Páginas

O vídeo da polémica que debería poñer no seu sitio ao señor Ponte


A plataforma de persoas adxudicatarias das Vivendas de Promoción Autonómica (os famosas 256) acaba de presentar unha denuncia nos Xulgados polas palabras despectivas e, por qué non, obscenas que, a través dun vídeo realizado pola xente do Blog do Ventorrillo, emprega o señor Ponte Mañana, "a la sazón" presidente da animosa Asociación de Veciños O Cruceiro, contra o conxunto deses 256 adxudicatarios.

Os lemas "Integración SI, guetos NO" semellan totalmente inútiles a estas alturas. Persoas como Ponte Mañana denigran a imaxe de todo un barrio, dando na cidadanía a absoluta sensación de que eses espazos urbanos son xa, de feito, uns guetos. Pero uns guetos de INTOLERANCIA (véxase a obra mestra do gran D. W. Griffith).

Extraña que ningún deses blogs "aliados" comente nada deste despropósito en forma de docu-drama, especialmente sangrante a partir do seu minuto 7:15.

Persoalmente, tampouco nos semella moi acertada a inclusión dun tema do grupo británico OASIS nese vídeo. Non sei qué dirá a súa casa discográfica.

Quédavos con este vídeo. Qedádevos cos aplausos. As palabras de Ponte son demoledoras: "(...)Qué importa que lle chamen dunha forma ou outra (realoxados ou adxudicatarios). Na miña terra á merda non se lle chama caca. É merda. É merda!!!!". Impresionante argumentario. Como para vivir no mesmo edificio ca el.

Para nós, aparecen retratadas, con meridiana claridade, as intencións reais destes "salvabarrios".

Supoño que o seguinte paso a dar será ir piso por piso, unha vez sexan entregados, para "limpar" de narcotraficantes e prostitutas o Castrillón todo!!!!! Xuíces e parte. Moi democrático. Igual había que mirar a qué se adican exactamnte e qué intereses certos moven a persoeiros coma o señor Ponte Mañana.



Estará AVA entre algúns dos que aplauden????? Qui lo sa!!!!!!!!

Abur, yogur.

10 comentarios:

  1. Dálles un megáfono e unha pequena palestra e alá van os autodenominados voceiros de todo un barrio.Veñen á salvarnos,queirámolo ou non.Se cadra,ata intentarán reeducarnos.Puidendo exercer o seu dereito a protestar, manifestarse e opinar libremente con probas,argumentos racionais e mesura, perden o rumbo adicándose a insultar.É esta unha mostra de civismo e responsabilidade? Son os representante de TODO UN BARRIO? Se eu fose veciña dalgún deses barrios diría: NON NO MEU NOME. Porque é de vegoña allea.
    Está moi claro que a mención de Penamoa esperta recelos e desconfianza en calquera. E medo. E disto se valen personaxes coma os señores Mourelo ou Ponte Mañana para os seus particulares intereses. O primeiro xa ten un cargo político e non creo que volva a mirar ó que deixou atrás. O segundo, segue o camiño de seu mestre. Del din que nunca foi veciño do barrio e que ten medo que lle devalúen o valor da súa nova vivenda, situada preto das vivendas de protección autonómica. Eu non o sei nin teño probas para afirmalo. Agradecería moito que se alguén pode probar tales rumores, que o faga, xa que o señor Ponte Mañana non deu ese paso. Aclarar esa situación sería útil para aclarar o papel que xoga este personaxe no merecumbé que montaron.
    O video di moito e expresa aínda máis: O Concello minte (mesmo mentiras epistolares,nunca tal oíra), o alcalde Losada é un fóra da lei e calquera delincuente de Penamoa ten máis valores morais que o alcalde. Isto é demagoxia pura e dura. Non ten outro calificativo.Eu diría máis: o quinqui máis quinqui ten un código ético (por estraño que pareza) máis elaborado e complexo que o señor Ponte Mañana. Saberá sequera o que é a ética?
    A merda é merda,claro que si. E ten múltiples formas:fecalomas,hematoquecia,melenas,rectorraxia,cagallóns...E,como a verdade,sempre sae a flote. Vai ser o que lle caia por enriba a este ilustre cidadán mesiánico en canto empecen a moverse as persoas adxudicatarias das vivendas inhabitadas. E vai ter que tragar moita sustancia fecaloidea porque el é un simple peón neste xadrez de politiqueo e mercadeo. A ver cántos quedan ó final entre tanta e tanta concentración. Seica o venres pasado foron eclipsados polo concerto de Fito & Fitipaldis. Outro gran argumento.
    Por certo: EU ENTREI EN PENAMOA por motivos laborais. E non a comprar ningunha sustancia estupefaciente.E tamén vin e recoñecín a xente que traballaba coa chatarra,na venda ambulante e como albaneis, por exemplo. EU ENTREI NAS BARRANQUILLAS,supermercado da droga de MADRID,por LABORES DE VOLUNTARIADO. Con 35 anos levo recorrido demasiado mundo como para que ningún destes mesías me venda a salvación eterna. Eu traballo tamén traballo honradamente e pago os meus impostos. E quéixome e reclamo pero non insulto.
    Pensaron nalgún momentos estes "concentrados" que algún dos adxudicatarios, se puidesen, comprarían a vivenda no mercado libre,con tal de ter que pasar por este calvario? Non o creo. Nin sequera saben en qué consite a palabra EMPATÍA.
    Eu anímoos a que sigan xuntándose, gravándose en video e dando máis probas da súa conducta.
    Así moitas persoas abrirán os ollos.
    E,particularmente,ó señor Ponte Mañana recomendaríalle a visión desta escea da maxistral serie norteamericana THE WIRE (trata sobre a situación social da cidade de Baltimore,o tráfico de drogas,os intereses inmobiliarios,o politiqueo,o labor policial e a disfuncionalidade de moitas institucións).A frase clave é THE KING STAY THE KING: O REI SEMPRE SERÁ O REI.Vostede, don Manuel,polo momento non pasa de ser un pequeno Iznogud que vai quedar exposto públicamente e sen os apoios dos maiestáticos Calvo e Mourelo, como lle tiren un pouquiño da manta.Por se lle interesa,pode buscala con subtítulos en castelán.
    http://www.youtube.com/watch?v=S1HUlTKvDUI

    ResponderEliminar
  2. Esquecín unha cousa: É que ninguén vai criticar a aparición dun video tan indigno e tan infame no Youtube coma o do Rubio? Ó fin e ó cabo eles tamén son veciños da Agra-Ventorrillo (por moito que lles pese a certas persoas), humillados e denigrados por outros veciños da Agra-Ventorrillo. Pero, claro, con eles non se pode contar para as "concentracións". E como seguro que non van votar, non contar. NAUSEABUNDO!!!

    ResponderEliminar
  3. El individuo Ponte Mañana, populista y charlatán de feris, no representa a los vecinos que residimos en el castrillón, ni en la Urb. Soto, ni mucho menos a los de Eirís, a los que en una asamblea de Novo Mesoiro dijo representar.

    No representa a nadie, ya que por no ser no es ni tan siquiera presidente electo de la A.V.V. O Cruceiro, ya que fue nombrado de forma totalmente irregular y contra derecho.

    Tiene la facultad de una palabra fácil, que arrastra a los que no quieren pensar, como cualquier charlatán de feria o cualquier populista.

    En ese vídeo hay escenas en las que parece estar poseído, casi se le salen los ojos de sus cuencas.

    Personajillo que realmente no merece ninguna consideración como persona, si como manipulador que es capza de arrastrar a un puñado de desinformados y utilizarlos para sus propósitos personales.

    ResponderEliminar
  4. Saúdos, Unomismo.
    Sigo os teus comentarios no blog de Novomesoiro e, podo asegurarcho, es das poucas persoas que merecen ser lidas na súa integridade.
    A Asociación O Cruceiro ten unha historia detrás que non deben deturpar estas persoas. Non teñen dereito ningún. Legal, polo que dis, non. ético ou moral, polo que se desprende, MENOS!!!!

    ResponderEliminar
  5. Sobre Msarkadina, escribo aquí o que che escribín en "privado": anímate a elaborar unha colaboración para colgar neste blog. Igual que fixo Anónimo, a quen non nos cansaremos de agradecerllo. Podes incluír "afotos" de debuxiños, pelis ou do que sexa. Todo por manter o espírito insurrecto deste lugar. Insurrecto porque NON NOS CONFORMAMOS co mundo que se nos ofrece así porque si. E menos co modelo social que se agocha detrás das declaracións destes......(poñede aquí o que prefirades, que eu non me atrevo!!!)

    ResponderEliminar
  6. La verdad sea dicha. Yo pensaba que en esto de las protestas, así como de los que están en contra de ellas, había un tanto "así" de política. En el caso de las que se vienen realizando conjuntamente entre las Asociaciones de Novo Mesoiro y O Cruceiro, apreciaba en esta última unos tintes partidistas que no aprecié en la de Novo Mesoiro. Pero eran eso, tintes partidistas. Después de primero leer, y luego ver y escuchar, lo que emite este hombre, ya no sé si se trata de algo sólamente partidista o hay otras razones ideológicas más complejas detrás. ¿Por qué hay personas que se permiten el lujo de decir cosas como éstas, o como lo de que la policía y el ayuntamiento actúan amparando a los delincuentes y yo voy a limpiar las calles, y la fiscalía de turno no dice ni mú? ¿Y si soy yo el que dice esas cosas, no como ciudadano que soy, si no si se diese el caso de que fuese, como ellos, representante de los vecinos?

    ResponderEliminar
  7. Periodista Revisionista26 de noviembre de 2009, 14:26

    Hoy, en frente del edificio de la Xunta en el Castrillón (creo que donde el Eroski) se concentra la Plataforma de Adjudicatarios de las Viviendas de Promoción Autonómica para exigir a la Xunta su entrega inmediata. Allí estaremos.

    ResponderEliminar
  8. Un saúdo,Periodista Revisionista.Graciñas pola información.Efectivamente: onte concentráronse as persoas adxudicatarias na rúa Oleoducto.Chamoume a atención que unha das pancartas levaba escrito "PLATAFORMA DE ADJUDICATARIOS Y EXPROPIADOS". Están estes dous colectivos veciñais unidos na mesma plataforma?
    http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2009/11/27/adjudicatarios-eiris-exigen-xunta-les-entregue-pisos/338635.html

    http://www.cope.es/local/19-11-09--adjudicatarios-pisos-eiris-mesoiro-protestaran-entrega-inmediata-viviendas-107110-2



    http://radiocoruna.com/informativos-radio-coruna/adjudicatarios-de-los-pisos-sociales-se-movilizaran-para-exigir-la-entrega-immediata-de-las-llaves/gmx-niv14-con2035.htm

    ResponderEliminar
  9. Si estan unidos ya que les afecta en la misma medida a ambos colectivos.

    Los adjudicatarios provienen del proceso de adjudicación de las V.P.P. de Eirís y Novo Mesoiro que se ha realizado sobre todos aquellos que lo solicitaron y pasaron los filtros y baremos correspondientes.

    Los expropiados proceden del proceso de expropiaión que se llevó a cabo para el desarrollo del Sector S-6.

    Hace aproximadamnet 7 años, firmaron un convenio con el Concello en el que éste les entrgaría viviendas en las V.P.P. que la Xunta iba a promover en el Sector S-6, Eirís y mientras no se las entregaba les pagaría 300 € / mes para que pudieran alquilar una vivienda.

    Los problemas vienen cuando se ha superado el plazo indicado en el convenio, la cantidad acordada era suficiente hace 7 años, pero ahora en la mayoría de los casos no es suficiente y además la mayoría de esta personas expropiadas eran gente mayor, con más problemas de movilidad cada día y que alquilaron viviendas baratas, la mayoría sin ascensor. hay algún caso que alguno de los miembros de la familia lleva más de un año sin salir a la calle, porqu habría que bajarlo y volver a subirlo en brazos.

    El Concello no les puede entregar las viviendas pactadas mientras la Xunta no se las entregue a él. la Xunata no se las va a entregar mientras al Delegado, Diego calvo, le siga interesando tener el proceso bloqueado, por los motivos que he expuesto en varias ocasiones.

    Por ello van juntos, aunque la mayoría de los que se están movilizando son expropiados ya que entre ellos se conocen y se pueden localizar para movilizarse, mientras que los adjudicatarios apenas se conocen y no tiene medios para conectarse entre ellos y poder movilizarse en mayor número.

    Poco a poco serán más, unos se lo dirán a otros y otros lo verán en los medios de comunicación.

    Al contrario que en Novo Mesoiro y O Cruceiro, que cada vez son menos.

    ResponderEliminar
  10. Graciñas pola aclaración. Esperemos estas persoas sigan saíndo á luz pública.

    ResponderEliminar