Páginas

Perdona, AVA, pero Lucas me quería a mi!!!!!


by Katangueiro (que aquí todo o mundo asina...)


Non sei se vos fixastes en que, dun tempo a esta parte, recibimos con ledicia as visitas puntuais dunha/dun dos Administradores do Blog do Castrillón: AVA, a quen vemos nesta simpática foto cun grupo de amigos-veciños preocupados polo aumento da delincuencia que se lles vén enriba.

Entre outras lindezas que se divulga desde o seu blog, e que xa mereceron abondosos comentarios AQUÍ, está a súa teima en contradicirse continuamente. A máis que escribe, máis incoherencias transmite. Poñamos varios exemplos:

-Pretenden ser veciños non racistas, nin xenófobos nin "partidistas", pero insinten en presupoñer problemas creados por persoas que agora mesmo non viven no barrio e persisten en misturar lista de adxudicatarios de V.P.A. con chabolistas (como fai o Partido Popular do seu "administrador a tempo parcial" señor Mourelo). Non se sostén.

-Pretenden facernos pasar a Anónimo, Pacotrón e eu pola mesma persoa. Ao mesmo tempo, diríxense a Anónimo polo nome de Jesús. Eu sei o nome de Anónimo. Os tiros non van mal encamiñados, pero non son eu (que o meu nome comeza por D) nin Pacotrón (que xa vos podedes imaxinar cómo comeza o seu nome). Da pobre Katangueira non fala, e ela quéixase!!!

O certo é que Pacotrón, que é máis falso que un duro de catro pesetas, ensinoume un programilla informático que che indica (será cabroncete) as direccións desde as que entra a xente neste noso blog katangueiro, e este invento do demo indica ás claras que AVA e o Blog do Castrillón (outro "comentarista") empregan a mesma mesmiña. Parecería ser posible que estas dúas persoas, por tanto (ou por tonto), son a mesma. Quizais. Pode ser. Sabe Deus. Seica.

Entre mentras, escoitamos hoxe en Radiocoruña a unha adxudicataria que é unha expropiada de Eirís, e que está farta de que non lles entreguen xa as chaves e de que ninguén lles dea voz neste enterro.....de conciencias.

As persoas adxudicatarias están para denunciar o que algunhas persoas din delas nas manifas que ampara, entre outros, este singular espazo aberto do Castrillón. Estas "declaracións-proclamas" aparecen rexistradas no vídeo correspondente que o amigo do Ventorrillo lles fixo unha vez máis. Expléndido traballo DOGMA que podedes contemplar AQUÍ.

A maior abundamento, algúns medios de comunicación tan diferenciados como Voz, Radiocoruña e Ideal, resaltan a inoportunidade de que representantes e amigos da Fundación ONCE resultasen abucheados por parte dos alí congregados sen diferenciar o que é unha reclamación política concreta a un Alcalde con calquera persoa que saíse de María Pita naqueles momentos. Bueno, equivócome. Seica co señor Mourelo houbo un tratamento máis educado.

Este tipo de actitudes e aptitudes, sexan duns poucos ou dunha maioría, son as mesmas que conduciron ao xoven vecindario de Novomesoiro a parar en plena noite unha furgoneta, obrigar con ameazas a baixarse ao seu ocupante e ensinarlles pola forza o que contiña o seu maleteiro. E todo porque algunhas poucas persoas (hai unha en concreto que é censurada nos vídeos polas barbaridades que solta pola boca) decidiron chamar porta a porta berrando: "Que ya los traen. Que ya vienen los gitanos". Non damos aprendido.

En fin, AVA. Como dicía a canción: "Chiquitita dime porque/tu dolor hoy te encadena/que en tus ojos hay una sombra de gran pena/no quisiera verte así/aunque quieras disimularlo/si es que tan triste estas/para que quieres callarlo".

Déixoche cun novo amigo katangueiro que ben sabe o que son os prexuízos sociais, xa que é afroamericano. El pode darche unha visión clara das cousas:


Esperen....esperen....uf...cuack...brrrlll......no se imaginan con que...chchch....cuack...clase de vecinos debo convivir cada...chchch...día de mi mísera vida.....pero siempre le echan la....chuack....culpa culpita a este pobre...chchchch....pato negro!!!!!, cuando la culpa es del....churlll....cuack...otro patético y...chchch...blanco pato.Brrrllllll.


Siempre yo. Siempre yo. Por qué me tocará siempre a mi pagar el...pato!!!!!!


Pero qué passssa....Lucas!!!!


Nada nada nada, AVA. A divertirse. Déixoche cun vídeo simpatiquísimo realizado por uns veciños modélicos da Agra-Ventorrillo onde se ríen a esgalla a conta de Raúl Cousillas e Canuto. Dúas persoas que podemos "definir" como inadaptadas socialmente en con secuelas irreversibles deixadas polas súas adiccións, pero ás que nós lles temos moito cariño (e pena, por suposto) e que NUNCA NA VIDA farían a gracieta que se lles fai a eles: ofrecerlles vinte euracos por bañarse na fonte da Praza Salvador de Madariaga. Para os "creadores", vinte euracos non son nada máis que unhas risas. Para Cousillas e Canuto son bastante máis:




Así está o ambientillo......

13 comentarios:

  1. Os agradecería nos digáis los nombres de los modélicos autores del vídeo.

    ResponderEliminar
  2. Eu coñezo a un dos pobres diablos que sae aí. É o caso do primeiro que se baña, Cousillas. Só podo lembrarme de cómo quedou payá hai un lote de anos por temas de drogas e, quizais, algunha predisposición mental xa latente. Non sei. O que si sei é que antes nunca ninguén facía estas cousas. A esta xente se lle tiña ou medo ou respecto. Que por qué?. Moi fácil. Explícano perfectamente as palabras de Juan Piris (en paz descanse): "Mira, si uno es un tío guay y se mete, pues se tuerce. Pero si uno es un hijo de la gran puta y se mete, se convierte en una alimaña y hay que exterminarla antes de que haga más daño". Por iso digo que se lles tiña medo ou respecto. Ademais, ningunha familia estaba libre. Agora temos estes rapazolos con cartos no peto, móbil e ben poucos estudios. Non se meten heroína, claro, e por iso pensan que son máis guais que persoas como Canuto ou Cousillas.

    Crise económica ou crise de valores?

    ResponderEliminar
  3. O que o colgou faise chamar Rubio e ten 22 anos. Penso que o coñezo. O que di Pacotrón: un listo. Non acabou a ESO. Hai quen anda xa tras eles....no barrio faise así. Levarán un "toque" e xa está. Atopei o vídeo buscando unha "entrevista" que lle fixeran a Cousillas na Galega a conta do tema de Penamoa. Non tiña desperdicio. Por suposto, el ten a súa visión.

    Sobre se crise económica ou de valores...qué queres que che diga. Son uns malcriados egoístas. Sempre tiveron de todo sen dar un pau á auga!!!!!! Xa os levarán.

    ResponderEliminar
  4. Sería gracioso que prosperase la denuncia de la plataforma de adjudicatarios -vaya palabreja- gracias a las imágenes que les graba amablemente Ventorrillo. Dios los cría....

    ResponderEliminar
  5. Este post dá moito de si: cinema verité,cinema do absurdo,equívocos,debuxos animados,cancións horteras e mesmo referencias relixiosas.
    Seguimos a ignorar os beneficios da indiferencia. É sanísimo practicala de cando en vez: evitamos perrenchas,non perdemos tempo nin enerxías. Non podo comprender como ninguén fala máis dos adxudicatarios damnificados que non poden desfrutar dunha vivenda.Ós furibundos concentrados recomendaríalles a visión de "Furia",de Fritz Lang.Ou escoitar "Strange Fruit", de Billie Holliday.
    O video da concentración o 20 N dentro da escola Dogma? Engrandecen a Lars von Trier, que a min non me gusta nada.E moito ollo con usar certas cancións en certos videos: por exemplo A CHANGE IS GONNA COME, de SAM COOKE, na versión de SEAL, nunha video-denuncia sobre o temible complot da construcción dunha pista de paddle.NON USEDES O NOME DE SAM COOKE EN VAN, NIN DA MÚSICA SOUL.Porque entón enviarevos a millóns de espíritos de afroamericanos oprimidos polo racismo durante anos que envenenarán os vosos conspiranoicos soños famentos de poder.CO SOUL NON SE XOGA.A ignorancia,fóra.Informádevos primeiro.
    E iso de que o Katangueiro, Pacotrón e o Anónimo sexan a mesma persoa,a Santísima Trinidade, tenme desorientada. Onde queda Jesús? Logo o trío convertirase nunha TETRALOXÍA? Quel mélange! Outra peli:As múltiples facianas do Katangueiro. Xa só falta a mención a un film de Ava Gardner e a liamos...
    O dos 3 vídeos que colgou o rubio210304 merece mención aparte.Porque hai que ser cabrón e miserable para facer escarnio do deterioro dunhas persoas que son vítimas de decisións erróneas e escravos dunhas adiccións que lles destrozaron a vida. Persoas que con 20 euros van comprar unha efémera entrada ó seu paraíso artificial. Eles son "yonkis". Os "listos" (Rubio & Co) non consumen chinos nin base: seguron que pasan todo o puto día fumados porque non teñen nada mellor que facer,maceran os seus fígados en alcohol etílico e nas fins de semana se meterán algunha pirula e aspirarán coma tolos fariña da rica e da boa.Eles teñen clase. A clase suficiente para rir do deterioro alleo e non dar a puta cara neses videos.
    Esta subespecie bípeda non merece o título de seres humanos.Son unha aberración xenética no século XXI: están entre nós, consentidos,parásitos,"ninis" (nin estudan nin traballan),intolerantes á frustración (a súa resposta é a violencia física ou verbal).Non saben o que é o traballo nin o esforzo.
    Se eu me deixara levar polo xenio meteríalles,eu mesma,unha boa somanta de hostias a estes descerebrados, esixindo desculpas,gravaríao en video e colgaríao no Youtube.Para que os humillados e denigrados puideran escachar coa risa.Algo máis que "un toque" merecen.Crise económica? Seguro. Pero tamén unha brutal crise ética, educativa. Qué sociedade alberga a tal panda de sociópatas? E que conste que eu teño 35 anos,non son a "abuela cebolleta",son filla da clase traballadora,camiñei no filo da navalla e puiden recuar a tempo.E que falo a título individual.Por iso aborrezo tanto estas conductas infames e inhumanas. Igual que as dos cidadáns de ben que gravan a adictos que volven de Penamoa dando tumbos,chaman á policía eo colgan no seu blog.Hei estar alerta para pillalos eu un día volvendo a casa peneques dunha cea. E se cadra,colgo o video no Youtube.
    Sinto a amargura e a cólera do meu comentario.
    Despídome esta noite cun "hasta luego,Lucas" e soñando con que o Rubio e os seus compadres teñan os espermatozoides tontos e non se poidan reproducir.

    ResponderEliminar
  6. Msarkadina, comparto punto por punto tu comentario.

    ResponderEliminar
  7. Graciñas, Anónimo. Ante todo, deixar ben claro que estou moi arrepentida do ton tan virulento que utilicei.Son máis ben unha muller reflexiva e sosegada pero moi pouco tolerante coas inxustizas e a covardía. Por iso altereime tanto cando vin o contido do video.Non podo soportar estas cousas: á burla ó enfermo mental, "ó tonto", "ó débil", "ó tolleito", "ó borracho"...Non me controlo ante tales abusos.
    E deixar constancia unha vez máis que falo a título individual: eu non teño obrigas máis que coa miña propia conciencia, non lle debo nada máis que ó banco que me concedeu a hipoteca e non milito en ningún partido político nin sindicato. As miñas simpatías están ben claras, por suposto. Non teño absolutamente nada que agochar. Son unha muller real, non un ectoplasma e non teño ningún tipo de conducta esquizoide. Estou plenamente integrada na sociedade: traballo,pago impostos e cotizo á seguridade social. Vivo e deixo vivir. Por iso non se me ocorre erixirme en voceiro de ninguén.
    Novamente, saúde para tod@s!

    ResponderEliminar
  8. Aquí poderemos atopar algunha das respostas a absolutamente todo: a actitude de moitas e moitos veciños. A actitude dalgúns (insisto, dalgúns) blogueiros e convocantes de manifas. A actitude de rapaces coma o do vídeo:

    http://www.xornal.com/artigo/2009/09/08/sociedad/jovenes-espanoles-no-tienen-estudios-secundarios/2009090823063892813.html

    Non asombra. Lembremos aquilo de "qué atrevida es la ignorancia". Non é só unha fraseciña interpretable, como as do "pequeno saltachorras" de AVA. Está por doquier!!!!! É unha realidade.Está nas manifas onde beneficiari@s de políticas de promoción pública de vivenda ESIXEN saber a quen lles conceden as que quedan. Está nas fileiras de "zombies" que acuden a OUTRO Centro Comercial, pensando que haberá algo novo e agradable alí. Para comprar a "pufo" xa están os pringados dos comercios do barrio. Está no Rubio, que non sabe nin escribir correctamente o seu nome oficial, e está nos que bendicen a "salvadores de la patria" como Don Gerardo. Qué sorte ten de non ter vivido na Alemania ou na España que tanto admira!!!!!!!

    ResponderEliminar
  9. Y qué suerte tienen también los chavales jóvenes de que, gracias a la democracia que disfrutamos, no sean estos "caballeros" los que manden en las costumbres y comportamientos ciudadanos.

    ResponderEliminar
  10. "Entre mentras, escoitamos hoxe en Radiocoruña a unha adxudicataria que é unha expropiada de Eirís,"

    Mi madriña, a estas alturas y despues de tanto hablar, ni siquiera se tiene ni un más mínimo conocimiento del proceso que afecta a esta cuestión.
    Los expropiados de Eiris no tienen nada que ver con el proceso de vivienda pública que afectan a 256 familias, en Eiris hay 188 pisos de los cuales 112 son de los "adjudicatarios" y el resto para los expropiados y 15 pisos +- para el concello.

    En otras palabras, si es expropiada no puede ser adjudicataria, otra cosa es que no se le entregue la vivienda porque es el mismo bloque.

    Que barbaridad, mucho hablar pero ni idea de lo que se habla.

    ResponderEliminar
  11. Así foi como se transmitiu o da expropiada en Radiocoruña. Eu púxeno tal cal. De todas formas, a túa aclaración é moi oportuna. Non son este tipo de coñecementos os que se emiten, percisamente. Gaciñas, Anónimo.

    ResponderEliminar
  12. Cita ben as fontes, Katangueiro. Mira que sempre cho digo!!!!!!;D:D;D
    Vaste meter nunha lea....

    ResponderEliminar
  13. Se non me equivoco, éstas son as fontes: as palabras da representante das persoas damnificadas, as de Silvia Longueira e as de Carlos Negreira. Menos mal que están gravadas.

    http://radiocoruna.com/informativos-radio-coruna/adjudicatarios-de-los-pisos-sociales-se-movilizaran-para-exigir-la-entrega-immediata-de-las-llaves/gmx-niv14-con2035.htm

    ResponderEliminar