Pois si. Empezamos a sentir o peso dos case oito meses de goberno triunfal enriba das nosas costas...e petos. Os recortiños en gasto sanitario ou educativo complementáronse, por uns días, coa retireda da paga complementaria ás persoas con pensións, en ocasións, por baixo dos 400 euritos. Isto xa foi comentado aquí, e noutros foros, claro, polo que tiveron que RECUAR. É a primeira recuada, e haberá poucas, asegúrovolo, deste Desgoberno Galego.
Xa sabíamos que ían liquidar o Decreto Eólico do anterior goberno. Non porque estivese mal feito, non, que peor estaba con Fraga, que lle daba "potencia" aos seus coleguillas de panda Paco Vázquez e Antoñito "el fantástico" Fontenla.....se non porque repartía os megavatios entre empresas, maioritariamente, galegas. Non. Iso non se pode consentir, home!!!!!!
Tampouco lles gusta a educación sexual das nosas mozas e mozos, polo que os Centros Quérote para a educación afectivo-sexual acabarán realizando cursos de ganchillo ou campeonatos de Scaléxtric antes que falar de condóns e de partes íntimas......que logo veñen os abortos!!!!!
En definitiva...dando que dando.....Pero sempre lles quedará o alboroto xenofóbico e a demagoxia populista: eles tirándose comunitariamente a rapazas de ex-repúblicas do leste e, ao tempo, organizando algaradas contra yonkarras, gitanochos e outros melenudos. Seguro que algún destes merece talego, pero os da trama Gürtel.....A LA CÁRCEL, COÑO!!!!!!
"Que no son molinos.....
...que son gigantes!!!"
"Que no son gigantes, mis iggnnnnnorantes admiradores, que son penes...penes errrrectossssss...al cielo de missss sueñosssss. Anda, que esto de penes ya no se puede decir!!!!! Que se me enfada la Conselleira de Santidad!!!!"
"Pois macho, non sei se se pode dicir pene ou non, pero mira cómo nos quedamos cando nos deron vez para operarnos do coco para dentro de tres lustros e dúas estacións.....lunares!!!!!!"
"Non vos queixar, malditos punkarras, que mirade para o que me deu a pensión no día do mes setenta cumpretacos...que nin puiden convidar aos meus colegas da Estrela da Morte!!!"
HOMMER: Xogamos a algo sexi, cariño??? MARGE: Veremos, pero non con estes cacharros que nos recomendaron no centro Quérote......
Aburete!!!!!!!!
Empezamos...Si,empezamos a sentir de xeito abrumador o peso do goberno do mesías redivivo que é o señor Núñez Feijoo,que chegou para salvarnos da terrible opresión á que nos sometía o malvado bipartito. E as primeiras consecuencias do milagre neoliberal comenzan a sentirse agora.Qué innovadores: recorte en materias sociais,educativas e sanitarias. Nun país no que nunca se apreciaron os valores da educación, o desenvolvemento ou a investigación non se precisan cidadáns máis libres e concienciados do peso da súa opinión na vida pública.A seguiren todos papando moscas,pensando que os estranxeiros viñeron a roubar o traballo e que o incremento do malestar social é debido á pequena delincuencia.Qué sucedería se todos ollásemos ós colegas dos gobernantes: banqueiros e outros brillantes empresarios que son os auténticos responsables desta crise económica que vivimos? Entón si que habería unha revolta.
ResponderEliminarSe investisen as súas enerxías en mellorar o presente e o futuro e non en criticar, desfacer ou destruír medidas previas, teríalles máis respecto.Pero non podo respectar a indignidade, a inmadurez ou a ansia por demostrar que teñen máis razón que os outros, por moi alto que sexa o prezo a pagar.Que non saben perder xa o demostraron sempre.Pero a victoria tampouco lles presta.Non son gobernantes,son amos: destrén e desfan ó seu antollo.Foi bochornoso contemplar a urxencia que tiña o áctual presidente en que lle traspasasen os poderes.E peor aínda ver como Alberto no País das Marabillas pasou a vivir na Crúa Realidade.E ben se lle nota que está tan perdido coma calquera.Pero as consecuencias pagámolas os de sempre e non eles.Sería doloroso para min enumerar tanto despropósito porque eu apostaba por unha cultura de convivencia sana e democrática e non por esta viraxe alucinante á dereita máis temible e rancorosa. E qué dicir da hipocresía e a dobre moral que volven a estar de moda.Non hai máis que ver certas conductas gurtelianas que mesmo chegaron a Galicia na persoa do infame Pablo Crespo.A loita encarnizada polo poder no seo deste partido resulta vergonzosa mesmo para os seus militantes de base.Esta xentuza está a crear escola.
Sinto rabia polo que poida pasar cun proxecto tan positivo coma o dos centros Quérote.Se cadra pensan que incitan á libertinaxe,coma tantas familias "bempensantes" que se fan responsables da educación afectivo-sexual,cando hai tanto adulto con importantes carencias nesta materia.Só lles preocupa o aborto (que se practica á manchea na sanidade privada e de maneira vergonzante na sanidade pública).Polo de agora non os vin preocupados polo repunte das infeccións de transmisión sexual (que,of course,non lles chega máis que ós sectores marxinais) e iso tamén é un asunto de saúde pública e educación sexual.Probablemente as palabras orgasmo,placer,herpes xenital ou gonorrea provoquen,cando menos,unha taquicardia supraventricular,de máis de 150 latidos por minuto á señora Farjas.Non sei porqué aceptou este cargo se ten que facer fronte a asuntos que chocan coas súas crenzas relixiosas, que nunca deberían traspasar o ámbito persoal.
Mentres tanto eu seguirei soñando con que un mundo mellor é posible, onde a concordia e o diálogo son a base da convivencia.E,no aspecto persoal e íntimo,entregareime ó desenfreo e á libertinaxe,só por levarlle á contraria á conselleira Farjas,que tanto porfía en sodomizar sen lubricante á sanidade galega.
Bueno bueno...iso de sodomizar a sanidade quedouche tremendo...qué envexa. Saberás que a linguaxe non está tan disparatadamente empregada por ti neste caso: as persoas tan pero tan "santas" e "castas" adoitan ter unha "sexualidade" especial, en ocasións moi mal asumida, e logo pasa cos nenos o que pasa.....Este Opus.....
ResponderEliminarEu quería ser metafórica ó mesmo tempo que gráfica: están a facer todo o dano posible disfrazado de "boas intencións". Estas persoas ben intencionadas dánme pánico. No tocante á "santidade",habería que velos actuar na vida privada,coa súa familia,no traballo.Mellor non entrar nos seus dormitorios.E que eu saiba, a sodomía non ten nada de malo: é outra opción máis,exercida entre adultos.A maldade está nas mentes dos que non respectan as vidas alleas.A tod@s eses habería que reeducalos nos Centros Quérote,a ver se aprenden a convivir coa diferenza.
ResponderEliminarPero témome que os centros quérote acaben sendo unha especie de parkilandia ou sabe Dona Pilar qué.....
ResponderEliminarNo sé si babéis, que el AGORA es a día de hoy una obra ilegal, que el Concello para cumplir un compromiso antes de las generales con el extremistra que preside la AVV Mariñeiros, está contruyendo un equipamiento municipal en un suelo que no es suyo y del cual ha tomado posesión ilegalmente.
ResponderEliminarPois intentarei informarme. Graciñas.
ResponderEliminar