Hoxe pola noite semellou que chovían pedras por Katanga toda!!!!
"¡Mire usted que no son piedras, mi señor Don Quijote, que son ranas!"
Qué ranas nin que nada....era granizo, como lle corresponde a esta época do ano.
O que ocorre é que, no do granizo, hai para todos. Así que este pobre katangueiro tivo que comprarse estes marabillosos sombreiros protectores...que non vos conto o que levo entre as pernas, que me censuran o blog!!!!!!
É que cando graniza así, caen de arriba e caen de abaixo para arriba. Cousas da física cuántica do demo!!!!
Na entrada anterior advertinvos dunha granizada que estaba a caer, precisamente, sobre Katanga. Iso obrigounos a quedar a cuberto, e así seguiremos. Na nosa casiña. Pero é de xustiza recoñecer que SEMPRE aparece alguén disposto a axudarte e cubrirte. Iso debémolo agradecer, e así o facemos.
Reproduzo a continuación o comentario que nos dirixiu un dos administradores do blog novomesoirense en canto soubo da nosa decisión (inamobible) de retirar este blog do "mundillo" dos comentarios...por se as usurpacións.....
Este administrador, Dalí, é evidentemente unha persoa, cando menos, educada e respectuosa. MÁIS CA NÓS, SEN DÚBIDA (aínda que non somos tan malotes como se nos quere poñer, eh? Pura fama). Como non sei se ledes ese blog veciñal, aquí vai o texto completo xunto ao noso agradecemento.
DALÍ: "Lamento esa decisión, Katangueiro. Y, si cambias de opinión, como me gustaría, aquí siempre serás bienvenido. Mientras tanto, seguiré leyendo tu blog como hasta ahora, que es verdad que me parece muy divertido (aún me estoy riendo ahora de lo del pato Lucas y tal), aunque a veces hay que frenar un poco, porque detrás de los comentarios, al fin y al cabo, lo que hay son personas defendiendo, con mayor o menor fortuna y mejores o peores formas, sus propios intereses, igual que vosotros.
Si alguien dice algo en tu contra, estás en tu derecho de responder, pero hay que tener cuidado de no ponerse al mismo nivel y evitar siempre llegar a lo personal. Por ejemplo, yo no pienso que, por el hecho de ser sus administradores y escribir cosas que puede leer todo el mundo, los que llevamos los blogs vecinales seamos personajes públicos. Simplemente, hacemos uso de la misma libertad de expresión que ofrecemos a nuestros usuarios al permitirles comentar, de forma anónima, las noticias que publicamos.
Con respecto a la suplantación de identidad, en este caso creo que es bastante inocente, pero si quieres que edite o elimine el comentario (cosa que no creo que sea necesaria porque ya ha quedado muy claro que no eras tú), dímelo y lo haré. A pesar de ser informático, yo también me fijo sólo en los nombres y no suelo prestar atención a las direcciones IP a menos que el comentario me resulte particularmente chocante, y por eso no me dí cuenta esta vez, pero a veces yo también cometo mis errores y tengo que rectificarlos".
Reconfórtanos o teu comentario, pero non é suficiente. Hoxe o texto "usurpado" non tiña importancia ningunha, é certo, pero e mañá???? Graciñas de novo.
Eso, eso....vosotros arreglando vuestras diferencias y yo aquí...sin ayuda, sin nadie que hable de mi, buscándome la vidilla.........frikis!!!
No acabo de entender la gravedad de que alguien pueda tratar de suplantar vuestra presencia en otros blogs, ya que me imagino que será fácilmente demostrable en aquellas ocasiones en las que ya no se caiga por su propio peso la suplantación.
ResponderEliminarNo lo veo claro.
Home, comprende ao Katangueiro. E qué pasa se mañá alguén emprega termos máis, digamos, inapropiados ou mesmo absolutamente insultantes, fóra de toda discusión, contra alguén? Digamos que é mellor que o blog non comente, que para iso xa estamos aquí. Eu, como Pacotrón, claro que podo comentar aquí ou alí.
ResponderEliminarFíxate se asusta o da "suplantación" que houbo quen abandonou literalmente o blog que creara en canto alguén decidiu escribir como se fose el. É que éche unha movida!!!!! Pero nunca choveu que non escampase.
Aínda que, no fondo, é unha movida moi fea, non deixa de ter algo de louvanza. Alguén que se toma a molestia de usurpar a identidade de outro estalle a dar importancia, sexa desmesurada ou non. Mellor miralo así.
ResponderEliminarTeño algunhas dúbidas: Qué foi da raniña? Sobreviviu á granizada? E onde conseguiches os sombreiros? Fixéronchos a medida?
A raniña salvouse por anfibia...non por solidariedade katangueira!!!!!
ResponderEliminarTes toda a razón no de mirar as cousas doutra forma. O que nos preocupou moi moito foi misturar unha suposta denuncia, que podía interpretarse que estaba dirixida a nós, coa usurpación da nosa "personalidade"....As posibles consecuencias de permitir esta dobre situación eran claras. Non sei se son observado por esas brigadas telemáticas. É máis, penso que entre as súas funcións está a da prevención de delictos telemáticos. Ou sexa: poden estar observándonos a todos prefectamente. Sería parte do seu traballo e responsabilidade habitual. Iso está ben.
Os sombreiros compreinos en Tovaris....raniña presumida!!!!!!
Compréndovos ainda que a min non me pasou iso concretamente, pero si tiven que poñer obrigada, a moderación de comentarios no meu blog. Xa no antigo que tiña noutra web "Librodearena" o tivera que pechar polo mesmo. No meu caso "alguén" que penso debe tratarse dun coñecido meu, adícase a nomear a persoas importantes pra min e que quero moito, ademáis de airear a miña vida íntima e votarme cousas en cara que non veñen a conto.
ResponderEliminarXente mala... Ten que haber de todo no mundo, unha mágoa...
Como paisana vosa e ainda que os atopei fai ven pouco, sabede que tedes todo o meu apoio. Gústame moito o voso rinconciño.
Un bico moi forte!
E que nesta vida chukela haiche que ser algo anfibi@ para sobrevivir. Ben pola raniña!
ResponderEliminarSeguro que a Brigada de Delitos Telemáticos está atenta a asuntos realmente importantes.E ademais xa nos avisou Esperanza Aguirre que Rubalcaba tiña un superordenador co que nos espiaban a TOD@S.Qué medo! E compraches os sombreiros en Tovaris? Pois si que deben ter historia.
O que lle pasou a RA (Ola, Ra: acabo de entrar no teu blog e creo que vou ser unha asidua visitante)é triste e grave.O anonimato,un ben cada vez máis escaso e sosegante,é o amparo e a coartada da ruindade.Non teñen outro xeito mellor de facer saber o seu descontento. Deixemos que se consuman na súa propia miseria.
Desde logo que o rincón de Ra é interesante. É máis, xa dixen por aí que era "intrigante"....como RA. Por certo, que en Katanga haiche moito Anubis, non creas!!!!!!!
ResponderEliminarE anfibios e colebras!!!!!!