Comunicámosvos e toda a xente amiga de Katanga Koruña que desde XA este blog non realizará ningún comentario como tal ou como Katangueiro ou Katangueira nos outros blogs da cidade. É o xusto, xa que alguén escribiu cousas empregando o noso nome. Cousas que non compartimos.
Non temos medo ás críticas, nin ao debate sobre o que sexa....O que si nos tememos é o uso ou abuso que se poida facer no noso nome, só por perxudicar.
Calquera dos administradores poderá comentar o que sexa onde sexa, se lle deixan, pero NUNCA como blog. Quen quere encontrarnos, sabe onde estamos. Aquí en Katanga Koruña ou no facebook.
Non é unha agradable decisión, pero é o máis correcto.
Vémonos, coma sempre, aquí.
E por aquí seguiremos. O que eu vos digo, segundo me transmite Morrisey: "It's gruesome that someone so handsome should care".
ResponderEliminarKatangueiro:
ResponderEliminarSon decisións que había que ter tomado antes. Aquí hai espazo de sobra para falar e mesmo para pasalo ben. Para comentar e opinar dunhas farolas, para compadecernos dun Dark Vader que non dá chegado a fin de mes ou para dar e recibir opinións diversas sobre a diversa actualidade coruñesa. Non só a veciñal.
Perdonad que no lo vea claro cuando quizá lo esté.
ResponderEliminarDices:
Calquera dos administradores poderá comentar o que sexa onde sexa, se lle deixan, pero NUNCA como blog. Quen quere encontrarnos, sabe onde estamos. Aquí en Katanga Koruña ou no facebook.
Esto que significa, ¿que el blog sigue?, ¿que el blog no sigue?, ¿que no se van a publicar más noticias?, ¿que los administradores no van a comentar,pero si van a publicar noticias?.
No entiendo, si lo podéis explicar os lo agradeceré.
Claro que seguiremos, Unomismo. Isto é como unha drogha!!!!! (vaia, xa saíu o toque da casa). Pero o mellor é non comentar noutros sitios como tal blog. É, hoxe por hoxe, imprudente. Non por quen os administra, claro, pois se coidan, coma nós, de identificarse claramente. É por quen sexa que se poda aproveitar do teu nome.
ResponderEliminarAquí si que publicaremos e comentaremos como tal "Katanga". É o noso sitio. Tamén o teu, claro que si.
Boa noite,Katangueiro & Co! Ai, que te perdes coa drogha cibernética... Isto dá un subidón brutal!Esta vez escríboche en galego, porque xa que estou lonxe,quero facer algo de patria.Debe andar moi escocida a xente para tentar,aínda que de xeito moi burdo,intentar usurparte.Xa ves, estás feito un gurú da opinión ;-) Dá gusto pasar por aquí e ler tal diversidade de opinións e saber que, sobre todo, o diálogo aínda é posible nun mundo tan polarizado e dividido.Congratuleixons a tod@s!
ResponderEliminarE non nos tomemos tan en serio a nós mesm@s: iso é fundamental.Como dí a tovarich Msarkadina: Por aquí seguiremos.E como canta San Morrissey Bendito:"Let me live before I die.No not me.Not I".A vida é demasiado curta para perder o tempo con cabreos inútiles.
Saúde e arroutada!
É interesante comprobar cómo despois de divulgar a "denuncia" certo blog cambia de actitude e avanza cara a comportamentos máis cívicos e mesmo irónicos!!!!
ResponderEliminarInteresante e curioso: "A envexa é causada por ver a outro gozar do que desexamos; os celos, por ver a outro posuir o que quixéramos posuir nós". DIÓXENES LAERCIO.No século III aC.
ResponderEliminarEstades a crear escola!
Espero que non sexa o do síndrome!!!!!
ResponderEliminarNon, este era un historiador: deixounos unha boa testemuña das vidas e obras dos filósofos gregos clásicos. O da síndrome é Dióxenes de Sinope, o pai do cinismo clásico. Quén será o pai do cinismo posmoderno? Gran dúbida existencial ;-)
ResponderEliminar