Páginas

Memoria histérica e blogs veciñais

by Pacotrón.


"Non debemos esquecer quen gobernou esta cidade e qué sectores sociais o apoiaron. Iso si que sería un bo exercicio de memoria histórica". Un Katangueiro.

Están os ánimos certamente revoltos nalgúns dos barrios da nosa querida e aberta cidade da Coruña.

Un día, a conta dos cambios das placas de vintedúas rúas motivado pola aplicación da Lei de Memoria Histórica. A Coruña foi, e isto tamén é historia, a segunda capital do franquismo despois de Madrid. A segunda en celebración de Consellos de Ministros. A primeira para o Xeneralísimo á hora de pasar unhas máis que merecidas vacacións en compaña da familia e da Falanxe. Das últimas en retirar segundo qué placas e distincións....

Outro é a conta da implantación dun servizo municipal de aluguer de bicicletas. Son unha cento cincuenta e pódense retirar en, polo de agora, dez lugares diferentes espallados pola cidade. Semella que hai xente xa disgustada con isto. Logo verémolo.

O da mobilidade non queda aí. Tampouco gustan as apostas polo transporte público, moi especialmente o establecemento e ampliación do carril-bus, signo identitario das cidades centroeuropeas que destacan pola súa calidade de vida. O argumento empregado nas protestas non se sostén: provoca perdas aos establecementos comerciais. Xa abondaba coa crise para, agora, rematar a faena instalando bolardos, prohibindo "subirse a las aceras" e potenciando o uso do bus urbano.

Dato curioso: o barrio máis golpeado da Coruña pola crise, no que se refire a peches de comercios, é a Agra do Orzán, como podemos ver AQUÍ e AQUÍ.

Na Agra do Orzán non hai carril-bus...aínda. E a única rúa que mantén unha importante actividade comercial é a Rúa Barcelona, a única que está totalmente peatonalizada.

Quen di que as apostas polas políticas de mobilidade son negativas?

Antes, hai aproximadamente un ano, foi polo "botellón". Fenómeno tan terrible e universal que, seica, merecía unha lei que prohibise totalmente consumir bebidas alcohólicas en rúas, parques, espazos publicos en xeral...e extensible a todas as persoas, sexamos porcas ou cívicas. Sen distinción. Como debe ser. Como no Cuartel.

As ordenanzas municipais non valen. A democracia non vale. Os socialistas queren unha mocidade borracha para gañar os seus votos (¿¿¿????) e os nacionalistas.....eses é que fan botellón. Directamente.

Hai un ano entrou en vigor a ordenanza. As multitudes que se reunían en prazas públicas, e que causaban importantes molestias aos veciños, marcharon. Agora reúnense nos Xardíns de Méndez Núñez. Tampouco lles vale a estes superheroes cidadáns. Agora queren que se aplique a ordenanza, a que antes de aprobala non servía, no descansillo da súa casa...se é preciso. Ah, e que se prohiba consumir alcohol. Iso sempre.

Noutra ocasión, toca alarmar á poboación plantexando e amagando coa formación dunhas "Patrullas Ciudadanas" para combater a maldade e o liberalismo mal entendido, xa que as forzas de seguridade públicas semellaban, para estes bizarros cidadáns, actuar en connivencia co mundiño da hostelaría vencellada ao consumo de estupefacientes. Sacaron o tema en Ana Rosa ( todo un exemplo de ética, como lembraredes AQUÍ ) e remataron de gañadores ante a opinión pública xa que a Policía Municipal precintou os dous locais da disputa.

Noticia tal cal: "Los vecinos contratan un detective para vigilar los «after» de A Coruña. Afirman que los locales funcionan en connivencia con el 092"

En Italia, grazas a un decreto de Berlusconi, xa son legais as patrullas cidadás. Algúns suspiran xa por un Berlusconi coruñés. Empresario e fascista. Qué máis se pode pedir?. Foto sacada do Blog de Los Rosales.

No noso querido barrio de Katanga, na Agra do Orzán, chama poderosísimamente a atención a cantidade e intensidade dunha mobilizacións que, aparentemente organizadas desde a Asociación de Veciños do Ventorrillo, denuncian AGORA a situación do poboado xitano de Pena Moa, así como a compra-venda de estupefacientes, maiormente heroína, e o aumento da delincuencia no barrio (¿¿¿???). XUSTO AGORA QUE SE ESTÁ A DESMANTELAR O POBOADO CUN PROGRAMA DE INTEGRACIÓN AVALADO POR TODAS AS INSTITUCIÓNS E FUNDACIÓNS INVOLUCRADAS!!!!!!

No extremo oeste da cidade, en Los Rosales, tamén denuncian un "considerable aumento de la delincuencia y el trapicheo en el barrio". Estes veciños crían que caían na rota que leva ata Pena Moa. Logo, que a razón DEBÍA SER a existencia no seu barrio de pisos onde se traficaba. Tamén se falou de coches sospeitosos: paraban un rato perto do colexio....de primaria. Supersospeitoso. Xa falamos destas pequenas cousas AQUÍ

Pero agora caeron na conta do que REALMENTE motivaba este suposto aumento da delincuencia e da presencia en Los Rosales de persoas de apariencia estética "más que sospechosa": a apertura do Centro Cívico, auténtico causante deste senvivir. A razón directa: os cursos de integración que alí se imparten. A máxima está ben clara. A integración é mala se se fai no meu barrio.

A resposta á vosa esperable pregunta de qué carallo é o que vos estou a contar é evidente: todo isto non se entende sen sermos conscientes da estratexia apocalíptica que vén empregando na nosa cidade, desde hai dous anos, o Partido Popular.

Que onde está o Partido Popular nestes enredos? Está en Gerardo Crespo. Tamén está no o uso dos blogs veciñais, dalgúns deles, para estender na Coruña o malestar, a desesperanza, o medo e a falta de valores e capacidade deste goberno municipal. Goberno de PSOE e BNG. Ese que houbo que desaloxar da Xunta con todos os MEDIOS ao seu alcance. Ese que aprobou leis que defendían as nosas costas, ríos, montes, idioma.....todo o que vale, da rapiña neoliberal dos que apoian ao PP.

Gerardo Crespo: «Hay dejación de funciones en materia de seguridad»

Quen é Gerardo Crespo? Gerardo Crespo é o presidente da Asociación de Veciños El Ensanche, pertencente á Federación Salvador de Madariaga. Esta Federación montouna na Coruña o Partido Popular para poder actuar libremente contra o goberno municipal, en atención e só en atención aos intereses do PP, polo que ningunha das asociacións que forman esta Federación forman parte, nin formarán memtras siga esta xente, da Federación de Asociacións de Veciños da Coruña e Área Metropolitana, única formalmente recoñecida. A este home e os seus acólitos debemos algunhas das actitudes más fascistas que se recordan na Coruña nos últimos tempos. Defende o prohibicionismo como forma de amañar os problemas en sociedade. Defende a reacción civil "defensiva" cando as forzas de seguridade non lle fan caso a determinados sectores sociais. Non cre nas políticas de integración, sexan xitanos, ex-drogodependentes ou inmigrantes. O seu brazo armado en Monelos-Castros-Eirís, o señor Mourelo, o que hoxe é concelleiro do Partido Popular na Coruña, ofreceuse ( e realmente ameazou ) a ir porta por porta comprobando quen vivía e a qué se dedicaba cada realoxado ou beneficiario dunha vivenda pública en Eirís. O Superdelegado Calvo apoiou as súas demendas. Claro. Para o PP a vivenda púiblica non é negocio. Cómpre sementar a desconfianza sobre o proceso. Cómpre non facelas.

Cómo penetran nos ámbitos propios da clases medias pretendidamente "ilustradas" ata o punto de atraelas cara á súa deformada visión? A través, entre outras cousas, dos medios de comunicación, algo xa tratado no anterior artigo deste blog, e da axuda dalgúns blogs veciñais. Máis concretamente, nomearei o blog de Los Rosales, o pioneiro na nosa cidade, e o do Ventorrillo, alumno aventaxado.

Vexamos algúns exempliños desta práctica, perfectamente coordinada, rescatados das hemerotecas e das páxinas web:

Sobre a memoria histórica ( os supostos veciños do Ensanche redúcese á Asociación, isto é, a Gerardo Crespo ):

"Los vecinos del Ensanche critican los cambios de las calles de nombres franquistas".

"A Coruña. El PP pide dar voz a las familias de los franquistas para retirar títulos".

"Losada ha apostado por la confrontación y el revanchismo, tirando por la borda el espíriti de la transición, según Carlos Negreira".

Sobre mobilidade:

"La Asociación de Vecinos de El Ensanche, presidida por Gerardo Crespo, le entregará este miércoles 3 de septiembre -a partir de las 10.30 horas- un escrito al Concejal de Transporte y Movilidad del Ayuntamiento, José Nogueira Fernández, en el que figurarán las diferentes reivindicaciones de los vecinos y comerciantes que se han visto afectados y perjudicados por la puesta en marcha del carril bus, lo que, aseguran, perjudica a sus negocios".

"A mí el Ayuntamiento me ha convocado algunas veces para hablar sobre temas como el carril bus, pero son reuniones de tipo informativo, ya que dan poca opción a cambiar las cosas. Te llaman como para que participes, pero en realidad te hacen ser cómplice porque puedes sugerir cuatro cosas, de las que aceptan una y el resto lo mantienen. A los representantes de los vecinos, los comerciantes y otros sectores no se nos hace caso, los gobernantes quieren imponer su ley".

"Negreira califica de improvisación la puesta en marcha del carril bus y acusa a Losada de actuar de espaldas a los ciudadanos".

"...el grupo municipal del PP considera que el servicio se ha puesto en marcha tarde y mal"

Blog de Los Rosales: "Todos los días salgo de la ciudad a través de la Plaza de Pontevedra y Juana de Vega. Con el nuevo carril bus en marcha, me he dado cuenta de un nuevo peligro: los giros a la derecha que se cruzan con el citado carril (en mi caso concreto, cuando giro en la Plaza de Pontevedra para ir hacia Juana de Vega)".

Blog de Los Rosales: "El Barrio de Los Rosales no se beneficia especialmente de la creación del Carril Bus".

Blog Rosales: "Historia de un despropósito: carril biciMillenium-Casa de los Peces"

Blog Ventorrillo: "Estimados Xoteño y Rancilio. Enhorabuena por vuestro trabajo. En nuestro blog, Aduladora y yo(Ventorrillo) solemos publicar la mayoria de los posts".

Blog Ventorrillo: "Bueno, esta es la sugerencia del Blog del Ventorrillo para la mejora del carril-bus. También os facilito la nota de prensa que el Partido Popular en el Ayuntamiento ha enviado a los medios con su propuesta particular".

Sobre os realoxos:

Blog Rosales: "El realojo de chavolistas de Penamoa, ¿ es un problema de tráfico de drogas?"

Blog Ventorrillo: "En mi edificio nos metieron unos gitanos que todos los dias tenemos que llamarles la atención, tiras las potas de los fideos por la ventana, llenan el portal de basura en el callejón trasero ropa, latas, colillas etc. y llevo 24 años en el edificio y nunca tuvimos problemas tenemos un porta precioso y dentro de poco tiempo tendremos que vender los pisos, que me costo muchas horas extras para pagarlo y el ayuntamiento no creo un problema esta gente no vale para vivir en comunidad, que los lleve Losada para su casa. ( un vecino del edificio del ventorrillo )".

Blog Rosales: "NO AL REALOJO DE LOS NARCOS DE PENAMOA, EN EL BARRIO FAMILIAR DE LOS ROSALES. ..."

"El Partido Popular critica la "falta de información" desde el Gobierno local y advierte de la posibilidad de que el tráfico de drogas se desplace a otros puntos de la ciudad".

Francisco José Mourelo, concelleiro do Partido Popular e anterior presidente da Asociación de Veciños Oza-O Cruceiro-Urbanización Soto: "No pedimos que se le quite el derecho a la vivienda a nadie, solo que los chabolistas de otros barrios no vengan a Eirís de forma masiva"

Blog Ventorrillo: "El grupo municipal del Partido Popular criticó ayer la actitud "invisible" del alcalde, Javier Losada, tras la protesta protagonizada el miércoles por los vecinos de O Ventorrillo, cuando exigieron a las administraciones una mayor coordinación para acabar con el tráfico de drogas en Penamoa...."

Blog Ventorrillo: "Ésto es lo que nos une a todos los vecinos. El problema del tráfico de drogas en Penamoa. No cejaremos en nuestro empeño de seguir luchando contra esta lacra, con las armas que tenemos los ciudadanos: LA PROTESTA CONTUNDENTE y CÍVICA, y cómo no, LAS URNAS".

Blog Ventorrillo: "SIN CHABOLAS, NO HAY DROGA". ( Isto é totalmente falso e malintencionado. Non todas as chavolas venden droga nin toda a droga se vende en chavolas...verdade? ).

Blog Los Rosales: "Desde hace unos meses, los Servicios Sociales del Ayuntamiento vienen realizando acciones con toxicómanos de la ciudad en el Centro Cívico Municipal de Los Rosales” Y como todos conocéis, desde hace unos meses han aumentado significativamente el número de delitos menores en nuestro barrio. ¿Será solo una casualidad temporal? ¿Por qué habrá elegido el Ayuntamiento nuestro Centro Cívico?"

SOBRE TODO ISTO, LEMBRADE AQUÍ AQUEL POST DE KATANGUEIRO QUE ME PUXO OS PELOS DE PUNTA.

Vídeo da última concentración organizada polos "veciños" do Ventorrillo fronte á Delegación do Goberno. Nel podemos apreciar claramente aos administradores dos blogs do Ventorrillo e de Los Rosales.



NESTE OUTRO VÍDEO SURREALISTA, O CONCELLEIRO DO PARTIDO POPULAR JULIO FLORES, O ANTERIORMENTE INSTIGADOR DAS MOBILIZACIÓNS CONTRA O GOBERNO LOCAL EN MONELOS, CASTROS E EIRÍS, E ACTUAL CONCELLEIRO DO PARTIDO POPULAR, O SEÑOR MOURELO E O SUPERDELEGADO DA XUNTA DIEGO CALVO......CÓNTANNOS A VERDADE SOBRE PENAMOA.



A VERDADE É QUE DURANTE OS OITO ANOS DE GOBERNO DO PARTIDO POPULAR EN ESPAÑA NON FIXERON NADA DE NADA. A VERDADE É QUE A CONSELLERÍA DE SANIDADE, DIRIXIDA POR PILAR FARJAS, É QUEN TEN AS PLENAS ATRIBUCIÓNS EN DROGODEPENDENCIA.

Blog de Los Rosales: "La edil coruñesa de Salud, Pilar Farjas,persona próxima a Ana Pastor, será nombrada consejera de Sanidad. Como muchos ya sabréis, Pilar es concejala del Partido Popular en el Ayuntamiento de A Coruña y vecina de nuestro querido barrio. Esperemos que esto sea beneficioso para Los Rosales, al menos, para nuestro Centro de Salud . Para Galicia, sin duda, lo será, porque Pilar tiene pinta de ser buena en su trabajo".

"Gerardo Crespo, vicepresidente de la Federación Local de Asociaciones de Vecinos de A Coruña denuncia otros problemas ( aparte do de Penamoa ): “El botellón en el centro aumenta cada año, lo que provoca vandalismo generalizado”. Lugares como la plaza del Humor o los jardines de Méndez Núñez son tomados los fines de semana por jóvenes que se unen a la salida de los after hours de Orzán y de la calle de Joaquín Pintor Bahamonde".

Blog Ventorrillo: "Tal y como os adelantamos ayer, pudimos asistir (llegamos un poco tarde) a la rueda de prensa que se celebró en la AVV O Cruceiro ( si, a que presidía Francisco José Mourelo ), en la que se dió a conocer cual es la verdad de la situación del proceso de realojo de los chabolistas de Penamoa. Hoy os adelantamos sólo la parte en la que el concejal del PP D.Julio Flores toma la palabra".

UN ADIANTO. TEDE MOI PERO QUE MOI EN CONTA A ESTE SEÑOR FLORES. NON DESCARTEDES QUE SEXA O CANDIDATO Á ALCALDE DO PARTIDO POPULAR.


De propina, uns últimos exemplos extraídos de hoxe,17 de xullo de 2009:

Blog de Los Rosales: "El PP da caña preguntando por el poli chapuzas". Ver
AQUÍ.

Blog do Ventorrillo: "El PP insta al alcalde a mediar para acabar con las drogas en Penamoa". Ver
AQUÍ.

Blogs veciñais?????????


En fin.Por agora, xa vos chega. Prometemos continuar con temas moi semellantes a este de hoxe. Saúdos e confianza!!!!!


6 comentarios:

  1. Que non se me enfade ninguén aínda....que mañá hai máis. Veñaaaa...Aníbal!!!!!

    ResponderEliminar
  2. Hoy es un día de oración, y ando con el rosario a vueltas. Hasta la Victoria Siempre, Mi General F. Que non, que digo Florentino Pérez, carallo, non me vaiades a entender mal.jajaja

    Esta vez toca triplete, e a champions no Bernabeu. Hala Laporta, ¡j...e que Filipe queda no Ventorrillo!

    ResponderEliminar
  3. Quero deixar patente a miña queixa, porque remato de ver a un par deses peixes botando un "fogete",como din as cantareiras de Ardebuño, e isto foi en horario infantil. E creo que eran MACHOS OS DOUS::))) Metédelles algunha femia porque non me extraña que rematen f....o entre os cinco.¡E por riba sen condón acuático!

    ResponderEliminar
  4. Pero de qué peixes me falas......non serán os "peixes" de Valencia celebrando ao grande a cantidade de agasalliños que lles dan como quen non quere a causa...perdón, a cousa!!!! En qué estaría eu pensando.

    ResponderEliminar
  5. Estarías pensando no de sempre, lambón!!!

    ResponderEliminar
  6. Uy, os de Valencia son tiburóns. Se chego a ser eu ¿por traxes ou bolsos íame vender? Por botarlle un "fogete" a algunha choni cachonda de Katanga ó mellorrr...... xa sabes, coma o abo Berlusconi. ¡Ou ten unha tranca de aquí a mañán, ou métese máis viagra en vena que calquera drogadicto! Home, a un home así perdóaselle todo, carallo.

    PD: Coño, eu non lle dou de comer máis ós peixes e punto.
    Agora teño que voltar á misa, que dende que entro neste blog solta unha de pecados...

    ResponderEliminar