Páginas

"Humanistas" en María Pita



Resulta moi estimulante, á vez que sumamente atractivo, desapegarse do mundanal ruído e, místicamente, sobrevoar coas ás da imaxinación, da ilusión ou da idiotez personificadas.

Que por qué dicimos isto?. Pois porque en pleno 2009, xa pasado o subidón oitenteiro que nos empurraba ao experimentalismo puro e duro, caese quen caese, resulta INADMISIBLE que un Concello como o da Coruña abra as portas -unha vez máis, todo hai que dicilo-, a unha organización política excesiva e preocupantemente discreta co seu organigrama e funcionamento e denunciada en varios Estados por actuacións sectarias....En roman paladino: por comerlle o coco á xente.

Que un concelleiro de Educación como Garcés, que entende necesario discutir coa Xunta por un "quítame allí tres colegios con goteras" en vez de actuar RADICALMENTE E PASARLLE LOGO A BOLETA a esta "sacra" institución galaica, en tanto os nenés asisten a clase con chuvasqueiro de chino, dedique os seus esforzos a amparar unha cadea humana que, máis que humana a secas diríamos "humanista", por estar apoiada e organizada exclusivamente desde este colectivo, a través dunha suposta rede de Escuelas Humanistas ou de personaxes xa coñecidos como Rubén Sánchez, e mesmo se chegue ao caso insólito de ver cómo esta xente dá toda unha rolda de prensa no Palacio de María Pita.....non sorprende. O de Garcés, digo. Non sorprende en absoluto.



Clásico carteliño promocional onde observamos o logo da rede de Escuelas Humanistas....o que nos faltaba despois do da Galiña Azul!!!!!!!!


UN APARTE: Carlos Reguera, coordinador desta cadea, ten o seguinte correo electrónico: carloshumanismo@hotmail.com, que nós facemos público pois é un dos que se fixeron públicos para contactar con esta iniciativa.

Pero o que máis sorprende dunha iniciativa así é que a propia Concelleira de Servizos Sociais, Silvia Longueira, se ofreza tan xenerosamente a colaborar cuns oportunistas que, ALUCINA VECINA, misturan violencia de xénero con armamento nuclear!!!! "Por un mundo sin armas nucleares ni violencia de género", semella que vén defendendo esta iniciativa..... E Silvia Longueira vai realizar unha intervención in situ. Está ben o asunto. A ver cómo o explica. Xa teño ansia.

Sen armamento nuclear, polo menos poderemos seguir dando "paos" por aí.

Se xa o dicía Einstein, ese violinista: "non sei cómo será a terceira guerra mundial, pero si que sei cómo será a cuarta: a pedras e paos!!!!"

Abur, yogur.

3 comentarios:

  1. ¿Y esto va a ser el principal acto institucional del Concello contra la violencia de género o machista?

    ResponderEliminar
  2. Publicamos este correo que unha persoa anónima nos reenviou e que dirixiu aos correos referencia da organización desta "marcha":

    "Soy una persona que trabaja en esta ciudad con, entre outras necesidades, víctimas de violencia de género. Yo, y un grupo de personas que así lo hacen también, nos decidimos a escribirles para expresarles nuestra visión de lo que la actividad que ustedes organizan, conjuntamente con el Ayuntamiento de A Coruña, significa para esta fecha.

    El año pasado, desgraciadamente, tuvimos que soportar la polémica, única en toda Galicia, sobre un acto donde se relacionaba la violencia de género con la discriminación lingüística. Estamos decididamente en contra de este tipo de discriminación, por supuesto, pero consideramos que había OTROS DÍAS POSIBLES para este debate y no el ÚNICO al año que se organizan en TODO EL MUNDO diversos actos recordando, en exclusiva, la violencia que se ejerce día tras día contra las mujeres.

    Hay muchas causas que merecen nuestro apoyo y defensa, como la de la Paz y el desarme, pero tener que vivir de nuevo el hecho de ser la ÚNICA ciudad, seguro que de toda Europa, que decide concentrar a niños y niñas por la paz, cuando se está recordando y mentalizando al conjunto de la sociedad sobre la importancia de implicarnos todos en acabar con esos terribles crímenes que el año pasado segaron la vida en España de 70 mujeres (hablo de memoria).

    El díptico al que he tenido acceso, y la información que se puede descargar de la página del Ayuntamiento, que remite a la información de su plataforma o asociación, y que está disponible por ser una actividad a celebrar en esa fecha, NO HACE NI UNA SÓLA MENCIÓN al problema que internacionalmente se conmemora.

    Si ustedes pretenden, aún así, continuar con su celebración, deben saber que un grupo importante de personas que nos sentimos utilizadas por ustedes haremos lo posible para que la ciudadanía conozca las intenciones reales de esta marcha, que, insisto, NO TIENEN NADA QUE VER CON LA EXCLUSIVA CELEBRACIÓN DE ESE DÍA. Por desgracia, ni siquiera el DESARME mundial tiene que ver con la eliminación definitiva de estos crímenes. En Suíza, por ejemplo, país pacífico por antonomasia, se practica la misma violencia de género que en los USA.

    Lamento escribirles por este motivo y espero que en el futuro, a la hora de organizar marchas por la Paz, concentren su atención en varios posibles días que nos ofrece el calendario, entre ellos los aniversarios de los bombardeos de Hiroshima y Nagashaki por ejemplo. Días en que, en todo el mundo, se recuerda el drama de la guerra y sus nefastas consecuencias, así como se pide por colectivos de TODO el mundo el fin del armamento nuclear. Ese día sería incomprensible organizar una marcha para recordar a las víctimas de violencia de género. Espero que lleguen a entender esto".

    Eu non engado nadita.......

    ResponderEliminar
  3. Aínda non o podo crer. Qué persoa de ben non está contra a violencia de calquera clase? Pero o de mesturar a violencia de xénero coa paz mundial e o desarme nuclear supera todas as miñas expectativas. Paréceme máis propio da mentalidade dunha aspirante a Miss Universo (desas que desexan "a paz no mundo" e que din que Confucio era un chinés-xaponés que creou a confusión) que da mentalidade dunha organización que se autodenomina humanista e mesmo dun Concello. Pecan de ignorancia e falta de información. Así calquera.
    Hai case dous anos que fun vivir á Agra do Orzán e chegou ás miñas mans un mini xornal gratuito dunha asociación chamada Agra Humanista. O nome gustárame: parecía un xornal dunha agrupación veciñal con outro punto de vista. Ata aí todo ben. A miña suspicacia empezou a espertar cando procurei información sobre ese novo humanismo que mencionaban. Para min o humanismo tiña a súa orixe no Renacemento e fora evolucinando co tempo. Iso ensináronmo no extinto BUP, no instituto.Lin a Erasmo de Rotterdam, Montaigne, Thomas More ou Giordano Bruno, por exemplo.
    O que estas persoas ofrecían era un merecumbé inefable e indocumentado máis cercano á insustancialidade da New Age que á filosofía ou á arte. Xa cheiraba pero o cheirume convertiuse en fedor cando souben do "Movimiento Humanista" ou "Humanismo Universalista". A min pareceume unha secta en toda regla, centrada nun "líder" chamado SILO.
    E tiven a oportunidade de coñecer a persoas que saíron correndo desa organización en canto tiveron oportunidade: xente lúcida, sensible e culta. Eu, que recoñezo a miña desconfianza innata cara as organizacións monolíticas e que teño unha gran tendencia anarquizante, non pod evitar pensar mal de quen me ofrece medidas para acabar con todos os males do mundo. Se eu,que son unha cidadá vulgar e corrente, intentei informarme, a qué se debe a actuación do señor González-Garcés ou a señora Longueira? Ignorancia? Desidia? Prefiro non seguir facéndome preguntas porque podo cabrearme moito e hoxe non teño ganas.
    Para quen queira informarse velaquí unhas ligazóns:
    Sobre a organización Agra Humanista:

    http://lavozdelagra.wordpress.com/

    Sobre o Movemento Humanismo Universalista:

    http://es.wikipedia.org/wiki/Movimiento_Humanista

    Sobre o líder supremo, Silo:

    http://es.wikipedia.org/wiki/Silo_(Mario_Rodr%C3%ADguez)

    Sobre o que é unha secta:

    http://es.wikipedia.org/wiki/Secta

    ResponderEliminar