Páginas

Lío polos cambios nas liñas da Compañía de Tranvías


Parece que andan varios barrios da cidade moi revoltos cos cambios nas liñas dos buses. Por aquí o problema vén da supresión do 12A, o que provocou que os veciños e veciñas de Katanga perdesen a conexión directa co CHUC, antes Canalejo. Este cambio non tivo en conta a elevada idade das persoas que viven entre as Vivendas de Franco e os Mariñeiros, xa que agora deben coller o 14 ata a Estación de Tren e alí transbordar ao 15.
Katangueira , que é de Monelos por moito que lle guste chonear polo barrio, está moi enfadada e, aínda que está a favor da política de transbordos, cre que nestes casos hai que atender tamén á idade da poboación dos barrios así como o número de persoas afectadas. Non fai falta que vos diga que a densidade de poboación da Agra é das máis elevadas de todo o Estado, aí é nada!!!!!!
Desde este blog entendemos a política de transbordos pero…..con sentidiño e +info.
Editar uns bos folletos informativos non custa nada, home, que a info dos sinais non chega!



En todo caso, podedes entrar nos diferentes blogs da cidade, especialmente Rosales e Novo Mesoiro, onde están desde hai días dándolle a volta ao tema. Os enlaces tédelos nesta páxina na columna da vosa dereita. Se queredes ir directos, entrade nos enlaces que tedes a continuación que vos levarán directamente ás páxinas do temilla:
Blog Barriodelosrosales
Blog NovoMesoiro
En todo caso, o señor Nogueira deixa un bo embolado á nova concelleira Yoya Neira.
Agardamos moi moi moi de verdade que esta persoa saiba reconducir i tema e apostar por un transporte público operativo que conduza, nunca mellor dito, a moitos e moitas a deixar o buga na casa e viaxar en bus. AQUÍ EN KATANGA NECESITAMOS MENOS BUGAS XA!!!!!!!!!!!!!!!!!!!...nenos.

1 comentario:

  1. Hola Katanga!

    Nos ponemos en contacto con vosotros para comentaros que nos ofrecemos a intercambiar enlaces. Somos busurbano.tk y el blog busurbano.

    Busurbano.tk es la página no oficial de la información que consideramos imprescindible para el usuario -local o visitante- de los buses urbanos de Coruña. Nacimos antes que la oficial y somos independientes.

    El blog busurbano es un blog que procura estar al día de la información relativa al día a día del transporte público coruñés, especialmente el de los buses urbanos.

    Si nos queréis colocar en vuestra sección de enlaces de "Info Transporte Público", bajo la web oficial de Tranvías, nosotros haríamos lo propio en nuestra sección de "Blogs de Barrios".

    Para confirmar el interés, o para lo que necesitéis, estamos en...

    blogbusurbano@gmail.com

    Saludos!

    ResponderEliminar