Páginas

Comunicado urxente d@s administrador@s de Katanga Koruña

Henos aquí retratados:

Facémonos eco de informacións recentes, feitas públicas no Blog do Ventorrillo, e que apuntan, sen dar datos concretos, a unha denuncia dun administrador dun blog veciñal da Coruña contra outra web (ou blog???) onde se permiten e publican ameazas en contra do denunciante, chegando a mofarse de ditas ameazas.

O texto a continuación (e a entrada AQUÍ):

"Según hemos podido saber, el administrador de un blog vecinal ha recibido amenazas a través de otra web. Dichas amenazas han sido denunciadas y están siendo investigadas tanto por el Grupo de Delitos Telemáticos de la Policía Nacional y la Guardia Civil.
El administrador amenazado, nos indica que en esa web se mofan de dicha amenaza los propios administradores. Por lo que nos ha dicho el denunciante, esa web se postula como la gran defensora de los derechos humanos, y se pone como ejemplo de democracia, lo cual se contradice con la manera que tiene de actuar.

En breves días habrá noticias sobre el tema, sobre todo a raíz de las conclusiones que saquen tanto la Policía Nacional y la Guardia Civil.

Nos comenta el denunciante, que esa web se vanagloria de salvadora de los más necesitados (incluídos los traficantes de drogas), pero permite insultos y amenazas físicas a personas que no comulgan con sus ideas.

El denunciante no quiere que publiquemos de quién se trata, pero hemos accedido a la denuncia, y realmente creemos que hay suficientes pruebas como para que se cierre dicha web. Lo único que nos ha dicho el denunciante es que siempre ha procurado mantener un contacto abierto y tranquilizador con sus administradores, pero éstos en su lugar han preferido dar cabida a veladas amenazas contra él, las cuales no son vetadas, sino todo lo contrario".

Desde Katanga Koruña, tanto o Katangueiro, Pacotrón como Katangueira, opoñémonos ao uso de ameazas contra ninguén. Existe, por suposto, liberdade de expresión. Podemos considerar que certas prácticas de certos blogs son execrables, amorais e fóra de toda ética. O que non podemos consentir de ningún tipo é que a xente ameace, se entendemos por ameaza o que penso que todos entendemos: contra a integridade, a das nosas persoas queridas ou próximas, os nosos negocios ou bens en xeral....etc. Sabemos que administradores veteranos nisto dos blogs veciñais, como Rosales e o administrador-fundador de Novomesoiro, recibiron ameazas gravísimas, dando mesmo datos privados como proba de que, como mínimo, se lles estaba facendo un seguimento. Terrible. A nós non nos pasou aínda iso, pero somos conscientes de que ninguén está libre.

Revisando os nosos post e os eus comentarios, si que descubrimos unha ameaza a un administrador: o do Ventorrillo. Reproduzo aquí esa ameaza (á que eu non lle daría valor, todo sexa dito. Só se aproveita do anonimato para amagar cunhas "yoyas" que, por sorte, nunca pasan de ser virtuais) e a resposta que se lle deu ao instante:

Bebeto dijo...
A. R. FAAAAAAASSSCCCCISSSSTTAA!!! IMOS POR TI. ANDA CON COIDADO PERRO!
9 DE NOVIEMBRE DE 2009 18:06

Blogs de Katangueiro dijo...
Non, Bebeto. Iso non se di. Por favor, comenta o que consideres sobre o tema, pero deixa a xente tranquila.
9 DE NOVIEMBRE DE 2009 18:18

Como podedes comprobar, xa nunca máis se empregou o noso blog para emitir burradas. Cousa que se agradece e que nos tranquiliza.

No que respecta ao noso diálogo dialéctico con AVA....en fin. Hai tempo que nos apuntamos ao humor do absurdo, que é o propio. AVA enfadouse moito con nós e cos nosos comentaristas, certo, pero nunca nos transmitiu inquietude algunha por que se verquesen ameazas. O certo é que ameazas non se verqueu ningunha. Piques si que os houbo. Por suposto que si se nos transmitise unha inquietude por algún dos nosos ou alleos comentarios que aquí se poden ler, tomaríamos a petición coa seriedade e preocupación debidas. Así aconteceu cun administrador moi coñecido, mesmo de nomes e apelidos (que non oculta), que nos pediu eliminásemos ás referencias explícitas á súa persoa e nós fixémolo ao instante...e seguimos a día de hoxe mantendo esa corrección ao referirnos a ese blog.

En canto ás ameazas en si, permitídenos que sexamos pesimistas. O caso de Yolanda Castaño, acosada por mensaxes de móbil a todas horas do día e da noite por unha persoa quizais desequilibrada, demostra o barato que pode saír volver tola a unha persoa.

O curioso de todo é que todos estes blogs, o noso incluído, empregamos en moitísimas ocasións informacións de medios de comunicación que mesmo enlazamos e, en todo caso, aos que referenciamos. Isto pode non ser moi legal. En Katanga non temos ingresos por publicidade, así que o seu uso non ten que ver con lucro ningún, pero no caso de VARIOS blogs que si teñen publicidade.....non o vexo moi claro. Igual nos vemos todos no Xulgado!!!!!!!! (uns máis que outros).

En "refinitiva": nós non nos damos por aludidos, pese aos roces destes últimos tempos, pero se alguén considera que se vulneraron aquí os seus dereitos máis inalienables, está no camiño correcto presentando unha denuncia no Xulgado, por suposto, e que a/o Xuíz decida. Se somos nós os denunciados, nesta ou noutra ocasión, e se nos pecha este blog....pois qué lle imos facer!!!!! A Xustiza o primeiro, guste ou non. Xa montaremos outro máis moderado pero insistente na defensa dos máis febles, que son SEMPRE os que pagan as crises dos máis fortes!!!!! E xa vos deixamos, que mirade o plan da Katangueira!!!!! Sábado sabadete.......

...polvo polvete.........ou hoxe levas en serio!!!!!!!


REPRODUCIMOS ALGÚNS DOS COMENTARIOS QUE NOS DEIXARON DIFERENTES PERSOAS RELATIVOS AO NOS BLOG KATANGUEIRO:

uno que lee de madrugada dijo...
Noraboa polas máis de dez mil entradas. O blog está moi currado, aínda que tamén ten inquitudes políticas.

Msarkadina dijo...
Boa liaches, Katangueiro! Alomenos, aquí tivestes diálogo e sentido do humor,temas dos que tan carentes estamos na vida diaria.Os meus parabéns.

A. R. dijo...
Grazas novamente.
Con boas palabras nos entendemos, a pesar de ter visións distintas.
Unha aperta, M.A.R.

beto dijo...
Como traballador da Costa da Morte e residente na Agra do Orzán declárome sorprendido pola fauna que habita estes barrios da Corunha e agradecido a este blog pola información ;)

Sen dijo...
Ante todo dar as grazas porque alguén faga un blog con xeito e sentidiño común, que na Coruña xa fai moito que non hai.

Anónimo dijo...
¡Cómo mola este blog! ¿Qué parte de vídeo, ou perdón, que foi exactamente o que se cortou no vídeo de NM? Je, seguro que proferían insultos contra o Calvo.

Tamara dijo...
Por lo menos en este blog leo de todo, y la gente discute. En otros, sean de quien sean, todo es planito.

alcaldelosada dijo...
A idea da enquisa é bárbara. Lástima que non se lle ocurrira ó Concello.

Señor Werty dijo...
Que non decaiga Katanga, moita sorte e a seguir loitando.

E ASÍ MOITÍSIMOS MÁIS......

Uf...abur, yogur!!!!!!


10 comentarios:

  1. Sabias palabras:

    "O curioso de todo é que todos estes blogs, o noso incluído, empregamos en moitísimas ocasións informacións de medios de comunicación que mesmo enlazamos e, en todo caso, aos que referenciamos. Isto pode non ser moi legal. En Katanga non temos ingresos por publicidade, así que o seu uso non ten que ver con lucro ningún, pero no caso de VARIOS blogs que si teñen publicidade.....non o vexo moi claro. Igual nos vemos todos no Xulgado!!!!!!!!"

    Efectivamente. O malo de que haxa denuncias sobre se aquí se dixo ou desdixo pode acabar como o rosario da aurora. Con alguén pedindo e conseguindo unha "regulación" que nos impida a todos poñer unha canción ou a súa letra, colgar un vídeo cómico feito con escenas de películas reais, colgar fotomontaxes humorísticos....Os blogs son, e deben ser, foros de opinión e debate. Xa está. Se hai ameazas, que neste caso non podemos valorar, pois non as coñecemos, e esas ameazas constitúen realmente feitos delictivos, supoño que non haberá máis remedio que denunciar. Agora ben, se eu denunciase a todas as persoas que nalgún momento me insultaron ou empregaron mentiras para desacreditarme...non saía do Xulgado.

    A ver se aínda a SGAE non vén tamén a por nós!!!!!

    ResponderEliminar
  2. No acabo de pillar eso de las amenazas veladas....Es como si yo te digo: a ver si te va a pasar esto o lo otro.....¿es una advertencia, una amenaza, un recado, un aviso, un augurio?
    Entiendo que amenaza es realmente: te voy a hacer esto. Sé quién ers, dónde vives, por donde andas o trabajas, te rajo las ruedas del coche, etc.
    A los niños se les dice: "¡cuidado, Ramoncín, que te vas a caer y vas a llevar después! (amenaza velada)".
    El hombre violento al que la mujer dejó dice: "como me dejes, te mato" (amenaza de Juzgado de Guardia).
    En el primer caso no es denunciable. En el segundo sí, pero muchas veces no se puede hacer nada, ya que no hay pruebas de que las palabras pasen a los hechos, y luego pasa lo que pasa.

    ResponderEliminar
  3. O malo que ten expresar a opinión libremente, disentir e dicir o que ninguén quere ver e escoitar e que se arrisca un a irritar a outras persoas. E tanto que se irritan. Sobre todo, cando o que opina, disinte e expresa as súas ideas non ten absolutamente nada que gañar ou perder, cando o que o motiva e a súa conciencia cívica e ningunha clase de interés particular. Iso xa fai máis pupita. Sobre todo, cando un esperta máis simpatías e solidariedade, cando fai do sentido do humor o seu leit motiv, cando non se toma en serio a si mesmo. Cando un, a pesar da súa impulsividade (que lle pode xogar malas pasadas), ten a madurez de recapacitar e rectificar. Iso aínda fai máis pupita.
    Será iso o que se perciben como amenazas implícitas. Porque eu non me explico este mar de fondo, en serio.
    Levo seguindo o voso blog desde o mes de abril deste ano e desde o primeiro momento simpaticei con vós. E como son libre de escoller, escollín facerme seguidora. E como sigo sendo libre, douvos o meu apoio. E porque de ter percibido a máis mínima agresividade ou violencia, eu xa me tería retirado. Porque vou chea de violencia física e verbal neste mundo.
    Qué malísima é a envexa e que destructivos son os celos. Eu faría obrigatoria unha ITV das conciencias: pode que alguén teña algo que reprocharse. Vós xa pedistes desculpas. Se cadra é o tempo de que outr@s rectifiquen.
    Graciñas por seguir dando cabida a temas que non se debaten noutros lugares do ciberespazo.
    Eu seguirei por aquí.

    ResponderEliminar
  4. Ola Katangueiros, o administrador do blog do Castrillón me acaba de informar de toda esta lea e estou flipando. Non dispoño de moita información sobre o sucedido e polo tanto non podo emitir unha opinión ó respecto sobre este caso, pero por alusións a min gustaríame respondervos. É certo que me sacáchedes das miñas casillas, e que tivemos un pique desafortunado. Son persoa apaixoada e cando de repente nos atacastes (polo menos o sentimos así, e para nós sen motivo aparente) non dábamos creto. E que tamén me sentín profundamente ferida desde varios puntos de vista, porque me/nos acusábades e tachábades a min e o blog no que colaboro de cousas graves (para min que me tachen de fascista ou racista é moi grave porque vai en contra de todo o levo loitando durante toda a miña vida) e cebarse así con nós me parecíu inxusto, indigno e reprochable. Sigo pensando que algúns dos vosos comentarios están na delgada liña vermella da ética e do respeto á pluralidade de opinións. Non disinto do fondo, pero si das formas que utilizades. Pero ameazada, pois non, nunca me sentín ameazada por vós. Que quede claro. Sinto ben que se teña chegado a este punto, porque o que eu/nos defendemos desde o blog, por riba de todo é a liberdade, e a liberdade de expresión, de criterio, de ideas, de posturas, de elección....en calquera eido. Por eso creo que é unha mala noticia para todos que vexades minorada a vosa voz para expresar libre, pero respetuosamente, o que vos pareza e onde vos pareza. Espero que todo se resolva pronto. Saúde, Terra e Liberdade.

    ResponderEliminar
  5. Agradezo estas palabras, AVA. Quero que diferenciemos que, nun momento dado, calquera de nós adopte, ou pareza que adoptamos, "posicións" racistas, fascistoides ou o que sexa. NINGUÉN ESTÁ LIBRE. Nós tampouco, claro. Iso non é o mesmo que selo, of course!!!!!

    ResponderEliminar
  6. Ola, aínda que esta é a miña primeira vez participando neste blog, sabede que léovos a cotío. Dubido que todo isto vaia chegar moito máis lonxe, e espero sinceramente que así sexa.

    Unha cousa é a imposibilidade de estarmos todos dacordo (unha mágoa, dado que os blogs veciñais unidos xamáis serían vencidos), cunha carga maior ou menor de cabezonería por unha ou otra parte, e outra moi distinta empezar con teimas legais de cuestionable fundamento.

    E Katangueiro, en canto a decisión de non volveres a participar en ningún outro blog agás o voso, tal e coma eu crin entender, transcribo unas palabras miñas no noso blog (Novo Mesoiro), disculpándome de entrada, xa que está en castelán:

    Lamento esa decisión, Katangueiro. Y, si cambias de opinión, como me gustaría, aquí siempre serás bienvenido. Mientras tanto, seguiré leyendo tu blog como hasta ahora, que es verdad que me parece muy divertido (aún me estoy riendo ahora de lo del pato Lucas y tal), aunque a veces hay que frenar un poco, porque detrás de los comentarios, al fin y al cabo, lo que hay son personas defendiendo, con mayor o menor fortuna y mejores o peores formas, sus propios intereses, igual que vosotros.

    Si alguien dice algo en tu contra, estás en tu derecho de responder, pero hay que tener cuidado de no ponerse al mismo nivel y evitar siempre llegar a lo personal. Por ejemplo, yo no pienso que, por el hecho de ser sus administradores y escribir cosas que puede leer todo el mundo, los que llevamos los blogs vecinales seamos personajes públicos. Simplemente, hacemos uso de la misma libertad de expresión que ofrecemos a nuestros usuarios al permitirles comentar, de forma anónima, las noticias que publicamos.

    Con respecto a la suplantación de identidad, en este caso creo que es bastante inocente, pero si quieres que edite o elimine el comentario (cosa que no creo que sea necesaria porque ya ha quedado muy claro que no eras tú), dímelo y lo haré. A pesar de ser informático, yo también me fijo sólo en los nombres y no suelo prestar atención a las direcciones IP a menos que el comentario me resulte particularmente chocante, y por eso no me dí cuenta esta vez, pero a veces yo también cometo mis errores y tengo que rectificarlos.

    ResponderEliminar
  7. Pero Dali, non tes que dicir nada. A túa máis que razoable aportación non ten ningunha chata. Xa sei que ti formas parte dunhas protestas que nós non compartimos, pero xa dixen un día que era perfectamente consciente de que había boa xente nesas protestas. Que por moito que aquí lles désemos caña, sabíamos diferenciar. Ti es unha delas. AVA, que tivo neste caso un comportamento exemplar, seguro que tamén. Así que o equivocado era eu/nós.

    E non tes que disculparte polo castelán...madre de Dios!!!!! É un idioma que aquí empregamos, como nalgún título de post ou en boca de "personaxes" (debuxos, política, cine..) aos que estamos acostumados a seguir en castelán. Nin de broma. Nunca medimos as amistades ou "enemistades" polo idioma. Nin as afinidades.
    Graciñas por acordarte de nós e aportar a túa parte. Xa verías que o texto que reproduces xa o puxemos nós para que o lese quen se achegue por aquí.

    ResponderEliminar
  8. RA: benvida ao noso grupiño de seguidores/seguidoras.....Qué intrigante semellas!!!!!!! Eu sigo StarGate como un friki!!!

    ResponderEliminar
  9. Certo, acabo de velo agora, moitas grazas. Que teñamos opinións diferentes non significa que teñamos que levarnos mal. O do castelán dicíavolo porque é o meu costume dirixirme ós meus interlocutores no idioma no que falan eles, pero desta vez non fixen tal, supoño que pasóuseme porque normalmente falo castelán.

    Dito isto, sigamos cadanseu ó seu, aínda que espero participar cos meus comentarios no voso blog algunha outra vez no futuro próximo, sempre mantendo, vai, en castelán outra vez, o buen rollo. ;)

    ResponderEliminar
  10. Serás benvido sempre. Seguro que Pacotrón tamén vos visita de cando en vez (é moi novomesoireiro, asegúrocho). O tema do idioma xa nos deixou ás veces un pouco "out", xa que vemos que hai persoas que nos seguen desde Canarias, Pamplona, Huesca, Hamburgo, Arxentina, USA....e, claro. Sempre pensamos que son galegos, ou fillos de, pero nalgún caso nos teñen escrito pedindo que lles aclarásemos algunha cousiña que non pillaban por non ser galegos. Nós o que queremos, claro está, é que nos entenda o máximo de persoas...Quixemos levar unha tradución deste blog ao castelán, pero foi literalmente imposible. Segui,os traballando á procura dun tradutor que funcione....porque tradutores hai abondo, pero vaia traducións!!!!!!!

    ResponderEliminar