Páginas

Katanga a vista de paxaro (2)



FOTOS DA ÁREA DOTACIONAL DE KATANGA ( A CORUÑA)

Aquí temos unha boa foto da nosa área dotacional, ou sexa……o Cole, o Insti e a Pisci. Por aquí á esquerda vai estar o novo Centro Ágora, de 8.500.000 de euritos e que será socio-cultural. A ver en qué queda isto. Só para que comparedes, pensade que o Centro Cívico de Eirís vai costar 1.500.000 euros, o Centro de día+Galescola 2.500.000 e o Centro Cívico e Social de Novo Mesoiro 1.350.000 euracos.
Como podedes comprobar un pouco máis en detalle, por aquí quedará todo un pouco “centralizado”, ou como diríamos entre nós, a mazacote: á derieta o Raquel Camacho. No centro o Agra e á esquerda a piscina. Máis á esquerda, na explanada perfectamente visible desde o aire e onde medio barrio+visitantes adoitan aparcar, estará o famoso Ágora, do que teremos tempo de falar. Na primeira foto aérea que publiquei do noso barrio a vista xeral vedes esa explanada xusto no centro:



De aí para arriba, ou sexa, cara á Gramela, estará o novo bario de San Pedro de Visma. A rúa Monasterio de Caaveiro vai prolongarse cara a San Pedro de Visma atravesando completamente a zona onde se poñen e montan os circos ( dádelle á expresión o sentido que queirades ) ata enlazar coa terceira ronda, que é esa lingua de terra que avanza desde o norte e vai directo cara ao poboado de Penamoa. Pero da terceira ronda xa falaremos con máis calma.

No hay comentarios:

Publicar un comentario