POEMA AGARDANDO POLOS BÁRBAROS, DE KONSTANTINOS KAVAFIS
Qué agardamos agrupados no foro?
Hoxe chegan ós bárbaros.
Por qué está inactivo o Senado
e inmóbiles os senadores non lexislan?
Porque hoxe chegan os bárbaros.
Qué leis votarán os senadores?
Cando os bárbaros cheguen darán a lei.
Por qué o noso emperador deixou o leito
ó romper o día
e na porta maior agarda agora sentado
no seu alto trono, coroado e solemne?
Porque hoxe chegan os bárbaros.
O noso emperador agarda para recibir
ó seu xefe. Ó que lle fará entrega
dun longo pergamiño. Nel
escritas hai moitas dignidades e títulos.
Por qué os nosos cónsules e pretores visten
as súas togas vermellas, de finos brocados;
e locen brazaletes de amatistas
e refulxentes aneis de esmeraldas espléndidas?
Por qué ostentan bastóns marabillosamente cincelados
en ouro e prata, signos do seu poder?
Porque hoxen chegan os bárbaros;
e todas esas cousas deslumbran ós bárbaros
Por qué non acoden coma sempre os nosos ilustres oradores
a brindarnos o chorro feliz da súa elocuencia?
Porque hoxe chegan os bárbaros
que odian a retórica e os longos discursos.
Por qué de súpeto ese desacougo
e movemento? (Cánta gravidade nas caras).
Por qué baleira a multitude as rúas e prazas
e sombría volta ás súas casas?
Porque a noite cae e non chegan os bárbaros.
E xente chegada desde a fronteira
afirma que xa non hai bárbaros.
E qué será agora de nós sen bárbaros?
Quizais eles foran unha solución, despois de todo.
Hay esta impresionante novela de la que luego se hizo una película que toca el tema de forma diferente y parecida al mismo tiempo. Supongo que es a la que hacéis referencia en el face.
ResponderEliminarPodéis leer la crítica en este enlace. Especial atención merece el tercer párrafo. También se inclute un enlace a la información y crítica de la peli.
http://www.labitacoradeltigre.com/2006/12/15/el-desierto-de-los-tartaros/
Saluditos
Equilicuá, Charito. Graciñas polo comentario-adenda!!!!!!! E que eu non dou máis......
ResponderEliminarBoa tarde. Moi agradecida e honrada de que contaras coa miña pequena aportación. As obras das persoas sabias din moito máis que as palabras que tanto se derrochan actualmente.
ResponderEliminarA película FURIA (dirixida polo gran Fritz Lang) é para min un referente absoluto: un pequeno rumor, unha insidia, unha sospeita mal fundada poden prender o descontento da masa e mesmo desembocar nun linchamento.
A canción de Neil Young, tamén. Poderíamolo traducir por "A agulla e o sufrimento (o dano feito)".Porque hai moita xente que sabe do que falo e cando toca o tema non o fai coa lixeireza nin o descoñecemento doutros.E porque están cans@s de que se comercie co seu padecemento. Son seres humanos.
Como eu teño adoración por Konstantinos Kavafis non podo ser obxectiva. Deixámonos paralizar por temores moi comprensibles e primarios que responden á peor parte de nós. Os intereses creados están agochados detrás de moitos actos, malia que se intenten facer pasar por altruismo e civismo.
Agora tócame ler "O deserto dos tártaros", de Dino Buzzati. E ver a peli. Magnífico enlace.
Pois menos mal que temos axuda! Mirade para o Katangueiro: valente indolente.
ResponderEliminarO Deserto dos Tártaros ten moitísimo que ver co poema, cacho ignorante katanguista!. O certo é que cando concentramos todos os nosos esforzos en neutralizar ou defendernos dunha ameaza, e isto é o único que acabamos facendo, ocorre que cando se efectiviza a realidade de que os temores estaban excesiva ou interesadamente inflados, todo o que resta é vacío.
Dándolle outra volta ao tema: para destruír, sobran voluntarios. Pero para construír......
O medo é un motor inmenso, pero e os soños?
Katangueiro: espabila!
Hola katangueiriños, veño como unha bárbara pra darvos as grazas por decires que o meu blog é intrigante (creo que era...)jeje. Déixovos un bico enorme MUAAAAAAAAAAAAAAAAAA.
ResponderEliminarGustoume moito o poema. O video da canción de Neil Young lembroume a unha persoa moi especial que quero moito, moitísimo... e teño moi lonxe neste intre. Xa vou melancólica, ainss...
Máis bicos pra tod@s!Un placer visitarvos de novo.
Polas barbas de Anubis que os teus bicos poden reanimar os mortos!!!!! E volve prontiño!!!!!
ResponderEliminar