Páginas

División veciñal ante a marcha de Mar Barcón

Pois vaia lío que se montou a conta do acto reivindicativo-brinde con sidra galega, non vaia a ser, convocado pola A.VV. Agra e membros da plataforma en defensa do Parque do Observatorio a conta de celebrar a marcha de Mar Barcón do Concello da Coruña para ocupar altísimas instancias no Psdg-Psoe e como máis que probable deputada autonómica na próxima lexislatura. Reproducimos a foto e parte do texto do Ideal Gallego de 5 de febreiro:

ABEL PEÑA > A CORUÑA
Miembros de la plataforma vecinal por el Parque del Agra do Orzán celebraron ayer frente al Observatorio una irónica fiesta con brindis incluido por la marcha de la hasta ahora responsable del área de Urbanismo, Mar Barcón, que no consideran nefasta por no crear una zona verde en el barrio.

“¡Adiós a Mar Barcón! ¡Queremos verde!”. Así sonaban los brindis que hicieron ayer los miembros de la plataforma vecinal por el parque da Agra delante de los terrenos del Observatorio. A pesar del frío y la lluvia -que en ese momento había dejado de caer- se habían reunido una veintena de vecinos para celebrar una despedida de lo más sentida a la antigua concejala de Urbanismo, Mar Barcón, que deja su puesto para presentarse como cabeza de lista del PSOE por la provincia en las próximas elecciones autonómicas. Los vecinos del Agra lo festejaron con sidra gallega y con una retranca también muy gallega. “A súa xestión foi absolutamente nefasta para este barrio”, explicó Xesús Buján.


En todo caso, a movida non acabou unicamente cos veciños e veciñas contrarios a Mar pifiando sidriña,pois a cousa liouse de tal xeito que acabou adoptando, AGORA SI, eses tintes TELENOVELEIROS e de FOLLETÍN que tanto nos gustan a todos por Katanga. Visitade se non mo credes estes divertidos enlaces:

Cristo veciñal
Contraresposta da A.VV. Agra

Podedes seguir algo máis da versión que dá a A.VV. Agra deste lío no seu blog. Ten a letra algo pequerrecha, pero está currado. Visitade este enlace:

Contradesmentido da A.VV. AGRA

Seguro que teremos máis enredos a redor do Parque do Observatorio moi pronto....

No hay comentarios:

Publicar un comentario