Páginas

Pro pro pro........procesos.



O Katangueiro entrou tímidamente nunha sala que, era meridianamente evidente, agardaba máis visitas. O Katangueiro peina canas e alármase con facilidade. Sabe que, nestes últimos tempos, os argumentarios de determinadas "asembleas veciñais" se asemellan cada vez máis aos das SS-Totenkopfverbände.

O dirixente veciñal inspira fondo. Enche o peito e o ánimo. Claramente, agardaba máis do seu ofrecemento. Él podía salvalos a todos. Él podía limpar as rúas. De narcotraficantes e prostitutas, dicía coa boca grande. O que dicía coa pequena non se pode reproducir aquí.

As excasas persoas alí presentes socializaban os seus temores. Os seus medos. O medo, xa o sabe ben o Katangueiro, é libre.

As primeiras intervencións eran queixas sobre os ruídos e algarabías que padecían estes veciños día si e día tamén arredor duns locais de hostelería denominados "afters", isto é, abertos ata o mencer. "En esos locales se venden drogas y se ofrecen prostitutas".

O Katangueiro nada sabe disto. Hai anos que non agarda ás luces do día para regresar a casa dando tumbos. Quen o asegura, será que o sabe. De boa tinta ou nas propias carnes.

"Hay inseguridad. El otro día, en un portal del barrio, un hombre realizó tocamientos a una niña de trece años". Desaprobación absoluta e náusea. O Katangueiro pensa se ese home era un cliente dos "after", un narcotraficante ou un prostituto. Ou un "botelloneiro".

"También atracaron un comercio". As prostitutas?, preguntou o Katangueiro.

A reunión aquela non daba máis de si. Non puxeron nin siquera uns pinchos. O Katangueiro lembrou a Bertolt Brecht (o seguinte texto lembra un atribuído erróneamente ao autor alemán Bertolt Brecht, que realmente puido ser obra do pastor protestante alemán Martin Niemöller, se ben é un tema máis que polémico. O certo é que esas palabras poderían ter sido de Bertolt, e así son popularmente coñecidas. Gracias, Msarkadina) :

Primeiro foron a polos do botellón. Eu non me preocupei. Non fago botellón.

Despois foron a polos pubs do centro. Non me preocupei, non teño un pub no centro.

Máis tarde esixiron saber a qué se adicaban algunhas das familias, con apelidos "sospechosos", adxudicatarias dunha vivenda de promoción autonómica. Non me importou en absoluto. Eu non son adxudicatario.

Logo tiraron contra as prostitutas. Nin me inmutei. Non son puta.

A continuación afrecéronse a "limpiar las calles" de narcotraficantes e drogadictos. Eu tampouco me sentín aludido.

Para cando viñeron a por min......XA ERA TARDE.


Non estraña o temor "veciñal" polo aumento do trapicheo de drogas na zona de Juan Flórez. Mirade o que se decomisou nunha DROGUERÍA, si, con todas as letras, DROGUERÍA, desta glamourosa zona céntrica.

A Opinión de A Coruña. Venres 13 de novembro.


14 comentarios:

  1. Fuxamos dos líderes que nos ofrecen a salvación. E máis aínda dos que ofrecen medidas expeditivas coma a da "limpeza". Canto dano fixeron Charles Bronson e Chuck Norris con eses "flins" fascistoides. Gerardo Crespo é o novo mesías. Aleluia. Alabado sexa o Señor.
    O fenómeno do botellón non é positivo para a saúde da a mocidade que aspira a beber ate perder o control para divertirse e ligar. Supoño que tamén haberá que acabar cos seus proxenitores, que non os "controlan" abondo.
    Os after-hours levan moito tempo existindo. As miñas experiencias nestes locais nunca foron malas. Si podo afirmar que nun local da rúa Pintor Joaquín Vaamonde vendíanse drogas con absoluto descaro e había prostitución encuberta.Iso experimenteino eu hai dous anos: en menos dunha hora ofrecéronme,previo pago, cocaína en tres ocasións, outras dúas pedíronma (deberon verme pintas de traficante)e tamén me preguntaron canto cobraba por facer algún "numerito".Os meus amigos e mais eu saímos espantados.Nunca máis volvín por alí.Seica agora está clausurado porque non tiña licencia para facer de after.
    Iso si debe vixiarse: que se cumplan as licencias preceptivas dos locais de hostalería. E demostralo con probas concretas, non con palabrerío barato e demagoxia.Esixir que se cumpla a lei para unha boa convivencia non é sinómino de comportarse coma un sheriff do Far West. Estamos na Coruña.
    De seguir así, imos ter que chamarlle ó Ensanche "Distrito Apache-Bronx". E non estaría mal saber quén fai uso destes locais, desas drogas e desa prostitución. Seguro que máis dunha persoa querería que a terra os tragase.Sobre todo, os moralistas.
    Por certo, Katangueiro, este poema foi atribuído erróneamente a Brecht. A súa autoría, aínda controvertida, atribúese ó pastor protestante alemán Martin Niemöller. Titulábase "Cando os nazis viñeron a polos comunistas" (Als die Nazi die Kommunisten Holten).Toda unha lección: Niemöller pasou un tempiño nun "campo de reeducación" por cortesía de Hitler e os seus colegas.

    http://en.wikipedia.org/wiki/First_they_came...

    http://www.spartacus.schoolnet.co.uk/GERniemoller.htm

    ResponderEliminar
  2. Que se va a esperar del señorito Crespo, populismo demagogo para soliviantar al rebaño.

    Unas notas que no tienen que ver con esta noticia, los del Blog do Castrillón, aunque tardan un huevo, finalmente acaban poniendo os comentarios, a Pacotrón finalmente se los pusieron, los míos támbién.

    No digo lo mismo del Agra del Orzá, ojo no la asosciación vecinal, hay alguno mío que lleva dos días a la espera de ser moderado. Los datos no les interesan.

    ResponderEliminar
  3. Msarkadina, totalmente de acuerdo.

    ResponderEliminar
  4. Anónimo: podes reproducir perfectamente ese comentario neste blog. Moitos veciños e veciñas da Agra téñenp de referencia.

    Tamén podo adiantarvos que moi próximamente este blog recibirá un impulso MOI IMPORTANTE que o achegará a un público potencial enoooorme!!!!!

    Msarkadina sempre é moi oportuna, que non oportunista!!!!!

    ResponderEliminar
  5. Anónimo: efectivamente vexo que XA colgaron o teu comentario e o meu, pero sempre despois de ter denunciado aquí que censuraban os comentarios. Mala práctica para quen "predica" democracia.

    Din que non son políticos para estar ao tanto dos comentarios, pero outros beneficiosos si que os ían publicando e, para que lles quede claro, AQUÍ aparecen automçáticamente. Só se retirarían se son moi ofensivos ou moi insultantes, cousa á que NUNCA se chegou. Ben, un día eliminei un meu porque, idiota de min, equivocara o post e non tiña nada de sentido ese comentario aí.....e xa teño fama de polidependente como para dar máis candela.

    En resumo, se moderas decides. E vós decidistes non publicalos inicialmente, señores do blog parcial do Castrillón.

    Vexo, Anónimo, que siguen sen entender, ou non queren, as perigosas analoxías que empregan coa súa linguaxe e que tanto ti coma eu lles indicamos. Déixaos estar.....

    ResponderEliminar
  6. Por certo, Katangueiro. Xa me dirás de qué vai iso de ampliar os potenciais lectores deste blog. Tesme intrigado e preocupado.

    ResponderEliminar
  7. En el comentario a que hago referencia que los del blog Agra del Orzán no han querido dejar que se vea, lo que relato no son más que datos en referencia a la ilegalidad de la obra que está ejecutando el Concello de A Coruña para la dotación conocida como AGORA.

    Más o menos decía así:

    Con fecha 09-06-08, el Concello de A Coruña aprobó definitivamente el Plan Parcial del denominado Sector S-2 San Pedro de Visma, en el cual se ordena en distintas parcelas la edificabilidad que se desarrolará en el mismo. Entre otras hay parcelas de uso residencial, de uso terciario, de espacios libres y de uso dotacional. En estas últimas es donde las administraciones promoverán distintos equipamientos para los ciudadanos.
    El suelo que integra el sector es de infinidad de propietarios, actualmente más de cien. Para su desarrollo, los distintos propietarios se constituyen en una junta, denominada Junta de Compensación, la cual es la responsable de reparcelar las parcelas y adjudicar a cada propietario la parte que le corresponda dentro de las parcelas establecidas en el Plan Parcial antes citado.
    Con fecha 22-09-08, la Junta de Compensación reunida en Asamblea, aprueba inicialmente el Proyecto de Compensación, que es el reparto y adjudicación a cada propietario de lo que le corresponde en función de su aportación. Este se envía al Concello, quien tiene que aprobarlo definitivamente, para posteriormente inscribir en el Registro de la Propiedad las parcelas adjudicadas a nombre de cada adjudicatario.
    Casi 14 meses después de esta Aprobación Inicial, el departamento de Urbanismo del Concello aún no ha emitido el informe correspondiente para que se pueda llevar a Junta de Gobierno Local y el Concello lo apruebe definitivamente.
    Hace ya unos meses, el Concello ha tomado posesión de la parcela Z2 EQ-5 de dicho sector sin que esté resuelto el Proyecto de Compensación, por lo tanto sin inscribir las parcelas en el Registro de la Propiedad y como consecuencia sin ser propietario real del terreno del que ha tomado posesión. A todas luces en contra de la legalidad vigente.
    Esta situación, provocada principalmente por la poca efectividad del departamento de Urbanismo, está ocasionando una serie de perjuicios a los distintos propietarios del sector, que han transigido hasta la fecha, pero que se les está acabando la paciencia y es probable que en cualquier momento den los pasos necesarios para paralizar unas obras que son ilegales en su nacimiento.

    Lo que se les transmitía a los lectores del blog del Agra del Orzán, beneficiarios directos del equipamiento que se hará en el AGORA, así como los vecinos de El Ventorrillo, Os Mariñeiros, etc, es que si pueden, y quieren, que le pongan las pilas a la Concejalía de Urbanismo para que agilice la Aprobación Definitiva del Proyecto de Compensación del S-2 san pedro de Visma, ya que ellos van a ser los primeros perjudicados de una posible paralización de las obras de ejecución. La paciencia de algunos de los propietarios de dicho sector ya se ha acabado.

    Se ve que el administrador del blog Agra del Orzán, no del de la asociación vecinal debe tener alguna afinidad, no se de que tipo y hasta donde, con la Concejalía citada, u otros estamentos municipales, ya que no quiere que sus lectores se enteren de estos HECHOS.

    Un saludo.

    ResponderEliminar
  8. Graciñas por incluír e compartir con nós esta información. Prometo enteirarme de qué está pasando. Espero comentarche algo pronto. Quizais esta noite. A ver se hai sorte.....

    Pacotrón: tranqui, neno, tranqui. Que es cosa buena......

    ResponderEliminar
  9. Nada, nada. Que hagan ya esas patrullas ciuadanas. Quiero verlo, a ver que pasa si la cosa se pone fea. Si un segurata va y la lía con alguien. Si se mete con los chavales del botellón y éstos les recuerdan el derecho a reunión o a ocupar los espacios públicos. Si alguien hace algo ilegal, que se actúe.

    Perdonen, pero en democracia, si alguien rompe cosas, que las pague en dinero o trabajos sociales, pero ¿qué ideología ampara que se practique en el conjunto de la sociedad un castigo por lo que , supuestamente, hacen unos pocos?

    ResponderEliminar
  10. Periodista reservista19 de noviembre de 2009, 14:05

    "Calentando motores":

    http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2009/11/19/quince-familias-chabolistas-iran-bloque-eiris/336457.html

    ResponderEliminar
  11. Los datos que dan estos dos periodostas los han terjiversado con no se que intenciones. O si lo sé.

    ResponderEliminar
  12. Estou tentado de aproveitar o teu comentario explicativo para facer unha entrada neste blog, a ver se a xente se entera. Terás, iso si, que confirmarme o teu permiso. Aquí facemos as cousas con respecto, aínda o que digan por aí.....

    ResponderEliminar
  13. No se si te refieres a mi comentario del AGORA y el S-2, si es así tienes mi permiso y es más si me indicas como puedo ponerme en contacto contigo, te aportaré todos los datos de los que dispongo.

    ResponderEliminar