Preparádevos:

1. Os Rosales está en contra da permuta e do PP porque lles pode tocar algo do "gordo".....e "al lorito" do que solta Xotengo sobre o actual presi de O Cruceiro: "Se dice por ahí que el presidente de la Asociación de Vecinos de O Cruceiro iría a vivir a un edificio que está justo al lado del que la Xunta entregará próximamente a los adjudicatarios del concurso público de viviendas de protección autonómica y de ahí vendría el trato de favor que el PP le estaría intentando dar a esta Asociación, de la que salió el último Concejal del Partido Popular en A Coruña, el señor Mourelo".

2. A asemblea de veciños de Novomesoiro decidiu apoiar as permutas, para ver se libran dalgún....pero o presidente xa dimisionario defende o dos 112 para Eirís. A asociación está hoxe rota, por non dicir liquidada. O barrio dividido. As algaradas protagonizadas polo sector máis radicalizado e, con todo o respecto, analfabeto e indocumentado. Esta noite, na súa asemblea de rigor, seica dimite "oficialmente" Óscar Mena de Presidente da Asociación de Veciños de Novomesoiro.

3. O Ventorrillo, a través do seu blog, está que trina contra Novomesoiro e pode ter problemas con Rosales, pese a que eran tan amiguiños da alma ( por exemplo, ambos os dous amiguetes do blog do...Castrillón!!!!! ). Claro, e retroaliméntanse uns aos outros cos seus post. Por certo, o último últimísimo último deste administrador ventorrillense: manipula e corta os vídeos das algaradas veciñais para eliminar as "aportacións" linguísticas dalgún dos manifestantes.....todo pola causa!!!!
Última hora: estes de abaixo e os de O Cruceiro volverán coincidir nunha manifa nos próximos días. Todos contra o Concello e a favor do PP. Mentras tanto, o PP que goberna a Xunta a eliminar servizos sociais cada día. Agora tócalle ás oficinas de Igualdade e Benestar. A ver se algún destes non precisa mañá dese tipo de servizos e se atopa con letreiro de "pechado por reformistas"!!!!! É o que se merecen.....

Boísima imaxe que recrea, en toda a súa crueza, o perfil dos alborotadores comeza a ser inquietante.....


4. O Cruceiro adícase a atacar a todo aquel que discrepe coas estratexias do Partido Popular. A súa baza é o blog. A baza das persoas civilizadas do barrio é que son maioría. A pregunta é: cómo permitimos que estes personaxes "ocupen" os nomes dos barrios conseguindo transmitir a súa visión a todo aquel que introduza os nomes destes barrios en Google, por exemplo. E, se non, facede a proba.



Ao final desta historieta, resulta que a día de hoxe chegamos a un punto onde está totelmente demostrada e confirmada a práctica da censura para os comentarios que non "interesan" aos diferentes administradores nos blogs de Rosales, Novomesoiro e Ventorrillo. O caso curioso de Novomesoiro, onde o creador e administrador do blog tivo que abandonalo ao perder o control sobre o que se publicaba e censuraba, amosa ata que punto puido chegar a ambición política que guía a determinados personaxes vencellados, hoxe, en grande ou total medida ao Partido Popular da Coruña.

Vivir para ver.....

Déixovos aquí o último comentario que enviei ao blog de Novomesoiro hai tres días, en canto souben do "golpe de estado" que lle montaron ao administrador, e que non pensan publicar. Perigosísimo e malsonante, como veredes:

"1. Administrador: Non imaxinas cómo lamento toda esta situación. Verémonos no Foro, por suposto, pero non podo evitar entristecerme pola túa decisión.

2. Ao barrio todo: Desde Katanga, amañade os vosos problemas e unídevos para CONSTRUÍR un barrio mellor, que seguro que é o que vos une a todas e todos.

3. Sobre as protestas polos realoxos: Lembrade que hai protestas pola POLÍTICA DE REALOXOS porque HAI política de realoxos, cousa que non ocorreu nos vintetantos anos anteriores, co Alcalde vaticano, auténtico xenerador do problema. Moitas das persoas que vos apoian nas vosas críticas a esta política son admiradores deste home, e algunhas, como a presidenta do Ventorrillo, COMPARTIRON lista ao Concello. Daquelas, non se organizaban no barrio algaradas contra o “Alcalde”, se non que sempre se lle recibía con flores e alabanzas, e con esa retórica engominada propia do trato que dispensas os “servos” aos “señoritos”.

4. Sobre a política de vivenda pública: Non é boa cousa, isto dígoo con cariño absoluto, poñer en dúbida estas políticas nun barrio amparado precisamente por estas políticas. ¿A conta de qué habería xente moza comprándose un piso por MENOS de 500 euros ao mes sen as polñíticas públicas de vivenda?? Se mandasen algúns dos vosos “falsos” amigos….non vos chegaban 900.

5. Sobre o futuro: Teño que recoñecer unha profunda envexa polo futuro que vos agarda co Centro Social, a Polideportiva e o Centro de Saúde. Todo isto axudará, seguro, a consolidar e mellorar o barrio. Aproveitádeo. Nós temos Katanga desde 1966, e mirade o que nos costou conseguir todas e cada unha das escasas dotacións das que dispoñemos: Non hai polideportiva, o Centro Cívico, social ou o que sexa, por fin en 2012….e gracias a que temos pertiño o Centro de especialidades do VENTIRRILLO, que como o seu propio nome indica, ignaugurouse a conta dese novo barrio, e de segundas, para atendernos.

6. Sobre o futuro (II): Estade enriba da Xunta para que cumpra co barrio e a cidade e amplíe, como é a súa obriga, o número de prazas escolares en escolas infantís".

NOTA URXENTE: Podemos confirmar que este comentario xa está visible no blog de Novomesoiro. Semella que vai imperando a cordura. Alédome moitísimo.


O dito.....vivir para ver.....



Penamoa: unha historia a través dalgúns dos seus personaxes


Con tanta tinta e tantos píxeles como se levan gastado xa con este asuntillo de Penamoa, penso que ninguén foi quen de poñer, cun mínimo de orde, a cada personaxe actuante e protagónico no seu xusto lugar. A continuación, desde Katanga -cómo non-, intentaremos sistematizar un pouquiño a escasa información veraz da que dispoñemos, tan longa é a capacidade de manipulación e de demagoxia que nos asalta en canto se reúnen no mesmo episodio ingredientes como a heroína, os intereses inmobiliarios, o chabolismo, os calorros, a xenofobia, os xitanos xitanos, o Partido Popular, o vazquismo, a insolidariedade, o medo, os caradurillas, os negocietes da droga, a mentira, o Opus Dei -si, eses-, La Coruña Despega, as rencillas políticas e uns cantos blogs veciñais....entre outras cousas, que non é pouco.



Vaiamos por partes ou, mellor dito, vaiamos por personaxes:


PACO VÁZQUEZ: Alcalde da Coruña entre 1983-2006. Foi o responsable directo da creación do gueto de Penamoa, aloxando alí, nuns barracóns fabricados ao efecto, aos residentes do poboado chabolista da Cubela, asentados alí desde os anos sesenta, e desaloxados en 1984 para poder instalar El Corte Inglés, primeira pedra de toque do que o vazquismo tiña disposto para esta cidade: un gran centro comercial propio das cidades "elegantes" e, para o chabolismo, a política de "ojos que no ven....".
Vendeuse como unha solución momentánea, pero o certo é que o poboado foi medrando sen máis límites que os montes circundantes e a refinería....Tamén alí foron a parar chabolistas do polígono de Bens. Había un poboado moi antigo onde agora está o Trade Center.
Co paso dos anos, mentres Vázquez arrasaba elección tras elección, esta "solución" converteuse no maior punto de venda e distribución de HEROÍNA do noroeste peninsular.
La Coruña Despega foi o lema daqueles anos. O que despegou foi o valor do metro cadrado na Coruña e a imposibilidade de moitas parellas mozas de poder independizarse e vivir na nosa cidade. A comarca énchese de coruñeses. A historia á inversa.
Paco Vázquez fórrase. Agora está de embaixador no Vaticano.



XOTENGO: Administrador do blog de Los Rosales xunto con Rancilio. Non soporta a idea de que unha soa familia de realoxados acabe no "seu" barrio. Emprega o medo e a inseguridade cidadá como armas. Fixo todo o que puido e máis para gañar votos a favor do PP nas últimas galegas, pero agora está alarmado porque semella que co sistema que quere empregar Diego Calvo, superdelegado da Xunta na Coruña, pode ser que lles toque algún residente de Penamoa....ou iso di el.
Está moi relacionado co administrador do blog do Ventorrillo e coa Asociación de Veciños de Novomesoiro, servindo de amplificador ás súas algaradas contra a política de realoxos do Concello. Machista, insolidario e xenófobo a partes iguais, cre a "pies juntillas" que hai barrios de primeira e barrios de segunda. O seu, por suposto, é de primeira.



ROSA BARREIRO: Unha das nosas preferidas. Cando gobernaba Vázquez non había problema en Penamoa. Ela xa amañara a desaparición do poboado con Paco e con Mar Barcón. Editaba unha revista de "comerciantes" do Ventorrillo onde as portadas sistematicamente protagonizadas por Paco Vázquez foron sustituídas por Javier Losada.
Aspirou a concelleira, pero supoño que cristos internos do PSOE local, que non veñen ao caso, desprazáronna cara a unha imposible ubicación: o posto dezaoito. Aspiraba a entrar vía gabinete de alcaldía, pero o pacto co BNG apartouna definitivamente. Está resentida cos seus e é un xoguete nas mans do PP local e do barrio. Protagoniza as algaradas contra os realoxos empregando mentiras como que aumentou a inseguridade cidadá no Ventorrillo -a mesma estratexia de Xotengo en Los Rosales e que non está avalada por ningún informe, oficial ou oficioso, nin polo sentido común-. ou que non se está traballando -xa foron realoxadas cincuenta familias-.
Detrás dela aparecen persoas que non viven no barrio, modelo manifa pepeira: xente maior de posición media-alta, caras de mosqueo, cartelería en exclusiva contra Losada, cortes de tráfico non previstos, etc. Por alí tamén están Xotengo e A., este último administrador do blog do Ventorrillo.
Realmente, carece de representatividade no barrio. Os da asociación son catro. Están superados polo blog na transmisión de consignas. Moi superados. Quere facer dano a Silvia Longueira. Supoño que ten aspiracións.



FRANCISCO MOURELO: Antigo presidente da asociación O Cruceiro-Oza-Urbanización Soto, enfrontada ás asociacións de veciños de Eirís e Castrillón-Urbanización Soto, ás que acusou de estar ao servizo do PSOE, sendo el mesmo candidato e agora concelleiro do Partido Popular. O seu paso polo movemento veciñal, no que ao seu barrio respecta, trouxo á memoria ás manifestacións dos primeiros anos do nacional-socialismo. Emprega sen apuro a mentira e a demagoxia, aproveitándose, iso si, da xenofobia latente en moitas e moitos cidadáns cando se está a falar de xitanos. Apoiou, por suposto, toda canta mobilización se organizou desde Novomesoiro e Ventorrillo, sempre que os impactos fosen contra PSOE e BNG, como se a Xunta non tivese sido gobernada polo PP tantos e tantos anos. A Xunta, esa, a que ten as plenas competencias en materia sanitaria -incluídas as drogodependencias-. Tampouco dicía nada sobre a Policía Nacional en tempos de Aznar. Chegou a denunciar a connivencia das forzas de orde pública cos traficantes, seguindo o modelo de Gerardo Crespo, dirixente veciñal do Partido Popular que preside, a maiores, unha organización que emprega sen rubor simboloxía nacional-socialista: Alas Coruña. Por suposto, ambos defenden que as placas franquistas queden onde están......



M. A. R. (ADMINISTRADOR DO BLOG DO VENTORRILLO): A verdade é que é menos cínico que todos os anteriores. Ten metido o corazón e a cabeza en que goberne o Partido Popular na Coruña. Non vos estrañe que apareza nas listas, para nada. Excita o Ventorrillo desde o seu blog. É o muñidor das manifas que "encabeza" Rosa Barreiro. Organiza visitas dos concelleiros do Partido Popular ao Ventorrillo cada dous por tres. Móvese bastante, e fai ben, pero é un intoxicador interesado. Agora mesmo está indignadísimo cos seus coleguillas de Novomesoiro. O motivo: critican a dolor a Diego Calvo, do Partido Popular e, claro, M. A. R. non está na loita para iso. Adoita figurar no seu blog con varios nomes, así como nos demais blogs da cidade. Así parece que son máis. O seu maior disgusto, a parte das dores de cabeza da súa muller, é que o maior traficante apresado nunca no Ventorrillo era "payo".


M. A. R. pediunos amablemente que quitásemos a súa foto e a referencia ao seu nome. Di que non é home público, aínda que eu penso que si que o é, pero é carto que nunca concedeu entrevista+foto para un xornal. Nunca se "identificou" exactamente. Ben. Respecto a súa petición, xa que el respecta a miña opinión. de todo os xeitos, no mundo dos bloggers coruñeses está máis que plenamente identificado (non mo negues...).


DIEGO CALVO: Superdelegado da Xunta na provincia coruñesa e home de confianza de Carlos Negreira. Puxo en tela de xuízo as listas de adxudicatarios de vivenda pública da Coruña. Agora recoñece que non hai irregularidades. O retraso inxustificado na entrega dos pisos de Eirís pode provocar que residentes de Penamos acaben en Novomesoiro ou mesmo nos Rosales. A miseria demagóxica e xenófoba que practicou estase revolvendo contra el. En Novomesoiro fano directo responsable do que poida pasar. Antes de ser Superdelegado adoitaba dar conferencias contra as listas de adxudicatarios en asociacións como O Cruceiro, que presidía daquela o seu compañeiro de partido Francisco Mourelo.
Non ten empaque político. Semella que o PP estaría disposto a sacrificalo se sobre el cae todo o marrón. Non deixa de ser un mero economista de San Sadurniño. O seu amigo e valedor, Carlos Negreira, podería ter graver problemas relacionados coa súa xestión en Portos de Galicia e a trama Gürtel. Nos últimos tempos, semella que o protagonismo local do Partido Popular recaeu en Flores.



NOVOMESOIRO: Xoven barrio do extrarradio da Coruña. Ao final do vazquismo decidiuse potenciar a construción dun barrio que evitase a sangría de mozos e mozas que marchaban do Concello para vivir na Comarca e máis alá...Como ninguén iría a Novomesoiro pagando o que se estaba a pagar daquela, fíxose un barrio cos beneficios que dá a promoción pública de vivendas. Así é tal que hoxe hai unhas mil familias comprando os seus pisos por menos de 500 euros ao mes. Nisto, chapó. O que ocorreu é que foi un típico barrio vazquista en canto á súa estruturación: primeiro se poñen os pisos, e logo os servizos. Foi un lugar conflitivo desde o principio. Están en marcha obras de envergadura como o Centro Cívico e Social, a Polideportiva e o Centro de Saúde. A escola infantil, do Concello, non cubre a demanda mínima do barrio. O PP quixo sacar tallada a esta carencia, esquecendo que esa materia, a educación infantil, é competencia da Xunta. Contaron con grandes e importantes apoios mentras daban no coco de Losada: Blog do Ventorrillo, Asociacións O Cruceiro e O Ensanche, Federación Salvador de Madariaga.....ou sexa: M. A. R., Mourelo, Crespo e Chas. TODOS militantes do Partido Popular.
O presidente da súa asociación veciñal dimitiu vía blog, pero segue actuando como se non fose con el.
O administrador do blog veciñal abandonou estes días o seu propio blog, por intromisións non autorizadas por el, posiblemente de membros da Asociación de Veciños.
Suspenderon a II Carreira Popular de Novomesoiro por incapacidade para organizala en tanto estaban coas algaradas contra os realoxos, que xa hai tempo que se convertiron en algaradas contra o conxunto dos adxudicatarios de vivendas públicas da Xunta.
Na última concentración foron abandonados á súa sorte por toda esta xentiña....claro, o nome de Diego Calvo xa andaba rulando por aí.



GERARDO CRESPO: Dirixente veciñal, é un dicir, que preside agrupacións fantasma como a asociación O Ensanche, para a súa promoción persoal, e Alas Coruña, de certa estética nacional-socialista. Pídelle ao Concello que prohiba o botellón, pero non á Xunta, en especial a súa amiga de Opus Pilar Farjas.
É un retrógrado que mistura o seu suposto traballo "social" cos negocios. A Xunta do PP concedeulle xa algún "chope". Neste blog adicámoslle xa un "especial" AQUÍ. Está en contra da política de realoxos, do botellón, do cambio e sustitución das placas franquistas, da promoción do idioma galego e de todo o que ula a democracia e estado de dereito. Preséntase como o máis demócrata de toda Coruña!!!!



JUAN SÁENZ-CHAS: Abreviando, porque o personaxe non merece máis, é o presidente da Federación Veciñal Salvador de Madariaga, que naceu para contrarrestar o seguidismo político da Federación de Asociacións Veciñais da Coruña cara ao PSOE, creando unha que fixese seguidismo do Partido Popular, que é o partido no que militan todos e cada un dos presidentes "veciñais" que a compoñen. Non se lles coñece actividade algunha. Só aparecen para salpicar a nosa cidade de racismo, xenofobia e intolerancia. Os medios de comunicación téñenlles medo por vir de onde veñen, non pola súa capacidade de mobilización, que é nula.



Outros nomes a ter en conta:

MAR BARCÓN: Unha das que que lle deixou o marrón ao actual goberno municipal, xunto con Paco Vázquez. Sempre dixo e dixo, e prometeu e prometeu, pero unha carreira política tan brillante e prometedora non podía enlamarse cun asunto tan feo como o de Penamoa.

FORZAS DA ORDE PÚBLICA: Nunca ocultaron que para elas era mellor ter un lugar "controlado" como Penamoa que múltiples puntos de venda repartidos pola cidade e comarca. De aí a que actúen en connivencia cos delincuentes vai un abismo. Crespo acusounos directamente, con estas palabras, e non lle pasou nadea. Se o facemos en Katanga, nos entalegan!!!!!

LOSADA: Estase a comer o marrón que lle deixou Vázquez. Teno merecido, xa que el estaba alí, pero non é o total responsable en absoluto. Fixéronse moitos negocietes a conta de Penamoa, e non só coa droga. O día que Losada fale.......

VENTORRILLO: Resulta curioso, por exemplo, ver como os pisos máis próximos ao poboado, os do Ventorrillo, son MÁIS CAROS que os que están máis próximos á Agra do Orzán. O certo é que sempre se soubo que o poboado ía desaparecer coa construción da Terceira Ronda, e eses pisos van gañar agora un gran valor. A existencia de Penamoa nunca evitou que o Ventorrillo fose un barrio habitado por clase media e media-acomodada.

ÁGORA: Novo Forum Metropolitano para dar servizo á Agra, Ventorrillo, Mariñeiros...Semella estar máis pensado para o Ventorrillo que para a área tradicional da Agra do Orzán. Veremos cómo se reparten os espazos entre a poboación máis humilde e envellecida das casas de Franco e Mariñeiros e a máis "pija" do Ventorrillo.

Se queredes continuar lendo sobre esta apaixonante historia, premede AQUÍ MESMIÑO!!!!!